Gallego
Gallego
A orixe de todas as
historias
1
Ler e escribir/Escoitar e
falar
2
Antes da lectura, reflexionamos!
Unha historieta ou cómic é unha secuencia de
viñetas que conta unha historia. As viñetas
son cada un dos debuxos, normalmente
enmarcados, que forman parte da historieta.
3
4. Potencia a imaxinación, tanto visual coma de linguaxe.
5. Fomenta a lectura.
O guion da obra é de Carlos Rafael Ramos, mentres que a autoría gráfica é de Carlos
Alfonso Fernández. Adéntrate con eles na Galicia do século II!
4
Léxico e texto
5
Seres que se dirixen ás crianzas. Estas figuras cumpren a función de evitar
que as cativas e os cativos realicen certas actividades pola súa conta, de coutar
malos comportamentos ou ben para mitigar o seu desexo de evitaren a cama
a altas horas.
6
afogar as persoas que dormen.
7
simplemente asustar as crianzas rebeldes polos camiños
(alumbrantes, andadores, tabellos e zampóns) ou burlarse
delas (o tártalo, o demo asubiador) até envelenalas (a
garavanceira) e mesmo raptalas (o sangrón ou a tía Xoana).
8
Pedro Chosco. Crese que este home, de barba branca e voz
grave, é o encargado de facer durmir os nenos e as nenas
coas súas caricias. Este personaxe existe en moitas outras
culturas, baixo outros nomes.
9
Trasno ou trasgo. Presente en múltiplas culturas
europeas, baixo diferentes nomes e formas, o trasno é un
ser doméstico a quen lle gusta enredar e molestar coas
súas falcatruadas. Porén, algúns trasnos poden axudar os
seres humanos cando son ben tratados. De entre eles,
destacan os meniñeiros, unha especie de trasnos que só
poden ver os cativos e as cativas, a quen fan sorrir coas
súas accións.
Canto á súa forma, responde a varias descricións: un home
pequeno con sotana moura e un par de cornos, anano
choutador con barba e pucho encarnado, cordeiro, medio
home e medio cabra... Semellante ao trasno, de apenas
tres ou catro cuartas, peludo, de cor verdosa, con barba, e
vestido cun traxe vello mais unha pucha, temos o tardo,
moito máis traveso. Dise que se agocha de cans e gatos,
que o ven mellor que os humanos, e que lle gusta entrar
nas casas á noite para sentar enriba do peito das persoas
dormentes ou para se quentar nas lareiras.
10
Animais fantásticos. Unhas veces trátase de animais reais
aos que se lles atribúen calidades sobrenaturais; outras,
son seres completamente imaxinarios.
11
Cans. O animal doméstico por excelencia deu lugar a
numerosas supersticións. A cadela peregrina ou o can do
Urco son de mal agoiro e presaxian a morte. Pola contra,
atoparse cun can branco nun camiño á noite pode ser sinal
de boa sorte.
12
Donicela. É un mamífero carniceiro de pelame pardo cunha
franxa branca que lle percorre o peito até o ventre. Está
ligado a numerosas supersticións negativas, pois é
considerada vingativa e adoita romper a louza cando
argalla polas casas, facéndose pasar por gato. Tamén se lle
chama donosiña, doniña ou saltaparedes. Entende
13
perfectamente a linguaxe humana e o nome que máis lle
presta e Donicela bonitiña.
14
caer un raio na casa ou pódese sufrir un accidente. Oír o
cuco por primeira vez no ano en xaxún dá mala sorte e
disque pode volver un home impotente. Pola súa parte,
crese que a curuxa é a forma que adoptan ananos e bruxas
para anunciaren a morte dunha persoa.
Tamén se asocian coa mala sorte as burras e os burros
(unha das transformacións das bruxas e do demo); os
gatos poden anunciar o vento se corren pola casa e a
chuvia se lavan a cara (atoparse cun gato negro é unha
superstición tradicional que dá mala sorte); as galiñas que
cantan como un galo anuncian desgrazas; un grilo caseiro
que canta fóra da gaiola é un aviso de morte.
