0% found this document useful (0 votes)
361 views134 pages

KALLAICOS PacoBoluda

Uploaded by

Ricardo Mendes
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
361 views134 pages

KALLAICOS PacoBoluda

Uploaded by

Ricardo Mendes
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

KALLAIKOS

UNHA VIAXE Á GALIZA CÉLTICA

PACO BOLUDA

Adaptación do texto:
XULIO CID NEIRA
Título Orixinal: Kallaikos
1ª Edición [impresión]: Ourense, 2018.

Idea orixinal, documentación e investigacións, narrativa e textos, ilustracións,


infografías e ornamentos orixinais:
Paco Boluda

Deseño e maquetación do libro e cubertas, retoque de imaxes e adaptación


estilística gráfica:
Idoia de Luxán Vázquez.

Adaptación do texto:
Xulio Cid Neira

Tipografías empregadas:

Kallaikos REVVE [Inspirada na epigrafía que aparece nos Guerreiros Galaicos


de Santa Comba e San Paio de Meixedo (Portugal), adaptada por Paco Boluda e Idoia
de Luxán. ]

Antic [SIL Open Font License v1.10 Deseñada por Typemade. ]

Hill House [Baseada na tipografía deseñada por Charles Rennie MacKintosh e adaptada
a tipografía por Jon Hicks. SIL Open Font License v1.10. ]

Gandhi Sans [SIL Open Font License v1.10 Deseñada por Librerías Gandhi S.A. ]

Imprime:
Imgrafor, S.A.

D.L.: OU 18-2019

ISBN: 978-84-09-08185-8

Todos os contidos con forma de ilustracións, ornamentos e textos desta obra foron
rexistrados baixo a autoría e propiedade intelectual de ©Paco Boluda.
KALLAIKOS
A Península Ibérica segundo
os xeógrafos grecolatinos.
En verde, o territorio que ocupaba
o pobo dos Kallaikos.
ÍNDICE

I A CHEGADA · · · · · · · · · · · · · · · · · · · 3

II RÍO ARRIBA · · · · · · · · · · · · · · · · · · · 7

III A FORTALEZA DO BOSQUE · · · · · · · · · ·13

IV NA CASA DO CORONO · · · · · · · · · · · · 20

V CANTEIROS E OURIVES · · · · · · · · · · · ·28

VI OS SEÑORES DA GUERRA · · · · · · · · · · ·34

VII O RITO DE PURIFICACIÓN · · · · · · · · · · 41

VIII MULLERES DE KAITÓBRIGA · · · · · · · · ·47

IX DANDO GRAZAS A BANDUA · · · · · · · · ·53

X CONVIDADO A UN BANQUETE · · · · · · · 59

XI CAMIÑO DE VOLTA · · · · · · · · · · · · · · 65

XII AS PEDRAS FALAN · · · · · · · · · · · · · · ·71


I
A CHEGADA

Cando espertei amencía. Aínda estaba escuro mais xa se albiscaba o día


a través das follas das árbores. Atopábame exactamente no lugar onde
adormecín onte, seguindo as instrucións do Vello, pero tiña a sensación
de estar nun sitio distinto.

Aquela peneda era a mesma, seguía inzada de petróglifos, mais a contorna


estaba cambiada. Había moita máis vexetación, os piñeiros desapareceran
e inmensos carballos con frondosas copas impedían ver o ceo.

Espreguiceime e fiquei sentado un anaco, non sabía onde ir. O Vello


aseguroume que se durmía enriba daquela peneda a noite do solsticio
de verán, podería viaxar no tempo. Probablemente arestora aquel home
estaría na súa casa a escachar coa risa a conta miña.

O Vello vivía nunha cabana perto de aquí. Era un ermitán, medio adiviño,
medio curandeiro que coñecín nunha das miñas visitas aos castros da
comarca. Falei con el en varias ocasións, foi así que soubo do meu interese
polos pobos da Idade do Ferro. Un día convidoume a xantar con el e
mentres comiamos, preguntou:

–Entón, gustaríache facer unha viaxe á época dos antigos galaicos?

–Imaxinas que fora posible? Iría ata aló agora mesmo.

Outra tarde que paseabamos entre unhas laxes cheas de gravados, volveu
facer a mesma pregunta, dando a entender que esta vez a cousa ía en
serio.

De primeiras tomeino a chanza, mais polo xeito en que el falaba, acabei


case convencido. Por probar non se perdía nada, e unha noite de San Xoán
tampouco era tan mala para durmir no monte. Así que agora atopábame
no medio desta carballeira, sen saber que sucedería e coa idea de que
estaba a facer o ridículo.

Mentres matinaba nesas historias, a claridade foi iluminando a contorna.


Había unha brétema lixeira que non dificultaba demasiado a visión. A feble
luz do novo día filtrábase entre a follaxe, mesturábase coa néboa e creaba
unha atmosfera misteriosa, mesmo máxica.
7
O chan estaba cuberto dun vizoso manto de herba e brión, non enxergaba
ningún camiño. Adentrarme na fraga podía resultar perigoso e o máis
probable sería que acabara perdéndome. Decidín que o mellor era voltar
á casa do Vello e rir con el da inocentada.

Levanteime e cando ía botar a andar, distinguín ao lonxe unha silueta


que se dirixía cara a min. A brétema non me deixaba ver con nitidez,
pero certamente aquela figura era unha persoa e viña ao meu encontro.
Supuxen que sería o Vello pero conforme se achegaba, comprobei que
vestía un manto e tiña a faciana cuberta por unha mesta barba branca.

Era baixiño e unha gran cicatriz percorríalle o lado esquerdo da cara,


dende a fronte ata a parte inferior da meixela. Baixo o manto levaba unha
longa túnica. Andaba amodo, apoiado nun báculo de madeira.

O corazón batíame con forza e o medo apoderouse de min. Aquel home


non era do noso tempo! Cando chegou á miña beira, levantou a man e
sorriu.

–Meu nome é Blendea, son sacerdote e menciñeiro. Benvido á terra da


teutâ artodioi, que quere dicir a tribo dos osos.

Correspondín ao seu saúdo e presenteime. Nese momento decateime


dunha cousa ben curiosa. El falou nunha lingua que eu descoñecía, mais
entendín o que me dixo perfectamente e cando eu falaba, el tamén me
comprendía. De primeiras resultoume estraño, pero despois de conversar
un anaco xa non lle din importancia.

Pouco e pouco fun acougando. Pregunteille onde estabamos e respondeu


que aquel lugar era territorio dos artodioi, na federación dos grovion, os
da terra quente. Atopabámonos na fronteira cos ártabron que significa os
da terra do norte, onde está a estrela Arta, a Osa Maior.

Vendo a miña cara estrañada aclarou que aquel era o outeiro das Pedras
Que Falan e o río Minios non estaba lonxe de alí. Sen dúbida achábame
no mesmo lugar onde quedei durmido, só que moito tempo antes. O
sacerdote acenou coa man invitándome a acompañalo.

–Queres coñecer o meu pobo?

–Nada me faría máis feliz arestora.

–Entón debemos darnos présa, só tés de prazo ata o solpor. Á noitiña


deberás volver aquí para emprender a viaxe de regreso.

Quedei sorprendido ao ver que Blendea sabía perfectamente o que eu


quería facer. E debía estar ao tanto do que me acontecera onte á noite,
8 porque en ningún momento me preguntou quen era nin de onde viña.
9
Mentres camiñabamos pola fraga, o vello sacerdote explicou que eles
pertencían ao pobo dos kallaikoi, e o seu territorio abranguía dende o
mar Cantabrikon ao norte, ata o río Durios ao sur. Polo nacente tiñan de
veciños aos wethóns e aos cantabroi, e por onde morría o sol estaba o
Wergiwios, o océano Atlántico.

Cada tribo era independente e agrupábanse en federacións arredor


de tres centros de poder onde se xuntaban en asembleas, impartían
xustiza e rendían culto aos deuses. Deste xeito, ao norte estaba a
federación dos ártabron, con capital en Nemeton Lugous, ao sur
estaban os grovion, coa capital en Lana Brákara e ao leste os asturon e
a súa gran cidade Lana Astúrika.

Ademais había un lugar de reunión no medio de todo aquel territorio:


Nemetóbriga, a cidade sagrada, que hoxe coñecemos polo nome de
Trives. Alí celebraban os actos relixiosos e políticos máis importantes, que
reunían ás xentes dos Mrogis Komboroi Kallaikia, a Confederación dos
Pobos Galaicos.

Polo que Blendea ía contando, supuxen que debiamos estar a principios do


século II antes da nosa era. A historia daquela xente comezaba seiscentos
anos atrás, cando aprenderon a traballar o ferro, un metal máis duro que
o bronce e moito máis fácil de conseguir.

A conversa era moi interesante e logo chegamos a un camiño que conducía


ao río Minios. Alí tiñamos que subir a bordo dunha embarcación que nos
levaría ao territorio do clan sewroroi, os da terra fronteiriza. A súa capital
era Kaitóbriga, a fortaleza do bosque.

–O pasado do meu pobo está escrito nas estrelas polas deusas que tecen
o noso camiño. E o futuro non é difícil de predicir, os romanos están ás
portas da Kallaikia e vendo o que lles aconteceu aos lusoi, non tardaremos
en telos por aquí. Seguro que ti o sabes mellor ca min.

Eu tiña instrucións do Vello de non falar do mundo onde vivía, mais Blendea
era un home sabio, así que non fixen máis que confirmarlle o que el intuía.

CRONOLOXÍA
ANOS 800 400

10 I IDADE DE FERRO II IDADE DE FERRO

Bronce final Celto-Kallaikos


–Aínda terán que pasar cen anos ata que os romanos ocupen esta ribeira,
e hano facer sen trocar moito as cousas. O que queren son as riquezas da
vosa terra, e manterán o control militar para que paguedes os impostos
que eles establezan.

A fraga quedou atrás e baixamos cara o val por un camiño empinado. Ao


lonxe puiden enxergar o río.

–Onde nos diriximos, Blendea?

–Imos ver ao corono Maelono, para que che conceda hospitalidade.


Navegaremos río arriba, é máis rápido e seguro que irmos a pé.

–Corono? E que é un corono?

O sacerdote comezou a explicarme como era a sociedade naqueles


tempos. A base do seu pobo era a weniâ ou familia, normalmente moi
extensa. O conxunto de varias familias cun antepasado común formaba o
weko ou clan, cun xefe á cabeza: o corono. Os clans xuntábanse integrando
a teutâ ou tribo.

Sobre todos os coronos e xefes da teutâ mandaba o rix, que adoitaba


acceder ao cargo polo seu propio poder ou por contar co apoio da maioría
dos clans. Eran importantes as terras e riquezas que o aspirante posuía e
tamén o número de guerreiros e vasalos. O título de rix non se herdaba,
mais os aspirantes adoitaban pertencer a familias influentes.

Para que un candidato puidera chegar a ser rix, tiña que ser ratificado
en asemblea polos coronos. Podía acontecer que algúns xefes puxeran
trabas a un candidato e decidiran elixir a outro para o cargo, normalmente
despois de discusións e liortas que podían durar varios días.

Baixo o rix e os coronos estaban os durbedes. Eran sacerdotes e


sacerdotisas que se encargaban dos rituais e das ofrendas aos deuses,
practicaban a adiviñación e curaban os males da xente. Habitualmente
facían as veces de conselleiros dos nobres, e mesmo algúns podían
chegar a ter moito poder.

Cambio de era

137 Batalla do Douro 19 Conquista de Augusto.

Conquista romana Galaico-Romanos


WENIÂ WÊKOS

FAMILIA CLAN
Grupo de parentesco directo Grupo de familias
que viven na mesma casa ou en cun antecesor común.
pallozas contiguas. Está dirixida Viven agrupados nun castro.
12
por un TIGERNOS. O xefe era o CORONO.

OS MERODIOI OS SEWROROI
TEUTÂ LANDÂ

TRIBO PAÍS
A reunión de clans fai a tribo. A agrupación de tribos era
Un pequeno estado rexido a federación que se reunian
por o RIX ou PRINCIPE. nos OINAIKOI. 13

OS ARTODIOI OS BRAKAROI
Había tamén grupos de homes armados, organizados en cofratías, que
se dedicaban a facer a guerra e a defender o territorio da teutâ. Pasaban
meses lonxe da casa, á procura da fortuna e o prestixio que proporcionaba
a actividade bélica. Cada cofratía estaba baixo o mando dun xefe,
habitualmente un nobre da familia do rix.

Despois estaban os xefes dos clans, con certo poder decisorio nas
asembleas. E por baixo deles, os artesáns e os homes e mulleres libres,
que na súa meirande parte traballaban aforados ás terras do corono. Por
último estaban os servos, que non posuían nada de seu e traballaban a
cambio de comida e teito.

Príncipes sacerdotes Cofratías de guerreiros

14 XEFE do wekos mulleres e homes libres, artesáns, servos....


ONOMÁSTICA CELTO- GALAICA
De muller
MAELA FUSKA KIATIA
PELIA KAELA DOVIDENA
TRIDIA LOVESA AMMIA
KAMALA ABIA ABINA

De home
KATURO (O rei que loita) EBURO (O texo)
VIRIATO (O condecorado /o que ten AULEDO (O desexado)
virias) MATURO (O oportuno)
LATRONO (Guerrilleiro) KAENO (O novo)
REBURRO (O de cabelo crecho) AMBATO (O servicial)
KUMIO (O alto) LOUCIA (O brillante)
ANCETO (Que ten o brazo torto) KLUTOSO (O famoso)
PELIKO (Pálido) KADROIOLO ou
NICER (O que comeza con forza) kadroiONO (O loitador)
KLUTAMO (O famoso) APILO (O forte)

BURNI TURONO AREINO


ATLOS KOEDIO NEPOS KANTIO
ARCIO ARAUSA BOUTIO KORUBERO
BLAESO BURRALO TURIANO KABEDO
KELTIO VEROBLO KINIO MADAMO
KILIO TEMARO GROVIO FALKATO
AMMINO LAETO PINTAMO MADUTTO
katueno TURIO IAO KUROTAMO
TIOMACES TANCINO MANCIO REAIKO
MELGAECO MAELONO ANIO BLENDEA
ANCETOLO TURAIO KATURO PAISIKAIKO
AFER PENTILO ELAESO ALBURA
TUROLO ARAVO SEGEO KAELEO
FRONTO COROTURETES FUSKO LOVESO
LATRIO DOVILONO KELER MEBDO
APINO KOELO MALCEINO BLEKAENO
ABINO KAMALO BOBEGIO KUAMO
ARKIO ABRUNO VAUKANO OGRIGENO
ARCISO MAGILO ARIS

Alcumes
aetobrigo Fogosamente forte Veigebraeko Da aldea dos valerosos
apolosego Forte na victoria / fortes
15
KADOGO Loitador / Guerreiro DAVINIAGO Ardente / fogoso
OILENAIKO Da perna torta TONGOE Que xura
RHOUDEAEKO Vermello/ que ten SAGATO Que leva sago
o cabelo vermello LANGANITAEKO Da chaira longa dos
TATIDEAIKO Pai dos condecorados guerreiros
As tribus que conformaban
o pobo dos Kallaikos, segundo
16 recolle Higinio Martins no seu
libro "As tribos Galaicas" e
Jose Manuel Barbosa no "Atlas
Histórico da Galiza".
17
18
II
RÍO ARRIBA

Xa asomaba o sol cando chegamos á beira do río. Había alí un peirao con
varias piraguas amarradas e unha barcaza para cruzar ao outro lado. Era o
porto dos barbantes. No cabo do embarcadeiro, varias persoas cargaban
cestos nunha dorna.

Ao chegarmos todos miraron con sorpresa, as miñas roupas chamáronlles


moito a atención. Blendea decatouse e saíu ao paso.

–Este home é un viaxeiro chegado de terras lonxanas. Vimos agardar por


unha barca que nos levará a Kaitóbriga.

Todos debían coñecer ao vello durbede pois asentiron coa cabeza e


continuaron co que estaban a facer.

Por unha revolta do río apareceu unha gran piragua, feita dunha soa
peza de madeira de carballo. A bordo remaban dous homes e con
eles viña unha muller. Conforme se achegaban puiden observalos
mellor.

O home máis novo era miúdo, traía o cabelo solto e a cara máis ou menos
afeitada. Levaba o corpo cuberto co sago, un longo capote con carapucha.
Por baixo vestía unha túnica luída e unha saia de cadros.

O outro home era máis vello e corpulento, viña armado cunha espada
e un escudo ás costas. Numerosas cicatrices percorrían o seu corpo,
non había dúbida, era un veterano guerreiro. Traía a barba rematada
nunha trenza e o cabelo recollido na cima da cabeza. Levaba
brazaletes de ouro, as famosas virias que aparecen nas estatuas dos
guerreiros galaicos e que deron o seu nome a Viriato, o gran caudillo
lusitano.

