You are on page 1of 8

O galego na Idade Media

1. A Era Compostelá
A sociedade galega medieval vive a súa etapa de máximo esplendor entre os
séculos XII e XIII, no que se vén denominando Era Compostelá. Un dos
fenómenos e circunstancias que explican este período de esplendor é:
- O crecemento nas urbes e da súa clase social emblemática, a burguesía
vai xerar fortes tensións co poder nobiliario, tanto eclesiástico como laico.
Estas tensións desembocarán, a mediados do século XV, no estoupido das
chamadas Revolucións Irmandiñas.
Grazas a este esplendor político e económico que experimenta Galiza nacerán
dúas manifestacións artísticas: a arte románica, espallada todo ao longo da ruta
xacobea, e a lírica trobadoresca galaico-portuguesa, conservada a través dos
Cancioneiros. Así mesmo, será durante a Era Compostelá cando o idioma galego
viva o seu período de máximo prestixio e normalidade.

2. As Revolucións Irmandiñas
No século XV terán unha importancia histórica as chamadas Revoltas Irmandiñas.
En 1431 prodúcese a primeira, a Fusquenlla, un levantamento burgués e labrego
que tivo epicentro na zona de Pontedeume e Betanzos, e destaca a figura máis
do fidalgo Roi Xordo, quen non obstante foi derrotado no seu intento de tomar
Compostela.

Arredor de 1465, xorde a segunda revolta. En moitas cidades, baixo o lema


‘’Deus Fratesque Galleciae’’ (Deus e os irmáns de Galiza), fórmanse as
‘’Irmandades’’ que se rebelan contra os abuso e inxustizas da nobreza. Están
compostas por persoas da burguesía, campesiñado, boa parte da fidalguía,
algúns clérigos e pequenos nobres. Entre os seus líderes destacan Alonso de
Lanzós e Pedro Osorio.

En 1467 nace a Irmandade Xeral do Reino de Galiza, lexitimada polo rei


Henrique IV, que lle outorgou poderes para restablecer a xustiza e botar abaixo
moitos dos privilexios nobiliarios. Máis de 130 castelos e fortalezas, símbolo
do poder señorial, foron entón derrubados polos irmandiños e a maior parte
dos nobres fuxiu a Castela ou Portugal.

Con todo, o posterior trasacordo do rei fixo que os poderes da Irmandade ficasen
anulados e a nobreza contraatacou. Pedro Álvarez Soutomaior encabezará desde
Portugal a contraofensiva nobiliaria na primavera de 1469. En Santiago, na
batalla da Almáciga, os irmandiños reciben o golpe definitivo que poría fin a tres
anos de levantamento antiseñorial. O triunfo nobiliario foi seguido dunha durísima
represión e significou unha férrea refeudalización da sociedade.

1
3. A lingua galega da Idade Media
3.1. A transformación en lingua escrita
Da existencia do galego-portugués como idioma plenamente configurado desde
o século VIII, temos proba pola aparición de expresións e palabras romances ou
falsamente latinizadas en textos escritos en latín.
Antes de constituírse en lingua escrita, o galego levaba xa centos de anos
sendo unha lingua oral, usada por individuos de todos os estamentos e
condicións en practicamente todos os ámbitos da sociedade, coa única
excepción do relixioso e cultural, en que continuaba predominando o latín.
A separación política do condado de Portucale e a súa conversión en reino
independente, no século XII, non trouxo consigo de maneira inmediata un
afastamento entre as falas galegas de ambas as marxes do río Miño. A lingua
continuou sendo a mesma, o galego, mais desde entón as falas transmiñotas,
en proceso de expansión cara ao sur peninsular, comezaron a recibir a
denominación de ‘’portugués’’ e emprenderon un proceso de diverxencia.
As mostras máis antigas de textos escritos en galego-portugués datan de finais
do séc. XII ata comezos do séc. XIII, aínda que é case seguro que debeu de existir
produción escrita anterior. Esas mostras son a Noticia do Torto (1214) e o
Testamento de Afonso II de Portugal (1214), xunto coa cantiga satírica ‘’Ora faz
ost’o senhor de Navarra’’, de Johán Soares de Paiva (1200). Desde entón, tanto
na Galiza como en Portugal, o uso do galego-portugués na escrita foise
xeneralizando, de maneira que acabou por abranguer diversos ámbitos e
sectores:
- Documentos de carácter privado.
- Documentos públicos institucionais.
- Documentos xudiciais.
- Documentos eclesiásticos.
- Documentos científicos-didácticos.
- Documentos historiográficos
- Documentos literarios.