15
Basilisco. É un monstro de cor amarela con ollos de sapo;
cabeza, pescozo, patas e peito de galo, e corpo de serpe. O
seu alento é fétido e pode matar coa mirada.
16
Coca. Animal monstruoso con corpo de dragón, cola de
serpe e ás de morcego, que vive no mar ou no río. É moi
voraz e está asociado con sucesos lendarios en moitas
localidades galegas, así como noutras zonas do Estado
español e de Europa.
17
Seres de aparencia humana, con algunha calidade sobrenatural
19
Lobishome. Trátase dun home ou dunha muller que se
transforma en lobo. Isto pode acontecer por varios
motivos: pode ser por maldición paterna ou materna (o
Lobo da Xente) ou ben doutra persoa; tamén pode ocorrer
por unha desventura do destino (por nacer na noite do
Nadal ou de Venres Santo), caso en que adoita durar sete
anos, ou raramente por mor dun maleficio. Outra causa
20
pode ser nacer como sétimo ou nono irmán/irmá do
mesmo sexo.
O Lobo da Xente adoita ter unha pelica de lobo que o
converte en lobo ao levala posta; se a quita, aparenta unha
persoa completamente normal.
21
Seres femininos. Na nosa mitoloxía popular existe un bo
número de seres femininos. Nalgúns casos, o alcance do
seu mito ponos á altura do poder simbólico das figuras
políticas e relixiosas doutros tempos. Podemos afirmar que
os alicerces do noso imaxinario se asentan na rede que
teceron estas mulleres míticas. Con todo, é frecuente que
os relatos que as interpelan ofrezan personaxes escuras,
diabólicas e maléficas. Haberá alguén que imaxine as
razóns?
22
María Castaña. Esta personaxe antiquísima remítenos a
outros mitos como o de Brancaflor, a filla do demo, e aínda
máis atrás no tempo, á de Medea, a terríbel maga filla do
Sol, a quen Xasón foi buscar ao mesmo inferno.
Este mito existe tamén entre os pobos xermano, eslavo,
ario, polinesio..., mais entre nós ten tres posíbeis versións:
23
A María Castaña histórica, de carne e óso, que aparece citada nun
documento de doazón do século XIV.
A María Castaña lendaria, que puido encabezar unha revolta
popular contra os abusos dos recadadores do bispo de Lugo, frei
Pedro López de Aguiar.
A María Castaña dos contos, unha antiga personaxe que se evoca
na literatura posterior ao século XIV e que se relaciona con
distintas mulleres mitolóxicas, “emparentadas” entre si. María
Castaña é, de feito, a tradución de Auburn Mary, a protagonista
dun relato mítico do pobo escocés publicado a finais do século
XIX.
24
Pepa “a Loba”. Bandoleira mítica, asenta o prototipo de
muller fera e independente, mais tamén socorredora dos e
das pobres. O seu lema era “Home morto non fala”. O seu
pasado rastréxase, desde Vilalba ás terras de Ramuín e á
terra de Montes, por Galicia enteira.
25
Xacias e sereas. Anfibios con aparencia humana, xacias e
sereas son mulleres míticas emparentadas con figuras da
mitoloxía xermánica e nórdica. As xacias, seres que habitan
no río, son belísimas e atraen os mozos á súa perdición.
Pénsase que son antropófagas, como as sereas, que teñen
o corpo dunha muller fermosa, con longos cabelos, e forma
de peixe desde o van até os pés. As sereas atraen os
26
mariñeiros coa súa melodiosa voz e fanos afogar.
Hai moitas sereas ou xacias famosas, das cales quizais a de
máis sona sexa a Maruxaina, unha serea da Mariña de Lugo
cunha dobre face: a cativadora e maléfica que provocaba
naufraxios fronte á protectora dos mariñeiros, que avisaba
das condicións adversas no mar.
