You are on page 1of 12

PROXECTO DE LECTURA

LINGUA GALEGA
Curso 2008-2009

Velaquí tes unha proposta de li-


bros de lectura para este curso.
Sería máis fácil darvos un só títu-
lo por trimestre mais non hai li-
bros que sexan válidos para to-
dos/as. Neste boletín atoparás
unha chea de títulos, acompaña-
dos por cadansúa portada e ca-
dansúa reseña editorial para que
escollas o libro que che apeteza
segundo os teus gustos, intereses
e emocións.
Xa o tes claro? Baixa á bibliote-
ca, cólleo e bótalle unha ollada, le
un pouco, pasa unhas follas... Se
comezas a ler e non che gusta,
abandona e pasa a outro: gaña-
ches ti. Se o rematas, é posíbel
que che gustase: gañou o/a autor/
a. E se gozas coa súa lectura,
compárteo! Que ande en boca de
todos/as... no bo sentido da ex-
presión, claro!
Se non atopas o libro que buscas
e prefires ler un que non estea na
listaxe proposta, comunícallo ao
profesor.

ÍNDICE
Presentación. 1
Listaxe de libros 3º..... 2
Reseñas 3º..... 2-6
Listaxe de libros 2º.. 7
Reseñas 2º. 7-11
Avaliación.. 12
Ficha de lectura 12
Páxinas de consulta 12

Román Cerqueiro Landín (CPI Aurelio M. Rey García) Cuntis, outubro 2008
1
LISTAXE DE LIBROS 3º ESO
Agustín Agra: Cazaría salvaxe, Xerais. Ana Frank, Diario
Agustín Fernández Paz: oite de voraces sombras, Xerais. "Espero confiarche todo
Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, Xerais. como non puiden facer con
Ana Frank: O diario de Ana Frank, Kalandraka. ninguén ata agora, que se-
Antón Cortizas: Leonel, Xerais. xas para min un gran apo-
Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville, Xerais. io"... Así comezou o 12 de
Bram Stoker: Drácula, Xerais. xuño de 1942 o seu diario
Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz, Xerais. unha rapaza de 13 anos
Christine Nöstlinger: Horario de clase, Galaxia. chamada Ana Frank. Ana
Fina Casalderrey: A pomba e o degolado, Xerais. pertencía a unha familia
Fran Alonso: Cartas de amor, Xerais. xudía alemá afincada en
H.P. Lovecraft: Relatos de terror, Xerais. Ámsterdam. Durante a IIª
Jaume Ribera e Andreu Martín: O diario vermello de Guerra Mundial víronse
Flanagan, Galaxia. obrigados a esconderse nun refuxio para evitar
John Boyne: O neno do pixama a raias, Kalandraka. seren levados aos campos de concentración nazis.
Jordi Sierra i Fabra: As soidades de Ana, Galaxia. O que en principio puido o diario dunha
Ledicia Costas: Unha estrela no vento, Xerais. adolescente anónima tense convertido en todo un
Manuel de Pedrolo: O mecanoscrito da segunda orixe, símbolo, unha historia que pasou a formar parte da
Galaxia. memoria colectiva, un testemuño de milleiros de
Manuel Forcadela: Sangue sobre a neve, Cumio. voces caladas durante o Holocausto.
Manuel Loureiro González: Irmán do vento, Xerais.
Marga do Val: O prognóstico da lúa, Alfaguara-Obradoiro. Manuel Loureiro,
Marilar Aleixandre: A banda sen futuro, Xerais. Irmán do vento
Marilar Aleixandre: Rúa Carbón, Xerais. Conta a historia de Kha-
Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempos de chuvia, Xerais. led, un rapaz dunha apar-
Oscar Wilde: A pantasma de Canterville, Xerais. tada aldea do Iraque que,
Pascual Alapont: O inferno de Marta, Galaxia. coma outro rapaz calque-
Patxi Zubizarreta: De fel e mel, Xerais. ra, ten unha familia, ten
Pepe Carballude: Investigación 091, Xerais. amigos, unha casa, unha
Sérgio Klein: Poderosa. Xerais. vida, ten un amor, ten pro-
Susan E. Hinton, Rebeldes, Alfaguara-Obradoiro. xectos. Ata que, de súpe-
Suso de Toro: A sombra cazadora, Xerais. to, a guerra. Irmán do
vento é a crónica da des-
trución inexorábel de todo
Miguel Vázquez Freire,
canto Khaled é e de canto
Anxos en tempos de soña ser. Étamén a narración emocionante da loita
chuvia contra ese destino imposto e pola recuperación da
É a historia dunha rapaza e dignidade e da esperanza.
tres rapaces que morren na
madrugada viguesa dun
Jordi Sierra i Fabra, Soidades de Ana
sábado nun accidente de
automóbil. Moncho, irmán de
Chamábase Ana, pero
Anxos, a rapaza falecida, non
agora xa só é un
quere aceptar as explicacións
recordo. Un aborto
oficiais sobre a causa do
mal practicado no seu
accidente e a partir de aí
corpo de adolescente
actúa coma un investigador,
embarazada acabou
coma un detective que anda
con ela. No silencio
na procura, non das pegadas
da ausencia, a súa
dun crime, senón dunha
irmá intenta
inocencia. Os accidentes de
reconstruír os últimos
tráfico, a droga, o consumo
días de Ana, cando,
de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade
abandonada por todos,
galegas... están na novela, como o amor, a iniciación ao
se ve obrigada a vivir
sexo, a reflexión sobre a relixión e a existencia e, sobre todo,
as súas máis fondas
a consideración da morte como unha experiencia vivida.
soidades.