2.2. Monolingüísmo social oral. A consideración da lingua.


Desde o seu nacemento e ata a segunda metade do séc. XIV, o galego foi a lingua
de todos os estratos existentes na sociedade galega. Tanto as clases populares
como os habitantes das vilas e cidades, como os membros das altas xerarquías
nobiliarias, utilizaban para comunicárense oralmente o galego (monolingüísmo
oral). Ademais, a partir do séc. XII, quen sabía escribir tamén comezou a facelo
no noso idioma ademais de en latín. A presenza do castelán neste período é
inexistente na Galiza.
O poder, a potencia económica e o prestixio cultural e relixioso do Reino de
Galiza provocan, ademais, que seu idioma reciba o máis considerado dos tratos
alén fronteiras.

2
A produción das cantigas en galego-portugués non se circunscribe ao ámbito
xeográfico das cortes nobiliarias de Galiza e Portugal. Moi pola contra boa parte
da Península troba nestes séculos en galego-portugués, agás dúas zonas: a
dominada polos musulmáns, que compón en árabe clásico ou en mozárabe; e
os condados de Cataluña, que o fan en provenzal.
Ademais do prestixio, o poder e capacidade mecenática que tiña o Reino de
Galiza, influíron neste emprego ‘’internacional’’ do galego-portugués outros
factores como: a especialización por xéneros, a relativa proximidade estrutural
entre todos os idiomas románicos e a non existencia do que hoxe entenderíamos
por ‘’conciencia nacional’’.
Non debe esquecerse o importante papel que desempeñan tamén a monarquía
e a nobreza lusitanas, con Don Dinís á cabeza, no desenvolvemento da nosa
literatura medieval.

3.3. Trazos da lingua galego-portuguesa medieval


Os textos escritos en galego-portugués na época medieval mostran unha
unidade lingüística e ortográfica bastante salientábel. Este feito demostra que os
autores partían dun código preestablecido, unha especie de convención ou
koiné.

A literatura galego-portuguesa medieval


1. As orixes da poesía romance
Ata o século XII o latín foi o idioma literario por excelencia en todo o Occidente.
Isto foi así porque era a lingua da todopoderosa Igrexa.
As linguas romances non tiñan cultivo escrito, se ben viñan acumulando desde o
séc. VIII un amplo repertorio de cantos e narracións orais, de transmisión
xograresca: os cantares épicos ou cantares de xesta.
Mediado o séc. XII, os gustos literarios experimentaron unha mudanza notábel.
Coincidindo cun período de forte crecemento económico e demográfico, nas
cortes nobiliarias provenzais prodúcese unha relaxación dos hábitos guerreiros,
un refinamento dos costumes e unha revalorización do papel social da muller.
Neste ambiente xorde unha puxante poesía lírica en lingua romance, de temática
amorosa, que segue as regras do ‘’amor cortés’’ e que axiña se espalla por toda
Europa: é a chamada poesía trobadoresca.

2. A cultura trobadoresca en Europa


A cultura trobadoresca ten a súa orixe na Provenza ou Occitania, nun feixe de
señoríos feudais sen unidade política, pero que compartían unha mesma lingua:
o provenzal ou langue d’oc. O foco inicial no ducado de Aquitania, e remonta aos
tempos do duque Guillerme IX, que foi o primeiro trobador e tamén o primeiro
poeta nunha lingua romance.

3
El e máis tarde a súa neta, Alienor de Aquitania, raíña sucesivamente de Francia
e Inglaterra, protexen as artes e amparan unha extensa corte literaria que se
converte en exemplo de refinamento e bo gusto en toda Europa.
A fins do séc. XII e comezos do XIII na maior parte dos reinos de Occidente
encontramos escolas autóctonas que compoñen á moda provenzal, adaptando
os seus temas e formas: Cataluña, Francia, Sicilia, algúns territorios alemáns...
Nuns casos, adoptan como lingua poética o provenzal (caso dos troabadors
cataláns, mais noutros botan man dos idiomas propios (os trouvères franceses e
os minnesanänger alemáns).
Neste contexto debemos situar a chegada da influencia provenzal ao noso ámbito
ao longo dos séc. XII e XIII e a súa importante repercusión no labor dos autores
da escola lírica galego-portuguesa.

3. As vías de penetración da cultura trobadoresca


Os modelos da poesía trobadoresca, orixinaria da Provenza penetraron no ámbito
lingüístico galego-portugués a través de diversas vías entre as que destacamos
estas dúas:
- O Camiño de Santiago, ruta comercial e espiritual que unía Compostela
con toda Europa. Tivo un papel determinante na difusión da arte románica
no norte Peninsular e cabe pensar que foi tamén espazo de convivencia e
intercambio de saberes entre numerosos xograres, segreis e trobadores.
- Os contactos nobiliarios. Os nobres provenzais participaron a miúdo nas
campañas militares na Península contra os árabes e estableceron alianzas
matrimoniais coa alta nobreza Peninsular, o que axudou á importación dos
seus costumes cortesáns e das súas fórmulas literarias.