27
Mouras. De forma completamente humana, mais con
calidades semellantes ás das sereas e xacias. Son sempre
mulleres belísimas e sedutoras que viven nas fontes,
castros, penedos ou mámoas (non por acaso, lugares
sempre ligados coa lenda e o marabilloso). Lavan, tecen,
fían e peitean os seus cabelos á luz do sol, sobre unha pena
ou a carón dunha fonte. Gardan tesouros que lles ofrecen
28
aos mozos dispostos a desencantalas, sempre que superen
algunha proba ou situación inesperada. Poden agasallar
con ouro e riquezas a quen as atopa, mais só se gardaren o
segredo do seu encontro.
29
Lumias ou lamias. Serían a versión terrestre das sereas.
Adoitan ter cara de muller fermosa e corpo de dragón, son
moi perigosas para os homes, aos que encantan e devoran.
Viven en covas, onde tecen e devoran os incautos que se
deixan engaiolar. Este trazo aseméllaas ás mouras ou ás
arañas (forma habitual que adoptan as bruxas).
30
Lavandeiras. Mulleres vellas, de rostro enxoito e
engurrado, que viven nas fontes. Velas é de mal agoiro,
mito común en toda a Europa occidental.
31
Vedoiras. Son sabias que adquiriron o poder de ver o
oculto e o invisíbel. Poden ver as ánimas dos defuntos, de
quen poden dar noticias, saben onde están os tesouros e
poden dar, alén diso, avisos de morte. Existen tamén os
vedoiros, homes coas mesmas calidades.
32
Palabras patrimoniais, cultas e
semicultas
Da mesma maneira do que ocorreu noutras linguas, no galego as palabras sufriron
mudanzas tanto na súa forma como no seu significado. Os cambios formais, debidos
principalmente a transformacións fonéticas e morfolóxicas, deron lugar a tres tipos de
voces: patrimoniais ou populares, cultismos e semicultismos.
Así pois, aínda que a maior parte da base lexical galega é de procedencia latina, non
todo o vocabulario evolucionou historicamente da mesma forma. Isto explícase
porque as voces latinas non entraron simultaneamente no territorio da Gallaecia,
senón gradualmente.
33
Palabras patrimoniais ou populares
Son aquelas traídas á Gallaecia por colonizadores e colonizadoras, desde o seu latín
vulgar, que tiveron un uso oral continuado e experimentaron todas as modificacións
que operaron na lingua ao longo da súa evolución histórica.
Porén, só se pode considerar con firmeza que unha palabra é un semicultismo cando
un mesmo étimo (palabra da que provén un vocábulo) deixou derivados dos tres
tipos:
artículo/artigo/artello ● clavícula/caravilla/chavella ●
radio/raio/ raxo
Latinismos e grecismos
A carón dos cultismos, tamén podemos considerar o fondo de latinismos do idioma,
34
palabras ou expresións latinas que presentan a mesma forma, solidificada, que
presentaban naquela altura (ás veces con algunha adaptación gráfica, como no caso
de accésit, que no latín era unha palabra proparoxítona). Na lingua actual temos
bastantes mostras destas formas latinas sen adaptar, tamén chamadas latinismos
absolutos, ben como vocábulos soltos (corpus, opus, quórum, ídem...), ben como
sintagmas ou frases (a priori/posteriori, grosso modo, ipso facto...), e aínda como
substantivos procedentes de aglutinacións de diversos elementos latinos (etcétera,
páter-familias, alter ego, delirium tremens...).
35
Educación literaria
36
Lembra
As análises tradicionais do concepto de literatura e, en definitiva,
da obra literaria, aséntanse na clasificación de tres grandes
xéneros literarios:
37
A linguaxe literaria adquire, daquela, unha importancia fundamental na arte da
expresión das ideas. A través de diferentes técnicas e recursos (entre os que se
encontran a connotación, os recursos de repetición e a linguaxe figurada), a palabra
cobra unha dimensión especial.
Decadencia da
Vázquez de Neira,
literatura escrita. A
Isabel Castro y
Séculos Escuros (s. produción literaria
Andrade, Gómez Tonel,
XVI-XVIII) case se interrompe e
Martín Sarmiento,
sobrevive unicamente
Benito Feijoo...
no plano oral.
