RESUMO DAS HISTORIAS DE “COUSAS”
A carón da naturaza:
Cando se observa un paisaxe da natureza non se pode ver o que realmente transmite e
non se pode expresar con pintura por iso o narrador prefiere ser escritor para expresar
mellor esa idea
Chámanlle a marquesiña:
Fálase dunha muller pobre que lle chaman a marquesiña inda que nunca tivo nin
riquezas nin praceres.
Camiño esquecido:
Hai un camino maldito que leva a un pobo morto onde unha lenda conta que roubaron
no mosteiro, e o día seguinte apareceu o ladrón morto pero o botín non estaba por
ningures. A partir daquela a aldea quedou maldita e todo alí morría.
Onde hai un cruceiro:
Onde hai un cruceiro simboliza que un pecado e que houbo un rezo de arrepentimento ó
ceo por ese pecado.
O rifante:
O Rifante era un mariñeiro que gañaba moito diñeiro e era un bo patrón do seu barco.
Cando a fama chegou á casa do Rifante foi pedir diñeiro a un amigo con toda a súa
familia; advirte a súa familia de que se morrera a ese home lle debían diñeiro, acto seguido
marchouse.
A noite da derradeira novena de difuntos:
Na noite da derradeira novena de difuntos a xente escoltando a misa e sembrando os seus
mortos. Despois empeza unha procesión e todos choran polos seus familiares e tamén
unha rapaza sen familia que chora por non ter familiares para chorar.
A ponte vella:
Rosa era unha costureira e Pedro estudiante de latín. Cuzábanse nunca ponte e Pedro se
enamorou de Rosa. Cando pasou o verán Pedro volveu dos seus estudios, pero cando se
cruzaba con Rosa na ponte, esta agachaba a cabeza. Pedro oiu que Rosa tiña o mal de
San Lázaro; Pedro fíxose ábade e se asenta na ponte a repartir alí a súa bendición.
No escuro caletre de Martiño:
Martiño criouse cun sacristán e cando creceu púxolle un cerrillo ó campanario e fixo del a
súa casa. Os rapaces non querían que mandara no campanario en un día entraron e
romperon con todo. Para vengarse, Martiño contoulles historias sobre que a Santa
compaña entrou no campanario, conseguindo meterlles medo no corpo.
Aínda eu non nacera:
Nun pobo apareceu un raio de luz, unha luz que viña do mar. A xente acudía a mirala e
cando o medico non lle encontrou explicación todos botaron en pánico. Pensaban que era
a fin do mundo, hata que chegou o dono da fabrica de salazón aclarando que somentes
era unha luz eléctrica.
Na cova dos carcamáns:
Un home quere ver a unha dona encantada que os mariñeiros decían, se peinaba o pelo
nas pedras
Un día veu como unha pedra asemelleaba una cabeza con cabelos verdes. Decidiu collela
e o facelo puido comprobar que era a cabeira dunha muller.
Cando eu era rapaz:
É unha sucesión de tres historias relacionadas nas que primeiramente se conta como un
home chamado Ramón Carballo emigra a varios sitios pero sempre volve pobre hata que
unha vez foise e xa non volveu máis. Na segunda, conta como un home que vendía restos
de persoas ten entre eles un coiro dun peito dun home onde estaba escrito o nome de
Ramón Carballo.
Dous vellos que tamén tiveron mocedade:
Dous vellos casaron por amor e viviron sempre sos. Cando o vello morreu, o levaron catro
homes e a súa viuda despediuse cun “hata logo” provocando a risa do pobo enteiro.
Todos canto sabían algo da historia da vila:
A vellaiña Siforosa tódolos días rezaba unha oración por cada morto no mar. Dende que
morreo somentes quedan unhas pocuas cruces en memoria dos mortos na beiramar.
Era un barbeiro de sábado:
Un barbeiro de sábado amaba os libros que non entendía e poñíase a “profundar” en
misterios da vida para remetar laiandose hato eu cheogpu a súa morte.
Aínda eu era médico rural:
Un médico subía por un camiño da serra e o lonxe viu unha dama chamada “Tola do
monte” que din que foi enfeitizada por unha bruxa.
Aínda está no areal:
Os vellos máis vellos dunha vila tiñan un barco e un aparello para pescar. Eran pobres
pero non aceptaban esmolas. Cando morreron, os seguintes vellos ían pedir nas casas
dos ricos.
Cando Bieito quedou orfo:
Bieito quedou orfo e un parente das Américas veu a levalo consigo. Antes de partir
agachou un ichaviño no monte. Cando creceu, prosperou e tivo fillos. Cando lembrou do
ichaviño volveu a súa terra e o encontrou mesmo onde o deixara provocandolle grande
emoción
Eu non teño mágoa do picariño:
O narrador conta como non ten mágoa do picariño que non corre detrás dos automóviles
para velos e só os mira de vez en cando, xa que será feliz; ten mágoa dos que si corren
detrás deles e sequedad observando como pasan.