2
RESEÑAS 3º ESO
Fran Alonso, Cartas de amor
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non
son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as
desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias
que rodean as mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros
protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o
franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a
integración… E quen escriben as cartas son mulleres que viven
circunstancias vitais –persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se
enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un
canto á vida e á dignidade.

Marga do Val, O prognóstico da lúa


Antón Cortizas, Leonel Tevo escríbelle unha carta a Xandro citándoo, deses-
Miguel, un mozo de 15 anos, ten perado: está "tirado" e con débedas que nunca dará
que pasar o verán na casa dos seus pagado co que saca vendendo panos nos semáforos.
avós na aldea por culpa dos seus pero antes de chegar á hora do rencontro, morre. Co-
suspensos. Alí producirase un menza entón a recordar Xandro como coñeceu a Te-
cambio total da personalidade do vo no colexio e empezaron cos canutos e pequenos
rapaz: a súa actitude negativa cara a roubos. Con outra amiga formaban un trío
todo transfórmase por medio dos de "colgados" que traficaron con heroína e arruina-
seus avós, do misterio que rodea ó ron o seu futuro.
antigo habitante da casa, o pegureiro Marilar Aleixandre, A banda sen futuro
Leonel, e do amor por Ana, rapaza Carlota, unha rapaza de 16 anos, conta a través do
coa que pasa todo o verán na busca seu diario as súas experiencias e emocións ao longo
dos relatos que Leonel deixou de 2 meses. Coñecemos o seu malestar ao se ter que
ocultos e de datos sobre a súa afacer a unha cidade nova, a onde se muda coa
personalidade. familia polo traballo de pai, e ao comezo do curso
escolar nun instituto novo. Ademais, le unha mala
Bram Stoker,
nova no xornal: a morte de Poch, un cantante ao que
Drácula admiraba. Ela sente que todo lle sae mal e séntese
Levada ao
parte dunha banda sen futuro porque cre que o futuro
cinema en
é máis ben negro. O cantante morto convértese no
numerosas
seu confidente ante o desacougo, a soidade, o medo
ocasións, esta
aos demais e terror aos espellos. Un día na clase de
novela universal
inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea
agocha, tras o
dun insulto doutro rapaz e a partir de entón...
mito do
vampiro, Christine Nöstlinger, Horario de clase
asuntos humanos fundamentais que Anika ten problemas. Na casa, na escola e cos cartos.
todas as persoas senten e coñecen. O Pero tamén cos seus amigos, co seu pelo, co amor… A
autor fai confluír en Drácula dúas Anika gústalle Wolfgang, pero non parece que este lle
tradicións: o vampiro literario e o faga moito caso. En cambio, Stefan Stemberger, un tipo
folclórico. O vampiro, esa alma simpático, ándalle enriba daquela maneira… Arredor
diabólica condenada a vagar deles hai moita máis xente: pais, profes, compañeiros de
eternamente sen repouso, está clase, camareiros, veciños… Un castigo colectivo
presente en moitas culturas, porque provoca a convocatoria dunha folga no Instituto. Vai ser
en todas elas o sangue se percibe unha boa ocasión para saber de verdade
como unha forma de enerxía vital. quén é quén e de qué vai cada un.
Susan F. Hinton, Rebeldes
En N.Y. uns adolescentes vense envoltos nunha complicada aventura entre bandas rivais de moi
diferente extracción social: greasers e socs. Tras unha pelexa en que un mozo soc resulta morto,
Johnny e Ponyboy teñen que fuxir a pesar de que ningún dos dous é culpábel do sucedido. Durante
a fuxida, Johnny perde a vida por salvar uns nenos dun incendio. Os amigos bótano de menos.
Ponyboy regresa á casa cos irmáns decidido a volver ao instituto e abandonar unha vida chea de
perigos.
3
Agustín Agra, Cazaría salvaxe
Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás
miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de
invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de
sangue, que perseguían e devoraban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo
da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o
elixido. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa
prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas,
Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.
H.P.Lovecraft, Relatos de terror
Oito relatos que mostran como este xenial autor foi o inventor dun novo
xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que
perviven no inconsciente das persoas para espertar eses terrores
ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de
terror "cósmico" que se dirixe á parte máis profunda do cerebro,
dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero
humano.
Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville
Historia de terror calofriante levada ao teatro, ao cinema e á
televisión Na Inglaterra vitoriana, Holmes, o máis famoso detective
de todos os tempos, resolve os casos máis insólitos grazas á súa
capacidade dedutiva e á axuda do Dr. Watson. Na rexión de
Dartmoor, investiga a morte inesperada de sir Charles. Unha vez
máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un
espectro e os alaridos dun can.

