You are on page 1of 26

OS SÉCULOS ESCUROS

Restos da fortaleza da Frouxeira (Foz, Lugo)

r
Un pouco de historia...

A invasión dos árabes e posterior proceso da Reconquista supuxo a
desfeita da antiga Gallaecia romana e suevo-visigoda

Entre o 750 e 930 os reis astures intégrana nos seus


territorios, aínda que se mantén como Reino de
Galicia
En 1126 pasa a formar parte do reino de
León á morte da raíña Dona Urraca

En 1230 pasa a formar parte do reino de


Castela, reinando Fernando III
Un pouco de historia: guerras dinásticas polo
trono de Castela

2ª metade do século XIV (1370) : guerra dinástica entre
Pedro I e Henrique de Trastámara

1º relevo da nobreza galega


Aparición do 1º foco diglósico en territorio
galego, xa que ata entón a sociedade
galega vivía unha situación de
normalidade lingüística. O castelán só era
usado nos documentos de relación con
Castela.
Un pouco de historia: guerras dinásticas polo
trono de Castela

2ª metade do século XIV (1475): guerra dinástica entre Sabela e Xoana a
Beltranexa. A maioría dos nobres galegos( non así Pardo de Cela ou o
arcebispo Alonso II de Fonseca) apoian a causa de Xoana, finalmente
derrotada

2º relevo da nobreza galega

Este novo relevo veu abondar no proceso


de descabezamento da nobreza
autóctona. Nova arribada dunha clase
dirixente foránea, que tamén inclúe
escribáns e funcionarios.
Un pouco de historia...

1469: voda entre Sabela e Fernando

Ela, raíña de Castela en 1474; el rei de Aragón a partir de 1479

Inicio dun período de pacificación e


dominación da nobreza rebelde
Destacaremos a figura de Pedro Pardo
de Cela (1425-1483), que foi considerado
símbolo da resistencia ao dominio dos
Reis Católicos.
Un pouco de historia...

Mariscal Pedro Pardo de Cela, nado en Betanzos en 1425, casou
cunha filla do conde de Lemos(sobriña do bispo de Mondoñedo) e
chegou a ser alcalde de Viveiro.

Opúxose á revolta Irmandiña e apoiou á raíña Sabela na loita
dinástica contra Xoana a Beltranexa. Porén, a súa relación cos
Reis Católicos deteriorase ao opoñerse á súa política de control da
nobreza.

En 1480 chega a Galicia Fernando de Acuña, delegado real, co fin
de pacificar o reino e a orde da raíña de derrubar as fortalezas dos
nobres rebeldes.

Pardo de Cela, refúxiase na Frouxeira e resiste o ataque das
tropas castelás ata 1483, en que é feito preso e trasladado a
Mondoñedo, onde o decapitan xunto co seu fillo.

Axiña se converteu nun mito da resistencia e se lle dedicaron
poemas, obras de teatro...
Un pouco de historia...

Política de “doma y castración” de Galicia.
 Creador do posto de Gobernador con amplos poderes(1475)
 Creación da Santa Irmandade (1476), milicia armada encargada de
pacificar o reino
 Creación da Real Audiencia de Galicia (1480) para administrar xustiza
 Someteron a nobreza e ordenaron o derrubo de fortalezas
 Renovación dos mosteiros galegos, eliminando a súa autonomía e
substitución de bispos e abades por outros de orixe castelá
 En 1486 visitaron Galicia e obrigaron a nobres galegos a
acompañalos á súa corte castelá ou á guerra en Granada
 Tribunal da Inquisición en 1478, para velar pola ortodoxia católica. A
Galicia chega no 1574.
Un pouco de historia...

