Arraianos
Significado:adxectivo1Relativo ou pertencente á raia, ao límite entre dous
paí[Link] [Link]ÓNTESE fronteirizo2Que habita na zona da raia entre dous países.A
construción de escolas infantís é unha vella reivindicación das mulleres [Link]én
substantivo Os arraianos do Couto Mixto.
1. Presentación dicindo o seu nome (con apelidos ou non, como se queira).
Ola! Eu son Valentina Pérez e hoxe vouvos falar dun libro moi interesante da
literatura galega: Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Neste vídeo vou contarvos un pouco sobre o autor, comentarei o título do libro, falarei dalgúns
elementos da mitoloxía galega que aparecen nos relatos, direivos cal foi o relato que máis me
gustou e tamén aquel que me gustou menos. E, por suposto, rematarei cunha conclusión persoal
sobre esta lectura.
Así que se vos interesa a literatura galega, a fantasía, ou simplemente queredes descubrir o mundo
maxico galego … quedade comigo!
2. Algunhas palabras sobre o autor/a.
O autor deste libro é Xosé Luís Méndez Ferrín, como xa vos comentei , un dos
escritores máis importantes da literatura galega contemporánea.
Xose Luís foi profesor, político e xornalista, e dende sempre esta moi comprometido coa lingua e a
cultura galega.
A súa escrita destaca por mesturar o real co fantástico, e por dar moita importancia á identidade
galega, á historia, e tamén á natureza. Arraianos é un bo exemplo diso.
3. Unha breve referencia á temática e xustificación do título
O título "Arraianos" fai referencia á xente que vive na raia, na fronteira entre
Galicia e Portugal.O significado da palabra que nos dá a RAG é Que habita na zona da
raia entre dous países
Esa idea da fronteira é moi importante no libro, porque moitas veces non sabemos se estamos no
mundo real ou nun mundo imaxinario.
4. Que elementos da mitoloxía galega aparecen no libro, especifíca en que
relatos.
O libro conta con 10 relatos, todos eles envoltos nunha atmosfera de
misterio, escuridade e suspense, cunha presenza moi forte da cultura
galega e o seu paisaxe rural. Gustaríame destacar, un por un, a
influencia da mitoloxía galega que se reflicte en cada historia:
Lobosandaus: Neste relato, aparece a presenza da alma dun morto que
queda cunha débeda pendente e toma outro corpo para cumprir o seu desexo,
evocando as lendas de almas en pena e as historias de espíritos que regresan.
Medias Azuis: Aquí aparecen dúas meigas, figuras típicas de Galicia, que
representan a maxia e o misticismo tradicional da cultura galega.
Liño: destaca o sobrenatural entrelazado coa vida cotiá no paisaxe rural
galego.
O Exclaustrado de Diabelle:conectando coas lendas de santos e figuras
sagradas da tradición galega.
Botas de Elástico: Aínda que trata temas políticos e sociais, como a represión
franquista, a historia conta desde a perspectiva dun neno, o que introduce
unha visión entre a realidade e a fantasía. A escena de agochar ao pai nun
pozo pode remitir ás crenzas sobre lugares encantados, pozos ou fontes que
ocultan segredos ou presenzas invisibles, moi presentes na mitoloxía popular.
Un castelo nos Ancares: A idea da venganza e o retorno do pasado conecta
coas lendas tradicionais onde os castelos e pazos funcionan como escenarios
de traxedias e maldicións, cargados de historia e maxia.
Eles: Aínda que denuncia a violencia da Guerra Civil, emprega recursos
simbólicos que o achegan ao mítico: os agresores aparecen deshumanizados,
case como forzas do mal, en liña coa visión mitolóxica do ben contra o mal. A
atmosfera de terror remite ao mundo escuro das lendas galegas.
Adosinda Horrorizada: A narración mestura historia e profecías, elementos
moi presentes na tradición oral galega, onde os textos antigos e as predicións
do fin do mundo forman parte do imaxinario popular.
O Militante Fantasea: A fantasía converte este relato nun espazo ambíguo
entre o real e o soñado, evocando as historias de fantasmas e seres máxicos
que habitan na mitoloxía galega.
Quinta Velha do Arranhão: Neste relato, a casa encantada na quinta
portuguesa funciona como un espazo de sombras e recordos, impregnado de
misterio e morte, moi propio das historias de ánimas e lugares onde o tempo
parece deterse, retomando a dimensión espectral da mitoloxía galega.
5. Resumo da historia que máis che gustou xustificando o motivo
O que máis me gustou foi Lobosandaus, pola maneira en que está escrito.
Fixoseme moi entretido e, a medida que ía lendo, enganchábame máis. É unha
pena que sexa tan curto. O relato trata dun home que lle escribe cartas ao seu
tío, contándolle o que está vivindo no lugar onde se instalou temporalmente,
onde traballa de mestre, nesta vila.
Como nos vai narrando o sobriño, hai algo raro entre a xente. Cando chega,
morre unha persoa moi coñecida polo pobo. Resulta que a alma do defunto
condúmíu o corpo da filla da dona da casa na que vive o narrador, e o seu
propósito era estar coa súa cuñada, xa que era o que en vida desexaba o home
morto. A rapaza apareceu colgada, e logo a alma colleu o corpo do propio
marido de Dorinda, que tamén amenazou con colgarse. Isto sucedeu despois
de que fora sospeitoso do asasinato dos anteriores defuntos. Como último
recurso, a alma do capador Nicasio tomou o corpo do sobriño, ou iso é o que dá
a entender o final da historia.
6. Resumo do relato que menos che gustou xustificanto o motivo.
O relato que menos me gustou foi Liño. Como xa dixen anteriormente, gustaría que a historia tivese
máis contido; é dicir, que fose máis extensa e desenvolvida. Ademais, non me convence a forma na
que está escrita, foi un fragmento que me custou bastante entender. Tampouco me gusta a maneira
de pensar da narradora: é moi pesimista e parece odiar a súa circunstancia.
O relato trata de Misia, unha muller cunha discapacidade que pasa os veráns nunha casa no campo,
lonxe da cidade e da vida moderna. Alí reencontra a N., un home bo e algo tolo, co que comparte
momentos íntimos e tranquilos. A historia mestura lembranzas, soños e sentimentos de tristeza polo
pasado que xa non existe.
O traballo do liño, que antes se facía na aldea, simboliza ese mundo antigo que desaparece. Misia
refúxiase nese lugar buscando paz, afastada dun mundo que xa non entende. A súa relación con N.
axúdalle a sentir de novo e a esquecer, por un tempo, a dor que leva dentro.
7. Conclusión
A obra de Méndez Ferrín fainos pensar, sentir e reflexionar sobre o pasado, o presente e incluso
sobre aquilo que non se pode explicar con palabras. Persoalmente, encantoume ver como a
mitoloxía galega se entrelaza coa realidade, como se nos convida a mirar máis alá do visible.
FINAL:
E ata aquí o meu comentario sobre Arraianos. Grazas por quedar comigo, espero que vos animedes
a lelo e que tamén vos atrape ese mundo misterioso e fascinante que nos propón Méndez Ferrín. Ata
outra!