M. Forcadela, Agustín Fernández Paz, "oite de voraces


Sangue sobre a sombras e O centro do labirinto
neve oite de voraces sombras. Sara, unha moza de 16 anos, escribe dous
Un coñecido meses despois, na soidade do seu cuarto na Coruña, sobre os días de
industrial aparece agosto en Viveiro que lle cambiaron a vida, cando deixou de ser unha
asasinado na praia rapaza atolada, non só pola descuberta do propio corpo con Daniel
de Alcabre deixando aquela noite na praia. Ademais, tras atopar algunhas cartas agochadas,
unha cuantiosa comezará unha pescuda que a levará ata os tempos da Guerra Civil e á
débeda. Toni illa de San Simón. Fernández Paz é toda unha garantía de calidade,
Barreiro, un ex- emoción e interese. O centro do labirinto. A mediados do século XXI
boxeador que a doutora Sara Mettmann, integrante do G-12, o
malvive realizando grupo que rexe os destinos de Europa, viaxa a
cobros de morosos, é contratado para Galiza co seu fillo David. Mentres ela viaxa ao
tentar a recuperación dos cartos. Como pasado ollando os petroglifos, David aventúrase
resultado das súas pesquisas só consegue no seu aeromóbil e intérnase nunha fraga para
pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni experimentar o seu xogo preferido de realidade
non é un home que se deixe vencer virtual. Coñece así un grupo da resistencia ás
facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un Leis de Unificación cultural e lingüística que
vello e inseparábel amigo, e de Patricia, impuxeran un modelo social negador da
unha muller atractiva, misteriosa. Como diversidade. Esta é unha novela de aprendizaxe
fondo, un Vigo portuario e invernal dando primorosamente escrita cun apaixonado alegato
cabida aos lances da paixón e o crime. en favor das linguas minorizadas.

Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego


Balbino cóntanos a súa curta historia de neno pobre nunha aldea do interior de Galiza. Por medio
do caderno ao que confía os seus segredos asistimos a unha visión dura e desesperanzada dunha
aldea pechada, opresiva, sen posibilidades de mellora material nin espiritual, supeditada económi-
ca e socialmente... Balbino, rapaz intelixente e observador, axiña se decata da inxusta división
social e da súa pertenza ao estrato máis baixo. Impedido de dialogar amigabelmente co seu
contorno (castigado, maltratado, vexado polo fillo do cacique) e sabendo que a situación non
mudará, Balbino ve como única posibilidade de romper ese círculo pechado a fuxida, a
emigración que coloca como horizonte soñado.
4
Fina Casalderrey, A Pomba e o Degolado
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no insti-
tuto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban toma-
dos por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida
imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven
tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e
chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará
Ledicia Costas, Unha estrela no vento
Esta é a historia de Miguel Foz, un estudante dun
instituto vigués de bacharelato de 17 anos que
comproba como o seu mundo se derruba dun día
para outro; farto do pai, da profesora de literatura,
de toda a xente que o rodea, séntese que é Víctor Omgbá,
diferente a todos. Un día recibe unha boa Calella sen saída
malleira, que o deixa eivado na casa durante días, Narración en primeira
mentres os seus colegas que frecuentan a sala de persoa dun mozo
billar da cervexería Lagoa deciden vingarse, o africano que chega a
que abre un enfrontamento entre dúas pandas que Europa para
será moi diferente ao que todos eles agardan. Miguel atopará no seu continuar os seus
curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha estudos, iniciados no país natal. Lonxe diso,
moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Eles a nova situación fórzao a vivir a vida dun
ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto. inmigrante ilegal.

Carlos Vila Sexto, Cara á fin da luz


Días antes da eclipse total de sol, buscando un itinerario
alternativo para fuxir dun atasco, a familia de Joseph
chega a un lugar estraño, a vila de Nova Israel, que
xorde no medio do deserto. Unha paisaxe insólita, un
ambiente abafante, uns personaxes inquietantes, uns
acontecementos misteriosos. Atrapado neste lugar, fóra
do tempo, atopa a Justin e descobren que levan días
soñando un mesmo pesadelo. Un ser que habita neste
soño guiará os seus pasos cara á salvación dun pobo
atrapado polas forzas do mal, entre a vida e a morte.