Consecuencias: nos séculos XVI, XVII e XVIII
 Os altos cargos da administración galega foron exercidos por
xente de fóra
 Mentres tanto, boa parte da nobreza galega vaise á corte de
Castela e sofre un proceso de desgaleguización
 A fidalguía ou pequena nobreza ascende
 Os mosteiros perden toda a súa autonomía: entre 1530 e 1830 só
houbo un total de quince bispos galegos en Galicia, o resto, uns
150, eran de procedencia foránea
 A lingua non é inmune a este contexto desgaleguizador e iníciase
un proceso de asimilación lingüística, diglosia e
dialectalización. (ver documentais)
DIGLOSIA: GR. DÚAS LINGUAS
Foi popularizado por Fishman para designar unha situación lingüística coas seguintes características:

a) Existencia de varias linguas en contacto no seo dunha mesma sociedade. Trataríase xa que logo de
dous sistemas lingüísticos diferenciados que posúen vixencia social dentro dun mesmo territorio

b) Esta coexistencia é desigual, dado que existe un forte desequilibrio entre elas. Polo xeral, nas
sociedades onde existen linguas en contacto, estas non teñen o mesmo estatus nin cumpren as
mesmas funcións, e estas diferencias tradúcense en diferencias de prestixio. Produciríase así pois
unha especialización nas funcións lingüísticas desenvolvidas por cada unha das linguas.

c)Neste tipo de sociedades diglósicas, é posible distinguir dous grupos de falantes segundo a lingua que
adquiren en primeiro lugar. E sempre se advirte algún tipo de relación entre o prestixio social de cada
unha das linguas e a situación social dos individuos e dos grupos que a falan.
PROCESO DE ASIMILACIÓN LINCA.
Segundo H. Monteagudo prodúcese en dúas etapas:

- Séculos XVI a XVIII, o castelán esténdese horizontalmente entre os sectores


sociais máis elevados, mentres que a poboación rural, vilega e urbana se
mantería instalada no galego. Coñecidos son os casos da condesa de Altamira,
que en 1523 se nega a asinar un documento escrito en castelán por non
entendelo, ou o caso do conde de Gondomar, do que se conserva unha ampla
correspondencia na que este incita a parentes e amigos para que lle escriban en
galego a inicios do século XVII.
Eles representarían o último sector da nobreza autóctona que se resistiu á nova
invasión dun idioma descoñecido na súa clase social, proceso este que acabaría
por completarse ó longo do XVIII.

-Nos séculos XIX e XX o proceso de asimilación linca. toma unha dirección


vertical descendente e abrangue cada vez máis a sectores da clase media.
O galego medio

Consecuencias: nos séculos XVI, XVII e XVIII
 O galego perde prestixio social e queda reducida a unha lingua de
ámbito familiar e coloquial
 O castelán pasa a ser lingua do poder, da administración, lingua de
cultura e lingua na que se desenvolve a educación xunto co latín (en
mans da igrexa e das recén creadas universidades, a USC no s. XVI)
 Tampouco participará dos beneficios da invención e extensión da
imprenta, que tanto contribuíu á expansión e promoción das linguas
romances
 Mentres, Castela e Portugal dispoñen das súas primeiras gramáticas e
desenvolven nestes séculos unhas literaturas potentes
 Esténdese a situación diglosica. O idioma constitúese en marca de
estatus social: nacen os prexuízos e o complexo de auto-odio.
O galego medio

Consecuencias: nos séculos XVI, XVII e XVIII
 No ano 1707 Filipe V publica o Decreto de Nueva Planta, que pretendía
uniformar todo o imperio baixo as leis de Castela. Un dos efectos máis
visibles foi a españolización de topónimos e antropónimos

 Vemos que na segunda metade do XVIII, período en que foi realizado o


 catastro do Marqués de la Ensanada, moitos dos nomes e apelidos en
galego pertencentes a persoas dos estratos máis baixos xa adoptaran a
forma equivalente española nos casos en que isto era posíbel (por
exemplo: Branco>Blanco, da Veiga>de la Vega,...) ou formas de imitación
española nos casos en que non existía unha tradución transparente á
lingua castelá (v.g.:Ameixeiras>Ameijeiras, Seixas/Seixo>Seijas/Seijo,...)
O galego medio
 Agora ben:

 O GALEGO SEGUE SENDO A LINGUA FALADA MAIORITARIAMENTE


E DE XEITO HABITUAL POLA POBOACIÓN GALEGA

 O 90% DA POBOACIÓN GALEGA É MONOLINGÜE EN GALEGO


O galego medio
Nos Séculos escuros consolidaríanse os principais trazos
caracterizadores do galego actual e que o afastan do portugués:

 A desaparición das vogais nasais


 A reducción do sistemas de seis sibilantes medieval ó actual sistema de tres
(/Ɵ /, /s/, /ʃ /)

Distinción plena entre che/ te, fronte ó portugués que adapta te para os dous casos

Consolidación das desinencias verbais -ches e -des para a segunda persoa do
singular e plural dos perfectos (fronte a -aste e -is do portugués)

verbo do léxico, a progresiva presión do castelán provocaría unha castelanización
crecente

os principais trazos dialectais que conforman os distintos bloques actuais aparecen
agora, como constatan distintos estudios de arquivos e vocabularios, nos que xa
aparece claramente a gheada e o seseo entre outros.
Mentres...
A política dos Reis Católicos tencionará uniformar lingüisticamente o
imperio, como ben indican as palabras que Antonio de Nebrija dedica na
súa Gramática de la Lengua Castellana (1492) á raíña Isabel I de Castela:

“ Que después que vuestra Alteza metiesse debaxo de su iugo muchos


pueblos bárbaros e naciones de peregrinas lenguas, et con el vencimiento
aquellos tenrían necessidad de recibir las leies quel vencedor impone al
vencido, et con ellas nuestra lengua, entonces, por esta mi Arte, podrían
venir en el conocimiento della, como agora nosotros desprendemos el de la
gramática latina para deprender el latín. I cierto assí es que no sola mente
los enemigos de nuestra fe, que tienen la necessidad de saber el lenguaje
castellano, mas los vizcaínos, navarros, franceses et italianos, et todos los
otros que tienen algún trato et conversación en España et necessidad de
nuestra lengua, si no vienen desde niños a la deprender por uso, podrán la
más aina saber por esta mi obra”
Literatura
Características xerais:

 Podemos dicir que dende o século XV e ata o século XIX Galicia


non conta cun sistema literario propio

 O galego pasa de ser unha lingua literaria por excelencia na Idade


 Media a lingua practicamente sen cultivo literario culto

 Pola contra, desenvólvse unha importante literatura popular,


anónima e que se transmite oralmente.
Literatura

Consérvanse algúns textos cultos:
 O Pranto da Frouseira (fins do século XV): 32 versos
 Soneto de Monterrei (1530), semellante a unha pastorela
 Soneto da Condesa de Altamira, Isabel Castro de Andrade: data
de 1578, dedicado a Alonso de Ercilla (autor de La Araucana)
 Soneto “Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira, 1611 incluído
nun volume dedicado ás Exequias da Raíña Margarida de Austria
 Soneto con falda de Xoán Gómez Tonel, 1611, no mesmo volume
 Décimas do Apóstolo Santiago, 1617, do abade Martín Torrado
 9 romances en galego de 1697 que se conservan publicados nun
volume que recolle composicións das Festas Minervais, certames
literarios que celebraba a USC anualmente
Literatura

Consérvanse algúns textos cultos:
 Unha única peza de teatro: Entremés famoso sobre a pesca no
río Miño (1671), de Gabriel Feixoo de Araúxo

 Algúns vilancicos de Nadal e cancións de Reis dos conservados


teñen autor coñecido: Carlos Patiño, Manuel Bravo...

 Mostra da prosa: Relazón da carta xecutoria, do século XVI.