Rosalía de Castro,
Recuperación e Manuel Curros
Rexurdimento (s. XIX)
renacemento literario. Enríquez, Eduardo
Pondal...
38
ETAPAS CARACTERÍSTICAS AUTORES/AS
Castelao, Otero
Correspóndese coa
Época das Pedrayo, Manuel
consolidación e coa
Irmandades da Fala Antonio, Rafael Dieste,
modernización da nosa
(1916-1939) Ramón Cabanillas,
literatura.
Francisca Herrera...
Álvaro Cunqueiro,
O exercicio literario en Eduardo Blanco Amor,
galego estivo limitado Ánxel Fole, Xohana
Posguerra e
e, nalgúns casos, Torres, Lorenzo Varela,
franquismo (1939-
reprimido. Moitos/as María Xosé Queizán,
1975)
autores/as padeceron Manuel María, Luz
o exilio. Pozo Garza, Méndez
Ferrín...
A nosa literatura
experimenta un novo Manuel Rivas, Agustín
Literatura en
proceso de Fernández Paz, Ledicia
democracia (1975 até
recuperación e Costas, Suso de Toro,
a actualidade)
procúrase a súa Pilar Pallarés...
normalización.
A literatura popular
A literatura popular comprende un conxunto de textos, de
calquera xénero literario, que forman parte da nosa tradición.
39
Son de autoría anónima ou, nas
poucas veces que se coñece,
carece de relevancia.
Contan coa aceptación colectiva por parte da comunidade lectora, que asume
estes textos como parte do seu acervo cultural, o que tamén contribúe á súa
transmisión.
40
Textos en prosa
As principais formas son os contos e as lendas:
Textos en verso
Podemos organizar estes textos seguindo a clasificación proposta por Saco e Arce en
1881:
A meirande parte dos textos en verso conforman o noso cancioneiro popular (non se
incluirían neste os textos dramáticos), de grande heteroxeneidade. Vexamos os trazos
dalgunhas das formas máis correntes dese cancioneiro:
41
Señora dona
da casa e
mais o dono
tamén
mande unha
esmola pr’o
cego Deus lle
aumente
Texto de carácter narrativo, octosilábico
canto ten.
cun número indefinido de versos e rima
asonante nos pares. Os romances
Romance poden subdividirse en romances Eu
históricos, relixiosos (cantigas de santos namoreime
e romaxe), noticieiros, novelescos, de de noite da
cego... máis branca
panadeira,
pero co fume
do forno
foise
volvendo
morena.
42
Xa que eiquí
temos
regueifa, con
permiso dos
presentes,
Canción improvisada que escenifica
imos ver
unha disputa verbal entre dúas ou máis
quen é o que
persoas, especialmente no contexto
a leva e quen
dun casamento. A “‘regueifa”, un molete
ha chantarlle
de pan doce, era o obsequio desexado
os dentes.
polos regueifeiros e polas regueifeiras.
Regueifa
As regueifas adoitan estar compostas
Para lle
por catro versos octosílabos en que
chantar os
riman os pares e os impares fican libres.
dentes eu
As súas orixes remóntanse a certas
non a quero,
composicións medievais dialogadas,
abofé, mais
como o partimen ou a tenzón.
estimaba
gañala
pra lle dar a
quen eu sei.
43
—Ti tomaralo
de risa pero
dígocho de
veras que
ando
buscando
muller e non
topo quen
me queira.
É unha disputa co texto prefixado (aínda
que as versións dunha mesma
—Pois se
Parrafeo composición poden diferenciarse
ningunha te
lixeiramente) que se sitúa entre o
desafío e o poema narrativo. quere será
porque tu
eres malo ou
porque che
teñen medo
que non
cumpras co
traballo.
Coas bágoas
Unha das manifestacións literarias
nos ollos
sobranceiras durante os Séculos
quedou
Escuros é o vilancico de Nadal, que
inclúe diferentes formas: panxoliñas, durmidiño:
nadais, aninovos e reis. Son formas durme, que
che preste,
estróficas breves e sinxelas con
meu
frecuentes recursos de repetición:
inocentiño.
anáforas, paralelismos...