Jaume Robira e Andreu Martín,


O diario vermello de Flanagan O. Wilde, A pantasma de Canterville
Animado pola súa amiga -e algo máis que Cando o embaixador norteamericano Hiram
amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un B. Otis resolveu comprar o pazo de Cantervi-
diario no que recolle as súas primeiras lle, todos lle foron co conto de que facía unha
experiencias sexuais, as súas dúbidas e os seus gran parvada porque a casa estaba abofé en-
descoñecementos neste ámbito. Porque falar meigada. O propio Lord Canterville, home de
de sexo é moi importante. Tan importante honra cumprida como era, sentiuse na obriga
como saber o que pode representar manter de avisalo de que aquela pantasma
unha vida sexual plena, satisfactoria e aparecéralle a familiares seus, que pasaban
responsábel. noites enteiras sen durmir por mor daqueles
ruídos tan raros que se sentían ao final do
Suso de Toro, A sombra cazadora corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa
embaixador que consideraba que a pantasma
totalmente arredados do mundo exterior.
e os mobles non lle eran nin máis nin menos
Fóra hai unha ameaza para todos eles que só
que unha parte do lote que quería mercar.
o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese
"Veño dun país moi adiantado onde non hai
alterado, e o seu pai advírteos: «Imaxinade
cousa que non se poida mercar cartos",
que a vosa sombra se separa de vós e toma
pensaba o americano para quen se houbese
vida de seu. Imaxinade que a imaxe do
unha pantasma en Europa xa estaría nalgún
espello toma vida propia e actúa pola súa
museo americano ou mesmo nas rúas, como
conta. Ha chegar un momento no que teñades
títere de pago.
dificultades».

5
Patxi Zubizarreta, De fel e mel
Selim naceu en Imlil, unha aldeíña do Atlas marroquíno. Cada ano, polo verán, alí chegaba o fla-
mante Renault de Mohamed, un veciño emigrado en París. Selim decide iniciar o mesmo camiño:
unha longa viaxe cara a Francia na procura de fortuna. Dende as rúas de Marrakesh, onde
malvivirá traballando en fedorentas tinturerías e como guía turístico, chega a Euskadi na caixa
dun camión. Alí atopará o amor e a amizade, pero tamén sufrirá o pesadelo da súa condición de
emigrante ilegal. Esta novela é unha denuncia, enchida de tenrura, do contrabando de persoas.
Pascual Alapont, O inferno de Marta
Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no in-
ferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de esca-
par de alí. Esta novela, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de
pé. A historia de Marta, unha moza que namorou da persoa equivocada, tamén é a historia
dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. O libro complétase con A
máscara do amor, texto do psicólogo e criminalista Vicente Garrido que analiza os
comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no
inferno do maltrato físico ou psicolóxico. Un libro útil que combina unha novela emocionante
chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

John Boyne, O neno do pixama a raias


Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. No entanto, se decides
embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando
se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en
moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas
forza para librarte del...
Sérgio Klein, Poderosa
Joana Dalva é unha moza que soña con ser Manuel de Pedrolo,
escritora. Un día fai unha redacción sobre Xoana Mecanoscrito da segunda
de Arco e provoca unha reviravolta na historia e orixe
nela mesma. Se unha simple redacción podía Primeira incursión do
cambiar o pasado, por que non usar a literatura autor na literatura xuvenil.
para cambiar o presente? Joana non dubida en Case un millón de
converter a ficción en realidade. O problema é exemplares vendidos.
que cada texto que ela escribe provoca Conta a historia de Alba e
consecuencias imprevistas, orixinando outros Dídac, dous rapaces que
textos que traen novos problemas. É o xogo do sobreviven a unha
gato e do rato que acaba escapando do seu catástrofe que fai do mundo un lugar
control. Para participar nese xogo non é preciso desolado e infernal. Desde o espanto dos
ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os primeiros momentos, a parella irá evoluíndo
conflitos e as espiñas da adolescencia. e adaptándose ao novo contorno até facer do
amor o acontecemento central das súas vidas.
Pepe Carballude, Investigación 091
A aparición do cadáver de Sonia Cambeiro, unha nena de 10 anos, vítima dun axuste de contas
entre narcos, e o secuestro de Cachi, un camelo do instituto, mobilizan á policía. A intervención
de Manolo Longueira, un novo profesor de inglés do centro, a afouteza de Rosa, a telefonista
que recaba información para a revista Pulso semanal, e as pesquisas de Xavier Cabaleiro, un
alumno enfermo de hepatite, e do seu pai permitirán desenredar o complexo nobelo tecido polos
capos dunha rede mafiosa sen escrúpulos asentada nunha vila mariñeira das
Rías Baixas.
Marilar Aleixandre, Rúa Carbón
Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os 17 anos,
Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela, militante de ETA
político-militar e morreu antes que Paula nacera cando colocaba unha bomba. O desvelamento
deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane
provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desennovelar.
Velaí o comezo da novela na que a procura do pai é o eixo do problemático tránsito dunha
adolescente á madurez. Unha narración valente, onde o conflito político vasco funciona como
teón de fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas.

