0% found this document useful (0 votes)
22 views11 pages

Literatura 6. Prosa Entre 1936 e 1976

Uploaded by

adriansljuegos
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
22 views11 pages

Literatura 6. Prosa Entre 1936 e 1976

Uploaded by

adriansljuegos
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

A prosa entre 1936 e 1976.

A fundación de Galaxia en 1950 supuxo


o comezo da recuperación da prosa
galega. Os representantes de Galaxia
propuxéronse continuar o camiño aberto
polas xeracións de preguerra e
consolidar o galego como lingua apta
para todos os xéneros e rexistros, entre
eles a prosa literaria e ensaística.

Os persoeiros involucrados na fundación de Galaxia (Ramón Piñeiro, García Sabell,


Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto...) tomaron contacto con autores
anteriores á Guerra Civil que permanecían en Galicia (Otero Pedrayo, Cunqueiro ou
Cabanillas, entre outros) para consolidar todo o sistema cultural galego, recuperar o
emprego literario do idioma e exercer a resistencia cultural fronte ao monolitismo franquista.

Entre as iniciativas máis destacadas de Galaxia cómpre destacar:


● A publicación da revista de pensamento Grial.
● A realización de actos como a conmemoración do pasamento de Rosalía ou a
recuperación da casa da Matanza.
● A creación de publicacións científicas sobre Galicia como a Revista de Economía de
Galicia.
● A promoción dos novos escrritores (a maioría mozos universitarios) coa edición de
coleccións como Illa Nova.
CORRENTES TEMÁTICAS DA NARRATIVA DE POSGUERRA

Narrativa continuadora do Grupo Nós. Inclúe as obras


de Otero Pedrayo en tanto único representante en activo
do Grupo nesta época: O señorito da Reboraina (1960),
Entre a vendima e a castañeira (1975). Tamén se inclúen
obras que retoman a temática da fidalguía como A xente
da Barreira (1950) de Ricardo Carvalho Calero, primeira
novela publicada despois da Guerra. Otero Pedrayo
Carvalho Calero
Narrativa realista. Destacan textos de ambientación
rural e de carácter popular e costumista, tamén en
moitos casos de interese etnográfico. Ademais de
Ánxel Fole podemos destacar os Contos do Miño
(1955) de Eliseo Alonso. O realismo social e as
Eliseo Alonso memorias de infancia serán outras vertentes desta
tendencia, onde sobrancean Blanco Amor, Neira
Vilas ou a obra O acomodador e outras narracións
(1969) de Marcial Suárez.

Narrativa fantástica: Centrada nun mundo mítico,


idealista e intemporal, foi definida como realismo
fantástico, sobre todo no referente á obra de
Cunqueiro. Nesta corrente destaca As covas do Rei
Cintolo (1955) de Daniel Cortezón.
ÁNXEL FOLE
Autor lugués que antes da Guerra civil xa publicara poemas, tiña no
prelo o seu primeiro libro de relatos e colaborara co Partido
Galeguista. Despois da contenda e presa do medo ás represalias,
decidiu refuxiarse nas terras montañosas de Quiroga, traballando de
administrador e dando clases particulares. Dedicou toda a súa vida
ao xornalismo.
Foto de Ánxel Fole
en Facebook
Podemos distinguir as seguintes claves na súa narrativa:
◙ Procura o reflexo da realidade da Galicia rural, da
natureza agreste da montaña e da visión do mundo do
labrego galego: a vida, as crenzas, as supersiticións...
◙ Emprego de recursos propios da narración oral:
fórmulas apelativas, técnica de encaixe de historias...
◙ Naturalismo lingüístico.

Terras de Quiroga Á lus do candil (1953) é o seu primeiro libro de relatos, nacido
das súas experiencias nas terras de Quiroga e o Courel. O
prólogo establece un marco no que uns personaxes,
incomunicados por unha nevada, deciden pórse a contar
historias de crenzas, aparecidos, premonicións... Os temas
están tratados en moitos casos de xeito humorístico, cun humor
próximo ao do pobo.
Terra Brava (1955) é o segundo libro de relatos e nel a acción continúa na montaña luguesa,
desta vez nas terras do Incio. De novo o prólogo funciona como marco no que se encontran
varios personaxes, aínda que agora é máis extenso e aporta datos sobre a sociedade galega.
Nesta obra hai unha maior unidade que na anterior, debido ao recurso de introducir un
narrador-testemuña (Gasparo), que encontra un manuscrito cos contos que se inclúen no
volume. Tamén hai un maior gusto pola digresión e o ton didáctico.

