You are on page 1of 4

A LITERATURA GALEGA MEDIEVAL

Os séculos XI, XII, XIII e comezos do


XIV foron os do máximo esplendor da cultura
galega. O Camiño de Santiago influiu moito no
desenvolvemento da Galiza e na creación dunha
cultura común europea.
1. CONTEXTO HISTÓRICO

A Idade Media é un periodo de tempo que


en Europa comprende mil anos: desde o século V
ata o XV.
No século V suceden unha serie de feitos
moi importantes que van cambiar por completo a
sociedade do momento, e por iso os historiadores
dan por terminada toda unha era (a Idade Antiga).
O máis importante destes cambios será o final do
Imperio Romano, que tiña baixo o seu dominio
practicamente toda Europa, o norte de África e
parte de Oriente Próximo. Tras unha serie de
problemas económicos de diverso tipo que os
gobernantes do momento non puideron superar, a
situación de debilidade foi aproveitada polos
pobos veciños para invadir o territorio do Imperio
nunha longa serie de guerras que acabaron con el.
Estes pobos son os xermánicos.

Chamámoslles en conxunto "xermánicos"


para diferencialos doutras familias como a dos
latinos ou a dos celtas, pero dentro dos
xermánicos había varias nacións diferentes: por
exemplo, eran xermanos os godos, que se
estableceron na Galia (nome romano da actual “Europa fíxose peregrinando a Compostela.”
Francia); tamén o eran os visigodos, que se (JV Goethe, 1749-1832)
asentaron na meseta central da Península Ibérica,
e os suevos, que son os que ocuparon Galicia no
ano 411 formando aquí un reino independente: o
primeiro reino europeo occidental, trala caída do O séc. XII é a chamada Era Compostelá.
Imperio Romano, foi o reino suevo da Galiza. Nesta época Santiago consolídase como símbolo
Este reino perdeu a súa independencia na segunda da cristiandade frente ao invasor musulmán, as
metade do séc. VI, pois foi dominado polo veciño peregrinacións van en aumento, constrúese a
reino visigodo. catedral (1075-1124) e vívese un periodo de auxe
Máis tarde produciuse a invasión árabe que durará ata o século XIV. Prodúcese un
(no 711) que apenas afectou a Galicia. A presenza desenvolvemento cultural espectacular. Por
árabe na Galiza foi escasa, esporádica, e durou exemplo: nace o Románico (Arquitectura, Pintura
menos de cen anos. e Escultura); na Música compóñense as primeiras
En calquera caso, e a modo de resumo composicións polifónicas, asinadas en
desta complicada e mal coñecida etapa da nosa Compostela por músicos de orixe francesa; na
historia, Galiza foi un reino independente na Ciencia, a medicina e a farmacia prosperaron no
época dos suevos (séculos V e VI) e tivo reis Hospital de Santiago e nos diversos mosteiros
propios entre os séculos VIII e XII con intervalos galegos. A nosa lingua érguese entre todas como
de tempo. A derradeira vez foi cando Afonso a preferida dos poetas do momento, que a
Reimúndez foi coroado no 1111, pero estaba utilizaban tanto se eran galegos como se non
emparentado coa coroa de Castela e recaeu nel o (sirva de exemplo o propio rei Afonso X de
trono castelán, que ocuparía co nome de Afonso Castela).
VII, unindo así estes reinos.

1
gramática ata finais do séc. XIX, mentres as que
eran linguas oficiais dalgún estado xa comezan a
ter gramáticas no XV, como consecuencia da
invención da imprenta.
A Idade Media é, polo tanto, unha época
moi positiva para a nosa lingua e literatura, pero
ao seu remate entraremos nunha etapa de silencio
coñecida como Séculos Escuros.

2. A SOCIEDADE MEDIEVAL

O feudalismo é a forma de organización


A catedral de Tui tamén é do século XII política e social da Europa medieval. O vasalo
recibía un lote de terras do seu señor ( feudo) a
Sabías que a primeira guía turística do cambio do seu servizo, axuda e consello. Trátase
mundo se fixo no século XII para os pelegríns a dunha sociedade case perpetuamente en guerra,
Santiago? Está no Códice Calixtino. A ilustración onde o señor ten dereito a chamar aos seus
inferior, extraída deste códice, representa a vasalos para que o axuden na guerra e os vasalos
Carlomagno peregrinando a Santiago. teñen que ir obrigatoriamente. Non obedecer ao
señor é o crime que se considera máis grave,
chámase traición ou felonía. Un traidor, un felón,
é alguén que faltou á súa palabra, e iso era
gravísimo: Ao principio case non había escritura,
escribíase en latín pero a xente xa non o falaba así
que non se entendía ben, polo tanto a palabra
falada tiña un valor inmenso, a palabra era a lei, e
faltar á palabra dada era imperdoábel. Hai que ter
en conta que para unha sociedade en guerra
continua, un asasinato non tiña a gravidade que
lle concedemos actualmente, e tampouco un
roubo, xa que as tropas de paso con frecuencia se
apropiaban de calquera cousa que necesitasen
para abastecerse (víveres, cabalos, etc.) e se
consideraba o seu dereito. Faltar á palabra dada
era, sen embargo, ir contra as leis e a propia
estrutura da sociedade.

