You are on page 1of 5

(Literatura Tema 1) Textos

Noriega Varela ​Do ermo ​1920

Toda humilde belleza... É unha breve pucharquiña


Vago xirón de brétema​, atavío sobre un enorme penedo.
soberbio de irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío Sin fatuidade urbana​,
(pazo do sol e lágrima da aurora); míranse ​naquel espello
as froriñas dun carpazo,
raiola de lunar que bica o río, a ramaxe dun esvedro,
flor mareliña que entre espiñas chora​, linda pastora de Anaigo
ou das redes da araña un tenue fío, i as estreliñas do ceio.
toda humilde belleza​ me namora.
É unha breve pucharquiña
É un​ vermiño de luz​ o amigo caro sobre un enorme penedo.
do meu nume saudoso... Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,


que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela.

1. A que temática poética de Noriega


Laverquiña que te ​axotas corresponden estes poemas? Xustifica a
das degaradas gueivotas resposta.
oíndo o salvaxe berro; 2. Explica as palabras/fragmentos subliñados.
musa, que ​a mariña​ extrañas, 3. Busca nos textos 5 palabras non
olla ​as azules montañas normativas.
¡desde as plaias do desterro! 4. Marca a función sintáctica do sintagma
destacado en amarelo.
Esquence o mar, lembra o ​gado
miúdo, i o regalado
vivir, ¡as tumbadas festas!,
i as cantigas dos pastores,
que fan grinaldas coas frores
amareliñas das xestas.
Textos de Ramón Cabanillas
Da terra asoballada (1917) No desterro (1913)

a Luís Porteiro Na taberna


Os mozos mariñeiros da fiada
Irmáns! En pé, sereos, lémbranse rindo alleos de coidados;
a limpa frente erguida, cheira a aceite e pemento requeimados
envoltos na brancura rustrido de xurés en caldeirada.
da luz que cai de riba,
o corazón aberto Conta o patrón nun corro a treboada do
a toda verba amiga, ano setenta –historia de afogados–; e
e nunha man a fouce empuxándose, inando, entran mollados
e noutra man a oliva, os homes dunha "lancha de enviada".

arredor da bandeira azul e branca,


Pasa de man en man a xerra roiba de
arredor da bandeira de Galicia,
albariño, e namentres cae a choiva o
cantémo-lo dereito
vento fai tremar a casa enteira,
a libre nova vida!

Validos de treidores detrás do mostrador clarexa o ceo nas


a noite da Frouseira trenzas de ouro, no mirar sereo, na
á patria escravizaron sorrisa de luz da taberneira.
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras, ____________________________
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!
1. Tema
¡Irmáns no amor á Suevia 2. Este texto pertence á poesía
de lexendaria historia, lírica de Cabanillas. A que
¡en pé! ¡en pé dispostos temática?
a non morrer sin loita! 3. Estrofa. Métrica. Elementos
¡O día do Medulio modernistas (sensoriais :
con sangue quente e roxa cromáticos, sonoros)
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e
branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”

Da terra asoballada ​pertence á etapa galeguista do autor (1915-1920), na que predomina a temática cívica,
reivindicativa; fai poesía combativa e de denuncia ao estilo de Curros Enríquez.
Neste fragmento ​a realidade social do momento está moi presente (as loitas agrarias, o nacemento do nacionalismo
da man das Irmandades. Danse a coñecer, á vez que se enxalzan, feitos históricos de Galicia (de diferentes épocas: a
romana, a sueva, a medieval).
Preténdese concienciar os galegos e unilos baixo o seu símbolo nacional, a bandeira, e baixo un obxectivo común, a
liberación de Galicia (“¡​A nosa terra é nosa!​”); en palabras de Pondal: a
​ redenzón da boa nazón de Breogán.
Luís Porteiro Garea:​ membro activo do movemento agrarista e das Irmandades da Fala.
​“Brancura da luz”​ que envolve os galegos e que vén do ceo: representa a pureza e a honradez do pobo galego.
A fouce e a oliva: símbolos da loita e da resistencia. A revolución bolxevique de Rusia ten lugar en 1917, ano de
publicación de ​Da terra asoballada.​ A oliveira e a oliva son símbolos da dureza, da permanencia; por iso, segundo a
Biblia, a pomba que Noé envía para verificar se hai vida na terra, despois do gran Diluvio Universal, volve cun
ramalliño de oliveira.
A Frouseira: o castelo da Frouseira está situado nas proximidades de Mondoñedo. O seu dono foi o Mariscal Pedro
Pardo de Cela, señor feudal de case a metade de Galicia no século XV. Traizoado polos seus criados, é detido e
decapitado polos reis católicos na praza Maior de Mondoñedo acusado de rebelión. As Irmandades tomárono como
mártir da nacionalidade galega oprimida. A súa figura serviu como fonte de inspiración para Cabanillas na obra de
teatro ​O Mariscal.
Suevia: ​símbolo de Galicia. Cidade dos suevos, principal pobo xermano que chegou a Galicia tras a caída do Imperio
Romano. O reino suevo durou un século, ata a invasión visigoda.
Medulio​: lugar de resistencia dos galaicos fronte aos romanos, loitando pola liberdade da súa terra e negándose a
calquera pacto de submisión con Roma.