6
RESEÑAS 2º ESO
Agustín Agra: O tesouro da lagoa de Reid’Is, Xerais.
Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno, Xerais.
Agustín Fernández Paz: Tres pasos polo misterio, Xerais.
Breogán Riveiro: Tonecho de Rebordechao, Xerais.
Carlos Freire Cordeiro: Acio sanguento, Xerais.
Carlos Labraña: Os sons da buguina, Baía.
Carlos Mosteiro: Manual de instrucións para querer a Irene, Galaxia.
Conchi Regueiro: O tesouro das ánimas, Baía.
David D. Márquez: Orballo da mañá..., Baía.
Fina Casalderrey: ¡Asústate, Merche!, Xerais.
Francisco Castro: O ceo dos afogados, Xerais.
Jack London: A chamada da selva, Xerais.
Joaquim Gonzàlez: Todo o verán por diante, Galaxia.
Jordi Sierra i Fabra: un lugar chamado guerra, Galaxia.
Lourenzo González, Manuel: Tanis I, o Mocos, Xerais.
Manuel Forcadela: A procura do falso Grial, Galaxia. Jordi Sierra i Fabra, "un lugar
Marcos Calveiro: Sari, soñador dos mares, Tambre. chamado guerra
María Reimóndez: Usha, Xerais. Unha novela sobre a amizade, pero
María Xosé Queizán: O segredo da Pedra Figueira, Xerais. tamén unha descarnada mostra de
Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico, Xerais. como viven na actualidade millóns de
Marilar Aleixandre: A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, Tambre. rapaces e rapazas vítimas da guerra e
Miguel Vázquez Freire: Proxecto Poma Dourada, Xerais. dos éxodos masivos. Néstor Pujalte,
Pepe Carballude: O talismán dos druídas, Everest Galicia. xornalista de vintecatro anos, é
Ramón Caride: A negrura do mar, Xerais. enviado a informar sobre a guerra
Robert Louis Stevenson: A Illa do tesouro, Xerais. que ten lugar na república exsoviética
Santiago Jaureguizar: Balea morta ou lancha a pique, Xerais. de Tudzbestán. Alí coñece a Milo, un
Suso de Toro: Morgún, Xerais. rapaz que lle serve de intérprete e co
Xabier A. Barreiro Liz: A pantasma telefónica, Baía. cal establece unha relación de
Xabier P. Docampo: O pazo baleiro, Xerais. utilización mutua que acabará
Xesús Manuel Marcos: O brindo de ouro I. A chamada do brindo, Xerais. converténdose nunha verdadeira
Xosé Miranda: Pel de lobo, Xerais. amizade
Xurxo Silvestre Gómez: Déixao medrar, Xerais.

David Márquez, Orballo da mañá


O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país logo das vacacións,
agardaba no porto de Casabranca cheo de luces, de bandeiras de cores,
de música... Nadia tamén viaxaría moi cedo cara ao norte, onde seguro
que algún día se atoparían mais o seu barco non tería bandeiriñas nin
luces de cores nin música...
Carlos Freire Cordeiro, Acio sanguento
Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu
axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asa-
sinato de Xulio Afonso, un profesor de instituto, no que axiña detectan
a existencia de moitos ángulos mortos e detalles, aparentemente insig-
nificantes, tras os que se ocultan segredos, mentiras e unha historia de
amor.
Xesús Manuel Marcos, O Brindo de ouro I. A chamada do Brindo
Selmo, o fillo do gardián da tribo dos arxinas, coñece a desfeita de Cido, a súa aldea, que foi
incendidada polos seus inimigos, os valecos da tribo dos broncedos. Na súa fuxida, Selmo,
acompañado de Lombán, o seu lobo albino, atopará dous heroes, Toimil e Oulego, que o
axudarán, xunto coa Valiña da Osa, unha xida, meiga protectora da aldea, a desvelar o
misterio do Brindo de ouro, ese corno máxico que os protexe, porque lles proporciona a
valentía que os fará invulnerábeis. Novela de aventuras, épica e fantástica, que remite a un
pasado mítico, onde o heroísmo e a maxia ocupan un lugar sobranceiro.Un texto que crea un
mundo autónomo, ao xeito de Tolkien, e conforma unha novela escrita coas pautas das obras
de espada e bruxería sobre o trasfondo da paisaxe e da toponimia das terras do Caurel.