Da muller pouco podía ver, pois un grande e colorido manto cubríaa por
completo. Cando atracaron, Blendea achegouse a ela para axudarlle a
baixar da piragua. Era moi nova, case unha rapaza. Retirou o manto e vin
o seu cabelo castaño trenzado con adobíos de ouro. Vestía unha túnica de
vivas cores, levaba arracadas nas orellas e no pescozo un colar feito con
doas de vidro e pezas áureas. 19
20
O home máis novo saíu da piragua e amarrouna a un estadullo do peirao.
O guerreiro ficou na embarcación sen quitarme o ollo de enriba. Blendea
indicoume que me achegara e presentoumos.

–Esta moza é miña sobriña Dovidena. O guerreiro chámase Katueno e


aquel é Laeto, un labrego amigo meu. Con eles viaxarás seguro.

Nesa época os dous clans máis poderosos da teutâ artodioi non mantiñan
boas relacións. Dun lado estaban os sewroroi e doutro os iadowioi, os
combativos. O porto estaba en territorio destes últimos, así que era
preciso marchar canto antes e andar con ollo. Por iso traían para min un
sago, a fin de cubrir as miñas roupas e pasar desapercibido.

Antes de partir, Blendea deume unha bolsiña de coiro que contiña doas de
vidro decoradas.

–Cando cheguedes a Kaitóbriga haslle dar este presente á muller do


corono, en agradecemento pola súa hospitalidade.

Collín a bolsa e subín á piragua coa axuda de Laeto. Que impresión o


contacto da súa man cando turrou de min! Estábame a axudar un galaico!
Era aquela unha estraña sensación, igual que outras moitas que se
sucederían ao longo da xornada.

Mentres me acomodaba a bordo, procurando a duras penas non perder o


equilibrio, Blendea daba instrucións a Dovidena. O durbede despediuse de
nós e fíxome unha advertencia.

–Viaxeiro, fala só o imprescindible. E non temas, sempre vai haber alguén


de confianza á túa beira.

Zarpamos río arriba. Laeto e Katueno manexaban os remos con destreza.


Navegamos perto da outra ribeira onde estremaban as terras dos
koilernoi, evitando así o territorio idawioi. Ficamos en silencio mentres a
piragua avanzaba mainamente sobre o Minios.

Pouco e pouco ía asimilando a situación, estaba algo máis tranquilo agora.


Augas arriba, embocamos un pequeno afluente cara o norte. Katueno e
Laeto vogaban mentres esculcaban as ribeiras, vixilando que ninguén nos
seguira. Conviña estar atentos ante un posible ataque.

O sol xa iluminaba os cumios dos montes da redonda. Logo de percorrer


aquel río cativo, deixamos a piragua nun coiñal. A partires de alí era
imposible navegar, así que seguimos a pé por un carreiro empinado.

–Laeto, adiántate e vai buscar algo de roupa para o viaxeiro –dixo Dovidena.

O labrego saíu correndo e desapareceu na fraga. Seguimos avanzando, 21


Katueno camiñaba en silencio pero Dovidena comezou a falar comigo.

–Hoxe é un gran día. Os nosos guerreiros regresan a casa. Un deles é


Kadroiolo, o meu mozo. Vou casar con el nas festas de Lug.

–Parabéns. Estarás desexando que cheguen, non si?

–Non me dan pasado as horas.

–E veñen de moi lonxe?

–Pois si. Levan varios meses aló polo sur, na terra dos lusoi.

Dovidena era moi faladeira e tan pronto colleu confianza non parou de charlar.
Eu atendía con moito interese ás súas explicacións e facíalle máis preguntas.

–E que fan os guerreiros tanto tempo lonxe da casa?

–Van á procura de ouro e gando. E cando están de volta, defenden as


terras da teutâ e van cazar á fraga.

Aqueles guerreiros eran a cofratía dos Brassioi, os grandes homes


violentos. Seu xefe chamábase Arcio e todos os demais estaban ligados a el
por un xuramento de fidelidade ata a morte, chamado devotio. Dovidena
casaría ese verán con Kadroiolo, o irmán de Arcio, que pretendía traer un
gran botín para a dote dos esponsais. Entretido coa conversa, decateime
de que xa estabamos na cima do monte.

Aquilo era unha gran chaira, e as rochas que afloraban do chan estaban
decoradas con infinidade de petróglifos. A peneda máis grande tiña unhas
escaleiras labradas para acceder á parte superior e alí había numerosas
pías, cazoletas e canles que comunicaban unhas cavidades coas outras.
Era un altar dedicado aos deuses.

Agardamos alí polo labrego. Non pasou moito tempo cando apareceu
cunha saca ao lombo e unha ola na man. Ao chegar á nosa beira tirou da
saca unha túnica, un cinto e unhas sandalias. Espinme decontado e todos
botaron a rir cando viron os meus calzóns.

–E logo que é ese trapo que levas para tapar o cu? –preguntou Katueno.

Fiquei avergoñado pero mudeime axiña, pois Laeto estaba a meterme


présa. Seica logo comezaría a chegar xente para adornar o santuario. Mañá
ían celebrar unha cerimonia de agradecemento aos deuses protectores do
clan, coincidindo coa chegada dos Brassioi que xa mandaran aviso de que
andaban perto.

Laeto ofreceunos un pouco de queixo, carne e pan que traía na saca. A


22 seguir, destapou a ola que estaba chea de zythos, unha caste de cervexa
23
feita con cebada fermentada, e algo menos amarga que a
que coñecemos hoxe. Bebemos, petiscamos e sen perder
tempo, botamos a andar.

O labrego tiña razón, polo carreiro que baixaba ao castro


viña un grupo de xente cun carro de bois cheo de leña.
Eu coas novas roupas case non chamaba a atención.
Aínda así, cruzámonos con varias persoas que me
miraron intrigadas, querendo saber quen era aquel
descoñecido.

Devecía por ver un castro, un auténtico castro cheo de vida, no esplendor


da súa historia. O que me estaba a acontecer era algo formidable, mais
eu aínda non era moi consciente da extraordinaria natureza desta viaxe.

Aquilo parecía unha película, pero eu non era un simple espectador.


O chan que pisaba non estaba nunha pantalla de cine, senón baixo os
meus pés. As persoas ás que estaba a mirar non eran actores, que eran
auténticos kallaikos. Sentía vertixe e tiven medo de non poder regresar ao
meu tempo. Mais como podía saber con certeza que habería unha viaxe
de volta?

Tratei de esquecer os malos pensamentos e centreime no que tiña ante


min. Observei amodo aos meus acompañantes e acouguei unha chisca.
Non os coñecía de nada, pero a súa sinxeleza dábame confianza.

O camiño baixaba entre frondosos castiñeiros cara o val atravesado por


un regato cheo de reviravoltas. E aló nun outeiro á beira do río estaba
Kaitóbriga.

–Un castro! Un castro! –berrei mentres os demais me miraban


sorprendidos.

Fiquei abraiado ante aquela visión. A emoción fíxome esquecer as dúbidas


e os medos. Apurei o paso, quería correr, chegar axiña. Pero Katueno
decatouse e cun aceno, pediume calma. Se corriamos ía parecer que
estabamos a fuxir de alguén.

24
25
26
27
28
III
A FORTALEZA DO BOSQUE

Desde a nosa situación podiamos ver Kaitóbriga en toda a súa magnitude.


O castro estaba asentado sobre un outeiro que formaba un esporón e
entraba no río. Dende alí dominaba o acceso ao estreito val.

Non era un poboado moi grande pero impresionaba o seu sistema


defensivo. A cara oposta ao río era o flanco máis vulnerable, por iso había
alí numerosas fortificacións. Do outro lado non se precisaban tantas
murallas nen parapetos, o propio río era a defensa natural.

Kaitóbriga tiña unha feitura redondeada, as vivendas estaban protexidas


por dúas liñas de murallas reforzadas con parapetos, terrapléns e
estacadas. Todo isto combinábase con profundos fosos arredor da cidade.

Había un único acceso ao interior, alí as murallas interrumpíanse e


deixaban aberto o camiño de entrada. As dúas portas do castro estaban
separadas por unha praza. A porta principal tiña unha torre a cada lado e a
porta exterior, menos monumental, estaba flanqueada por unha soa torre
desde a que se divisaba o camiño.

No longo espazo entre murallas vin varios recintos protexidos por


terrapléns. Algúns servían para gardar o gando e doutros saía moito fume:
eran ferreirías. Aquela fumeira formaba remuíños grises e brancos que a
brisa do val disolvía axiña.

Tamén fumegaban os tellados de palla das casas, que semellaban tocarse


entre si. Visto desde arriba, parecía que o interior das murallas estaba
cheo de palleiros. Arredor da fortaleza estendíanse as terras de cultivo,
protexidas por parapetos e fosos de menor altura que os da entrada.
Aqueles terreos estaban divididos en leiras e á beira do río había un
lameiro no que pastaban os animais.

Descendiamos polo camiño e a visión de Kaitóbriga ía mudando a cada


paso. Xa non podiamos ver as cubertas das pallozas, as murallas medraban
e os terrapléns parecían ser máis altos conforme nos achegabamos.

Ao pé do castro xa só podiamos ver os parapetos. Tiñan seis ou sete


metros de altura, e esa mesma profundidade debían ter os fosos da parte 29
30
31
exterior. Todo resultaba esaxerado, impresionaba. Na actualidade, cando
vemos un castro comesto polos toxos, non podemos chegar a imaxinar o
impoñentes que eran aquelas construcións.

–Katueno, podemos ir ver as hortas? –preguntei.

–Primeiro temos que falar con Maelono –respondeu o guerreiro moi serio.

–Que máis che ten? Hanos levar pouco tempo e total Maelono non ten
por que enterarse –dixo Dovidena mirándoo de esguello.

Así que fomos ás hortas. Xa había bastante xente traballando alí, aínda que
era ben cedo. Unha moza achegouse a saudarnos, era Tridia, a muller de
Laeto. Vestía unha túnica amarela e unha longa saia de cadros. As sinxelas
roupas e a ausencia de alfaias, indicaban que era dunha clase moito máis
humilde que Dovidena.

Unha cativa correu cara a nós e abrazouse ao labrego. Tiña o cabelo loiro
e as fazulas vermellas, seus ollos claros observábanme con curiosidade.
Ela era Fuska, a filla de Tridia e Laeto. Andaba descalza e vestía unha
saia atada cun colorido cinturón, e por baixo unha túnica de liño algo
suxa e esfiañada. Do seu pescozo penduraba un colgante de pedra, que
semellaba un amuleto.

Tridia deume unha aperta e dispúxose a marchar. Sen pensalo, collín


cinco doas da saqueta que me deu Blendea e regaleillas. Ao ver as doas,
a muller abriu os ollos e levou a man á boca sorprendida polo agasallo,
que semellaba ter un alto valor. Deume as grazas, colleu a Fuska da man e
perdéronse polo carreiro entre as hortas.

Alí plantaban verduras moi variadas e tiñan cultivos de inverno e de verán.


Unha parte de cada colleita había que dárllela aos donos das terras, en
pago polo arrendamento. Case todos os terreos pertencían á familia do
corono e a outros nobres.

Aquelas eran terras vizosas que daban trigo, centeo e paínzo a principios
de cada verán. Colleitaban avea e cebada dúas veces no ano, a finais
do verán e a principios da primavera. Tamén sementaban liño e con el
elaboraban lenzos e roupa nos teares.

Berzas, coles e fabas campaban en case todas as hortas. Tamén collían


landras no bosque, que moían e convertían en fariña para facer pan.
Amorodos, cogumelos, arandos e amoras eran outros froitos moi
apreciados.

–Aquí témosche de todo –ría Laeto–. Tamén criamos bois que axudan
na labranza, vacas, cabras, porcos e ovellas, así que temos carne, leite,
32 coiro e la.
–E se hai sorte cazando –dixo Katueno-, traemos coellos, xabaríns e algún
cervo de cando en vez.

–Pois non está nada mal –respondín.

–E o río dá bos peixes, anguías e lampreas –acrecentou Laeto.

–Veña! Hai que ir indo –apremiou Katueno.

E tiña razón, o tempo corría á présa e o sol non tardaría en situarse no


medio do ceo.

Deixamos atrás as terras de labor e enfiamos o derradeiro tramo do


camiño que levaba ata a entrada de Kaitóbriga. Serpenteamos polo
carreiro, que tornaba máis empinado conforme nos achegabamos e
deseguida estivemos diante da porta exterior.

Un sentinela observábanos desde o torreón. Katueno levantou a man,


o sentinela berrou e a porta abriuse. Accedemos á praza e puidemos
ver a porta principal do castro. Era maxestuosa, monumental. Os dous
torreóns que a flanqueaban eran moito máis altos que as murallas da
cidade. Estaban comunicados entre si por unha pasarela instalada enriba
da porta e daba a impresión de que formaban unha soa peza.

Detalle das portas


principais de Kaitóbriga.

33
34
Diante das torres había uns bastións da mesma altura que as murallas, con
estacadas na cima. Sobresaían cara diante e estreitaban o camiño de acceso.
Presidía a entrada a estatua dun guerreiro, policromada e moi ben perfilada.

Nun recuncho da praza había unha pequena construción. Tiña a cuberta de


colmo e estaba pechada por un muro. Por tras saía fume dunha cheminea.
Aquilo debía ser unha sauna. Mais cando lle preguntei a Katueno se podía
ir visitala, a súa resposta foi a mesma de antes.

–Primeiro temos que ir ver a Maelono.

Así que nos dispuxemos a traspasar as portas de Kaitóbriga, mentres


Katueno informaba aos sentinelas do motivo da nosa visita. Abriuse unha
daquelas pesadas follas de madeira e entramos no estreito pasadizo que
decorría entre os torreóns. A seguir franqueamos outras dúas portas e
por fin accedemos ao interior.

Estabamos nunha pequena praza, un largo que se estendía paralelo á


muralla. Desta rúa perimetral saían as calellas que percorrían a cidade.

Á nosa esquerda había unha gran palloza coas paredes de cor ocre. Era a
Casa da Treba, o lugar onde se celebraban as asembleas e os banquetes.
Era a única casa que tiñamos á vista, das demais só se enxergaban os
tellados de colmo.

As rúas máis anchas estaban enlousadas e tiñan unha canle de pedra que
recollía a auga de escorrentía, evitando encharcamentos e inundacións.

As vivendas agrupábanse arredor de patios pechados con tapias. Cada patio


tiña un portalón que daba á rúa e esa era a única comunicación co exterior.

Todo o conxunto formaba unha rede de ruelas, becos e corredoiras


delimitadas polos muros de peche das casas. Era moi fácil desorientarse
alí, todas as rúas parecían iguais. Sen dúbida ese xeito de construir era
unha forma de defensa, pois o interior do castro podíase converter nun
labirinto de difícil saída para un inimigo.

Entramos no labirinto. Atopamos pouca xente no camiño, a esas horas


os veciños estaban facendo os labores cotiáns no campo e nas casas.
Katueno marchaba diante e Laeto ía un pouco rezagado, daba a sensación
de que tiña reparo ou vergoña. Para un labrego coma el, estar diante dun
corono había ser unha situación ben embarazosa. E sen dúbida a capital
dos sewroroi impúñalle moito respecto.

A casa de Maelono estaba no alto da cidade. Ao chegarmos puidemos


ver a varios homes subidos nun tellado, eran carpinteiros que andaban a
reforzar as trabes e a renovar o colmo. Ao pé da palloza, un home e unha
muller observaban aquel traballo. 35
Cando nos viron, os carpinteiros detivéronse e miráronnos con curiosidade.
Dovidena adiantouse e foille dar unha aperta á muller. Mentres, o home
ollaba para nós moi serio.

–Este viaxeiro é amigo de Blendea –dixo Dovidena–. Vén de terras


lonxanas e quérevos pedir hospitalidade.

Aquela parella era xente, como diriamos hoxe, de clase acomodada. As


súas roupas nada tiñan que ver coas de Laeto, que por certo, seguía un par
de metros atrás de nós.

O home tiña uns trinta anos. Era alto, corpulento e levaba o cabelo
recollido nunha trenza. Seus ollos azuis non deixaban de observarme con
ar de desafío. Na fronte levaba unha diadema e un mesto bigote tapáballe
a boca. Vestía unha túnica branca e unha saia de cadros azuis, suxeita
por unha faixa e sobre ela cinguido, un cinto con apliques dourados. No
ombreiro levaba o sago prendido cunha fibela. Calzaba botíns e cubrían
seus nocellos unhas polainas de coiro repuxado. No pescozo tiña colares
e virias en ambos brazos, todo en ouro. Sen dúbida tiñamos ante nós ao
corono Maelono.

Distribución de espazos
en Kaitóbriga.
A muller parecía algo máis nova que el e era moi
fermosa. Seus ollos grises e vivaces tamén me
observaban. Levaba a cabeza cuberta cun manto
de cadros azuis que contrastaban co seu cabelo
vermello. Nas orellas lucía unhas arracadas de ouro,
pulseiras nos brazos e no pescozo colares feitos con
doas de vidro e ouro. Vestía unha túnica e unha saia
estampada. Unha fita bordada en cores cinguíalle
a roupa á cintura.