4. Ámbito xeográfico da poesía medieval galego-portuguesa


A nosa lírica medieval, que tiña como lingua o galego ou galego-portugués, é un
movemento do que participan as cortes reais e señoriais de boa parte da
Península. As excepcións son o dominio lingüístico catalán, que troba en
provenzal, e Al-Ándalus, que o fai en árabe e mozárabe. Este fenómeno obedece
a múltiples causas, entre as que cabe salientar estas dúas:
- A gran proximidade lingüística entre os romances occidentais da
Península (galego-portugués, astur-leonés, castelán) que facilitaba o seu
uso literario en calquera dos reinos.
- O papel preponderante da nobreza galega no conxunto dos reinos
occidentais da Península. Ese poderío económico-político trae aparellado
o prestixio cultural e lingüístico e fai que trobadores, segreis e xograres de
moi diversas procedencias poeticen en galego-portugués, aínda que non
fose este o seu idioma propio ou habitual.

4
5. Etapas na evolución da poesía medieval galego-portuguesa
O ciclo trobadoresco galego-portugués desenvólvese con pleno vigor ao longo
de máis de 150 anos, desde finais do séc. XII á metade do séc. XIV, mantendo
aínda unha vitalidade minguante ata mediados do séc. XV na chamada ‘’Escola
galego-castelá’’.
O texto trobadoresco máis antigo que chegou a nós está datado de finais do
século XII. Trátase dunha cantiga de temática política ‘’Ora faz ost’o senhor de
Navarra’’, do nobre portugués Johán Soares de Paiva.
Logo deste período, do que non conservamos restos escritos, o ciclo
trobadoresco pode dividirse nas seguintes etapas:
- Etapa pre-afonsina ou de adaptación (1196-1245): A esta etapa
pertencen os poetas máis antigos dos Cancioneiros: Meendinho, Paio
Gómez Charinho, Martín Códax, entre outros.

- Etapa afonsina ou período áureo (1245-1284): O principal difusor do


movemento sitúase na espléndida corte literaria do rei Sabio, en Toledo.
Este favorece o castelán na administración e promove a creación dunha
prosa histórica e xurídica nesa lingua. Con todo, o galego segue mantendo
prestixio e a súa puxanza como lingua poética e o rei escribe un
importante número de cantigas de amor, amais de dirixir a colección e
elaboración das Cantigas de Santa María. Ao amparo da corte castelá
troban poetas como Airas Nunes.

- Etapa dionisíaca ou período arxénteo (1284-1325): Á morte de Afonso X,


o centro difusor do lirismo galego-portugués desprázase desde Castela a
Portugal. Don Dinís, neto do citado rei castelán, herda deste o gusto polas
letras e rodéase en Lisboa dunha corte literaria comparábel á do seu avó.

- Etapa pos-dionisíaca ou de recompilación (1325-1354): Mediado o séc.


XIV, os gustos literarios cortesáns mudan a favor dos libros de liñaxes e
da prosa histórica e de ficción.

- Etapa de decadencia ou escola galego-castelá (1354-1445): Portugal e


Castela consolidan no séc. XV as súas respectivas literaturas estatais,
mentres Galiza entra nunha fonda decadencia. O galego mantén, así e
todo, un cultivo literario residual nas cortes de Castela, representada por
poetas como Marcías do Padrón. A obra dos últimos trobadores, a
chamada Escola galego-castelá, é a mostra dunha poesía con menor
calidade literaria, menos textos, e onde se mestura o galego e o castelán.

5
6. O espectáculo trobadoresco. Autores e intérpretes
Nas cortes reais e nos palacios dos nobres, o trobar era unha das poucas cousas
diversións posíbeis, á par dos xogos de mesa, o xadrez, os torneos cabaleirescos
e montería. Pouco a pouco, converteuse tamén nun sinal de refinamento galante
e nobres e reis medían o seu status polo número de poetas e executantes que
acollían.
Na creación e difusión das cantigas foi un factor determinante a asociación da
poesía coa música. A cantiga, como dá a entender o seu nome, foi concibida para
o canto, individual ou coral, con acompañamento instrumental. A temática e os
ritmos de moitas delas parecen suxerir que eran empregadas para o baile.
Os protagonistas na creación e difusión do fenómeno poético medieval foron os
seguintes:
- O trobador ocupaba o lugar máis alto na xerarquía social e artística. O
termo xorde en Occitania a comezos do séc. XII para designar o autor das
cancións amorosas que seguían a nova moda do amor cortés. Era poeta
e compositor ao mesmo tempo, o que implicaba uns coñecementos
artísticos e literarios e unha mínima formación musical; o grao de trobador
resérvase para aqueles compositores de orixe nobre que troban por
pracer ou refinamento cultural, sen recompensa económica. Os
cancioneiros sinalan como tal algúns membros da máis alta nobreza, entre
os que se atopan reis como Afonso X e Don Dinís.