Os outros dous libros de relatos de


Fole son Contos da néboa (1973) e
Historias que ninguén cre (1981).
Nestas obras atopamos como
novidade fundamental a ambientación
urbana: moitos dos contos localízanse
en espazos urbanos ou vilegos. Aínda
así, de novo atopamos o humor, o
misterio e o retrato da mentalidade do
paisano galego, ao igual que nas
anteriores obras.
O Incio
ÁLVARO CUNQUEIRO
Poeta vangardista antes da Guerra Civil, regresa ao seu Mondoñedo
natal en 1947 logo perder o traballo como xornalista en Madrid e
caer en desgraza perante a sociedade fascista. O seu amigo e
cofundador de Galaxia, Francisco Fernández del Riego será quen o
convenza para que inicie a súa carreira narrativa en galego.

As principais características da narrativa de Cunqueiro son:


◙ Mestura do mundo real co fantástico: o extraordinario
irrompe no mundo real e personaxes míticos conviven con
xente que non se diferencia dos seres cotiáns.
◙ Presenza do humor e a ironía, que outorgan distanciamento
e humanizan os mitos.
◙ Lirismo: é a súa unha prosa infiltrada de poesía, de imaxes
e referencias sensoriais.
◙ Influencia da narración oral no gusto pola digresión e pola
acumulación de narradores e historias que se superpoñen co
tema principal.
◙ O paso do tempo está sempre presente en toda a súa
narrativa. Este fuxir imparable do tempo producirá unha
profunda melancolía.
◙ Intertextualidade: abundan as referencias a outros autores
e literaturas de variadas tradicións.
É autor de tres obras de narrativa longa, dificilmente clasificables
como novelas:
► Merlín e familia (1955). O personaxe central, o mago Merlín,
habita a terra de Miranda xunto á raíña Xenebra e un grupo de
serventes entre os que está o narrador, Felipe de Amancia. O
mago é visitado por personaxes fantásticos en busca de axuda
para que lles resolva os problemas.
► As crónicas do Sochantre (1956). É unha obra xa de maior
coherencia, con maior fasquía de novela que a anterior. A temática
volve ser fantástica: un músico eclesiástico é secuestrado por unha
comitiva de defuntos e con eles percorre a Bretaña.
► Se o vello Simbad volvese ás illas (1961). Nesta ocasión o
protagonista é o mítico mariñeiro que, xa vello, intenta volver a
navegar pero a súa aventura acaba en desengano e frustración.
Esta é a obra que máis se achega estruturalmente ao concepto
convencional de novela.
Ademais das obras longas, Cunqueiro escribiu tres obras de narrativa breve
que conteñen relatos moi curtos que adoitan ser denominados semblanzas.
Estes pequenos relatos recollen múltiples bosquexos de personaxes
inspirados no mundo popular galego. Estes textos están cheos de tenrura e
sentido do humor e neles segue mesturándose o mundo real e o fantástico.
Os títulos son:
► Escola de menciñeiros (1960). Este libro combina as semblanzas
propiamente ditas con relatos chamados de “fauna fantástica” e con unha
serie de retratos de personaxes que teñen en común seren menciñeiros ou
curandeiros.
► Xente de aquí e de acolá (1971).
► Os outros feirantes (1979).
EDUARDO BLANCO AMOR