Relata a traizón da Frouxeira e a morte de Pardo de Cela
Literatura

Importante literatura oral popular
 Nestes séculos desenvólvese unha importante literatura popular,
que se transmite oralmente. As primeiras recollidas e
compilacións desta foron obra dos ilustrados padre Sarmiento e
polo padre Sobreira:

 Muiñeiras, alalás
 Vilancicos, cantar de Reis
 Contos
 Desafíos ou desputas dialécticas de carácter irónico
 Cantigas de labor
 Cantares de cego
A imaxe dos galegos e galegas

Nos séculos XVI e XVII existe un importante fluxo migratorio galego cara a Madrid, onde
desempeñan traballos como criados, facendo os de menor consideración (lacaios,
fregonas...) De aí procede unha imaxe e consideración das persoas galegas absolutamente
degradante que se difundiu na literatura castelá dos Séculos de Ouro. Algúns exemplos:

Góngora

Tirso de Molina
A imaxe dos galegos e galegas

Nos séculos XVI e XVII existe un importante fluxo migratorio galego cara a Madrid, onde
desempeñan traballos como criados, facendo os traballos de menor consideración (lacaios,
fregonas...) De aí procede unha imaxe e consideración das persoas galegas absolutamente
degradante que se difundiu na literatura castelá dos Séculos de Ouro. Algúns exemplos:

Refráns:

Antes moro que gallego

Antes puto que gallego


A Ilustración en Galicia

Movemento cultural do século XVIII
Os ilustrados galegos intentan superar o estado de atraso
económico, social e cultural no que se atopa Galicia

As súas principais reivindicacións:


 - modernización da agricultura
 -industrialización do país e dotación de vías de
comunicación
 -recuperación da nosa literatura popular
 -uso do galego no ensino, na igrexa e na administración
A Ilustración en Galicia

Movemento cultural do século XVIII

 Defensa da lingua galega e denuncia da súa situación. Destacaremos a


presenza de certa tradición lexicográfica que levou a distintas persoas a
facer recollidas de léxico:

-o Vocabulario do Bacharel Olea, que no século XVI ,sendo bibliotecario dos condes
de Lemos, copiou un pequeno vocabulario galego-castelán

-outro personaxe que contribuíu a esta tradición foi Frei Juan Sobreira que na súa
obra do século XVIII Idea de un diccionario de la lengua gallega, presenta as súas
ideas sobre a orixe e a historia do galego. Levou a cabo ademais unha pequena
recollida de léxico coñecida como Papeletas de un diccionario gallego.
A Ilustración

Movemento cultural do século XVIII

-tamén no mesmo século XVIII se sitúa a obra de don Xosé
Cornide, autor dun Catálogo de palabras gallegas

-podemos citar igualmente o Vocabulario de Paizal, composto
dunhas novecentas entradas galegas coa súa correspondencia en
castelán, foi escrito entre os séculos XVIII e XIX .

-quédanos só citar a obra do autor máis comprometido nesta
época no labor de dignificación da lingua galega:Frei Martín
Sarmiento, quen dedicou varias obras á lexicografía galega:
Colección de voces y frases gallegas, Catálogo de voces y frases
de la lengua gallega, Onomástico etimológico de la lengua
gallega, son entre outras a súas achegas

A Ilustración en Galicia
Principais ilustrados (páxina 274 libro de texto)

Nado en Vilafranca do Bierzo, pasa a súa nenez en


Pontevedra. Recoñecido na súa época como un erudito, os
seus estudos abranguen varias ramas do saber.

Defensor da lingua galega no ensino, tamén fixo unha


recollida da nosa flora e fauna.
Igualmente, escribiu sobre a economía de Galicia e sobre a
situación na que se atopaba o campesiñado, afogado por
impostos.
Fixo, tal e como vimos, recollida de léxico galego.
Escribiu en galego Coloquio de 24 gallegos rústicos, coplas
nas que oito personaxes galegos, que desempeñaran algúns
deles distintos traballos en Madrid, falan da morte de Filipe V
e o ascenso ao trono de Fernando VI.

You might also like