Vilancico
Nesta modalidade encontramos os
poucos casos de autoría coñecida Ai, miña
dentro do cancioneiro, pois os seus xoíña, cantos
compositores (fundamentalmente traballiños
homes) eran músicos vinculados ás vén pasar ao
igrexas, o que favoreceu a conservación mundo para
dos textos nos seus arquivos e o redimirnos?
coñecemento das biografías autoriais.
44
Saber máis
As adiviñas e os refráns forman parte tamén da literatura de
transmisión oral. Ambos poden considerarse parte dos textos en
verso, como as cantigas, pois manifestan unha certa
preferencia pola rima, o que facilitaba a súa memorización.
Hoxe en día, son moitas as voces continuadoras deste legado, de entre as que
salientamos Sés, Dios Ke Te Krew, Herdeiros da Crus ou Boyanka Kostova, entre outras
moitas bandas e artistas que lle conferiron á música galega unha grande amplitude de
xéneros e modernización.
45
Saber máis
O interese pola literatura de transmisión oral abrollou, en toda
Europa, a partir da segunda metade do século XVIII. Na
literatura galego-portuguesa mesmo se constatou que na lírica
trobadoresca hai unha forte pegada da literatura medieval
galega de tradición oral, especialmente nalgunhas modalidades
das cantigas de amigo (concretamente, as cantigas de romaría,
as albas, as bailadas ou as mariñas).
Sociedade estamental
Socialmente, igual que no resto de territorios europeos, os comezos da Idade Media
supoñen a consolidación dunha sociedade estamental sumamente ríxida, baseada
no sistema feudal. A dita sociedade estaba constituída por catro estamentos: a
plebe (na súa maioría campesiñado), que traballa a terra; a nobreza (laica e
eclesiástica), xunto dun grupo social emerxente, a burguesía (conformada por
gremios); e o rei.
Pola súa parte, o clero (isto é, a Igrexa católica) ha desenvolver un dominio cultural e
ideolóxico case absoluto, monopolizando o saber durante case todo o período
(mosteiros, bibliotecas, escolas de gramática, universidades...), coa única excepción da
cultura cortesá laica.
47
Crecemento das urbes
Canto á distribución poboacional, a maior parte dos núcleos redúcese a pequenas
aldeas, sendo Lugo a urbe máis importante durante un bo período. Porén, a
descuberta do suposto sepulcro do apóstolo Santiago, en 813, servirá de pretexto para
potenciar a ideoloxía relixiosa da conquista cristiá de Al-Andalus, o que ha favorecer,
por suposto, a puxanza política, económica e cultural de Compostela, en prexuízo
doutras dioceses tradicionalmente relevantes, como Braga.
Lingua
No noso territorio, o latín vulgar falado transformarase nunha lingua de seu, coñecida
como galego-portugués. Este proceso de transformación durou varios séculos e xa
estaba rematado no século IX. Nestes primeiros momentos o galego era só unha
lingua oral, pero a finais do século XII e principios do XIII comezou a ser utilizada como
lingua escrita. Até aquela altura, para a expresión escrita só se utilizaba o latín, que se
seguiu empregando nos mosteiros e na Universidade.
48
Política
No plano político, Galicia na Idade Media mantivo unha certa autonomía respecto da
monarquía astur-leonesa e castelá, que nalgúns períodos breves (a través dos séculos
X, XI e XII) desembocou na constitución dun reino independente con Ordoño II,
Ordoño IV, García I (irmán de Afonso VI) e Afonso Raimúndez (1109). Tras a morte
deste, en 1157, morrerá tamén a idea dun reino galego independente, dando lugar ás
loitas nobiliarias e a unha crise de poder.