–Este home que tes ante ti –anunciou Dovidena–, é o corono Maelono,


fillo de Clutamo, do clan dos merodioi que quere dicir os violentos. E esta
é Kaela, a súa dona.

Eu non sabía como saudar, así que fixen unha reverencia coa cabeza. Meu
aceno debeulles parecer ridículo, despois souben que nesa época a xente
saudábase como nós o facemos agora, apertando a man dereita. Houbo
un momento de silencio moi incómodo, Maelono non deixaba de mirarme.
Entón puxo a man dereita no peito e falou.

–Benvido a Kaitóbriga, viaxeiro. Podes andar libremente entre nós sen


problema, tes a miña palabra. Pero fóra da cidade sé cauteloso, que as
cousas andan algo revoltas.

Asentín e agradecinlle a súa hospitalidade. A continuación, collín a


bolsiña de doas que me deu Blendea e entregueilla a Kaela. Ela miroume
sorprendida e abriuna.

–Moitas grazas –dixo sorrindo.

–O vello Blendea segue a ser tan atento coma sempre –retrucou Maelono.

Os homes que estaban a traballar no tellado da casa andaban pendentes da


nosa conversa, mais abondou unha mirada do corono para que retomaran
rapidamente o seu labor.

–Ah, Katueno –dixo Maelono–, has andar atento cando cheguen os


guerreiros, que non quero problemas coas borracheiras. Xa sabes que o
viño non é amigo nin da mesura, nin da calma.

Unha vez acabou de falar, o corono despediuse de nós e dispúxose a saír.


Mirou cara a porta da casa e berrou dous nomes. Ao momento acudiron
dous guerreiros e marchou con eles rúa abaixo.

37
38
IV
NA CASA DO CORONO

Kaela invitounos a entrar na casa, así que fomos canda ela. Laeto
mantíñase a distancia e decidiu sentar a agardar na rúa. Collino do brazo
e insistinlle en que viñera con nós.

O portalón da entrada tiña un pequeno tellado de colmo a dúas augas. Os


marcos eran de pedra e estaban decorados con relevos de vivas cores, que
destacaban sobre a cor crúa dos muros. Na madeira da porta había tallado

39
40
41
un debuxo con trisqueis.

Cruzamos o limiar e accedemos ao


patio. Arredor del distribuíanse as
vivendas e outras dependencias
auxiliares. Varios cans comezaron
a ladrar conforme entramos, mais
a dona da casa logo os escorrentou.

–Kaela, ensínalle o pazo ao viaxeiro –


suxeriu Dovidena.

–Mira –dixo Kaela–, esta é a casa principal


onde vivimos nós.

A vivenda tiña un vestíbulo na entrada e un muro


de peche, nel apoiábanse varias columnas de
madeira, talladas con debuxos semellantes
aos do portalón. Aquelas columnas
suxeitaban o peso do tellado que
cubría a entrada.

A parede da casa estaba


recebada e pintada. A metade
inferior era de cor azul e o resto
vermella. Na cima da cuberta
había unha talla con forma de roda
da que saían numerosos radios.

Á esquerda había outra palloza algo máis


pequena, estaba pintada de vermello e non
tiña vestíbulo. Alí vivían outros membros da familia.
E á dereita do patio estaba a palloza onde os operarios
reparaban o tellado.

Á beira do portalón vin un cabaceiro, que utilizaban para


secar e almacenar alimentos. A porta estaba colocada a un
metro de altura, co fin de evitar que entraran os animais.

–Acabamos de ampliar esta palloza –explicou Kaela–, temos


pensado poñer aquí un obradoiro. E mira, eses galpóns de alí son
almacéns para a ferramenta.

Agás o patio central, todo o resto do pazo estaba cuberto polo colmo
das pallozas, e os espazos libres usábanse como alpendres. Eu pasmaba
observando todo aquilo, coido que eles habían pensar que eu era algo
parvo, pois a miña cara de asombro era permanente.
42
De súpeto, pola porta doutra palloza saiu unha figura sorprendente.

–Un romano! Un romano! –exclamou Laeto.

Efectivamente, non había dúbida, aquel home vestía como un romano


coa súa túnica vermella suxeita polo cingulum, o cinturón militar do que
colgaba un puñal. Nos pés levaba caligae, as sandalias dos lexionarios.

–Este home é Cornelius –dixo Kaela ao decatarse da nosa sorpresa–,


aínda que todo o mundo lle chama Olineaiko, que quere dicir coxo. É 43
44
45
romano mais non é inimigo noso, todo o contrario.

Cornelius non parecía moi vello, era alto, delgado e levaba unha barba curta.
Tiña vendada a perna dereita e camiñaba coa axuda dunha caxata. Aquel
home salvara a vida de Arcio, o irmán de Kaela, cando estivo preso dos
romanos. Agora vivía con eles no pazo e era de grande axuda, pois entendía
de arquitectura e deseñaba novas construcións e defensas para o castro.

Mentres falabamos chegaron dúas rapazas cargadas cunhas grandes olas.


Atrás delas viña unha anciá cun neno da man, que me miraba
sorprendido. As mozas vestían sinxelas túnicas, mentres
que a muller máis vella lucía roupas elegantes e moitas
alfaias.

–Quero que coñezas á miña nai –dixo Kaela–,


chámase Ammia e o cativo é Loveso, meu fillo pequeno.

Dábame carraxe que nas presentacións excluíran a Laeto,


mais el non parecía moi ofendido por iso. Probablemente o labrego
era alguén sen importancia para os donos da casa. As
diferenzas sociais naquela época debían ser moi marcadas.

Mais Ammia non parou con nós, pois debía organizar


un banquete para os xefes dos clans. Maelono
celebraba hoxe unha importante
reunión con eles, e tamén
regresaban Arcio e o resto de
guerreiros, así que a vella matriarca
tiña abondo que facer.

Entramos na palloza, estaba escura.


Conforme os ollos se ían acostumando á
penumbra fun distinguindo a cor do chan:
era de xabre tan compactado que
semellaba cemento. No centro
había unha lareira feita con laxes
de pedra. Tiña a base de barro
e no lume fervía un pote.
Arredor vin varios útiles de
cociña: un muíño de pedra,
un testo para cocer pan,
unha ola de barro, unha
tixola...

Reparei en que as paredes


da casa estaban pintadas,
a parte inferior era laranxa e a superior
46 branca, separadas por unha cenefa de
ondas azuis. Colgada na parede había unha
espada na súa vaíña e tamén unha caste de escudo, chamado caetra.

Quedei marabillado cando vin un gran tear vertical de catro barras. Ao


seu pé había un cesto con nobelos de fío de cores. O fume ascendía
Tear vertical de catro barras
e decoración das teas da
vestimenta que aparece
nas estatuas dos guerreiros
kallaikos.

47
entre a palla do teito, aló arriba estaba o sobrado, ao que se accedía
por unha escada de madeira.

Kaela e Dovidena dispuxeron varios tallos arredor da lareira e invitáronnos


a tomar asento. Encheron unha gran xerra co caldo que estaba ao lume
e ofrecéronma. Era espeso e cheiraba a unto, bebín, sabía forte. Cando
acabei paseille a xerra a Katueno. Dovidena sacou uns bolos de pan, puxo
na mesa varias fontes con carne e fomos comendo.

Non tiña moita fame, a emoción quitábame o apetito. Aínda con todo,
bebín e comín, non fora ser que a anfitriona se ofendera. Ademais, tiña
curiosidade por degustar os alimentos que tomaba aquela xente.

Katueno non comeu nada, só bebeu un pouco caldo. En cambio, Laeto


deu conta de todo o que lle serviron. Collín a xerra e pedinlle a Dovidena
máis caldo para o labrego. Bebeu decontado e cando rematou, gardou
baixo a túnica un boliño de pan. O pobre home non estaba afeito a
tanta abundancia.

Laeto caíume ben dende o principio e decateime de que non debía ir


moito a Kaitóbriga, pois estaba moi apoucado alí. O caso é que non se
separaba de min.

–Cantas comidas facedes ao día? –pregunteille a Kaela.

–Facemos dúas, unha a media mañá e outra a media tarde. Pero nas casas
sempre hai queixo, touciño, pan e un pote de caldo ao lume, por se a alguén
lle entra a fame.

Ammia logo regresou e pediulle a Kaela que lle axudara cos


preparativos do banquete do serán. Escusáronse, así que nós
levantámonos, agradecémoslles a hospitalidade e decidimos ir ao
encontro de Maelono.

Cando saímos sentín a necesidade urxente de ir ao baño. Pregunteille aos meus


acompañantes. Eles miráronse intrigados, sen entenderme. Ocorréuseme
entón ir buscar ao romano, que estaba dentro da palloza en obras.

–Cornelius, Cornelius! –berrei apurado.

–Que é o que che pasa, viaxeiro?

–Onde hai unha letrina?

O romano botou a rir ante a mirada sorprendida de Laeto e Katueno.


Deseguida sinalou co dedo en dirección ao alpendre que estaba á beira
do cabaceiro.
48
Nun recuncho había unha táboa colocada sobre dúas pedras. E por detrás,
estendido no chan, un feixe de fentos. Sentei enriba da táboa e dese xeito,
solucionei o meu problema. O romano explicoume despois que o esterco
que alí se producía aproveitábano para botarlle ás hortas.

Enfiamos rúa abaixo polo labirinto de calellas e corredoiras. Mentres


camiñabamos, Laeto preguntoulle a Katueno como chegara ata alí aquel
romano. O guerreiro, que apenas abrira a boca ata o momento, comezou
a contar a historia...

...Arcio, o xefe dos Brassioi, ten tres irmáns: Kaela é xemelga del, Kadroiolo
acompáñao na cofratía e o máis vello é Nicer. Todos eles naceron e
criáronse en Abóbriga, o castro do río, pero só Nicer segue a vivir alí.
El é o corono dos iadawioi e dedícase tamén ao comercio, importa mercadorías
gregas e cartaxinesas, vainas buscar á desembocadura do Minios. O pai
de todos eles foi o corono Katuro, da xente dos roudeaekoi, os vermellos,
unha das familias máis poderosas da teutâ.

Nicer e Arcio nunca se levaron ben e dende que os romanos chegaron,


as súas diferenzas son aínda meirandes. Os lexionarios están na ribeira
do Durios e será cuestión de tempo que cheguen ata aquí. Mais Nicer é
partidario de deixarlles pasar polas nosas terras a cambio de obter algúns
beneficios comerciais.

Cando chegou o inverno, Katuro enfermou. Nin os coidados de Blendea,


nin as visitas ao santuario de Revve melloraron a súa saúde. Cada día
estaba peor e tivo que deixar de asistir ás asembleas. Decidiu entón elixir
un sucesor e presentalo ante o Consello.

A tradición di que Nicer debería ser o novo corono, pois é o primoxénito,


así que todos daban por feito o seu nomeamento. El mesmo foise reunir
cos romanos ao campamento que teñen na desembocadura do Lethes, o
que hoxe coñecemos como Viana do Castelo. Chegou con eles ao acordo
de que conforme o nomearan corono, lles deixaría paso libre cara o
norte. A cambio, os romanos permitiríanlle anexionarse varios territorios
lindeiros e así dominar as rutas comerciais do interior.

Contra todo pronóstico, o corono designou sucesor a Arcio e o Consello


estivo de acordo. Katuro quería a ambos fillos por igual, pero tiña que
pensar no ben do seu pobo e viñan tempos difíciles, así que mellor nomear
a un guerreiro que a un comerciante.

Días despois, Katuro morreu asasinado na súa propia casa. Nicer acusou
a Arcio, mais en realidade o crime foi planeado polo propio Nicer. Abia,
a súa muller, difundiu aquela falacia entre os veciños e moitos creron na
súa mentira.

49
Arcio fuxiu cara o sur con cinco guerreiros Brassioi.
Marcharon para argallar un plan e vingar o asasinato de
seu pai. O resto dos guerreiros da cofratía quedaron
baixo o mando do xoven Kadroiolo e viñeron para
Kaitóbriga, pois Maelono e Kadroiolo son cuñados e
bos amigos. Mentres, Nicer conseguiu convencer ao
Consello e foi nomeado corono.

Nada mais cruzar o Lethes, aqueles seis homes atopáronse


cun destacamento de lexionarios que prenderon a Arcio e
mataron a catro guerreiros. O quinto era Segeo, que delatou aos seus
compañeiros e foi ben pagado por Nicer.

Enviaron a Arcio a traballar ás Tres Minas, un gran xacemento aurífero


que os romanos explotan no sur da Grovia. Alí coñeceu a Cornelius, o
enxeñeiro e tamén a Lupus, o encargado, un home moi cruel. Era unha
besta, andaba cunha vara na man e cada día mataba a golpes a algún
desgrazado. A Cornelius non lle gustaban os seus modos e chamáballe a
atención publicamente. Lupus calaba e adoecía coa carraxe.

Case todos os prisioneiros eran do sur da Kallaikia e da Lusitania. Mais nas


minas había tamén persoas libres, que se vían obrigadas a traballar alí para
pagar os tributos a Roma.

Arcio non tardou en sufrir os malos tratos de Lupus. Insultábao e batíalle, el


repúñase mais os grilletes e as cadeas impedíanlle defenderse. Pero o encargado
tiña ordes de manter o kallaiko con vida, así que nunca sobrepasaba un límite.
Unha mañá Cornelius sorprendeu a Lupus pegándolle, chamou aos soldados e
mandou o encargado ás mazmorras durante varios días. Lupus xurou vinganza.

Co paso dos meses, Arcio fixo amizade cun preso brákaro chamado
Medamo, que estaba alí por andar roubando nas feiras. Entre os dous
comezaron a argallar un plan para fuxir daquel inferno.

Cada semana, o ouro que sacaban das minas partía en carros camiño do
río Durios. Alí cargábano nunhas barcas que navegaban ata Olisipo, a
cidade á que hoxe chamamos Lisboa. Cada vez que os carros partían cara
o sur, a meirande parte dos soldados da mina marchaban escoltando a
caravana e voltaban ao día seguinte.

Arcio, Medamo e outros presos aproveitaron un deses días de transporte


para tentar a fuxida. Cortaron as cadeas e botaron a correr. Mais Lupus
descubriunos e os soldados non tardaron en rodealos. Os presos ían
armados coas mazas de picar na mina e o enfrontamento foi salvaxe.

Lupus foise para Arcio, tirouno ao chan mais cando levantou a espada
para acabar con el, Cornelius agarroulle o brazo e deulle unha patada
50
nas costas. Pero o encargado levantouse deseguida, colleu unha pedra
e arreboloulla a Cornelius, con tal forza que lle esmagou unha perna. Un
segundo despois, Arcio estampou o seu mazo contra a cabeza de Lupus,
que se desplomou inconsciente.

Na escaramuza morreron moitos homes. Pero Arcio e Medamo


conseguiron fuxir e levaron canda eles a Cornelius, coa perna desfeita.
Refuxiáronse nunha pequena aldea próxima, onde vivían uns parentes de
Medamo que lles deron acubillo.

A perna do romano melloraba co paso dos días, mais aquel golpe ía deixalo
coxo para sempre. Semanas despois pasaron pola aldea uns canteiros que
ían cara o norte e Arcio preguntoulles se podían viaxar con eles. Deste
xeito chegaron aquí os tres homes o pasado inverno. E os canteiros aínda
andan por Kaitóbriga.

A chegada de Cornelius causou problemas os primeiros días. O corono era


contrario a que o romano quedara, non se fiaba del. Pero Arcio insistía en
que aquel home lle salvara a vida e non tiña onde ir, pois era un desertor.
Mesmo chegou a ameazar con marchar canda Cornelius se o botaban da
cidade.

Maelono falou con Kaela, deixouse aconsellar por Blendea e ao cabo o


romano ficou en Kaitóbriga. Co paso do tempo a xente acabou por
aceptar a Cornelius, mais xa ninguén lle chama así, agora simplemente é
Olineaiko, o coxo.

Decoración de tecido moi


común na Idade de Ferro.

51
52
V
CANTEIROS E OURIVES

Entretidos co relato de Katueno, chegamos á porta do castro. Pasamos o


limiar e cruzamos a praza onde estaba a sauna. Fixen aceno de virar cara
alí, mais Katueno miroume moi serio, así que desistín de tentar convencelo.
Seguimos camiñando ata que tivemos á vista o obradoiro dos ferreiros.

Escoitábase bater ferro contra ferro e había moreas de borralla das forxas
por todas partes. Tamén os canteiros traballaban alí, ao final do recinto
entre murallas. Eran de Kalúbriga, cidade famosa polos seus artistas da
pedra. Viaxaban en pequenos grupos e percorrían a Kallaikia acudindo
onde precisaran do seu traballo. Adoitaban instalarse nas capitais das
tribos e ficaban alí ata que remataban os encargos. Despois recollían os
aparellos e botaban a andar de novo.