Nacido en Ourense, cidade fundamental na súa obra, emigrou moi


novo a Arxentina, país onde se dedicou ao xornalismo, contactou
coa colectividade galega na emigración e, tras a Guerra Civil, cos
exiliados que se instalaron alí: Seoane, Castelao, Lorenzo Varela...
Foi poeta antes da Guerra Civil e escribiu tamén novelas en
castelán, que coinciden coas obras en galego nas súas
características fundamentais: ambientación urbana (Auria /
Ourense), temática realista, interese polo mundo da infancia e uso
de técnicas narrativas modernas.
A esmorga (1959) é unha novela innovadora xa desde o seu
deseño: un autor-editor introduce a obra como un resultado das
investigación sobre un suceso real; despois asistimos á narración
en 1ª persoa do principal inculpado no suceso, que deixa
entrever a súa problemática persoal (padece o que el chama o
“pensamento”) e social (marxinación).
Os protagonistas da obra
son personaxes que viven á
marxe das normas da
sociedade burguesa e viven
unha realidade abafante e
brutal. Estas condicións
levan á traxedia final da que
pode realizarse varias
interpretacións.
Os biosbardos (1962) é unha colección de contos
narrados por protagonistas que comprenden idades
desde a infancia á adolescencia. De novo están
ambientados en Auria (Ourense) e na mesma época
que adoita reflectir Blanco Amor nos súas novelas:
as primeiras décadas do século XX.
Nestes relatos asistimos a unha indagación no
mundo infantil a través das experiencias dos mozos:
os sentimentos e primeiros amores, o medo, o
despertar sexual, as dificultades para desenvolverse
nun medio difícil... Todo isto configura unha crónica
da aprendizaxe vital.
Xente ao lonxe (1972) conta, a través da
historia dunha familia, o xurdimento do
movemento socialista e proletario no
Ourense de principios do XX. A narración
combina a crónica da represión social dos
obreiros da época (como a matanza de
Oseira de 1909) coa evolución e a
aprendizaxe vital dos membros da familia
protagonista.
Destaca nesta obra o arriscado uso das
técnicas narrativas, combinando múltiples
puntos de vista e narradores para dar
conta dunha complexa e cambiante
realidade social.
XOSÉ NEIRA VILAS
Autor nacido no seo dunha familia labrega, emigrou moi novo a
Arxentina (onde se formou e colaborou cos galeguistas do exilio)
e posteriormente instalouse en Cuba, para retornar a Galicia nos
anos 90. Na súa narrativa distínguense dous eixos fundamentais:
o mundo rural galego e a realidade da emigración.
Memorias dun neno labrego (1961) é unha narración sobre a
infancia dun neno no rural da posguerra: a pobreza, o
desenvolvemento da personalidade infantil e as relacións de
sumisión cos señores están presentes na obra de xeito lírico e
crítico. Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977)
tamén aborda a temática da infancia no medio rural.
As obras Xente no rodicio (1965), A muller de ferro (1969) e
Querido Tomás (1980) tamén se centran no mundo campesiño,
pero desde o punto de vista dos adultos. A realidade campesiña
opresiva e violenta por veces, a alienación do rural e a miseria
dos campesiños de posguerra está presente nestas obras. A
emigración aparece como a única saída en moitos casos.

Camiño bretemoso (1967) ou Historias de emigrantes (1968) explotan


precisamente unha temática moi presente no autor: a emigración. Estas
obras están ambientadas en América en escenarios urbanos e nelas vemos
de xeito directo a problemática dos emigrantes: os seus problemas de
adaptación, a explotación por parte dos empresarios e o rexeitamento que
sofren pola súa condición de inmigrantes.
O ENSAIO DA POSGUERRA
O ensaio foi un xénero obxecto de especial cultivo por parte
do Grupo Galaxia. Procuraron recuperar un xénero que non
tivera tempo de consolidarse tras o cultivo que del fixeran os
persoeiros da Xeración Nós. Os propios promotores da
editorial foron os máis destacados ensaístas do seu tempo.
Ramón Piñeiro (1915-1990) foi o guieiro do grupo e dos xoves
que eran atraídos para o galeguismo. Nos seus ensaios
centrouse no tema da saudade analizado desde o punto de
vista filosófico: Filosofía da saudade (1984) recompila varios
estudos sobre o tema. A linguaxe e as linguas (1967) é o seu
discurso de ingreso na RAG.

Celestino Fernández de la Vega (1914-1986)


publicou unha obra fundamental: O segredo do
humor (1963), no que analiza o humor dos galegos
como xeito de afrontar situacións de conflito.
Xoán Rof Carballo (1905-1994) foi un célebre
médico que escribiu Mito e realidade da terra nai
(1957) no que analiza distintos aspectos
antropolóxicos como a Santa Compaña.
Outros autores: Francisco Fernández del Riego
(1913-2010) ou Domingo García Sabell (1909-
2003)

You might also like