- O xograr é o representante medieval dunha longa tradición de artistas


ambulantes (bufóns, mimos...) que vén desde o mundo clásico grecolatino.
Na Occitania, eran os intérpretes das cantigas trobadorescas, cantándoas
e tocándoas, mais logo atrevéronse a ser compositores. Isto provocou
censuras e burlas dos trobadores, que percibían neste atrevemento unha
subversión da xerarquía social. Os cancioneiros preservaron a obra de ata
36 xograres, entre os que destacan os de orixe galega: Meendinho, Martín
Códax, entre outros.

- O segrel comparte co xograr os trazos do artista profesional e itinerante,


que leva o seu espectáculo de corte en corte cobrando pola súa
interpretación; comparte co trobador unha ascendencia social na baixa
nobreza (fidalgos) e a categoría artística de compositor.

Completan o cadro de personaxes do espectáculo trobadoresco as xograrescas,


cantadeiras, danzadeiras e soldadeiras, de singular importancia no ámbito
galego-portugués: non compuñan as cantigas, máis interpretábanas. ***Con
todo, as referencias que conservamos destas únicas mulleres activamanete
implicadas no espectáculo trobadoresco adoitan resaltar a súa prodigalidade
erótica por enriba dos seus méritos artísticos.***

6
7. A tradición manuscrita
O corpus da poesía medieval galego-portuguesa profana está formado por 1.679
textos pertencentes a 150 poetas. Chegou ata nós a través de manuscritos de
extensión e procedencia diversa.
Atendendo á época da redacción podemos distinguir dúas ramas na nosa
tradición manuscrita:
- Manuscritos coetáneos, que se remontan a fins do séc. XII ou XIV, en pleno
desenvolvemento da escola galego-portuguesa. Responden aínda ao
concepto medieval da poesía como arte musical, polo que era intención
dos compiladores recoller tamén a música das cantigas.

Pertencen a esta rama:


- O cancioneiro da Ajuda, así chamado por conservarse no Palacio da
Ajuda, en Lisboa. É un pergamiño completo. O plano xeral da obra non
chegou a culminarse, botándose a faltar especialmente as indicacións de
autoría, parte das miniaturas e as notas musicais que debía acompañar
cada cantiga. Contén 300 composicións e todas elas son cantigas de
amor.

- O Pergamiño Vindel, descuberto en 1914 polo libreiro madrileño Pedro


Vindel como forro doutro libro. Consérvase actualmente nunha Biblioteca
de Nova York. Trátase dunha folla voandeira das que os xograres
utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle sete cantigas de amigo
do xograr galego Martín Códax. O PV foi durante moitos anos a única
mostra da música profana dos trobadores.

- O Pergamiño Sharrer, descuberto polo profesor norteamericano Harvey


L. Sharrer en 1990, despois de servir durante séculos como forro para un
libro de rexistros notoriais. Contén sete cantigas de amor do rei Don Dinís,
acompañadas da notación musical.

- Apógrafos renacentistas, copiados nos séculos XVI e XVII a partir dun


códice medieval hoxe perdido. Nestas datas era efectivo xa o divorcio
entre poesía e música como artes independentes. Por iso os copistas
prescindiron da notación musical dos textos orixinais.
Na redacción dos apógrafos renacentistas ten especial importancia a obra
do humanista italiano Angelo Colocci. Do seu scriptorium saíron os dous
cancioneiros máis extensos que conservamos, así como un índice de
autores coñecido como Tavola Colocciana e a copia de fragmentos do
único tratado de poesía medieval galego-portuguesa, a Arte de Trovar que
encabeza o cancioneiro Colocci-Brancuti.

7
Os apógrafos copiados no taller de Colocci son:
- O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B), lugar onde se
conserva. É coñecido tamén como Colocci-Brancuti en honor ao seu
copista e ao nobre italiano, conde Paolo Brancuti de Cagli en cuxa
biblioteca foi descuberto. É a recompilación máis ampla da nosa lírica
medieval, con 1600 cantigas de todos os xéneros pertencentes a 150
autores.

- O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V), foi mandado copiar tamén por


Colocci. Consérvase en Roma na Biblioteca do Vaticano e consta de 210
folios que recollen unhas 1200 cantigas de todos os xéneros. A pesar das
diferenzas cuantitativas e de ordenación, B e V son dous cancioneiros
irmáns, copiados a partir dun mesmo orixinal. Do CV consérvase á súa vez
unha copia realizada entre finais do séc. XVI e comezos do XVII, que se
coñece como Cancioneiro da Bancroft Library.

You might also like