You are on page 1of 7

GALICIA E A SÚA LINGUA, O GALEGO

INDICE

- INTRODUCCIÓN……………………………… páx 1

- DESCRICIÓN DA LINGUA GALEGA ………. páx 2-3

- DESCRICIÓN DO TERRITORIO E XENTE…páx 4

- SITUACIÓN SOCIOLINGUÍSTICA…………...páx 5

- CONDICIÓNS…………………………………..páx 5

INTRODUCCIÓN
Galicia é unha rexión situada ao noroeste da Península Ibérica,. En Galicia fálase o
galego, que xunto co catalán en Cataluña e o euskera no País Vasco, teñen estatus de
lingua cooficial de España.

O idioma galego pertence á familia das linguas románicas –coma o francés ou o


catalán– e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da
Península Ibérica.

O galego é unha lingua falada na Comunidad Autónoma Galega, ou sexa, en


Galicia, que é unha das 17 comunidades autónomas de España. O seu territorio divídese
en catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e conta con 2.800.000
habitantes.

Ademáis o galego tamén é utilizado nos límites coas comarcas de Asturias, León e
Zamora que historicamente pertencían a antigua Gallaecia.

A lingua galega e o máis preciado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que


nos identifica como o que somos, galegos e galegas, e o que nos da un lugar propio no
mundo.

Os galegos sentímonos orgullosos de ter unha lingua milenaria con un glorioso


pasado que, por circunstancias políticas, entrou nun túnel do silencio forzoso nas
primeiras décadas do século XVI ata convertirse nun instrumento de marxinación e
sufrimento moral e físico de moitas xeracións. O interrumpido uso oral que fixo a xente
humilde e o traballo dos intelectuais, que a partir do século XIX souperon rehabilitala ,
fixeron posible salvar o que é o principal elemento de identidade dos galegos e a base
esencial da nosa cultura.

O traballo de todas esas persoas fixo que Galicia sexa unha nacionalidade histórica
e que conte con autonomía política, e os diferentes gobernos autonómicos foron poñendo
os pilares para a recuperación social da lingua galega, particularmente nos ámbitos da
enseñanza, da administración e dos medios de comunicación públicos.

1
DESCRICIÓN DA LINGUA GALEGA

O latín é a base lingúística fundamental a partir da cal derivou a lingua galega. Con
todo, houbo outras linguas que tamén influíron na formación do galego:

- As linguas de substrato: linguas anteriores á chegada do latín. Remataron


desaparecendo, substituídas polo latín, pero deixaron a súa pegada no vocabulario e na
toponimia (carballo, toxo, carqueixa, berce, billa, burato..).

- As linguas de superestrato: linguas posteriores ao latín, dos pobos xermánico e


árabe. Non chegaron a substituír o latín, máis tamén deixaron a súa pegada no
vocabulario (agasallar, guerra, roubar, alcalde, aldea, laranxa….).

Os romanos chegaron a Gallaecia arredor do século I a.C, traendo con eles a súa
lingua: o latín.

A Gallaecia era unha das cinco provincias romanas da Hispania. Abranguía un territorio
maior que a Galicia actual: ía do Cantábrico ata o río Douro (norte de Portugal) e incluía
tamén actuais provincias de Asturias, León e Zamora. Estaba dividida en tres conventos:
o lucense, o bracarense e o asturicense.

2
Logo da conquista militar do territorio, xente de Roma aséntase na Gallaecia e
vanse tecendo relacións entre a poboación autóctona (os galaicos ou castrexos) e a
romana. Así, proliferan os matrimonios mixtos; galaicos e romanos traballan xuntos nas
explotacións mineiras, na construcción de vías…; os galaicos participaron no exército
romano…
Estas relacións sociais favorecen que o latín vaia penetrando na Gallaecia.
Nun primeiro momento, o latín conviviu coas linguas de substrato, pero pouco a
pouco foi gañando terreo entre a poboación autóctona.
Desenvolveuse un proceso de asimilación e substitución lingúistica que culminaría
arredor do século V coa extinción das linguas prelatinas.
Co paso do tempo e coa influencia das linguas do substrato e do superestrato, o
latín falado na Gallaecia foi mudando e evolucionando dun xeito especial e diferente ao
latín que se falaba noutras partes do Imperio Romano. No século IX, aproximadamente,
este proceso de cambio progresivo deu lugar a unha lingua nova: o galego.
E igual que ocorreu na Gallaecia, o latín tamén foi evolucionando de maneiras
diferentes no resto do Imperio Romano, dando lugar ás diferentes linguas romanánicas:
francés, italiano, romanés, occitano...