7
Agustín Fernández Paz,
Tres pasos polo misterio e Cartas de inverno
Tres relatos nos que o misterio ocupa un lugar central. En cada un
deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicábel que
acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de
“A serpe de pedra”, o peregrino novo de “A vella foto das
estrelas” e o historiador de “As sombras do faro” viven
experiencias arrepiantes. Un libro que guía os nosos pasos polos
camiños do misterio, da intriga e do terror.
Cartas de Inverno. Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre
remitido polo seu irmán Xabier desde unha casa situada nun
descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No seu interior inclúense
unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre
reforzada por unha fita adhesiva que desevelan as claves do que lle sucedeu a xabier e
mais ao seu amigo, o pintor Adrián Louzao. Ao igual que Tareixa, non poderás deixar de
ler as cartas que falan dos estraños sucesos que arrodean a nova casa de Xabier.
Xosé Miranda, Pel de lobo
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tira-
dores e solicitábanos dos lugares para que fosen matar lo-
bos. Desta volta, Xosé, un mozote de 17 anos, contará o
acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na
procura dun lobo enorme, que algúns din completamente
negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de
nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. No Incio,
Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Auro-
ra e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo
do home nin do lume. Este é o arranque argumental desta
novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e
literario do lobishome nas aldeas da montaña luguesa.

Joaquim Gonzàlez, Carlos Labraña, Os sons da buguina


Todo o verán por diante Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do
Narración que capta a atención desde horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha
o primeiro momento polo seu acerta- taberna visitada por xentes que andan á procura dun
do retrato do mundo xuvenil. O libro abeiro. Todo muda o día en que o vello Nomar regresa
ten como protagonistas a Toni e Ra- a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da
quel, dous rapaces que van ao mesmo partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal,
instituto e que se ven enredados nu- enchoupada de mar, fará que as historias caladas
nha relación sentimental non exenta agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha
de atrancos e dificultades. A acción, antiga lenda que se torna realidade.
situada nunha cidade indeterminada,
desenvólvese con moita sinxeleza e Breogán Riveiro,
céntrase no mundo dos estudantes Tonecho de Rebordechao
novos e as súas inquedanzas: os Rebordechao é unha aldea que queda alá por...
amigos, os pais, os profesores, os chegando á... O certo é que non é doado atopar
sentimentos, o amor... Rebordechao, nin sequera aínda que a busques.
Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo
e máis guapo, o mellor de todos, porque en
Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