O obradoiro era un alpendre feito con vigas de madeira e pechado por


detrás cun pequeno muro. Alí tiñan un habitáculo cunha lareira para
faceren a comida e aquecer o corpo.

Na entrada, sentados nun perpiaño, descansaban os gardas de Maelono.


El estaba dentro, acompañado doutros coronos e nobres. Charlaban co
patrón dos canteiros. De fondo repenicaban os cinceis contra a pedra,
estaban a tallar os marcos para unha porta.

Naquel taller había mazas, martelos, serras, cinceis e tamén grandes


compases de ferro, plantillas de madeira e algunha de coiro, para poder
debuxar sobre superficies irregulares.

Había tamén ferramentas para pintar. Unha muller ocupábase en mesturar


graxa e tinte nun morteiro, mentres un home pintaba de vermello un
trisquel tallado na pedra. Deitadas contra a parede había varias obras
rematadas: marcos para portas e ventás, trisqueis, columnas...

Sempre imaxinei a arte galaica en branco e negro, mais non. O que acontece
é que o paso dos séculos foi borrando as cores da superficie das pedras.

Entón reparei naquela enorme estatua que representaba un guerreiro


coa súa espada e seu escudo. Impresionaba o tamaño e sobre todo,
impresionaban as cores. A escultura tiña grandes ollos con forma de 53
54
55
56
57
améndoa. O cabelo e a barba eran vermellos. Levaba un torques dourado
no pescozo, e as súas armas eran douradas tamén. As partes do corpo que
tiña á vista eran da propia cor da pel.

–É Arcio –dixo Katueno fascinado.

–Efectivamente, é a estatua de Arcio –confirmou Maelono mentres se


achegaba a nós–. E cando estea rematada ímola colocar na porta da
cidade, á beira da estatua do meu avó.

–Por qué poñedes estatuas na entrada do castro? –pregunteille intrigado.

–Os guerreiros de pedra protéxennos, igual que os de carne e oso. E


serven de advertencia aos inimigos.

–Ademais –explicou Katueno–, Arcio está bendicido polos deuses, así


que Kaitóbriga estará máis segura así.

Laeto observaba abraiado a escultura. O seu castro era unha aldeíña de labregos
e alí non se vían cousas semellantes. Katueno tamén seguía a admirar a obra.
Eu observábao a el e preguntábame se aquel guerreiro me acompañaba para
protexerme, ou máis ben para vixiarme. Probablemente as dúas cousas.

Maelono ensináballes aos invitados as pezas que estaban a fabricar para a


súa casa. Presumía diante dos outros coronos, pois non todo o mundo se
podía permitir obras de arte semellantes.

Decidimos ir ver como traballaban os ferreiros, mais nese momento


chegou un home bastante apurado. Víñalle traer ao corono a noticia de
que Arcio e os Brassioi estaban chegando. Maelono arrimouse a Katueno,
e púxolle unha man no ombreiro.

–Reúne aos guerreiros da cidade. Que se preparen para recibir aos Brassioi.

Katueno marchou de présa e Maelono saíu á porta do obradoiro para falar


cos seus gardas.

–Koelo! Vaite onda Boutio e recolle as pezas que lle teño encargadas. E
ti, viaxeiro, acompáñao e verás como traballan os ourives de Kaitóbriga.

Aquilo era claramente unha orde. Liscamos de alí e avanzamos polo


labirinto de ruelas e calellas enlousadas. Laeto, coma sempre, viña algo
rezagado. Apertaba a calor, o sol picábame nas costas, era case mediodía.

O taller de ourivería estaba no centro da cidade. Por fóra non se


diferenciaba do resto das casas, era unha palloza máis, co seu muro de
peche igual aos outros. Pasaba completamente desapercibido a ollos dun
forasteiro, e esa debía ser a intención pois alí dentro sempre había ouro
58
e outros metais preciosos. A porta da finca estaba pechada. Koelo petou
59
varias veces.

–Xa vou, xa vou... –dixo unha voz rouca aló dentro.

Pasado un anaco, a porta renxeu e abriuse unha chisca, só


o preciso para deixar asomar a cara dun home.

–Que queres, Koelo?

–Veño buscar as pezas para o corono. El desexa tamén que lle


ensines o obradoiro a este invitado seu.

A porta abriuse de par en par e apareceu Boutio, un ancián con cara de


poucos amigos. Era calvo, moi delgado e vestía unha túnica gris por baixo
do mandil de coiro. Fixo un aceno indicándonos que entráramos e rosmou
algo que non cheguei a entender. Cando estivemos dentro, pechou a
porta e asegurouna cunha tranca de ferro.

O comportamento do ourive deixaba claro que non lle gustaban as


visitas, e menos de descoñecidos. Accedemos ao patio, mais a diferenza
do pazo de Maelono, aquí había unha soa palloza grande e alongada,

60
rodeada de alpendres.

Entramos na fundición, a calor


era asfixiante. Tres homes case
espidos traballaban arredor da lareira.
Un avivaba as brasas con dous foles,
unidos ao lar por unha tobeira. Así conseguía
a temperatura precisa para fundir o bronce. Outro
operario sostiña un crisol enriba do lume e o terceiro
home estaba a selar as partes dun molde de arxila. Todo
o chan estaba repleto de anacos daqueles moldes.

Fronte ás paredes había mesas de madeira e enriba


delas as ferramentas propias daquel oficio: pinzas,
martelos e punzóns, coitelos, cuños e outros
aparellos que eu nunca vira. Boutio desapareceu
na escuridade e axiña regresou cun obxecto envolto
nun pano de la. Púxoo enriba da mesa, tirou o pano
e chamounos.

Achegámonos intrigados. Ante nós campaba un carriño


de bronce con catro rodas. Enriba do carro había unha 61
Útiles de traballo
que empregaban
os fundidores e
os ourives.

comitiva formada por personaxes humanas e animais en miniatura. As


nosas mostras de admiración fixeron sorrir ao ourive.

–É un carro votivo para a cerimonia de mañá.

Unha vez falou, envolveu a peza amodo, meteuna nunha caixiña de


madeira e deulla a Koelo.

–Aquí tes a xoia para Maelono. E lévalle tamén esta bolsa para Arcio. A
62 partires de agora, a responsabilidade é toda túa.

–Perde coidado, Boutio, imos ir dereitiños á casa do corono.

O ourive desapareceu de novo e logo volveu con outro obxecto.


Desenvolveuno e púxoo sobre as palmas das mans.

–Un torques! É un torques! –exclamei admirado.

Era de ouro macizo e estaba decorado con figuras de círculos concéntricos,


paxaros e triángulos. Nos extremos tiña enrolado un groso aramio que o cubría
por completo, e nos remates levaba uns trisqueis feitos con fíos de ouro.

Quedamos pampos mirando para o torques. O ouro relucía, reflectía a luz

63
Proceso de fabricación
de fíos e cadeas de ouro.

do lume e desfacíaa en mil faíscas. Era unha peza formidable. Non había
dúbida de que Boutio estaba a presumir do seu traballo.

Ofreceumo. Estendín as mans e collino. Era enorme, debía pesar dous


quilos e máis parecía un obxecto máxico que unha simple xoia. Laeto
tamén estendeu as mans para collelo, pero Boutio mirouno de esguello,
colleu o torques e desapereceu outra vez na escuridade.
64 –Temos que marchar –apremiou Koelo.

Así que liscamos do obradoiro sen tan sequera despedirnos. Fóra tamén ía
moita calor e eu tiña sede.

–Non haberá unha fonte perto de aquí? –preguntei.


Desviámonos do camiño e chegamos a unha praciña. Alí había un pozo ao
que se accedía por uns escalóns cavados na propia rocha.

–Bebede a gusto –dixo Koelo–, eu mentres vou ao pazo do corono a


deixar o encargo.

–Non tardes moito, non vaia ser que perdamos a chegada dos guerreiros.

–Tranquilo que cando os divisen desde as torres, os vixías tocarán as


trompas e todo o mundo saberá que xa están aquí.

Koelo marchou a correr e perdeuse entre as casas. Baixei aqueles chanzos,


aniqueime e bebín con ansia. A auga era cristalina e estaba tan fría que
daba gusto, así que mollei a caluga e a cara. Levantei a cabeza e vin a
Laeto mexando na canle por onde saía a auga que rebordaba do pozo.
Cando rematou, agachouse e bebeu unha chisca de auga.

O sentido da intimidade daquela xente era moi distinto do que temos


actualmente. Ás veces custábame comprender estas diferenzas. Moitas
das nosas normas de educación farían escachar coa risa a aquel labrego
galaico. Viviamos na mesma terra, pero en tempos diferentes e con
valores moi diversos. Mais, dende logo, había outras moitas cousas que
nos facían semellantes.

Koelo chegou axiña. Viña sufocado e tan pronto estivo diante do pozo
botouse ao chan, meteu a cabeza na auga e bebeu aprésa. Ouvimos entón
o son grave das trompas e botamos a correr. Aquela música resoaba en
todos os recunchos da cidade.
Distintos tipos
de fíbulas.

65
Porta da casa do ourive.
Sistema de peche de seguridade
das vivendas kallaikas.

66
Distintas decoracións empregadas
polos artistas kallaikos.

67
68
VI
OS SEÑORES DA GUERRA

Había unha morea de xente no alto das murallas. Xunto ás torres da


entrada ondeaban estandartes. Abaixo na praza, diante da estatua do
guerreiro había un trono nunha tarima. Aquel asento de madeira estaba
completamente decorado e no respaldo podíase ver a talla dun gran
trisquel calado.

Atravesamos a porta, dirixímonos á base dun torreón e subimos enriba


dunha peneda. Koelo dixo entón que tiña que ir onda Maelono, así que
volveu marchar. O sol daba de plano, enchía o ambiente dunha luz que
fería a vista, e non había sombra ningunha onde abeirarse. Laeto quitou o
sago, enrolouno e púxoo na cabeza. Eu fixen o mesmo.

Os nenos corrían pola praza armando un rebumbio de risos e berros,


alleos a toda a solemnidade que imperaba entre os adultos. Non había
moita diferenza entre o comportamento daqueles cativos e os de hoxe en
día. Soaron as trompas outra vez. A xente enriba da muralla achegábase
ás estacadas, tentando albiscar a comitiva de guerreiros.

Os invitados do corono e outros membros da familia, dispuxéronse


arredor da tarima. Katueno chegou cun grupo de guerreiros que rodearon
a praza.

–Oes, Laeto! E Tridia non vai vir? –pregunteille ao labrego.

–Tridia e Fuska xa marcharon para Sennábriga. Seguro que de camiño se


cruzaron cos guerreiros e agora estarán chegando á aldea.

Apareceron Maelono e Kaela seguidos dunha numerosa comitiva. Viñan


vestidos de gala e adornados con moitas xoias. Acompañábaos Dovidena,
que traía da man a Loveso. Cornelius viña con eles mais en canto nos viu,
achegouse e fixémoslle sitio na peneda.

Volveron soar as trompas e escoitamos berros e un cántico. Os gardas


de Maelono subiron ao estrado e situáronse detrás do trono. O corono
sentou e as miradas dos presentes dirixíronse cara a porta do castro.

O balbordo no alto das murallas indicaba que os Brassioi xa estaban


69
aquí. Polo camiño, entre unha nube de pó, apareceu un gran rabaño de
vacas, bois e cabalos avanzando en ringleira. Aqueles animais eran parte
do botín. Cando acabaron de pasar, entre a poeira puidemos enxergar a
figura dun xinete.

Aquel home entrou no recinto entre vivas e aturuxos. Maelono ergueuse e


Laeto, moi asustado, agochouse detrás de min. O guerreiro cruzou o limiar,
detívose maxestuosamente no medio da praza e puidemos contemplalo
nidiamente. Era Arcio.

Viña montado nun cabalo negro de raza galaica, dos chamados lampóns.
Vestía unha saia cos cadros do clan e unha coiraza. O seu pelo era dunha
viva cor vermella e traíao recollido na cima da cabeza. A barba era vermella
tamén, e na cara tiña restos de sangue que lle daban un aspecto feroz. No
pescozo lucía un gran torques de ouro, virias nos brazos e do seu peito
penduraba un feixe de mans humanas enxertadas nun vimbio.

Arcio miraba desafiante. Desenfundou a súa espada, ergueuna cara o ceo


e abaneouna saudando aos presentes. A xente aplaudía e berraba.

Lembrei a escultura que vin no obradoiro:


era tan semellante a este home que tiñamos ante nós! Na arte daquelas
xentes era tan importante conseguir un parecido físico, como representar
os atributos distintivos do guerreiro e do seu clan.

Aquela estatua era Arcio, sen dúbida, aclamado polo seu pobo e polos seus
guerreiros, que entraban en Kaitóbriga cantando e batendo as espadas
contra os escudos. Marcaban o paso ao ritmo dos golpes e levantaban
unha gran nube de pó. Entre eles danzaba un home cuberto coa cabeza e
a pel dun oso.

Os guerreiros encheron a praza, habían ser uns trinta homes. Maelono


saudounos e sentou na cadeira. Arcio baixou do cabalo e seis guerreiros
situáronse detrás del. Eran seus homes de confianza, os Brassioi.

O máis novo de todos era Kadroiolo, o irmán de Arcio, que tamén tiña o
pelo tinguido de vermello. Á súa esquerda estaba Abruno que era a man
dereita do xefe. Levaba a cabeza cuberta coa carapucha do sago, e por
baixo vestía unicamente unha saia de cadros. Tiña virias nos brazos e
unhas proteccións de bronce cubrían as súas canelas.

Á esquerda de Abruno estaba Magilo, con dúas trenzas que lle caían sobre
o peito. Kabedo era o máis vello, cun sago verde, un gran bigote e o casco
70 de combate posto.
71
Á beira de Kabedo estaba Temaro, vestía
pantalóns e levaba espada e escudo.
Por último estaba Medamo, o
brákaro que fuxiu con Arcio da mina
romana. Era moi novo e non tiña
armas nin xoias, vestía só unha túnica
e un pantalón.

Atrás deles fóronse colocando o


resto de guerreiros da cofratía. Metía
medo velos. As facianas e os corpos estaban
lixados de pintura e sangue seco. Igual que
Arcio, moitos deles traían mans humanas
penduradas nos cinturóns.

Escoitamos un balbordo nas portas da cidade e vimos carros avanzando


pesadamente polo camiño enlousado. Viñan cargados co botín dos
Brassioi, e os que turraban non eran vacas nin bois, senón prisioneiros
xunguidos con cordas. Ao final da caravana viñan máis presos,
completamente espidos e atados uns aos outros.

Os carros quedaron no medio da praza, á


vista de toda a xente. Alí había caixas, sacos e
cestos cheos de obxectos. Cerámicas e vidros
decorados, pezas de ouro e prata, moedas,
armas e alfaias de toda clase. Formaban
un enxoval espectacular, conquerido por
aqueles homes que parecían saídos do
mesmo inferno. Á vista había tamén ánforas
de viño, bebida moi apreciada por todos eles.

Os veciños de Kaitóbriga aplaudían, os


Brassioi batían as espadas contra os escudos
e o barullo era enxordecedor. De súpeto
apareceron seis guerreiros portando lanzas
con cabezas humanas enxertadas no alto,
eran cabezas de inimigos caídos. Unha delas
levaba posto un casco militar romano. Cornelius
arrepiouse cando o viu, mais non dixo nada.

Entón apareceu Blendea, traía un manto branco


que lle cubría a cabeza. Canda el viñan os demais
sacerdotes e sacerdotisas de Kaitóbriga, cubertos
con mantos azuis. Ver ao vello durbede deume
algo de sosego no medio de tanto sobresalto.
Cruzou a praza e situouse á beira de Maelono. A
xente calou, os guerreiros deixaron de petar nos
72
escudos e todo quedou en calma.

Arcio subiu enriba dun carro e levantou os


brazos. Todas as miradas estaban postas
nel. Sacou o colar de mans enxertadas,
73
deixouno enriba dunhas sacas e comezou a falar. Agradeceu a todos aquel
recibimento, relatou as andanzas dos Brassioi, as loitas e as descubertas,
e rematou facendo unha advertencia a todos os veciños.

–Os tempos van mudar e logo chegará o día en que teñades que
defendervos. Pero esta vez os inimigos non serán os lemawoi nin os
limikoi. Esta vez o inimigo será a mesma Roma, e só haberá dúas opcións:
loitar ou morrer.

Arcio sinalou a cabeza co casco romano, saudou a Maelono e baixou do


carro. A seguir achegouse aos prisioneiros, colleu a un deles pola cabeleira
e ergueulle a testa para que todos lle víramos a cara. Un marmurio
crecente percorreu a praza.