Xéneros e temáticas
Á lírica popular que xa se cultivaba esporadicamente,
vinculada cos labores cotiáns do campesiñado, uniuse unha
moda literaria procedente da Provenza, a través do Camiño de
Santiago: o amor cortés. Da confluencia destas dúas correntes
xorde a lírica galego-portuguesa medieval.
Na Idade Media, o xénero literario que terá máis desenvolvemento será a lírica, que
presenta dous tipos ben diferenciados:
49
Lírica profana, integrada polas cantigas de amigo, as cantigas de amor e o
cancioneiro satírico (cantigas de escarnio e maldizer).
No que se refire ao teatro, é de supoñer que existiu un teatro popular do que non
conservamos textos escritos, pero que se representaría nas festas ou nas celebracións
relixiosas.
50
Códices e axentes literarios
A poesía de carácter profano foinos transmitida en coleccións
manuscritas que reciben o nome de cancioneiros.
Cancioneiro da Vaticana, data do século XVI e contén 1250 cantigas dos tres
xéneros.
Existen, así e todo, outras dúas mostras documentais fóra dos cancioneiros,
descubertos xa no século XX:
Pergamiño Vindel, de finais do século XIII, que contén sete cantigas de amigo
de Martín Códax atopadas xunto coas partituras de seis delas. Trátase,
probablemente, dunha “folla voante”, un tipo de pergamiño enrolado ou
dobrado en que se recollía a obra dun único autor para ser interpretada.
51
Pergamiño Sharrer, de finais do século XIII ou principios do XIV. Foi
descuberto en 1990 e contén sete cantigas de amor de Don Dinís, xunto con
cadansúa partitura.
52
Na composición, interpretación e difusión das cantigas interviñan os personaxes que
recollemos nesta táboa:
53
Lingua e sociedade
54
As provincias hispanas durante o Baixo Imperio Romano
Por tanto, a romanización foi un proceso gradual, aínda que moi eficaz.
55
Probabelmente no século VI toda
a poboación falase xa latín, un
idioma que tivo de convivir coa
lingua (ou linguas) das poboacións
castrexas.
56
A Península Ibérica por volta do ano 560.
57
58
Substrato preindoeuropeo
Substrato celta
O estrato latino
59
Superestrato xermánico
Superestrato árabe
O adstrato
60
Saber máis
Podes consultar máis información ao respecto nesta
presentación sobre a orixe e formación do galego.
Aínda que non hai ningún documento escrito en galego ata o século XII, sabemos que
o idioma existe como entidade plenamente diferenciada do latín desde fins do século
VIII. Nesta época só se escribía en latín, pero descóbrense nos textos numerosas
interferencias directas do romance do NO peninsular (meio por medio, ovella por
ovelia) e incorrectas latinizacións de palabras romances (artigula, celleiro, auterio), do
cal se deduce que a lingua oral xa non era o latín senón o galego-portugués.
61
A evolución da lingua vai parella á propia evolución da sociedade que a fala. No caso
galego, esta evolución posúe uns trazos xenuínos que se poden resumir no seguinte
cadro:
62
PERÍODOS NA HISTORIA SOCIAL DA LINGUA
GALEGA ATA O S. XIX
63
PERÍODOS NA HISTORIA SOCIAL DA LINGUA
GALEGA ATA O S. XIX
64
PERÍODOS NA HISTORIA SOCIAL DA LINGUA
GALEGA ATA O S. XIX
Neste período, o galego-portugués era unha lingua con todas as condicións para se
converter na hexemónica no seu territorio, mais as circunstancias sociopolíticas
(independencia do Condado de Portugal, que se constitúe como reino independente
en 1121, e a expansión paulatina de Castela) levarán a que esta “identidade” ou
unidade se dilúa, ficando paseniñamente o galego no ámbito da oralidade.
Por outra parte, o latín conservaríase (xa con singularidades e innovacións propias dos
distintos romances) como a lingua para a escrita formal e tamén da Igrexa e das
universidades. Nestes ámbitos aínda haberá de se conservar, como lingua da cultura,
durante moitos séculos.
