You are on page 1of 2

Resumo libro aire negro

Historia
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
1 pag.

Document shared on www.docsity.com


Downloaded by: ruiditos (sandritagg@hotmail.com)
TRABALLO LITERATURA GALEGA 2ª AVALIACIÓN
Título: Aire Negro
Autor: Agustín Fernández Paz
Xénero: Novela/Terror
Editorial: Xerais
RESUME
O doutor Moldes acaba de licenciarse en psicoloxía e comezou a traballar na clínica
Beira Verde, unha prestixiosa clínica mental, ónde a súa primeira paciente é Laura
Novo. Despois de ler o seu historial, descobre que padece unha especie de autismo e o
único que fai é escribir compulsivamente o seu nome. Coñecedor da súa profesión de
periodista e da súa afección á lectura, comeza a súa terapia mergullándoa no mundo da
literatura para poder tranquilizala e así descubrir o seu pasado e os seus medos. Pouco a
pouco Laura vai experimentando asombrosas mellorías, e decide comezar a recordar a
súa anterior, esa vida na que un feito atormentouna para sempre. Relata que tras unha
relación sen futuro en Madrid decide mudarse a Galicia, a unha casa de turismo rural
dirixida por Carlos, un anterior profesor dela (do que na súa xuventude estaba
profundamente namorada). Alí descobre de novo a felicidade da man de Carlos e da
natureza. Sen embargo, tamén descobre unha das lendas da Galicia máis máxica, o da
Gran Besta, a encarnación do mesmo demo que descansa nunha cova dos montes de
San Simón. A curiosidade xogaralle unha mala pasada e tras a visita de Laura á cova,
verase envolta nunha espiral de medo, angustia e terror que rematara coa visión da
propia besta e o seu ingreso no psiquiátrico. O doutor, tentando verificar o testemuño de
Laura visitará a cova da suposta besta e tamén irá a Porto, onde reside Carlos, tras
intentar fuxir do pasado. O doutor non sabe que a súa visita a cova serviralle a besta
para localizar a Laura e levala con el para sempre. Tras isto, Moldes descobre que todo
aquel no que cría, na ciencia e na psicoloxía, perderon totalmente os seus fundamentos
ante un suceso paranormal, que suporá a súa propia perdición, sumindo na culpabilidade
e na angustia para o resto da súa vida.
Que personaxe consideras principal? Porqué?
Laura Novo é unha das personaxes principais desta novela, xa que no descubrimento do
seu terrible pasado se centra todo o relato. A súa vida, tanto os comezos en Madrid
como o regreso a Galicia, son o fío condutor do suspense e a angustia que xera esta
lectura. O propio lector, a través do relato de Laura, vai coñecendo ao mesmo tempo
que ela todas as sensacións da Galicia interior, e ao mesmo tempo, o terrible segredo
que agochan as súas entrañas, esa cova que é a representación dunha propia entrada ao
inferno. Coa desaparición de Laura, a novela remata dun xeito aberto e terriblemente
frustrante, xa que a propia moza acaba sendo vítima da maldición.
Estefanía Sánchez Otero 2º Bach. B

Document shared on www.docsity.com


Downloaded by: ruiditos (sandritagg@hotmail.com)

You might also like