Jack London, A chamda da selva


No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as
rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A
chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no
espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo
vagar na granxa do xuíz Miller comeza unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola
existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán
salvaxe que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo.
8
Francisco Castro, O ceo dos afogados
Todos os golfiños de todos os mares decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de
todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás
seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde
misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do
silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos
calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que
foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno
resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños
configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía
marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando.
María Reimóndez, Usha
Uxía, Usha para os seus amigos, cóntanos a súa estancia na India, país
onde pasa longas tempadas acompañando a súa nai, membro dunha
ONG. A súa vida na vila de Devastana pemitiralle facer amigos,
aprender novas linguas (canarés) e costumes e adquirir unha visión
diferente da vida procedente desa cultura nova descoñecida para ela.
Xabier Barreiro Liz, A pantasma telefónica
Agora sabían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só
que... algo non estaba a marchar como se prevía, xa que pouco a pouco a
mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na compu-
tadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea con forma
de dragón comezou a arder sen que ninguén a tocase...
Mª X. Queizán, O segredo da Marilar Aleixandre,
Pedra Figueira A expedición do Pacífico
Lazo é unha nena que pertence a
Novela de aventuras que conta as
un pobo de mulleres valentes e
peripecias dunha nena de doce anos,
sabias, herdeira da sabedoría e o
Emilia, que se agacha como polisón
poder da súa avoa Sensatanai e da
nunha expedición científica que parte
forza e o valor da súa nai
para explorar o Pacífico. A acción,
guerreira, unha bagaxe que lle
que se desenvolve no século XIX,
dará a lucidez necesaria para
non renuncia a estar escrita desde
escoller, logo dunha dura travesía,
este fin de século con temáticas
o camiño do poder sobre si
coma o feminismo, aod ebate entre o
mesma, para ser unha muller
creacionismo a paixón polo
como as mulleres, con capacidade
coñecemento...
de decisión propia.
R. L. Stevenson, A Illa do Tesouro
Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha
aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de
bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do
cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ao mar tralo
engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de
fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As súas significaron para varias xeracións
os soños de mocidade de aventuras e a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en
todo ser humano.
Pepe Carballude, O talismán dos druídas Carlos Mosteiro, Manual de instru-
O Consello de Anciáns dos Ne-
rios, habitantes do castro de Ama-
ción para querer a Irene
A iniciación no amor e na dor dunha rapa-
relle, mira con preocupación cara
za de catorce anos que vén de facer un des-
ao futuro ante o próximo ataque
cubrimento terrible sobre si mesma. O
do pobo romano. O cego druída
mundo creado nesta narración céntrase no
Arísitides propón recuperar o tali-
triángulo amoroso arredor do cal circulan
mán desaparecido coa intevención
personaxes moi variopintos. Irene caerá no
do mozo Kanerez, que deberá su-
abismo da tristeza e a confusión, pero ta-
perar tres probas para demostrar
mén será capaz de saír á luz e respirar un aire novo.
que él é o elixido.
9
Suso de Toro, Morgún
A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath
fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: “o que morreu
con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón
recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada
será o seu signo”. Morgún –aquel meniño aparecido na Lagoa onde
moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra
onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante
guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá
ao nacemento do seu señor Breogán.
Miguel Vázquez Freire,
Proxecto pomba dourada Silvestre Gómez Xurxo,
Arno, ao baixar do aerobús, de volta da escola, atopou Déixao medrar
os vehículos da policía e as súas ambulancias diante da Paio ten 14 anos e é moi bo xogando
súa casa. Soubo con total seguridade que naquela ó fútbol. As persoas que están a carón
traxedia os seus pais desempeñaban un papel destacado do rapaz manteñen discursos
e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de diferentes: o seu pai cre que pode
televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co chegar ata o máis alto e facerse rico e
micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a famoso; súa nai, o mesmo que o
deixalo pasar ao interior. Que significaría a enigmática adestrador do equipo, desexa que
mensaxe, “Pomba Dourada”, que o pai de Arno deixara Paio xogue e se divirta sen pensar en
prendida no taboleiro? Arno tiña moito por descifrar… condicionantes extradeportivos. E
ademais está Ana, a rapaza coa que
Manuel Lourenzo, anda a vivir unha tenra e emotiva
Tanis I, o Mocos historia de amor, de quen Paio non
O día que o príncipe Estanislao, ten interese ningún en separarse. O
herdeiro á coroa do reino de conflito xorde cando un equipo dos
Sofrovia, cumpriu 18 anos,
armouse un grande rebumbio no M. Forcadela, A procura do santo
pazo. A causa, unha simple Grial
cuestión de etiqueta. Pasara a Velaquí unha nova aventura
mañá alporizado, abrindo as protagonizada polo detective Toni
portas de todas as dependencias, Barreiro. Alguén rouba unha valiosa
berrando: Onde está o meu frac? Os mordomos, antigüidade na casa dunha parella
apesarados, tiveron que atender ás ordes de Tanis, o adiñeirada. Poucos días despois o
novo rei, e entregáronlle o que pedía: un frac vello, home e mais a muller aparecen
todo esfiañado, con rotos por diante e por detrás, asasinados. Será esa especie de estraño Grial
algún remendo e unha colección de imperdíbeis desaparecido o causante de tanta morte?
picados polas lapelas, os petos e a cola.
Ramón Caride, A negrura do mar
Said e Sheila son dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan
dende o futuro por un mundo mellor. No outono do 2076
emprenderon unha viaxe ao Atlántico con motivo dunha alarma
medioambiental provocada pola aparición de manchas de
hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre
Fisterra e as Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo
atoparán indicios da existencia dunha posíbel marea negra que os
remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha
velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002
cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige
provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.
Marcos Calveiro, Sari, soñador de mares
Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello
piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas
e conversas co rapaz. Na súa travesía polo mar maior, rumbo ao descoñecido, Sari chegará ata a Estrema do Mar,
onde quizais atope esas illas que só coñecen aqueles que as soñan. Unha novela para os que teñen inocencia e
entusiasmo no ollar, coa beleza como emblema e devezo, e na que as palabras soan coa harmonía dun remo a
choupar na tona da auga.
10
Santiago Jaureguizar,
¡Balea morta ou lancha a pique!
Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, viaxa,
acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantuc-
ket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pe-
quod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick
nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí,
Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e
os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique
Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por
asalto aquel casco envellecido por milleiros de
singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas,
procurar a nova grande balea branca, a arrepiante
Dolly Dick.