–Como podedes ver este é Segeo, un dos meus homes de confianza, un


Brassioi. Eu daría a vida por el sen dubidar. En cambio el traizóame a min e
a todos vós, ao seu pobo, aos seus deuses... Só hai unha resposta para os
que se arriman aos nosos inimigos!

O infeliz de Segeo pechou os ollos, sabedor da sorte que ía correr. Arcio


desenfundou a espada e dun golpe seco tronzoulle o pescozo. O corpo
desplomouse coma un boneco de trapo e o sangue tinguiu as laxes da
praza. Arcio ergueu a cabeza de Segeo e exhibiuna ante os presentes,
despois tirouna ao chan.

Sentíame aterrorizado e arrepentíame de estar alí. Mais cando volvín


mirar a Arcio vin os seus ollos cheos de bágoas. Ao momento outro
guerreiro colleu a cabeza do traidor e espetouna na súa lanza. Á nosa
beira había un grupo de nenos que non perdían detalle e aplaudían
entusiasmados.

Maelono levantouse e comezou a falar con solemnidade. Felicitou aos


Brassioi e agradeceu aos deuses a súa protección. A continuación baixou
do estrado, achegouse a Arcio e saudouno efusivamente.

Desataron os prisioneiros e leváronos de alí. A cerimonia rematou e


a xente foi marchando. Na praza quedaban só os guerreiros e as súas
familias. Algúns rapaces achegábanse aos carros e miraban o botín
marabillados, pero Katueno deseguida lles mandou liscar. Despois foi
falar co corono.

–Vou retirar xa os guerreiros da cidade.

–Paréceme ben –respondeu Maelono–, pero antes levade os carros a un


sitio máis discreto, para que os Brassioi repartan o botín tranquilamente.

Os guerreiros que portaban as cabezas humanas, subiron á muralla e


74 chantaron alí as súas lanzas. Pasados uns días, aqueles trofeos repartíanse
e gardábanse nas casas como protección para as familias. Os kallaikos
crían que apropiándose das cabezas dos inimigos tamén se apropiaban
das súas virtudes guerreiras. O mesmo corono tiña unha boa colección e
adoitaba amosárllela ás visitas.

Pola porta do castro saíron varias mulleres con grandes olas cheas de
cervexa para os guerreiros, que conversaban animados. Arcio e Maelono
tamén charlaban. Dovidena foi ao encontro de Kadroiolo e colleulle as
mans, pero deseguida regresou co resto de invitados. Estrañoume aquel
comportamento e pregunteille a Cornelius.

–Os guerreiros veñen manchados co sangue dos inimigos e mentres non


se purifiquen é de mal agoiro ter contacto corporal con eles. Repara en
que todos están á porta da cidade, mais non entrarán ata que non estean
limpos.

Laeto, o romano e máis eu seguiamos subidos naquela peneda. Eu estaba


conmocionado polos acontecementos, e mirei unha vez máis a cabeza co
casco militar.

–Non era un simple lexionario –dixo Cornelius–. Ese desgrazado era un


centurión. E agora desculpádeme que vou ir saudar a Arcio.

O romano abrazouse ao xefe guerreiro e despois a Medamo. O brákaro


sacou uns papiros do seu zurrón e entregoullos a Cornelius. Nese
momento Arcio decatouse da nosa presenza, Laeto e máis eu eramos os
únicos forasteiros que quedabamos alí. Sinalounos e todos os presentes
miraron cara nós.

–Vinde para aquí –dixo Maelono.

Baixamos da peneda e cando chegamos onda eles, o labrego volveu


quedar varios pasos atrás de min.

–Que che parece se invitamos á festa ao noso amigo viaxeiro? –


preguntoulle Kaela ao seu home.

O corono dubidaba. Mirou a Arcio, mirou a Blendea e ao cabo pronunciouse.

–Podes vir ao banquete, non estaría ben que marcharas con fame de
Kaitóbriga.

–Moitas grazas –respondín–. Será un bo xeito de despedírmonos.

O grupo dispersouse. Maelono, Kaela e seus convidados foron para o


interior da cidade. Blendea marchou co resto de durbedes a preparar o
ritual previo ao banquete. Arcio observábame en silencio. Despois dun bo
anaco, chamou aos Brassioi e presentoumos. Alí estaban Magilo, Kabedo, 75
Temaro, Kadroiolo, Medamo e Abruno, que me miraba coa súa faciana
oculta baixo a carapucha do sago.

Arredor dos carros do botín había unha porfía considerable. Varios


guerreiros pelexaban pola repartición, un deles xa tiña o puñal na man.
Abruno chegouse correndo, levantou o escudo e bateulle a aquel home na
cabeza. Os demais calaron e quedaron quietos.

–Que é o que está pasando aquí? –preguntou Arcio.

Comezaron a falar todos á vez e no medio do barullo, Arcio sacou a espada.


Fíxose o silencio de novo e un por un, foron marchando.

–Menuda liorta! –exclamei.

–Isto é moi frecuente –respondeu Cornelius–. Os guerreiros están afeitos


a resolver as súas diferenzas a golpes, e o máis mínimo desacordo pode
rematar do xeito que acabas de ver.

Chegaron dúas mulleres e dirixíronse a Arcio para anunciarlle que a sauna


xa estaba preparada.

–Teño moita curiosidade por saber como é unha sauna por dentro –
díxenlle ao romano.

–É un lugar sagrado onde non todo o mundo pode


entrar, pero vou falar con Arcio, a ver se che permite
ir con eles.

Cornelius achegouse ao xefe guerreiro e


preguntoulle. El non estaba moi de acordo mais,
ante a insistencia do romano, comezou
a dubidar. Mirou para os Brassioi, que
agardaban en silencio a súa decisión.
Entón Arcio asentiu coa cabeza.

76
Armamento dun guerreiro
kallaiko.

77
78
VII
O RITO DE PURIFICACIÓN

O edificio da sauna estaba ao abrigo das murallas e parcialmente soterrado,


aproveitando o desnivel do terreo. Desde o exterior o único que quedaba
á vista era unha casiña co tellado de palla.

Camiñei á beira dos Brassioi, avanzando en silencio. Ninguén levaba


armas. Agora os guerreiros levaban nas mans roupa limpa, dobrada e
disposta para usar. Conforme nos achegabamos, saíron tres homes da
sauna e afastáronse inmediatamente do noso camiño. Na miña cabeza
multiplicábanse as preguntas, pero seguín andando sen abrir a boca por
medo a romper o solemne silencio.

Ao cabo chegamos á porta daquel lugar sagrado. Os marcos do limiar estaban


decorados con motivos de cores rechamantes. Na parte central había unha
escena con cabalos ao galope, guiados por un só xinete. Toda a fachada
estaba pintada de ocre e na súa parte superior tiña un van que facía as veces
de lucernario. Sobre uns peares de madeira asentábase o tellado de colmo.

Entramos. O habitáculo era pequeno, o chan estaba enlousado e había


un pilón á esquerda. Unha canle abastecía o pilón e a auga precipitábase
dentro. Aquel son enchía toda a estancia.

Había alí varios bancos e mesas. Enriba delas vin unhas cuncas de barro e unha
ola. A parede do fondo era dunha viva cor azul e sobre ela tiña debuxados varios
trisqueis. No centro había unha porta pechada cunha cortina, a parte superior
estaba formada por un arco de pedra dunha soa peza, decorado con relevos en
forma de oitos entrelazados e de círculos, todos eles pintados de cores.

O ambiente era circunspecto e só se escoitaba o son da auga caendo a ritmo no


pilón. Os guerreiros espíronse devagar e guindaron as roupas nunha esquina.
Comprendín que o proceso de purificación era un ritual de inicio a fin. Quitaron
as virias, os torques e colocáronos amodo enriba das roupas limpas.

Entón puiden verlle a cara a Abruno, oculto ata o momento baixo a súa
carapucha. Eu imaxinaba que o guerreiro se cubría para ocultar algunha
cicatriz, mais non era así. O único que o diferenciaba do resto era a súa pel
branca, o cabelo loiro e os ollos azuis. Non parecía un sewroroi, máis ben
semellaba un xermano. 79
80

Dependencias dunha
sauna santuario.
81
Eu seguía xunto á porta, coma un coitado, agardando que alguén me indicara
o que tiña que facer. Arcio ollaba serio para min. Sentinme incómodo e
supuxen que non lle gustaba que eu estivera alí. Quizá só mo permitía para
agradar ao seu amigo Cornelius. Entón achegóuseme e dixo:

–Vaste meter vestido na sauna? Ou é que na túa terra non vos deixar
ensinar as cachas?

Todos botaron a rir mentres Arcio sinalaba co dedo cara os bancos. Eu


tamen rin e comecei a quitar a roupa.

Arcio arrimouse á pía, meteu a cabeza baixo o chorro e fretou o cabelo


coas mans, unha e outra vez. A auga comezou a tinguirse de vermello. Por
último lavou a cara e regresou onda nós.

O seu aspecto xa non era tan agresivo. Puiden apreciar o gran parecido
coa súa irmá Kaela: a melena roxa, os ollos claros, as faccións angulosas...
sen dúbida eran xemelgos. Recolleu o cabelo na cima da cabeza, untou os
dedos con graxa dunha cunca e estendeuna por todo o corpo. Os demais
comezaron a lavarse.

Observeinos amodo, agora daba a sensación de que eran moito máis


novos. Agás Kabedo, ningún debía pasar dos vinte anos. Kadroiolo era
aínda un adolescente e tiña o pelo roxo, igual que os seus irmáns. O nome
da familia non deixaba lugar a dúbidas: roudeaekoi, os vermellos.

O rito de purificación estaba reservado ao xefe da cofratía e aos que


loitaran con el, era por iso que os demais marcharan lavarse ao río. A
sauna utilizábase tamén para celebracións relixiosas, cerimonias de
iniciación de novos guerreiros e ocasionalmente para confraternizar con
nobres doutros castros. Os baños de vapor que alí se tomaban non eran
una actividade lúdica senón sagrada.

Despois de lavarme, comecei a unxir o corpo con aquela graxa. Magilo colleu
unha cunca, meteuna nunha ola e levouna á boca. Enxaugouse e cuspiu na canle
de desaugue. Despois fretou os dentes co dedo índice e voltouse enxaugar con
auga da pía. Os demais tamén limparon os dentes dese xeito e ao rematar, Arcio
mexou dentro da ola. Limpaban os dentes con mexos! Quedei quieto, temeroso
de que me convidaran a imitalos, mais iso non sucedeu.

Temaro correu a cortina e cruzamos a seguinte porta. Esta nova estancia estaba
totalmente soterrada, era algo máis pequena e no fondo tiña unha gran pedra
formosa. As paredes estaban feitas con grandes laxes chantadas no chan, e
adosados a elas había bancos corridos de perpiaño. O teito era tamén de lousas.

A magnífica pedra formosa parecía marcar o límite entre dous mundos.


Aquel bloque de granito estaba completamente esculpido e pintado, mais
82 tiña as cores desgastadas pola humidade do ambiente. Na parte inferior
había un pequeno burato semicircular: era o único acceso ao seguinte
habitáculo. O orificio era tan pequeno que para entrar había que botar os
pés cara diante, deitarse no chan e deslizarse amodo.

Arcio pechou a cortina e sentamos. A penumbra, a temperatura morna e o


silencio creaban unha atmosfera misteriosa. Polo burato da pedra formosa
saía un resplandor e un aire que aquecía toda a estancia. Comecei a suar.

Os guerreiros tiñan os ollos pechados e a cabeza apoiada contra a parede.


Arcio abriu unha bolsa de coiro, sacou unhas boliñas negras e deulle unha
a cada guerreiro. Despois esmagou outra cos dedos, tomou unha porción
pequena e ofreceuma. Comezaron a masticar cadansúa bola, eu sentín
medo e dubidei. Mirei a Arcio e indicoume que fixera o mesmo.

Nada máis triscar, a boca enchéuseme dun sabor dóce e acedo a un tempo,
lixeiramente picante. Conforme masticaba, a bola abrandábase e diluíase
no meu cuspe.

A temperatura subía e sentín somnolencia. Perdín a noción do tempo.


Abrín os ollos e vin como os debuxos da pedra formosa comezaban a
moverse. Encollíanse e estirábanse, desenfocábanse por veces e mesmo
cambiaban de cor. Volvín pechar os ollos, mais deseguida os guerreiros 83
empezaron a erguerse. Fóronse deslizando un por un a través daquel
burato. Arcio agardou ata o final para axudarme a pasar.

Esta nova habitación era do mesmo tamaño que a anterior, pero non
tiña bancos corridos, só uns tallos de madeira colocados en círculo. Na
parede do fondo había unha porta que daba a unha estancia semicircular
moi pequena. Alí ardía unha gran fogueira e o fume escapaba devagar por
unha estreita cheminea.

Sentamos nos tallos, tan xuntos que os nosos xeonllos se tocaban. O único
son que se ouvía agora era o crepitar da madeira no lume. A temperatura
84 cada vez era máis alta, corríanos a suor polo corpo. A escasa claridade que
nos alumeaba, producía nas lousas das paredes estrañas sombras. O chan
comezou a moverse.

Magilo ergueuse e entrou no forno, agarrou unhas pinzas de ferro e colleu


varias pedras candentes que había no lume. Meteunas dentro dunha ola
metálica e despois encheuna de auga. As pedras estralaban e botaban
vapor a eito. A calor e a humidade aumentaron de golpe e crin que ía
perder o coñecemento.

Magilo volveu sentar e botou os brazos por riba dos ombreiros dos
homes que tiña á súa beira. Os demais fixemos o mesmo. Debruzámonos
ata xuntar as nosas frontes no centro do círculo. Comecei a escoitar un
cántico mentres sentía os poros da pel dilatarse e botar auga a cachón.
Aquela auga era eu mesmo que me baleiraba por dentro.

A estancia empezou a xirar cara a esquerda, mentres a roda que


formabamos xiraba á dereita cada vez máis aprésa. Sentín vertixe e 85
quedei paralizado. Os brazos dos Brassioi pesábanme moito enriba dos
ombreiros e comezaron a penetrar baixo a pel. Os meus brazos tamén se
afundían dentro dos corpos dos demais. Sentín como me elevaba e dende
arriba puiden ver que os oito eramos agora un só corpo, grande e esférico,
xirando a gran velocidade.
Aquel cántico soaba moi forte agora. As nosas frontes tremían e afundíanse
nas frontes dos outros. A presión aumentaba a cada volta e crin que me ía
estoupar a cabeza en calquera momento.

Apertei as mandíbulas con todas as miñas forzas e sentín como se me


abría un burato no cráneo. Por alí saía un gran chorro de sangue, todos
eramos fontes botando sangue a cachón. Aquela sensación produciume
unha relaxación infinita, un sosego indescritible.

A presión diminuía e, pouco e pouco, funme convertendo en luz. Sentíame


lixeiro, incorpóreo e vin desde arriba como os demais se elevaban envoltos
tamén en luz. Foron só uns segundos, despois todo tornou escuro e
comecei a sentir frío.

Cando abrín os ollos estaba metido na pía da auga e Kabedo termaba


da miña cabeza baixo o chorro. Mirei para o guerreiro e vin que estaba
a rir. Tentei erguerme mais volvín caír dentro da pía. Despois de varios
intentos, Kabedo sacoume de alí. Estaba abouxado, desorientado e tivo
que pasar un bo anaco ata que comecei a ser consciente do que acababa
de acontecer.

Os Brassioi xa estaban vestidos e listos para marchar. Que diferenza velos


agora peiteados e con roupa limpa! Todos levaban o cabelo recollido nunha
trenza agás Arcio e Kadroiolo, que campaban coas súas longas melenas
vermellas. Os torques e as virias relucían e todos levaban os cinturóns co
puñal e a espada nas súas fundas. Non me explicaba como chegaran as
armas ata aquí, debeunas traer alguén mentres eu estaba inconsciente.

Abruno ocultábase de novo baixo a carapucha do sago, mais puiden


escoitalo rir mentres eu daba tumbos tentando vestirme. Puxen aquela
saia estampada cos cadros do clan, despois a túnica enriba... Deuses! Que
sensación! Sentíame case un guerreiro Brassioi!

Fóra corría a brisa. Fun espabilando amodo e tomei conciencia do que


sucedera na sauna. Unha experiencia única á que moi poucos tiñan acceso,
mais non conseguía recordar boa parte do acontecido. O que si lembraba eran
as palabras que ouvín mentres xirabamos, pouco antes de perder o sentido:

–Hai camiños que só se poden percorrer ata o final, se verdadeiramente


queres coñecerte a ti mesmo.

Cando saímos, agardaban fóra uns homes dispostos a limpar a sauna.


Camiñamos cara a porta de Kaitóbriga e Laeto saíu ao noso encontro.

–Que tal che foi? –preguntou o labrego.

–Ben, ben... –respondín brevemente, pois crin que debía ser discreto con
86 aquel asunto.
–E non querías ir ver como traballan os ferreiros?

