You are on page 1of 1

Ex.5 páx.

249

No texto pódese ver varios elementos da narrativa popular coma, a desmitificación e incluso
galeguización, emprego dunha sintaxe sinxela e fluída , confluencia entre os elementos da
tradición culta e esoutros do mundo popular, tamén preséntase a mestura de elementos de
carácter fantástico, “que agardabamos unha serea grega”, e pódese ver unha descrición
detallada, “Don Merlín estaba contento e risoño”.

Ex.6 páx.249

Os personaxes que participan no texto son a señora Marcelina, que é a cociñeira que preparou
o caldo; Manoeliña de Calros, que está pelando castañas ao seu lado; Xosé do Cairo, aparece
poñendo unha tina grande na cámara e botando unha man a costureira de Pacios; Dona
Ginebra, ama da casa e foi a mirar a función que están preparando coa tina; Dona Teodora, é
mencionada coma unha serea grega; vizconde portugués, é mencionado xa que Teodora está
triste pola súa morte.

Ex.7 páx.249

No texto aparecen tanto aspectos reais coma fantásticas, un exemplo moi claro de aspecto real
de Merlín e familia é que residen nun pazo galego nas terras de Miranda. Un exemplo de
aspecto fantástico é a comparación cunha serea grega de Dona Teodora.

You might also like