Se eu fose autor:
O narrador conta que se fose autor escribira unha peza de teatro en dou lances; un no que
aparece a xente dunha aldea chorando a unha vaca e outro no que unhas hidalgas choran
a morte dunha cadela dicindo o mesmo que os que choraban á vaca.
Esa fiestra non é un ollo da casa:
Un cego hembra dende unha fiestra a súa xuventude e unha muller coa que se casou.
Foi por segui-los mandados dun amor:
Una señora que se foi da súa terra recibía cartas nas que lle contaban que a súa nai vivía
durante moitos años, estas cartas eran mentiras contadas por un familiar e cando este
morreo a muller deixou de recibir cartas dándose conta da verdade.
Chegou das Américas un home rico:
Un home rico trouxera das Américas a un negrito que crece una aldea, e anos máis tarde
emigrou para buscar fortna pero tivo que volver pobre.
No mar había un afogado:
Nunha vila apareceu un afogado. Todos os da vila tiñan gran pena del pero cando o
enterraron todos volveron as súas vidas normais.
A vella non para de gaba-la súa felicidade:
Unha vella que vivía soa ten unha filla e ponse moi feliz porque por fin ten alguén que a
queira.
Manter un animal para comelo:
O narrador conta como é un día de feira e como os feirantes intentan sacar o mayor
proveito e os animais son separados un dos outros.
Xa van alá moitos anos:
A un home tódolos anos dous choqueiros van a rirse del no antroido. Un díua cansouse
deles e invitounos a augardente, sentíronse mal e o home non os volveu ver sentándose
culpable.
O vello “Saramaguiño”:
O vello Saramaguiño era un pobre que buscaba tesouros pero nunca atopou ningún e
morreo. Unha vez contou como atopou unha caixa pensando que eran tesouros pero ó
final resultou ter un inglés morto.
Semellante a un frade de madeira:
Un home borracho e unha muller que vendía no mercado cásanse e o pobo rise deles.
Tñen un fillo e marcha pero non volve xa que non volverá hata que non teña o diñeiro
suficiente para que o pobo dexe de rirse dos seus pais.
O burro non bulía nin chisco:
Un home ponse a pensar como se fose a través dos ollos dun burro, dicindo que as
persoas non queren ser burros senon tigres, lobos… xa que atisban nos burros a
sabedoría e por iso os desprecian. Di que os homes serán felices cando todos sexan
burros.
O pai de Migueliño:
O pai de Migueliño viña das Américas. Migueliñomira os homes ben arreglados e cada un
que pasa pensa que é o seu pai, pero ningún o é; Un home abraza á nai de Migueliño, ese
home está fraco e desfeito, é o padre de Migueliño.
Romualdo era un home “fino”:
O Romualdo era un home fino. Atopou traballo no xuzgado; ademáis de escribante era
catador de viños e moitas veces se emborrachaba; pero canto máis bebía máis fino era.
Nunha eirexa da montaña:
Nunha eirexa da montaña había unha caveira cun burato por onde botar moedas.
Pertencía a un home que se dedicaba a roubar por método legais e agora ten que ter
sobre a súa alama todo o diñeiro que roubou.
O fillo de Rosendo:
O fillo de Rosendo era un home pobre se casou cunha mulle rica para poder comer sen
decatarse da súa desgracia xa que o matrimonio era para toda a vida. O día da boda levou
consigo lotería, que lle tocou e fíxose rico; demasiado tarde xa que estaba casado.
Era un neniño de mantenga:
Un neno era moi bonito e moi ben vestido. Cando creceu converteuse nun mozo moi
bondadoso e moi inocente o que provocaba o orgullo da súa nai. Meteuse nunha
academia militar e un día foi á guerra e morreo.
Don froitoso:
Don Froitoso era un home que asociaba a sabedoría coa vellez e non quería facerse vello
e por iso intentaba relacionarse con xente xove escapando da realidade.
Amigo meu:
Un home cría que tiña unha doenza de corazón pero todos os médicos lle dicían que non.
Un día fartouse da negativa e escupiu a un especialista polo que o meteron nun
manicomio. Un medico tolo dixolle que non estaba doente do corazón senón que estaba
loco.
Esta morea de pedras e tellas:
A vella Fanchuca era unha muller moi pobre que andaba pedindo de porta en porta e tiña
máis de cen anos. Isto provoca no narrador que identifique a vellez coa pobreza.
Doña Florinda:
Doña Florinda estaba casada e quería un fillo pero o seu marido morreu. Casou con outro
pero tamén morreo. Cando se fixo vella, a pena fixolle crer que tiña un fillo.
Dende a fiestra da torre:
Unha condesita morrera de amor na fiestra da súa torre. Nun sartego estaban as súas
conzas e uns homes dun pobo abríronna para encontrar osos, po e un cheo de cereixas.
Ese rapaz saído das miñas lembranzas:
Un rapaz amigo do narrador era un neno sen medo que unha vez desfixera a colleita de
esmolas dunha vella sen importarlle nada. Marchou a América e fixose rico e amo de
outros homes.
O señor Antón:
O señor Antón era un pintor que gustaba de pintar todo e facía retratos. Unha vez para
facer un retrato dunha nena mirouna un momento e madouna volver o sábado para
recolle-lo retrato.