Hai dous grupos sociais importantes: a


nobreza e o clero. A clase nobre fórmana os
propietarios de grandes territorios onde exercen a
súa xustiza e dominio militar; o outro sector
Durante este período falamos de literatura
social de importancia, o clero, exerce exactamente
galego-portuguesa, pois na orixe non había
o mesmo tipo de poder a través dos obispados,
fronteira e nas dúas marxes do Miño falábase a
mosteiros, etc.
mesma lingua; se hoxe se considera que o galego
Xunta os nobres vive unha serie de xente,
e o portugués son linguas diferentes é só por
ao seu servizo: criados, escribáns, preceptores,
razóns políticas: o Condado Portucalense
cabaleiros, soldados, etc. Este é o ambiente
conseguiu a independencia política (1128)
cortesán (da corte, do castelo) que producirá a
nacendo así Portugal, mentres Galicia dependía
literatura que imos ver.
de Castela. Así, a fala do Sur do Miño continuou
Por último, o sector máis pobre da
a súa evolución normal, pero no territorio galego
sociedade é o campesiñado, que traballa unhas
a lingua foi substituída pouco a pouco polo
terras que nunca son súas. Algúns labregos son
castelán nos usos públicos, non se permitirá
libres, pero trátase da minoría. A maioría están
publicar en galego e careceremos dunha
vinculados á terra (servos) de maneira que non a

2
poden abandonar e cambian de dono con ela: se pezas ou cantan pezas escritas por outros.
un señor lle dá como feudo a un vasalo un Máis coñecidos son, tal vez, os xograres.
territorio, dálle tamén as xentes que alí viven. O xograr, de clase baixa, era un artista ambulante,
A situación dos labregos é penosa, así que é dicir, que non só cantaba: facía malabarismos,
cando comezan a prosperar as cidades, aló polo xogos de maxia, acrobacias, etc; gañaba a vida
século XII, moitos deles intentarán fuxir para entretendo á xente en palacios, feiras, romarías...
elas. Nas cidades poden desempeñar traballos Os de maior prestixio eran os trobadores.
menos duros e non dependen dun señor feudal. As O trobador soía ser un nobre que compuña
primeiras cidades (vilas ou burgos) dependían do cantigas pero non as cantaba en público: para iso
señor feudal igual que as aldeas campesiñas, pero contrataba a un xograr ou un segrel; é o caso de
pouco a pouco os burgueses (habitantes do burgo) Afonso X de Castela e Don Dinís de Portugal,
vanse asociar e organizar para plantarlle cara aos entre outros.
señores e non lles pagar os tributos. Estas
asociacións de comerciantes, zapateiros, xastres, 4. A TRADICIÓN MANUSCRITA
curtidores, carpinteiros, e dos diferentes oficios DA LÍRICA MEDIEVAL
todos que no burgo había, son os gremios ou
confrarías. A súa ideoloxía é que eles non lles Aínda que desaparecera o Imperio
deben nada aos señores: cren que un labrego lle Romano, nacendo no seu lugar os diferentes
paga tributos a un señor feudal porque traballa a reinos europeos, a sociedade continuou falando
súa terra, pero un xastre, por exemplo, que vive latín ata o século IX aproximadamente. É a finais
de coser traxes, por qué vai pagarlle nada ao do VIII e comezos do IX cando o latín que se fala
señor, anque sexa dono da terra, se o xastre non resulta xa tan diferente do que falaban os romanos
vive desa terra? Haberá moitas rebelións dos que o latín de Galicia xa non se parece en nada ao
burgueses contra os señores feudais (algunhas que falan na meseta, e este non se parece ao de
serán guerras auténticas) ata que consigan verse Cataluña, e este non se parece ao da veciña
libres e pasar a depender directamente do rei, Provenza, que xa é diferente tamén do francés, e
tendo dereito a elixir quen os goberne libremente este non ten nada que ver co italiano... Que
(alcalde). Na Galiza houbo moi duras guerras por sucedeu? O latín cambiou tanto despois de varios
causas parecidas, como é o caso das guerras séculos que en realidade o que se fala xa non é
irmandiñas. Todo isto conducirá ao final do latín, senón as linguas romances, derivadas do
feudalismo e da Idade Media. latín, entre elas o galego e o castelán.
Pero agora imos adentrarnos nese mundo Estas linguas recén nacidas apenas se
de cabaleiros e doncelas, de trobadores e xograres escriben, porque a xente considera que o culto, o
que podemos coñecer a través do que deixaron correcto, é o latín clásico, e nesta época saber ler
escrito. e escribir é saber latín (por suposto, a inmensa
maioría da poboación non sabe). Así, anque no
3. OS CULTIVADORES século nove se fale xa galego, non se escribirá ata
DA POESÍA MEDIEVAL o XII, época que, como xa vimos
na introd ución deste tema
As cantigas medievais son as ("contexto histórico") vai ser de
cancións da época, feitas para ser esplendor para Galicia. É neste
escoitadas, non lidas. Eran para ser momento cando a poesía (ou
cantadas e bailadas pola xente, pois o lírica) galego-portuguesa vai
baile era unha das mellores diversións estar presente en tódalas cortes.
coñecidas, imprescindible en toda En todas as linguas
corte, reunión, banquete, torneo, festa romances comezou a escribirse
ou romaría. primeiro poesía, que parecía máis
Había, polo tanto, xente que sentimental, menos seria que a
se dedicaba a cantar, cantantes prosa: a prosa seguíase
profesionais, igual que os hai agora. escribindo en latín. A poesía
Eran os segreis. Un segrel, polo desta época consérvase en
tanto, vivía da súa voz e cantaba tanto compilacións: os cancioneiros,
pezas propias como doutros autores, que conteñen cantigas de
igual que na actualidade hai moitos diferentes autores. Chámanse
cantantes que escriben as súas propias cantigas porque en realidade eran