–Conforme teño a cabeza, o que menos me apetece arestora é escoitar


golpes de martelo.

Era xa media tarde, o sol devalaba e quedábame cada vez menos tempo.
Na entrada da cidade cruzámonos cun grupo de guerreiros que ían buscar
o gando que lles pertencía do botín. Arcio marchou canda eles para que
non se produciran conflitos. E mentres, Laeto furgaba nunha sandalia
tentando amañar a correa que acababa de estragárselle.

Dovidena apareceu correndo, abrazouse a Kadroiolo e cubriuno de bicos


e beizóns. El tamén a bicaba agora que estaba purificado. Ela faloulle ao
ouvido, colleuno da man e marcharon camiño abaixo.

Laeto ría e marmuraba parvadas coa sandalia na man, mentres miraba


como se alonxaban os namorados. Abruno levantouse e tirouno ao chan
dun pescozón, mais o labrego continuou a rir.

87
88
VIII
MULLERES DE KAITÓBRIGA

Arcio non tardou en regresar. Encamiñámonos a casa de Maelono, subimos


pola rúa principal e chegamos deseguida. Nos alpendres ardían fogueiras
con potes repletos de comida ao lume. Dúas mulleres cortaban carne e
verdura, mentres outra remexía un guiso cunha gran culler de madeira.
Á beira do muro había unha grella onde estaban a asar postas de vitela.
Cheiraba que arrecendía.

Tan pronto cruzou o portalón, Arcio comezou a bater palmas e preguntou


onde é que tiñan agachado o viño. As mulleres riron e nós tamén. Kaela
saíu da casa, abrazouse ao seu irmán e encheuno de bicos. Reparei na
grande semellanza entre os dous, eran xemelgos, abofé. Despois Kaela
deulle unha aperta a Abruno, saudounos e marchamos xuntos á procura
de Cornelius.

O romano saíu da palloza que estaba en obras, deulles permiso aos


carpinteiros para marcharen e convidounos a entrar. Aquela casa tiña
unha feitura peculiar, era alongada e no seu interior dous postes termaban
do teito. Cornelius abriu unha porta que había no chan e deixou á vista a
escada que baixaba cara o soto.

–A obra está case rematada, só queda construir o derradeiro treito do


túnel.

Arcio colleu ao romano polos ombreiros, felicitouno e deulle un bico na


fronte. Cornelius acababa de transformar aquela cabana nun cuartel para
os Brassioi, e o soto había servir para almacenar armas. Ademais, estaba a
escavar un túnel que conducía fóra das murallas de Kaitóbriga. Mais todo
aquilo era alto segredo.

–Andiven lendo os papiros que me deu Medamo –continuou o romano–,


son cartas dirixidas a Nicer. Nunha delas, o legado romano solicítalle
colaboración para instalar un campamento militar na ribeira do Minios. Na
outra misiva o legado dálle os parabéns pola construción da nova capital
dos idawoioi, e agradece a súa invitación para a cerimonia de fundación
desa cidade.

–Que é iso dunha nova capital? –inquiriu Arcio. 89


–Tristemente –respondeu Kaela–, o noso irmán mandou edificar unha
cidade perto de Abóbriga. Unha cidade dez veces máis grande que
Kaitóbriga, que estará ao abeiro do deus Bandua.

–E vanlle chamar Lánsbriga –dixo Cornelius.

Arcio ficou cheo de ira. Pechou a man e golpeu unha e outra vez a porta
da palloza, mentres marmuraba adoecido.

–Lánsbriga, Lánsbriga, Lánsbriga... Vouno matar!

Despois, algo máis calmado, pediulle a Abruno e ao romano que o


acompañaran á asemblea. Despedíronse de nós e marcharon decontado
á Casa da Treba.

Voltamos ao patio, a sombra cubría a meirande parte do recinto e a


actividade non era tan frenética agora. Os potes fumegaban e a carne
arrecendía na grella, estábase ben alí. Ammia veunos saudar e despois foi
falar coas cociñeiras, que deseguida dispuxeron uns tallos e unha mesiña
de madeira.

Kaela trouxo unha xerra de cervexa e unha bandexa con queixo e


embutido. As cociñeiras achegáronse e sentaron con nós. Elas eran
Camala e as súas curmás Alia e Abana. A xerra comezou a pasar de man
en man e puxémonos a charlar.

Ao cabo dun anaco Camala levantouse e foi remexer un guiso. Tizou o


lume e reparou en que Laeto estaba aló atrás, sentado no alpendre á beira
da grella.

–Oes, ti! Vés canda nós ou é que lle tes medo ás mulleres de Kaitóbriga?

Escacharon a rir todas as presentes, mentres Kaela acenaba coa man


indicándolle ao labrego que se achegase. Así que Laeto sentou á miña
beira e sen dicir palabra, deu conta de varios anacos de embutido. As
mulleres comían e falaban, mais non deixaban de observarme. Decidín
iniciar unha conversa para distraer a súa atención.

–Moitas grazas por convidarme á túa casa, Kaela. Gustaríame que me


aclararas unha curiosidade que eu teño. Chámame moito a atención o
estraño comportamento de Abruno.

Kaela sorriu e comezou a contar a historia daquel misterioso guerreiro.

–Un día meu pai, o corono Katuro, machou de caza con varios homes e
cando andaban na fraga atacounos unha osa. Feriron de morte ao animal
que acabou por desplomarse no chan. Entón apareceu un neno berrando,
90
completamente espido. Ao chegar ao pé da osa, abrazouse a ela e
91
comezou a chorar. Cando o animal morreu, o cativo botouse ao meu pai
con tal forza que o tirou ao chan. Pasou un bo anaco ata que conseguiron
suxeitalo, tentaron afastalo de alí mais volvía escapar para irse abrazar á
osa. Así que deixárono e regresaron a casa. Ao chegar, meu pai contoulle
á miña nai o que acababa de suceder. Ela decidiu que había que ir buscar
a aquel neno. Ao día seguinte, meu pai volveu cun par de guerreiros e o
cativo aínda seguía abrazado ao cadáver do animal. Estaba tan triste que
nin sequera ofreceu resistencia.

–Aquela criatura –continuou Ammia–, non entendía nada do que lle


diciamos. Os primeiros días berrou e chorou todo o que quixo, e non
houbo maneira de que probara bocado. Pero o deus Bandua que amarra
cos seus lazos, e xunta e protexe á xente, interviu para que Arcio e Nicer
comezaran a entenderse con el. Pouco e pouco foise integrando na familia.
Decidimos chamarlle Abruno, ensinámoslle a falar e a comportarse como
unha persoa, mais non fomos quen de conseguir que vestira como os
demais. O sago e a saia son as únicas roupas que acepta.

–E como nunca quita o sago, todos lle chaman o Sagato –dixo Kaela–.
El é o home de confianza de Arcio e sufriu moito cando Nicer traizoou
á familia, aquela tempada deixou de falar e marchaba pasar as noites á
fraga.

–É verdade que Abruno entende a fala dos animais? –preguntou Laeto.

–Iso son contos de vellas! –retrucou Camala.

Ammia e Kaela escusáronse e marcharon fóra a buscar uns caldeiros.


Aqueles non eran caldeiros correntes, eran sítulas que só se utilizaban
para servir a comida en celebracións importantes como a que ía acontecer.

As cociñeiras falaban agora dos preparativos para o banquete, pero


deseguida empezaron a facerme preguntas. Querían saber de onde viña
e que facía alí, mais por unha vez Laeto estivo ao quite para impedir que
eu metera a zoca.

–Este home está en Kaitóbriga porque o invitou Blendea. Vén de moi


lonxe, das terras onde nace o sol.

Mais as mulleres non quedaron moi convencidas coa explicación e seguiron


a observarme. O meu cabelo curto, a miña pel tan pouco curtida, as miñas
maneiras... Así que botei a falar para evitar as preguntas.

–E vós, traballades todas no pazo?

–Eu traballo aquí a diario –dixo Camala–, e as miñas curmás veñen botar
unha man cando fai falla.
92
93
-Abondo temos que facer –retrucou Abana–. Entre a casa, os nenos, o
gando e a horta non nos queda tempo para moito máis.

–Entón, que é o que fan os homes? –preguntei sen pensar, e todas botaron
a rir.

–Aquí tes un bo exemplo do que fan os nosos homes –rexoubou Camala


sinalando ao labrego.

–A ver, Laeto –dixo Alia–. Verdade que che gusta comer quente cada día
e durmir quente cada noite?

O labrego tiña as meixelas rubias da vergoña e non sabía onde se había


meter. Eu quixen defendelo argumentando que era un home moi servicial,
mais o único que conseguín foi que todas riran aínda máis.

–As mulleres herdamos a casa materna –explicou Camala–, administramos


os bens da familia e cando casamos, o home vén vivir onda nós. O corono
manda na tribo pero na casa manda a súa dona. A Gran Deusa Luminosa
é muller, por iso cando un home é nomeado corono vaille pedir a ela
protección para o seu pobo.

–Pero os homes algo farán? –preguntei.

–Fillos –respondeu Alia–, o único que fan son fillos. A metade do ano
vanse por aí lonxe, e a outra metade andan na fraga atrás dos xabaríns.

–Iso é! –exclamou Abana–. Hoxe chegaron todos mais logo volverán


marchar e nós quedaremos aquí, preñadas outra vez e co traballo da casa
ás costas.

–E os outros homes que quedan na cidade, pois xa vés –dixo Camala


mirando a Laeto–, pasan a vida á sombriña, comendo e bebendo
tranquilamente.

–Si home! –retrucou o labrego–. E logo quen constrúe as casas? Quen vai
cazar? Quen...

Mentres falaba, Laeto xesticulaba enerxicamente. Estaba tan exaltado


que rematou por perder o equilibrio e caíu de costas ao chan. A curta saia
de cadros ficou levantada, deixando á vista o seu pube.

–Iso é o único que nos serve dos homes, o único! –berrou Abana.

Todas volveron rir a gargalladas e Laeto tamén acabou por rir, a situación
era realmente cómica.

Entón colleron unhas fontes e unhas culleres e puxéronse a tocar unha


94 cantiga. Aquela música semellaba unha pandeirada. Contaba a historia
dun guerreiro que perdía todas as batallas pero, en cambio, tiña moito
éxito coas mulleres. O estribillo dicía algo da espada do guerreiro e cando
o cantaban, todas rían con malicia. Laeto púxose a bailar remangando a
saia sen o máis mínimo pudor.

Puiden comprobar de novo que aquela xente tiña un sentido da intimidade


moi distinto ao que temos hoxe. Non había normas sociais nin relixiosas
que vetaran aqueles comportamentos, eran algo completamente natural.
De todas maneiras, os nobres e sacerdotes non actuaban dese xeito tan
desinhibido, nin moito menos.

Dovidena e Kadroiolo entraron no patio e Laeto, vergoñento, deixou de


bailar. As cantareiras calaron e quedaron mirando para os namorados.

Pouco despois chegaron Ammia e Kaela cun gran caldeiro de bronce.


Atrás delas, dous homes suxeitaban unha estaca na que viñan pendurados
varios caldeiros máis. Eran preciosos, estaban pulidos e decorados cos
deseños distintivos do clan. Pechando aquela comitiva viña Loveso cun
fato de rapaces. Ammia e Kaela pousaron o caldeiro e correron a abrazar
a Kadroiolo.

O patio do pazo comezaba a encherse de xente e os nenos estaban a armar


un rebumbio considerable. Ammia mandoulles ir xogar fóra e distribuiu
o traballo entre as cociñeiras, que empezaron a trafegar os guisos aos
caldeiros de bronce.

Kadroiolo invitoume a ir con el á beira do río, alí estaban os guerreiros


preparándose para as competicións de loita que se celebrarían mañá.
Despedímonos e comezamos a baixar por aquelas rúas, que xa me ían
resultando familiares.

95
Representación
de tres
divinidades
kallaikas.
Arriba: Vestio
Alonieco.
Abaixo:
Endovelico e
unha deusa,
posiblemente
da fertilidade.

96
IX
DANDO GRAZAS A BANDUA

Os guerreiros loitaban á beira do río, combatían con espada e escudo,


lanzaban xavelinas a un boneco de palla e competían en carreiras. Aquel
prado era un verdadeiro ximnasio cheo de risos, berros e suor. Kadroiolo
buscou un lugar á sombra e sentamos no chan a observar o espectáculo.
Laeto deitouse e quedou durmido ao momento.

O sol seguía a baixar, a sombra cubría o lameiro e boa parte do río, daba
gusto estar alí. Despois de tanto trafego o corpo pedía un pouco de
descanso.

Sentado sobre a herba fresca decateime dun detalle que me pasara


desapercibido ata entón. Os olores eran moi intensos e cambiaban a
cada momento, mesmo había algúns que me resultaban completamente
descoñecidos. Agora cheiraba a herba mais, de súpeto, a brisa traía un
suave arrecendo a flores. Todo aquilo era un agasallo para os sentidos.

–E calquera pode chegar a convertirse en guerreiro? –pregunteille a


Kadroiolo.

–Calquera, si. O único que ten que facer o aspirante é conseguir as armas
e adestrarse. Despois, se quere formar parte dunha cofratía ou poñerse ao
servizo dun nobre, terá que superar algunhas probas e facer xuramento
de fidelidade.

–E como fai para conseguir as armas?

–Pois mércallas a un bo ferreiro ou a un comerciante, e se non ten con que


pagar, xúntase con outros aspirantes e marchan vivir ao monte. Alí cazan,
capturan gando e fan emboscadas ata conseguir un botín grande abondo
para trocar por armamento.

–Vós trouxestes un gran botín hoxe.

–Trouxemos, si. Desta volta tivemos sorte, pero non sempre é así.

–Dovidena díxome que unha parte do botín servirá de dote para a vosa
voda.
97
–Iso é. Imos casar nas festas de Lug, pero eu continuarei sendo un Brassioi.
Quedar en Kaitóbriga e andar no lameiro a tornar as vacas, non é para min.

Kadroiolo botou a rir e despois quedamos calados mirando para os


guerreiros. Comprendín que aqueles homes non sabían facer outra cousa
que loitar. Durante boa parte do ano eran nómadas á procura de fortuna,
e así que pasaban unha tempada na casa volvíanse irascibles e violentos,
non sabían vivir sen a tensión do combate.

Laeto roncaba tumbado na herba. Pensei na enorme diferenza que había


entre el e calquera dos guerreiros. Matinaba neses asuntos cando, ao
lonxe, vimos achegarse a inconfundible silueta de Abruno.

–A túa irmá contounos a historia do Sagato. Deixoume moi sorprendido.

–Cando eu nacín Abruno xa andaba pola casa, para min é un irmán máis.
Pero os deuses non lle permiten ser feliz. Casou o ano pasado e cando
marchamos cara o sur, a súa dona xa estaba encinta. Ao regresarmos,
déronlle a triste nova de que ela morrera no parto. Por iso ultimamente
anda máis calado que de costume.

–Ese home ten mala sorte, dende logo.

–Non sei se é mala sorte ou a vontade dos deuses. Alomenos agora


alégralle un pouco a vida a súa filliña Talavia, que vive no pazo e é o ollo
dereito da avoa Ammia.

Kadroiolo interrumpiu o seu relato, pois Abruno estaba chegando.


Saudounos e deseguido comezou a silbar unha curta melodía. Os
guerreiros deixaron os seus exercicios e viñeron onda nós. Kadroiolo deulle
unha patada a Laeto que espertou sobresaltado, e ao verse rodeado de
guerreiros quixo botar a correr. Os homes rían a cachón do pobre labrego,
mais Abruno interrumpiu a troula para avisar de que Arcio acababa de
saír da Casa da Treba e quería facer unha ofrenda aos deuses antes do
banquete. Os homes fóronse lavar ao río. Agardamos por eles e unha vez
aseados e vestidos con roupa limpa, marchamos xuntos cara o castro.

Na praza, perto da estatua do guerreiro había unha peneda con tres chanzos
labrados. Non reparara nela antes e non era pequena precisamente. Tiña
dúas pías na parte superior, comunicadas por unha canle. Era un altar,
un lugar sagrado onde se celebraron os ritos de fundación da cidade.
Achegámonos e dispuxémonos arredor daquela pena.

Polo camiño avanzaba unha comitiva. Diante viña danzando o guerreiro


coa cabeza de oso. Atrás del, tres homes traían da corda un año, un porco
e unha ovella. Outro home portaba un machado de bronce e aínda outro
alzaba entre as mans un torques de ouro, sacudíao con forza e a xoia
98 soaba coma un axóuxere.
99
Instrumental utilizado nos
sacrificios cerimoniais.
Blendea e outros sacerdotes camiñaban detrás, cubertos cos seus
mantos. Arcio seguíaos, deixando paso a cinco parellas. As mulleres traían
ofrendas para os deuses e os homes viñan armados. Entre eles estaban
Dovidena e Kadroiolo. Máis atrás, un home portaba o estandarte do clan e
outros dous termaban dun gran caldeiro de bronce. Pechaban a comitiva
Cornelius, Katueno e os demais.