O bruxo da montaña:
Unha rapaza estaba namorada dun home e acudiu a un bruxo para que fixera que o home
se namorar dela. O bruxo fixo que unha peneira se movese e dixo que o rapaz só verá a
beleza desta rapaza e non a de outras.
Unha rúa nun porto lonxano:
Dous mariñeiros un que falaba francés e outro inglés fanse promesas de amizade. Os
dous e emborrachan e un emepza a cantar en galego, o outro ó escotailo fai o mesmo
descubrindo que os dous son galegos.
Vouvos contar un conto triste:
Doña Micaela era unha muller que facía camisetas para os seus fillo pero sempre abortaba
e metía os fetos en frascos cunha etiqueta co seu nome. Un día a unha criada caeulle un
feto e cando llo contou a doña Micaela esta morreo.
CONTIDO
Temas principáis:
A obra non ten definido ningún tema principal en concreto, aínda que se centra bastante
na pobreza dos galegos e no amor das persoas.
Temas secundarios:
A morte, a envexa, as lendas antigas, o amor, a vellez, a naturaza, abondade e a maldade
nas persoas, a avaricia, a familia.
Estructura temática:
O libro esta distribuido en corenta e cinco historias de corta duración que contan historias
totalmente diferentes que non teñen ningunha relación entre si.
O libro parece irse centrando primeiramente nos temas da natureza como temática
principal para ir logo pasando progresivamente a temas da sociedade como a emigración e
temas amorosos entre persoas de pequenas vilas ou pobos.
PUNTO DE VISTA
O narrador, é un narrador en primera persona ó largo de toda a obra que fai de testemuña
moitas veces das historias que conta.
É un narrador obxectivo xa que non profundiza na vida dos personaxes, non sabe o que
pensan e se limita a ser un mero observador da súa vida sen importarlle nada.
Non utiliza dialogos prácticamente en toda a obra e as descripcións son mínimas tanto no
referente a persoas como a lugares facendo que o narrador vaia ó tema principal sen
demorarse.
PERSONAXES
Os personaxes desta obra basanse prácticamente en ser o protagonista das historias xa
que na maioría das historias o protagonista é o unico personaxe que aparece. Os
personaxes que se poden considerar secundarios nas historias son maiormente a xente do
pobo sen especificar a ninguén en concreto, e son poucos os casos en que se fai.
Os personaxes soen ser planos, non cambian na súa maneira de ser en parte debido á
corta duracion das historias.
Son personases realistas totalmente e non soen estar presentes na historia senón que se
fala deles recordandoos debido a que a historia ocorreu no pasado .
TEMPO LITERARIO
O tempo das historias sempre está sen definir polo que é imposible situarse nun ano, mes
ou día determinado.
Sen embargo se precisa algunhas veces o tempo que viviu algun protagonista o se fan
retrocesos ó pasado especificando a idade dos personaxes.
Non se fan referencias a feitos históricos concretos anque Castelao indica nalgunhas
historias a emigración dos galegos a America polo que se pode situar mais ou menos a
principio do século XX, sendo esta a única referencia do tempo que se ten na obra.
ESPACIO
O espacio desenrólase maiormente nun ambiente rural citando montes ou vilas e outras
veces nun ambiente costeiro.
Este espacio é realista ainda que non se especifica os nomes dos lugares en concreto
pero o contexto da obra se sitúa en Galiza.
LINGUAXE E RECURSOS LITERARIOS
Castelao utiliza unha linguaxe inda que pareza coloquial, contén alguns rexistros cultos
que lle confiren un carácter bastante elaborado da obra.
Este linguaxe non inflúe nos personaxes da obra xa que o non haber apenas diálogos os
personaxes non falan e non distinguen clase social que permita diferenciar se teñen
sapiencia para saber falar de forma culta ou non.
Este apartado non ten demasiada importancia na obra xa que se podía desenrolar da
mesma maneira tivera o rexistro que tivera sen afectar á temática e a maneira de explicala.
VALORACIÓN CRÍTICA
Considero que Castelao fai un bo traballo en “Cousas” en parte por denunciar
notablemente a miseria do pobo galego ante todo o mundo e en parte por contribuir a nosa
cultura literaria que é masi ben escasa.
Discrepo no seu uso da linguaxe xa que en varias partes do libro costa entender o que se
le á primeira vez e tamén no tipo de estrucutura, xa que penso, debería ter dialogos e unha
trama máis desenrolada.
Me parece moi ben tratado o tema da emigración dos galegos, xa que sin denuncialo
especificando nel cosegue metelo de maneira que non sexa o tema principal da historia
pero que quede garabado na memoria. Así quizais cando se acaba de ler, o que queda na
cabeza non é a historia en si, senón o mensaxe que quería transmitir.
Só sabería relacionar esta obra con outra do mesmo Castelao: “Os dous de sempre”. Non
pola estructura, ni polos recursos, senón porque parésceme que os persoaxes de “Os
dous de sempre” tamén sirven de denuncia social que creo que é o temas que Castelao
intenta tratar nas súas obras.