Na noite estrelecida (​ fragmento)


Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño,
envolveito en brancuras recendentes de liño,
ollos gazos, profundos, longa barba frorida,
cingue a frente coas hedras da coroa druida
e na man, que reloce como un lirio bendito,
ten a fouce de ouro do litúrxico rito;
a fouce segadora da mandrágora, ó raio
de feitizo e de agoiro dos luares de Maio.

É Merlín o profeta, o celta armoricán,


dos silfos e das lumias ollado por irmán,
sabidor dos encantos e os máxicos conxuros,
das virtudes das herbas e dos fados escuros,
que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros
deprendéu o diviño lenguaxe dos luceiros;
o bardo das edades, o da segreda cencia
que a terra fixo súa, impóndolle obedencia
ás ágoas da riada, ós rochedos do cume,
ás nubes da tromenta, á ardentía do lume.

Impoñente, amostrando nativa maxestade,


na mirada un sereo craror de eternidade,
ten ós pés –cruz de ouro, folla núa afiada–,
sobre o manto da neve unha fúlxida espada.
Aceiro puro e virxe das entrañas da terra,
cos lumes sideraes das estrelas en guerra
nas fragas treboantes dos lóstregos forxado,
que no dolmen batido e no Xordán temprado,
foille dado a unha raza de homes sans e valentes,
cabeceira de pobos, guiadora de xentes,
para impor unha crenza, siñalando o camiño
que por riba dos tempos leva ó trunfo diviño.

Ergueito como o pino que as outas nubes fende,


os brazos sarmentosos o bardo ós ceos tende,
e escóitase na noite solene resoar
a súa voz bruante, sonora como o mar:
Baixo a dozura do ceo
da nobre Galicia irmán,
onde pola nosa groria
inda doirando o fogar
vive aceso o lume sagro
dos craros días do clan,
hai unha illa encantada
de rochedos de coral,
esmeralda verdegaia
ó resprandor do luar,
bicada de manseliñas
ágoas de limpo cristal
nas que as sirenas ensaian
seu namorante cantar
mentras os pinos lanzales
escoitan voces leviáns
que chegan esmorecidas
do misterio de alén-mar.

Amada dos vellos dioses,


mortos e esquecidos xa,
que Sálvora lle chamaron
afeitos nela a topar
repouso doce e tranquío
de celestiaes afáns,
inda está tendida a escada
que baixa do ceo ó chan,
envolveita e recuberta
de bretemoso cendal
feito de rendas garnidas
por diviños teceláns.

Nunha furna que galgantes


zarran as ondas do mar,
apreixada nas firentes
poutas dun aguia reial,
gardada por un dragón
de alento que é solimán,
brilaba a fúlxida espada
Escalibor, o trunfal
aceiro da heroica edade
cantada por Osián,
que ten de ser sobre terra
ergueita en céltigas mans,
símbolo, florón e escudo
da Cruz, do Amor e a Paz.

1. Resume brevemente o asunto do texto. A que saga pertence o fragmento?


2. Cal é o eu poético –quen fala– do texto. É a mesma voz a que se manifesta ao longo de todo o
poema? Fíxate especialmente na cuarta estrofa.
3. Indica cal é o tema arredor do cal xira todo o poema. O tema é a intención do autor, o que quere
comunicar e sobre o que xirará todo o comentario do texto.
4. Sinala a hipérbole que aparece na estrofa IV. Explica a súa utilización en relación co contido do
poema.
5. Explica o que se nos está a contar nas estrofas V e VI.
6. Nas estrofas anteriores hai unha gradación para indicar a aproximación ao lugar onde se atopa a
espada; indica cal é.

You might also like