Ao chegaren ao pé da peneda, Blendea colocouse diante dos chanzos. Á


súa beira estaban os outros durbedes, e a seguir o home do machado e os
que traían animais. O resto da comitiva mesturouse con nós.

Fomos quedando en silencio, xa só se ouvía o ruxerruxe do torques.


Blendea subiu á cima da rocha e comezou a entoar unha oración.

–Deuses de Kaitóbriga, que camiñades canda nós desde o principio dos


tempos: velaquí os guerreiros Brassioi. Hoxe regresan a casa sans e salvos.
Tráenvos unha ofrenda de sangue e lume, en sinal de gratitude. E cando
chegue o día de derramar o propio sangue no campo de batalla, que Nabia
os cubra co seu manto de auga e os leve río abaixo con Vestio, o das grandes
mans. Escoitade a estes homes, deuses de Kaitóbriga! Deuses da Kallaikia!

Blendea levantou os brazos cara o ceo e alzou tamén a voz, mentres os


demais sacerdotes cantaruxaban unha salmodia. O vello durbede colleu
o seu báculo e comezou a imitar o voo dos paxaros. Pasamos varios
minutos observando en silencio o transo daquel home sabio. De fondo só
se escoitaba o ruxerruxe do torques.

As mulleres que viñan na comitiva achegáronse aos sacerdotes e


entregáronlles as súas ofrendas. A un sinal de Blendea, os homes que
traían animais subíronos á cima da peneda, o vello sacerdote colleu o
machado de bronce e foino pousando sobre a cabeza do año, da ovella
e do porco. A seguir entoou outro cántico mentres os demais durbedes
unxían os animais con óleos rituais.

O home que antes sostiña o machado, levaba agora un coitelo na man.


Suxeitou o año, púxolle o pescozo sobre unha pía e degolouno lentamente.
Despois fixo o mesmo coa ovella e co porco. Na outra pía un sacerdote
estaba a acender lume. Arcio subiu entón á peneda e falou.

–Oh Bandua, que nos protexes na loita! Oh Bandua, que nos mantés
unidos! A ti entregamos a vida destas criaturas, aquí tes o seu sangue... Oh
Cossus, bravo señor das batallas! Concédenos valor para encarar a morte
e danos afouteza para termar da espada.

Unha sacerdotisa colleu un vaso de ouro e achegouse á pía, repleta de


sangue quente. Tomou un pouco e ofreceullo a Arcio. O guerreiro bebeu
amodo e así que rematou, comezou a rezar. Despois verteu no lume o
10 0 sangue que aínda quedaba no vaso.
Deus Bandua.

101
Caldeiro cerimonial.

O matarife despelexou o año e abriuno dun xeito preciso e cerimonioso.


Foi extraendo amodo as vísceras e entregándollelas aos durbedes, que as
examinaban minuciosamente e conseguían deste xeito predicir o futuro.
Cando remataron puxéronas ao lume mentres o matarife descuartizaba
os animais e botaba a carne no caldeiro de bronce.

Arcio achegouse á fogueira e botou alí a restra de mans inimigas que


traía con el. Os outros guerreiros empezaron a patear o chan, así que
recuamos para deixarlles sitio. Dispuxéronse en círculo e comezaron a
xirar, berrando e batendo as espadas contra os escudos.

Cantaban a ritmo e ao final de cada estrofa botaban longos aturuxos. O


home coa cabeza de oso danzaba no centro, mentres a roda ía xirando
a máis velocidade. Cada poucos pasos paraban e fincaban un xeonllo no
chan, despois saltaban, batían as armas e volvían berrar. A danza tornou
102
frenética, deume a impresión de que os guerreiros andiveran a mascar
aquelas boliñas negras outra vez.

Do lume do altar saía fume negro, algunhas vísceras comezaban a


carbonizarse. Entón a danza rematou, os guerreiros berraron por última
vez e todos aplaudimos.

Arcio colleu a bolsa que o ourive lle preparara e repartiu o seu contido
entre os Brassioi. Os homes abrazábano e colgaban dos seus pescozos
aqueles presentes: eran miniaturas de bronce idénticas ao machado que
acababa de usar Blendea.

A cerimonia rematou e a xente achegouse a falar cos guerreiros. Eu fun


saudar ao vello durbede, que estaba a quitar o manto.

–Querido viaxeiro, que che parecen as nosas ofrendas aos deuses? –


preguntou Blendea.

–Estou marabillado, é un privilexio


estar aquí con vós.

–Lembra que xa queda pouco


tempo e logo terás que regresar ao
outeiro das Pedras Que Falan.

O sol aproximábase ao horizonte,


mais aínda podiamos asistir un
ratiño ao banquete. Entramos en
Kaitóbriga con Arcio camiñando ao
frente.

Ao cruzar as portas volvín ver as cabezas


dos inimigos caídos penduradas no limiar. As súas
cabeleiras ondeaban coa brisa, era un macabro
espectáculo mais tamén un xeito de protexer a
cidade. No corredor da entrada había
máis cabezas empotradas nos
muros, pero estas non eran
humanas, senón tallas en
pedra.

Pouco e pouco fomos enchendo a praciña da Casa


da Treba. Quedamos de pé en silencio, mentres os
guerreiros sentaban no chan formando pequenos
círculos. Arcio colocouse no centro da praza e entón
erguéronse todos.

103
Porta da Casa da Treba.

104
X
CONVIDADO A UN BANQUETE

Arcio entrou na Casa da Treba. A asamblea aínda non rematara, así que os
demais agardamos na praza. Os guerreiros comezaban a impacientarse,
rifaban entre eles e metíanse con todo o mundo. Abruno interviu para
poñer orde e apaciguar os ánimos.

Ao cabo, a porta da palloza abriuse e saíron varios asistentes á reunión,


con cara de poucos amigos. Encabezaba a marcha un home cun sago
azul, que ollou para nós de esguello e axiña desapareceu polo corredor de
acceso á cidade. A porta da palloza pechouse de golpe e a praza quedou
en silencio. Pregunteille a Kadroiolo que era o que estaba a pasar.

–Eses que marchan son os xefes dos lemawoi, e non lles debeu gustar o
que propuxo Maelono.

–E como é que non quedan para o banquete?

–Déixaos ir, son uns túzaros. O do sago azul é o corono Afer, mala xente,
así que mellor que marche.

A sombra dos torreóns cubría a praza e a temperatura era morna agora.


Chegaron os dous homes co caldeiro de bronce ateigado coa carne dos
sacrificios. Pousárono á porta da palloza e sentaron a agardar. Entón
Laeto levantouse.

–Sonme horas de marchar –dixo.

–Aínda hai vagar –respondín sorprendido.

–Ti estás convidado ao banquete, pero eu non. Perde coidado que aínda
non me vou de Kaitóbriga, vémonos despois e lévote de volta ao porto
dos barbantes.

Insistín en que quedara, mais non houbo xeito. Por como falou, deducín
que á xente da súa clase non lle era permitido compartir mesa con
nobres e coronos. Era unha mágoa que marchara. De todas as persoas
que coñecín aquí, o labrego foi o único que estivo pendente de min
105
106
107
en todo momento. Pero lembrei o consello de Blendea e non lle insistín máis.
Por certo, cada vez estaba máis convencido de que Blendea e o Vello da
casoupa se coñecían, e que nada do que me estaba a acontecer era casual.

Mirei para a Casa da Treba e vin fume entre o colmo da cuberta. A asemblea
acababa de rematar, a porta abriuse e Maelono saíu á praza cos xefes dos
outros clans. Cando a palloza se baleirou, entraron os homes co caldeiro de
bronce. Ao momento chegaron Kaela, Dovidena e as cociñeiras coa comida
para o banquete. Atrás delas, varios homes traían cestos con louza.

Os Brassioi rodearon a Maelono, que comezou a explicar o que acababa


de acontecer alí dentro.

–Propúxenlles aliarnos fronte aos romanos e poñer todos os guerreiros ás


ordes dun só xefe. Pero poucos están dispostos a loitar baixo un mando
alleo. Non entenden que Roma fai a guerra doutro xeito e de nada nos
servirán xa as cofratías.

–Eu insistín –dixo Arcio–, en que hai que pararlle os pés a Nicer, está
aprovisionando aos romanos e tratará de convencer a outros clans para
que pacten con eles.

Non houbo maneira de chegar a un acordo. Cada tribo era independente,


con normas propias e territorios autónomos. Así que só media ducia de
coronos apoiaron a Maelono, os demais estaban a marchar de Kaitóbriga,
pois se quedaban ao banquete darían a entender que aceptaban a proposta.

Kaela saíu á porta da palloza e anunciou que todo estaba disposto para
xantar, así que fomos achegándonos pouco a pouco. Eu quedei para o
final, supuxen que primeiro deberían acomodarse os xefes e os guerreiros.
Ao cabo entrei, mais fiquei á beira da porta, agardando que alguén me
dixera onde me debía sentar.

O fume enchía o interior da Casa da Treba que, así e todo, parecía máis grande
desde dentro. O chan de laxes conformaba un piso homoxéneo. Circundaba
as paredes un banco corrido de pedra, cuberto con peles de animais. A
palloza era alongada e tiña dous postes que termaban das trabes do teito.
Alí penduradas había algunhas cabezas de inimigos, estaban moi mirradas e
afumadas, seguro que xa asistiran a moitos banquetes como o de hoxe.

Toda a estancia estaba en penumbra, as únicas fontes de luz eran o lume da lareira
e algúns candís colgados na parede. No centro, sobre un trespés, cociñábase a
carne dos sacrificios. Arredor do lume había dispostos varios bancos e no centro,
a cadeira do corono. O cheiro era intenso, a fume, comida e suor.

Maelono sentou no trono. Á súa dereita acomodouse Blendea, despois Arcio


e a seguir os xefes dos outros clans. Á esquerda sentaron os Brassioi. Houbo
108 algo de porfía entre os demais á hora de elixir asento. Discutiron durante un
anaco, mais acabaron por poñerse de acordo, así que
foron doblando os seus sagos e sentaron.

Dovidena e Camala dispuñan a comida en bandexas


mentres Abana e Alia repartían xerras e pratos
entre os comensais. Eu seguía de pé, sen saber onde
poñerme. Kaela achegóuseme e sinalou un espazo
baleiro no banco da parede, á beira de Katueno.
Nese momento Maelono comezou a falar.

–Xuntámonos arredor deste lume para celebrar a


alianza entre os nosos clans. A partir de agora todas
as cofratías formarán un só exército. Que o pacto quede
selado coa carne e o sangue dos sacrificios ofrecidos aos deuses.

Mentres Maelono falaba, aqueles dous homes retiraron o


pote que había no lume, trafegaron a carne para o caldeiro de
bronce e deixárono aos seus pés. El ergueuse, puxo a man no
ombreiro de Arcio e fixo un sorprendente anuncio.

–Este valeroso guerreiro que tedes ante vós, será a partir


de mañá o xefe do novo exército. El deberá adestrar e
organizar aos nosos guerreiros para facermos frente á
lexión romana.

Todos aclamaron a Arcio, aplaudían e batían cos pés no chan. O


guerreiro levantouse e tomou a palabra.

–Deuses que nos protexestes no combate, que mantivestes unidos


aos Brassioi nos peores momentos: Roma axiña chamará á nosa porta.
Pregámosvos que nos axudedes a loitar pola liberdade desta terra.

A Casa da Treba ensumiuse nun fondo silencio, mais Kaela deseguida


tomou a palabra para descontraer o ambiente.

–E podedes contar coas mulleres de Kaitóbriga. Non sabemos manexar a


espada, pero cun fouciño ben afiado na man non haberá lexionario que se
nos achegue.

Varios guerreiros riron a gargalladas e Kaela, moi molesta, retrucou.

–Entón a vós quen vos pariu, un cogumelo? Menos bromas, que nós xa
defendemos a cidade máis dunha vez, mentres vós andabades por aí
facendo o parvo.

Os homes calaban e as mulleres sorrían. Maelono colleu un garfo e picou un


anaco de carne do caldeiro. Deulle un bocado e pasoullo a Arcio que tamén
comeu. Despois colleu unha cunca, tomou un pouco de caldo e deullo a 109
Arcio. O guerreiro bebeu e abrazouse
ao corono, entre vítores e palmas. O
banquete acababa de comezar.

As mulleres deixaban as bandexas


de carne ante Maelono, que as ía
pasando a Arcio e Blendea. Eles, á súa
vez, dábanllas aos outros homes da primeira
fila. O mesmo sucedía cos que estaban
no banco de pedra, primeiro servíanse os
veteranos e despois o resto da xente. Había
viño e cervexa para beber, mais case
todos preferían viño. Probeino e sabía
ben, era forte e espeso, moito máis
que o de hoxe en día.

As mulleres non paraban, servían


caldo e seguían traendo bandexas con año,
terneira e xabarín. Tamén había peixe, verduras
e pan de trigo e centeo. O que non había era
pan de landras, pois era o máis corrente e
non adoitaban usalo nas grandes ocasións.

Asistindo a aquel xantar, decateime de


que nós herdamos destas xentes o ritual
dos banquetes. Probei todos os manxares que me
ofreceron por curiosidade, mais tamén por cortesía.

–Queres tomar algo máis? –preguntoume Kaela.

–Moitas grazas pero xa foi abondo, non estou afeito a cear tanto. E as
cociñeiras non comedes?

–Nós xa vimos comidas da casa –retrucou sorrindo.

Comezaba a notarse o efecto do viño entre os guerreiros. Pola contra, Arcio


e os Brassioi mantíñanse serenos. As conversas foron subindo de volume ata
formar un barullo considerable, pero a quen lle importaba! Algúns homes
mesmo rifaban entre eles, mais ao final sempre acababan abrazados.

Dovidena sentou á beira de Kadroiolo e pasoulle o brazo polo ombreiro.


Mentres, Abana e Camala recollían as mesas. Blendea, Maelono e Kaela
mantiñan unha animada conversa. En troques, Katueno e máis eu apenas
falabamos, o vello guerreiro andaba moi ocupado rillando un pernil de año.

Crin que o banquete estaba a piques de rematar, mais non era así. Varios
homes levantáronse e sacaron instrumentos musicais. Había frautas, cornetas
110 e unha caste de pandeiro. Empezaron a tocar. A música érame descoñecida,
mais tiña un aquel familiar. Varios guerreiros puxéronse a bailar en rolda
mentres os demais batían palmas a ritmo. Tentaban manter o equilibrio, pero
estaban tan bébedos que de cando en vez caía algún ao chan.

Os homes turraban das mulleres para sacalas a bailar, mais o único que
obtiñan eran labazadas. A Casa da Treba era unha festa e por primeira
vez vin sorrir a Katueno. Estaba tan entretido co espectáculo que nin me
decatei de que Arcio e os Brassioi xa se retiraran. Blendea achegouse a min.

–É hora de marchar, amigo viaxeiro.

Erguínme e fun onda Kaela e Maelono a despedirme.

–Moitas grazas pola vosa hospitalidade, nunca vos esquecerei nin


esquecerei esta terra.

–Se queres quedar, as portas da miña casa están abertas para ti –


respondeu o corono.

–Gustaríame moito pero se non collo camiño antes do solpor, non


conseguirei regresar nunca a casa.

–Boa viaxe entón, amigo, que Bandua te protexa –dixo mentres me daba
a man.

Kaela abrazouse a min, pero Blendea insistiu en que debiamos partir xa,
así que fun apertar a man de Katueno e saímos fóra decontado.

Un golpe de aire fresco encheu os meus pulmóns. O ambiente na Casa da


Treba estaba moi cargado, abofé. Puxen o sago e fun ao encontro de Laeto
que estaba a falar con Dovidena. Despedinme dela e desexeille sorte.

Sentía moita tristura ao deixar a aquela xente, sabía que nunca máis os
volvería ver. E deume mágoa non me poder despedir de Arcio, Abruno
e os demais, que seguramente arestora estarían a descansar. De toda
a xente que coñecín en Kaitóbriga, os Brassioi foron os que máis me
impresionaron. Blendea achegouse a nós e deume un último consello.

–Faille caso a Laeto en todo momento. Iredes ao porto dos barbantes, alí
agardan varios homes que te levarán ata as Pedras Que Falan. Moita sorte
rapaz e dalle saúdos ao Vello da miña parte.

Fiquei sorprendido ao escoitar aquelas verbas. Blendea e o Vello


coñecíanse e probablemente estaban compinchados para manter aquela
porta do tempo aberta! Sorrín mentres lle daba a man ao durbede.