Agustín Agra, Xabier Docampo, O pazo baleiro


O tesouro da lagoa de Reid’Is A Nicolás anóxao a escola pero pásao
Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán fenomenal cando visita ao seu tío De-
cos seus avós na Casa de Outeiro en lio, que é reloxeiro e vive nun vello
Viladomar de Cabodomundo. O avó vagón de tren. Un día, na caixa dun
cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro reloxo antigo, atopan algo que os pon
fabuloso afundido na lagoa da Praia de sobre a pista dunha xoia emblemática
Mardefora, á altura da Gran Duna, onde hai que quizais se atope nun pazo deshabi-
moito tempo quedara asolagada a cidade de tado. Nicolás acode cos seus amigos
Reid´Is. Aquela montaña de cofres repletos ao pazo... nunha misión un tanto arris-
de ouro, diamantes e outras alfaias de valor, cada, pero chea de sorpresas.
ficara agochada no grandioso pazo do rei e
custodiada polos feroces urcos sedentos de
sangue e por unha fermosa rapaza de
cabeleira vermella, a princesa do lago. Como
fixo o avó para baixar á capital do Antigo
Reino? Conseguiu recuperar algunhas
daquelas pezas marabillosas?
C. Regueiro, O tesouro das ánimas
Esta historia sitúanos en Ponterrubiáns, unha
vila imaxinaria, onde viven Natalia e
Guillerme, compañeiros de clase no instituto
da vila, protagonistas dunha intensa aventura
na que, a partir dunha enigmática clave
atopada nun peto de ánimas do lugar, tentan
resolver coa axuda dun videoxogo de última
xeración e dalgúns dos seus mellores amigos
e amigas unha vella lenda da súa vila na que
se dicía que un bispo do século XVIII FinaCasalderrey,
agachara un tesouro non atopado aínda, e ¡Asústate, Merche!
tamén a misteriosa desaparición da profesora Esta historia iníciase cando, a través
de Historia. dunha nota necrolóxica nun xornal,
Auria descobre unha terrible e miste-
Marilar Aleixandre, riosa razón que a empuxa ó suicidio.
A vaca de Fisterra e a vaca de alcatrán Por medio de Merche, o diario de Au-
Poderás coñecer unha lenda galega moi famosa que ria, e dun narrador revivimos unha via-
fala da existencia da trabe de ouro e a de alcatrán e a xe por Europa. O presente e o pasado
tradición que existe en Fisterra sobre a existencia da avanzan paralelos. Os capítulos do
Vaca de Fisterra, que a autora coñeceu un día no que pasado van dando claves para descifrar
se comunicaron o mundo da realidade e o da fantasía. a situación actual. O descubrimento do
E tamén poderás saber o que aconteceu hai moitos amor, o sexo, o aborto, a amizade, os
anos, nos tempos en que os dragóns tiñan moito estudios, as relacións familiares...
poder no mundo, no reino de Duio, grazas ás xorden dese fío argumental que resulta
memorias de Basilio, o Dragón de Duio. ser a viaxe.
11
AVALIACIÓN
1. Lecturas obrigatorias súa escolla. O traballo seguirá, igualmente, o
Cada alumno/a debe ler, como mínimo, unha guión específico ou o esquema común existente
obra en cada trimestre, que escollerá entre todas para a maioría das lecturas. De ser cualificado
os títulos propostos nesta listaxe. Tamén poderá como APTO, considerarase un traballo extra que
elixir un libro que non se atope nela mais deberá será tomado en conta positivamente na avalia-
comunicarlle o título con antelación ao profesor, ción trimestral e final(como máximo un punto por
que decidirá se a lectura é ou non adecuada. obra).
Unha vez lida a obra, o alumnado elaborará un
traballo a partir de: Observacións
a. Un guión de traballo proporcionado polo pro- - A lectura dunha obra literaria e a elaboración do
fesor para determinadas obras que inclúe unha traballo correspondente por trimestre é
serie de preguntas sobre a lectura para desenvol-
imprescindíbel para superar a materia.
ver polo/a alumno/a. - O traballo será cualificado como APTO ou NON
b. Unha ficha de lectura común (ver máis abai- APTO e, a maiores, cunha nota numérica.
xo) para o resto de lecturas que non teñan un - Os traballos NON APTOS deberán ser
guión de traballo específico. corrixidos.
- Canto antes se entregue o traballo, máis tempo
2. Lecturas optativas teredes para corrixilo e modificalo seguindo as
O/A alumno/a poderá ler cantas obras queira en observacións do profesor.
cada trimestre e deberá informar ao profesor da

FICHA DE LECTURA
Ficha bibliográfica conduta, linguaxe...) e establecemento de personaxes
- Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, principais e secundarios.
colección, editorial, lugar e data de edición. Tempo e espazo
Presentación - Determinar a época na que ten lugar a acción do
- Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relato e o espazo (único, múltiple, aberto,
relatos), poesía, teatro. pechado...).
- Subxénero literario (para a novela): novela de Valoración persoal
aventuras, ciencia-ficción, negra, histórica, terror... Hai que emitir unha opinión argumentada sobre a
Noticia do/a autor/a lectura sinalando aquilo que máis/menos gustou, os
- Breve reseña da vida e, sobre todo, da obra do seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis
autor ou autora. atractivos e suxerentes, o que aprendeches coa súa
Argumento lectura, etc. Ademais, débese facer unha reseña da
- Non pode superar nunca as dúas páxinas de obra, unha especie de recomendación para outros/as
extensión. Débese ser sintético e dar unha idea xeral lectores/as na que indiques a que tipo de público
da obra sen entrar en detalles superficiais. pode gustarlle dando claves para atraer aos lectores e
Tema(s) lectoras que lle pode gustar (segundo os temas e
- Sinalarase o tema principal diferenciándoo, valores que trata, en relación a outras obras lidas ou
ademais, dos temas secundarios. películas vistas, etc.).
Personaxes
- Descrición dos protagonistas (aspecto físico,
PÁXINAS DE CONSULTA
Praza das Letras: http://www.prazadasletras.org/
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/
Lg3 en Cultura Galega: http://www.culturagalega.org/lg3/
Biblioteca da Literatura Infantil e Xuvenil: http://www.filix.org/

12

You might also like