66
planu > chan/chão
Palatalización dos grupos pl-, cl-, fl- (>ch-) dos grupos
clave > chave
iniciais latinos.
flamma> chama
67
Conde de Barcelos, derradeiro trobador en galego-
portugués
68
Os trazos lingüísticos do galego nesta etapa son moitos e moi
variados. Entre eles, podemos resaltar, de maneira moi
xenérica:
69
Os sucesos políticos que aconteceron entre a segunda metade
do séc. XIV e o século XV van acelerar a penetración do castelán
en Galicia , asentándose unha realidade dispar: galego, na
oralidade; castelán, na escrita. En 1483 vai aparecer, entón, o
que se considera o derradeiro texto administrativo escrito en
galego.
70
ORTOGRAFÍA
Lembra
A sílaba tónica dunha palabra é aquela sobre a que recae o
acento de intensidade. De haber máis sílabas na palabra, estas
denomínanse átonas.
De acordo coa sílaba en que recaia o acento de intensidade temos palabras agudas (ou
oxítonas), graves (ou paroxítonas) ou esdrúxulas (proparoxítonas), segundo a sílaba
acentuada sexa a última (a-mor), a penúltima (pa-xa-ro) ou a antepenúltima (mí-ti-ca)
respectivamente.
71
Palabras agudas
Acentúanse graficamente as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal, en
vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns: ventá, canción, tabús, violíns.
As que son monosílabas, agás nos casos de acento gráfico diacrítico (é, dá,
pór…): leis, fun, man, bos.
Ditongo crecente: aquel en que unha vogal de abertura mínima ou vogal feble
(i, u) soa antes que unha vogal de maior abertura ou vogal forte (a, e, o).
Exemplos: ambiente, cincuenta
Ditongo decrecente: aquel en que soa antes a vogal forte ou aberta (a, e, o)
que a vogal feble ou fechada (i, u). Exemplos: pais, rei, grou, bacallau.
Ditongo homoxéneo: aquel en que dúas vogais febles ou fechadas (i,u)
pertencen á mesma sílaba. Isto dáse cando a forza articulatoria recae na
primeira vogal do grupo. Exemplos: conduciu, cuito
72
Palabras graves
Acentúanse graficamente as palabras graves que rematan nunha consoante distinta
de -n ou -s (mísil, cáliz), nun grupo consonántico que non sexa -ns (bíceps, cómics), ou
nun ditongo decrecente na última sílaba (posíbeis, culpábeis).
Ditongos e tritongos
Como xa vimos, o ditongo é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba. Como é
natural, o tritongo consistirá no encontro de tres vogais na mesma sílaba (isto
acontece sempre que teñamos a secuencia vogal fechada + vogal aberta tónica +
vogal fechada).
De ter que poñelo, o acento gráfico colócase sobre a vogal forte (isto é, sobre a vogal
aberta tónica): bióloga, éuscaro; foi, foise, fóiseme; contou, contoume.
73
Lembra
Os ditongos non levan nunca acento gráfico cando forman parte
da sílaba tónica dunha palabra aguda: ademais, animais, despois,
carteis, controis, sandeus.
Pola súa parte, os tritongos tamén seguen as regras xerais de acentuación. Cando a
palabra precisa do acento gráfico, este colocarase sobre a vogal aberta tónica:
Uruguai; cambiéillelo.
Hiatos
O hiato é o encontro de dúas vogais que se articulan en sílabas diferentes. Segundo
este criterio, podemos rexistrar tres clases de hiatos:
74
Hiatos de dúas vogais abertas ou fortes. Acentúanse consonte as regras
xerais de acentuación: cea, coar, voo, peón, deán...
O uso da diérese
A diérese (¨) é un signo ortográfico que se coloca sobre as vogais i e u para indicar
que deben pronunciarse.
Emprégase a diérese:
75
Ollo!
Acento gráfico e til non son termos sinónimos.
76
Glosario
De la época medieval
Calveiro, Marcos: “Festina Lente” (dispoñíbel no catálogo de Galicia Le)
Gándara, María (t.c.c. Lola González): “Magog” (Xerais)
77