Botamos a andar. Laeto agora camiñaba á miña beira. Aínda quedaba


moita luz, malia que o sol xa desaparecía por tras dos montes.
111
112
XI
CAMIÑO DE VOLTA

Botei unha última ollada aos torreóns do castro. No alto das murallas
seguían aquelas cabezas espetadas nas lanzas. Sentimos como se pechaba
a porta de Kaitóbriga ás nosas costas. Cruzamos a praza e traspasamos
a derradeira porta, que sempre permanecía aberta. O vixía alá no alto
seguiunos coa mirada ata perdernos de vista.

Camiñamos en dirección a Sennábriga, a aldea de Laeto, para recoller as


miñas roupas. De boa gaña quedaba coa saia e o sago postos, as vivencias
da xornada foran tan intensas que xa case esquecía que eu non pertencía
a aquel mundo. A claridade aumentaba conforme subiamos polo carreiro.
O val desaparecía na penumbra mentres nos cumios dos montes aínda
brillaba o sol.

A aldea non era máis que un pequeno grupo de pallozas cercadas por
unha estacada. Estaba asentada en terras dos merodioi, a familia de
Maelono. Sennábriga quería dicir castro vello e era moito máis antiga que
Kaitóbriga.

Entrei atrás do labrego e deseguida puiden apreciar grandes diferenzas


coa capital. Aquí as pallozas non tiñan patio nin muros e as portas daban
directamente á rúa. Pero en realidade tampouco había rúas, as casas
amoreábanse e apenas quedaba sitio para transitar entre elas. Á beira das
vivendas había varios cabaceiros feitos de vimbio e salgueiro, levantados
sobre catro pés de madeira.

A estas horas todos os veciños estaban na aldea e a nosa presenza


chamou moito a atención. Laeto amosábase algo fachendoso agora,
poucos estranxeiros tiñan pasado por alí e a miña visita convertíao en
protagonista absoluto da situación.

Chegamos á súa casa, era unha soa palloza aínda que dun tamaño
meirande que as de Kaitóbriga. Entramos e alí estaba a familia do labrego.
Tridia achegouse a saudarme e quíxome presentar aos demais, pero Laeto
meteume présa e marchamos decontado.

Cando saímos fóra, xa se xuntara un grupo de veciños no medio da aldea,


para ver quen era o forasteiro. Mirábanme cheos de curiosidade e Laeto 113
camiñaba diante de min, moi estirado. Agardei a saír de Sennábriga e
entón púxenme retranqueiro co labrego.

–Así que mañá vaslle contar aos veciños unha chea de contos da capital,
non si?

–Home non! Para unha vez no ano que vou a Kaitóbriga.

–E hoxe non viñeches ao banquete na Casa da Treba porque non quixeches.

–Pois non. Non quero saber nada das cousas dos xefes que despois todo
son problemas. Cada un ten que estar onde ten que estar.

Detivémonos ao pé do santuario, Laeto deume as miñas roupas e


mudeime deseguida pero mantiven o sago posto. Despois comprobei que
non faltaba nada nos petos: a carteira, as chaves, o compás...

O labrego escondeu a saca entre unhas xestas e cruzamos o santuario. Alí


todo estaba disposto para a celebración de mañá, o monte estaba rozado
e as rochas limpas. Nunha beira había varias grellas de ferro e unha morea
de leña.

–Sabes se a cerimonia vai ser parecida á desta tarde? –preguntei.

–Son distintas. A de hoxe era cousa dos guerreiros, en cambio mañá virán
moitos invitados dende lonxe. Sairemos en procesión cando raie o día e
ao chegarmos arriba, comezarán os sacrificios: bois, cabalos, touros... van
degolar unha morea de bestas e tamén algúns prisioneiros.

–Algúns prisioneiros? –repetín mentres afrouxaba o paso.

–Pero non te pares, ho!

–Como é iso de que sacrificades seres humanos nas cerimonias?

–E a ti que máis che ten? Total esa xente é de fóra! –dixo mentres encollía
os ombreiros–. Ademais a festa é moi importante, os durbedes van
adiviñar o futuro e nós imos comer carne a encher.

–E agora dirasme que lle vas rillar as orellas a un prisioneiro...

–Que va! Ti toleaches! Os prisioneiros non se comen. Despois de degolalos,


ofrécenllelos aos deuses e acaban tirándoos polo barranco.

–Que barbaridade! Oes, e vós cantos deuses tedes?

–Témosche moitos. O máis vello é Revve Larouco, que vive no monte e


anda sempre cun martelo na man. Bandua é o patrono dos guerreiros,
114 Cossus o que lles dá valor e Nabia a que leva aos mortos en combate
115

Deus Endovelico.
Deusa Nabia.

116
polas augas do río ata o Alén. Alí vive Vestio, o hospedeiro que recibe aos
defuntos cos brazos abertos. Tamén está a Gran Deusa Luminosa que é a
nai do mundo e de todos nós... Haber hai moitos máis, pero agora non che
me acordo do resto.

-Pois onde eu vivo só hai un deus. Que che parece?

Laeto ficou sorprendido, parouse e botou a rir cun riso frouxo tan
contaxioso que acabamos os dous no chan escachando a gargalladas.
Seguimos camiño abaixo cara o río, entón pregunteille por Blendea.

–O vello durbede é un sabio que coñece o futuro e cura os males da xente.


Cando a miña filla estivo coas febres, Blendea coidou dela noite e día ata
conseguir que os deuses lle devolveran a saúde.

–Xa vexo que o estimas e que lle axudas no que podes. É de ben nacido
ser agradecido.

–Axúdolle si, e máis desde que lle desapareceu o irmán.

–E logo? Levárono os romanos?

–Non, non. O irmán de Blendea unha noite subiu rezar ás Pedras Que
Falan... e ata hoxe.

Quedei calado tras escoitar as palabras do labrego. Blendea e o Vello, o


Vello e Blendea... agora encaixaba todo. Chegamos por fin ao coiñal e alí
estaba a piragua agardando por nós. Subimos, puxen a carapucha do sago
e ao momento estabamos navegando río abaixo.

–Oes, como é que non vén ninguén canda nós? –preguntei estrañado.

O labrego sinalou unha beira do río. Entre as árbores distinguín as siluetas


de varios xinetes, eran guerreiros de Kaitóbriga. Desembocamos no
Minios e a corrente impulsounos cara o centro, mais Laeto deseguida
puxo rumbo á ribeira.

Logo divisamos o porto dos barbantes. O labrego escorou a piragua ata


deixala rente ao peirao, amarrouna a un estadullo e desembarcamos.

O día esgotábase, apenas quedaba luz e alí non había ninguén agardando
por nós. Saquei o sago, entón escoitamos pasos e miramos en dirección ao
carreiro. O labrego ficou pálido.

Ante nós estaba Afer, o corono dos lemawoi. Acompañábano tres guerreiros
coas espadas na man. Laeto púxose diante de min cos brazos abertos.

–Que sorte tivemos! –dixo Afer trunfante–. Mira que regalo lle imos levar
a Nicer, é unha presa excelente! 117
118
119
–Este home non ten nada que ver coas vosas liortas –berrou Laeto.

–Prendédeos! –ordeou Afer.

Nese instante unha lanza pasou por diante dos nosos fociños e foise cravar
na gorxa do corono. Puxo as mans no pescozo mais o sangue burbullaba
a cachón. Un segundo despois outra lanza atravesoulle o peito e Afer
desplomouse no chan.

Todo quedou en silencio, só se ouvía o marmurio da auga. Levantei a


cabeza e vin o corono espetado nas táboas do peirao, despois mirei
ao frente e velaí outros dous guerreiros mortos. O único supervivente
permanecía inmóbil cunha espada apertando o seu pescozo. Era a espada
de Abruno, o Sagato.

Laeto maldicía aos deuses e lanzaba patadas ao aire, estaba fóra de si. Eu
tamén estaba moi nervioso, tremábanme as pernas e tiña a sensación de
que ía caír ao chan dun momento a outro.

Entón apareceron Arcio, Kadroiolo e os demais. Temaro cortou as cabezas


dos mortos, meteunas nunha rede e deullas ao guerreiro que quedaba
vivo.

–Lévalle isto a Nicer –ordenou Arcio–, e dille da miña parte que se


encomende aos deuses, porque a próxima cabeza será a súa.

Despois bateulle co escudo na caluga e o malpocado debruzouse sobre


os cadáveres dos seus compañeiros. Ergueuse axiña, colleu a rede coas
cabezas e desapareceu na escuridade. En canto o perdemos de vista,
Laeto tirouse ao chan e botouse a chorar.

–Ídesme matar a disgustos! Ídesme acabar coa saúde!

–Como te chamas, labrego? –dixo Arcio botándolle a man no ombreiro.

–Eu son Laeto, fillo de Turolo, da aldea de Sennábriga.

–Es moi valente amigo e serás recompensado. Cando queiras ven á miña
casa que che vou dar un par de vacas.

A Laeto iluminóuselle a cara. Aquel era un agasallo moi valioso para alguén
como el, unha gran riqueza para a familia. Como case era noite, Arcio
dispuxo que Magilo acompañara ao labrego ata Sennábriga. Mais Laeto
non estaba moi conforme.

–E non podo ir con vós?

–Non pode ser, sabes de sobra que tés que dar volta aquí –respondeu
120 Arcio.
O labrego obedeceu resignado. Achegouse e deume unha fonda
aperta, eu emocioneime pois foron moitas as cousas compartidas
con el durante a xornada. A súa sinxeleza axudoume a entender
a vida diaria dos kallaikos, lonxe da fachenda dos xefes, da violencia
dos guerreiros e da vaidade dos artesáns. Desexeille sorte con
bágoas nos ollos. Despois montou nas ancas do cabalo de Magilo
e desapareceron na noite.

–Sabes montar a cabalo? –preguntoume Arcio.

–É unha mágoa pero non sei, non.

Así que acabei subindo ao seu cabalo e botamos a andar, flanqueados


polos Brassioi. Aquel era o derradeiro treito de camiño que conducía ao
final da miña aventura. Adentrámonos na fraga e avanzamos devagar.
Minutos despois Arcio detivo o cabalo, apeouse e eu tamén. Os demais
continuaron sobre as súas monturas.

121
122
A cidade de Lánsbriga en todo o seu esplendor.

123
Machadiñas
votivas.

124
XII
AS PEDRAS FALAN

Entre as pólas dos carballos podíanse ver xa as primeiras estrelas. A lúa


asomaba e unha néboa fina esparexíase ante nós. Os guerreiros esperaban
instrucións de Arcio, el permanecía en silencio observando o ceo.

–Agardade aquí mentres levo ao viaxeiro ata as Pedras Que Falan –dixo
ao cabo.

Aqueles homes violentos e orgullosos comezaron a despedirse, un a un


foron apertando a miña man moi serios. Despois seguín a Arcio polo
camiño. O silencio era abrumador, así que empecei a falar.

–Se chegades ao peirao un segundo máis tarde, nin Laeto nin eu


seguiríamos con vida.

–Nós xa estabamos alí antes de que chegarades –riu Arcio.

–Os romanos andan a subornar á vosa xente: primeiro Nicer, despois


Segeo, agora os lemawos... Que tedes pensado facer?

–Pois organizarnos e loitar ata a morte, loitar e resistir. Eu xa puiden


comprobar o que fai Roma cos pobos conquistados e non quero que nós
acabemos así.

O guerreiro semellaba un daqueles heroes da traxedia grega que aínda


coñecendo o fatal desenlace do seu destino, nunca deixaba de persistir
na loita.

–Ti sabes o que vai pasar, verdade viaxeiro?

–Eu asegúroche que por moitos anos que vivas, non vas ver o teu pobo
baixo as aguias de Roma.

Aquilo era só unha verdade a medias, pero quixen ser prudente e non
dixen nada máis. O certo é que naquela altura a Lusitania xa estaba
baixo control romano, pero aínda tería que pasar más dun século ata que
Augusto acabara de conquistar a Kallaikia.
125
O guerreiro seguiu camiñando en silencio e eu atrás del. A noite campaba
na fraga cando chegamos ao pé das penedas. Arcio detívose e deu media
volta.

–Teño que deixarte aquí, non me é permitido subir hoxe ás Pedras Que
Falan. Ademais, aínda temos que regresar a Kaitóbriga.

–Este é o final do camiño, non si?

–Si, é o final. Pero a noite é clara e a gran Arta guiaranos a todos de volta
a casa –dixo sinalando a Osa Maior.

–E como facedes para orientarvos cando está anubrado?

–Non podemos. Así que buscamos un lugar para pasar a noite e seguimos
camiño ao amencer.

Collín o compás que levaba no peto e ofrecinllo. El miroume sorprendido.

–Que é este aparello?

–É un compás para orientarte. Mira, esta agulla sempre sinala en dirección


á estrela Arta.

Examinou o obxecto e comezou a xirar arredor de si mesmo, comprobando


que efectivamente a agulla sempre indicaba o norte. Ficou abraiado.

–Deste xeito aínda que non vexas as estrelas, poderás viaxar sen perderte.
Pero hasme prometer que non llo emprestarás a ninguén, nin dirás como
o conseguiches.

–Moitas grazas, amigo. Gardarei o segredo, tes a miña palabra.

E dicindo isto, desenganchou o seu colgante co machadiño de bronce e


deumo.

–Isto vaite amparar durante a viaxe. Segue o teu camiño e que os deuses
te protexan.

–Grazas por todo, Arcio. Foi un grande privilexio coñecerte a ti e á túa


xente.

Conforme acabei de falar o guerreiro deume unha aperta e desapareceu


na noite.

Logo de camiñar un treito entre a néboa, cheguei ao outeiro das Pedras


Que Falan e sentei a agardar enriba dun petróglifo. Invadiume o cansanzo,
deiteime e pechei os ollos. Tiven medo, así que botei a man ao pescozo e
126 agarrei o machadiño.
Era medo mesturado cunha sensación de levidade. Comecei a sentir
como o meu corpo se despegaba das rochas e ascendía entre as pólas dos
carballos. As follas batíanme contra a cara e cando emerxín por riba das
árbores todo era luz, mais non me atrevín a abrir os ollos.

Estaba a voar, describía círculos concéntricos arredor das penedas.


Conforme xiraba ía ascendendo e a velocidade aumentaba.

Puiden ver o santuario, e na beira do río andaba Tridia tornando unha


parella de vacas cara o prado. Pasei por riba de Sennábriga e vin a Laeto
na porta da casa, contándolle aos veciños as súas aventuras.

127
Avistei Kaitóbriga. No patio do pazo de Maelono
estaban a casar Dovidena e Kadroiolo. Polo
camiño do río cabalgaban os Brassioi, quixen
saudalos mais desapareceron ao momento. Agora
sobrevoaba o Minios e volvín ver o santuario aló,
lonxe. Estaba cuberto de toxos e Sennábriga
abandonada.

A cada volta os círculos eran máis amplos e os


xiros máis vertixinosos. Divisei Kaitóbriga de novo,
mais xa non recoñecín a ninguén. O camiño por onde un
instante antes cabalgaban os Brassioi, era agora unha calzada
pavimentada. Á súa beira había unha vila rodeada de hortas e viñedos.
Soldados romanos facían garda arredor.

Vin o Minios outra vez. Volvín sobre o santuario pero xa non puiden
enxergar as penedas, estaba todo comesto polo monte. Había en cambio,
unha pequena cruz de pedra entre os fentos.

De Sennábriga xa non quedaba absolutamente nada e ao volver sobre


Kaitóbriga vin que estaba arruinada. As pallozas non tiñan teito, os
torreóns esborralláranse e os fosos estaban cheos de silveiras. O camiño
do río voltaba a ser de terra e ao fondo había un castelo rodeado de casas.

Volvín sobre o Minios e o porto dos barbantes xa non estaba alí. Kaitóbriga
era só unha morea de pedras ciscadas entre os carballos. Onde estivo a
sauna había agora unha pequena ermida, e o castelo convertérase nun
pazo de fidalgos. O único que continuaba no seu sitio eran as hortas e as
viñas. E eu seguía a xirar.

Pola ribeira do río vin unha columna de fume avanzando cara poñente,
era un tren. Centos de casas invadían a paisaxe. Casas, estradas e coches
pasando a gran velocidade. En Kaitóbriga había xente levantando os
muros das pallozas e desenterrando a sauna. Voei sobre o santuario e alí
estaba outra vez, limpo e coidado.

Empecei a descender. Mergulleime na fraga xirando como unha peonza,


mais os carballos tiñan a raizame cara o ceo e as follas enterradas no chan.
De súpeto, regresou a escuridade e sentín o frío da peneda nas costas.
Invadiume unha sensación de sosego, unha inmensa paz. A paz que
produce un sono profundo.

128
Graciñas a todos vós
por aportar a vosa visión
sobre o libro.
María Teresa González Luis

José María Macía Aira

Ladislao Castro

Cástor Castro Vicente

Felix Castro Vicente

Fernando Valcárcel

Dolores Iglesias Pequeño

Manuel Hernandez Villarino

Meni de Gaia

Lois Pardo

Servando Masid García

Mitos Conde

Fernando da Laxe

Javier Foz

Xoaniña Kristina
132

You might also like