3
cancións, anque da maioría delas hoxe non se 5. NON TODO É POESÍA
conserva a música. Os Cancioneiros son
manuscritos coidadosamente copiados para En comparanza coa lírica, a prosa literaria
conservar cancións de éxito ( "Os 40 Principais" medieval en galego é escasa e tardía, pois os
da Idade Media?) centros culturais da época eran os mosteiros e
Estas cancións poden ser de tema escolas monacais, onde imperaba o uso do latín.
relixioso ou profano. Pero a partir de finais do séc. XIII podemos
De tema relixioso son as Cantigas de encontrar textos narrativos. Hoxe conservamos
Santa María, de Afonso X O Sabio (rei de relatos do Ciclo Bretón (en torno á figura do rei
Castela). De tema profano temos moitas outras Artur, por exemplo a Demanda do Santo Graal);
conservadas nos seguintes documentos: o Ciclo Troiano (textos referentes á historia e
- O Cancioneiro da Ajuda: o máis antigo, destrución de Troia, como a Historia Troiana e a
foi copiado en Portugal, onde se conserva Crónica Troiana); e o Ciclo Carolinxio, como os
actualmente. Miragres de Santiago (conxunto de relatos que
- O Cancioneiro da Vaticana (copiado en contan desde a destrución de Xerusalén ata a
Italia, consérvase na biblioteca do Vaticano) milagrosa intervención do Apóstolo en diferentes
- O Cancioneiro da Biblioteca Nacional situacións).
de Lisboa, tamén coñecido como "Colocci- Pola mesma época (finais do XIII)
Brancuti" (nome composto do humanista italiano comeza a escribirse en galego prosa
que o mandou copiar e o da biblioteca onde se historiográfica (que recolle feitos históricos e
descubriu) . lexendarios) como por exemplo a Crónica Geral
- O Cancioneiro de Berkeley, descuberto Galega, a General Estoria e a Corónica de Santa
recentemente en California. María de Iria.
- O Pergamiño Vindel, que contén o texto Igualmente se empregará o galego-
e música das sete cantigas de Martín Códax. portugués en monografías especializadas (obras
de carácter didáctico ou de temática relixiosa, por
exemplo vidas de santos.)

AGORA IMOS ADENTRARNOS NA LITERATURA, CENTRÁNDONOS NA POESÍA, PERO


ANTES COMPROBA QUE TES UNHA VISIÓN DE CONXUNTO SOBRE A NOSA LITERATURA
MEDIEVAL : SABERÍAS TERMINAR ESTE ESQUEMA, QUE ESTÁ INCOMPLETO?

CANTIGAS RELIXIOSAS

POESÍA

CANTIGAS PROFANAS
CLASIFICACIÓN DOS
TEXTOS MEDIEVAIS
GALEGO-PORTUGUESES
TEXTOS LITERARIOS

PROSA

TEXTOS NON LITERARIOS

You might also like