3
DESCRICIÓN DO TERRRITORIO E XENTE
TERRITORIO GALEGO
Galicia, unha comunidade autónoma do noroestes de España, é unha rexión con
abundante vexetación e unha costa no Atlántico. A catedral da capital rexional Santiago de
Compostela é o suposto lugar onde consérvanse os restos do apóstolo Santiago o Maior,
e o destino para aqueles que peregrinan polo Camiño de Santiago. Os acantilados
occidentais do Cabo Finisterre foron considerados polos romanos como o fin do mundo
coñecido.
Caracterízase polo contraste entre os relevos costeiros, de baixa altitude, e o do
interior, de unha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas
septentrionaias e as serras e depresións meridionais.
A costa peninsular galega conta con 1.498 kilómetros distribuídos da seguinte
maneira: 144 km na provincia de Lugo, 956km na provincia da Coruña e 398 km na
provincia de Pontevedra.
A provincia de A Coruña, con os seus 956 kilómetros de perímetro costeiro (sen
contar as súas illas), é a da que ten máis kilómetros da costa en toda España.
A maioría da poboación vive o lado das rías atlánticas, nos maíores núcleos
urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo
a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.
Tamén atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.

XENTE DE GALICIA
Os galegos posuén un carácter leal e respetuoso. A hospitalidade e lealtade que
caracterizan os galegos demostra a unión coa natureza. Os galegos comparten algo
especial coa terra e o mar. Na terra, os campesinos aman a terra e a necesitan para
sobrevivir. O mar é fundamental para a economía e a sociedade de Galicia. Con tres
provincias cerca do mar, Galicia sempre fixo uso do mar para crear un mercado e comer.
A abundancia dos portos en Galicia son moi importantes para o éxito do mariñeiro
galego.
Tamén as mulleres galegas son moi distintas. Elas teñen un papel importante na
sociedade galega. Noutras partes de España, as mulleres sempre quedan nas casas e
fan as tareas domésticas. As galegas tratan de gobernar a terra. Elas son moi activas no
traballo do campo , e poden cavar na terra, arar e sembrar. Tamén, as mulleres van ao
mercado para vender as cousas e comprar as necesarias. Ao fin do día, as mulleres
regresan as casas para termiñar as cousas cotidianas. Os homes van ao mar para pescar
ou os montes a cazar.
Dependen da terra, os galegos teñen unha relación persoal co campo. Galicia é
unha terra remota e distinta dentro de España. Ten un clima estable con invernos suaves
e veráns frescos. 4
SITUACIÓN SOCIOLNGÜÍSTICA

O galego é a única lingua de entre todas as do panorama multilingúístico que


presenta a maior aplicabilidade no seu territorio. Enquisas realizadas nos últimos anos
mostran que a maioría da poboación galega fala galego. A pesar da realidade histórica, a
poboación sabe como manter vivo a lingua. No mundo rural mantén en xeral un
monolingúismo en galego: a cidade presenta un aspecto máis español, pero o prestixio e
as actitudes favorables hacia a lingua galega aumentan progresivamente.
A lingua galega estase a consolidar pouco a pouco como unha lingua de prestixio
dentro dos medios de comunicación. A creación no 1984, da Compañía de radio e
Televisión Galega, foi determinante e supuxo un dos elementos de prestixio para a lingua,
favorecendo tamén a súa incorporación nas estacións privadas de radio. Na prensa
escrita , publicase dende 1994 un periódico totalmente escrito en galego. Pódese
encontrar un gran número de publicacións en galego en revistas especializadas que
incluén as áreas máis variadas: relixión, economía, natureza, pedagoxía….

CONCLUSIÓNS

Podemos concluír que a situación do galego e difícil, pero non desesperada. O


galego foi apartado da administración, e cando extendeuse pola escola, quedou
marxinada nela. Esto, unido a que os falantes do castelán eran as clases privilexiadas,
fixo que o galego fora identificado coa pobreza e a incultura.
Actualmente, si se toman as medidas adecuadas, o galego pódese manter vivo e
deixar de ser unha lingua minoritaria.

You might also like