You are on page 1of 5

Lucía Mariño Pérez

1ºBac B
Émile Zola
Biografía
O ilustre literato francés Émile Zola naceu o 2 de abril de 1840 en París. Era fillo único de
Francesco Zola, un enxeñeiro emigrante italiano (concretamente procedente de Venecia), e
de Emilie Aubert, pertencente á pequena burguesía francesa. Pasou a súa infancia en
Aix-en-Provence, onde asistiu ao colexio Bourbon. Nesta escola foi compañeiro do célebre
pintor Paul Cézanne e a raíz desta relación xurdiu unha sólida amizade. Na pequena rexión
da súa nenez tamén entrou en contacto coa narrativa romántica de Victor Hugo e coa
poesía de Alfred de Musset, o seu autor favorito. Coa morte do seu pai en 1847, a familia
sufriu múltiples dificultades económicas e trasladouse a París, onde Zola, aínda neno,
continuou cos seus estudos no instituto Saint-Louis. En 1858 comezou adentrarse no
mundo dos intelectuais parisinos e tras suspender o seu exame de graduación no ano
seguinte, conseguiu unha ocupación administrativa na oficina de Aduanas e máis tarde, en
1862, comezou traballar para a Editorial Hachette no departamento de ventas. O seu interés
pola poesía e polo teatro, que xa tiña mostrado dende temprana idade, conduciulle a
colaborar con periódicos da época como Le Figaro, Le Petit Journal e Le Salut Public.
Comezaba así a súa carreira literaria publicando os seus primeiros libros en 1864 e 1865.
En 1864 publicou un conxunto de relatos - Contos a Ninon. Zola tiña só 24 anos.
Nesta obra combina múltiples temáticas e tipos de texto narrativo nunha atmosfera de
fantasía na que se reflicten a riqueza léxica e o poder de imaxinación e de expresión das
súas futuras novelas.
En 1865 publicou a súa primeira novela - A confesión de Claude (de carácter
autobiográfico).
Esta obra, aínda pertencente ao Romanticismo mais con claras influencias do próximo
movemento literario (o Naturalismo), é un estudo sobre os celos, o pecado, a redención e o
amor imposible. A súa publicación causou unha importante polémica en Francia mais a
censura (Napoleón III), tras examinala con minuciosidade, decidiu non prohibila.
Ese mesmo ano publicou outras dous obras teatrais: A fea e Magdalena Férat
En 1866, foi despedido da Editorial Hachette pero logrou sacar certo proveito do seu traballo
para o periódico L’Evénement centrándose na crítica pictórica e adentrándose
concretamente no impresionismo. Desta forma cultivou unha profunda amizade con pintores
como Manet e Pissarro. Ese ano publicou un traballo de crítica pictórica: O meu salón.
Devandita obra estaba dividida en tres partes:
● Artículos de crítica de arte
● Textos sobre Courbet e Manet
● Dúas cartas sobre Cézanne
Tamén en 1866 publicou un antecedente dunha das súas obras máis relevantes (Xerminal)
e do seu papel na sociedade francesa da época destacando este no famoso caso Dreyfus:
Os meus odios.
En 1867 consegue certo prestixio pola publicación da novela Teresa Raquin
Un ano máis tarde, en 1868, publica Os misterios de Marsella, onde se reflicte a súa
experiencia xornalística.
NATURALISMO
O naturalismo é un movemento literario que parte do realismo e que consiste en imitar o
método científico para a elaboración das obras. É por isto que se basea na observación da
realidade, na documentación rigurosa e na experimentación cos personaxes. Os
naturalistas consideraban que a novela é unha rama máis das ciencias naturais. Este
movemento está asociado a una concepción pesimista do home e da vida xa que explica a
conducta humana a partir de teorías biolóxicas deterministas.
NATURALISMO E ZOLA
Influenciado polos avances científicos da época (sobre todo polo traballo do biólogo francés
Claude Bernard), polas teorías deterministas de Taine (historiador e filósofo francés) e pola
obra do escritor tamén francés Honoré de Balzac, Zola comezou en 1868 un proxecto que
non remataría ata 1893: a Historia natural e social dunha familia baixo o segundo imperio,
máis coñecida como Os Rougon-Macquart, un conxunto de 20 novelas.
"Quero explicar como unha familia, un pequeno grupo de seres humanos, compórtase nunha
sociedade, desenvolvéndose para dar lugar ao nacemento a dez ou a vinte individuos que
parecen, á primeira vista, profundamente diferentes, pero que a análise mostra intimamente
ligados os uns aos outros" - declara Zola no prólogo da primeira novela da saga.
Nesta colección de novelas inclúense A Taberna (1877), Nana (1880), O Paraíso das Damas
(1883), Xerminal (1885), A Besta Humana (1890) e O desastre (1892).
XERMINAL
Xerminal é unha das novelas máis importantes do naturalismo e para escribila, Zola
empregou o método científico:
● Observación
O escritor trasladouse a unha mina para vivir persoalmente as duras condicións
laborais e domésticas dos mineiros.
● Documentación
Tamén estudou as enfermidades e deformacións propias desta profesión
● Experimentación
Experimentou cos personaxes coma se fora un científico: os mineiros fan unha folga
para mellorar as súas condicións de vida, pero, determinados polo ambiente e a
herencia biolóxica, fracasan e moitos deles morren.
Nesta obra denuncia a degradación e as inxustizas da sociedade coa principal intención de
reformala. Malia o pesimismo que impregna toda a trama, Zola, influido polas ideas
socialistas, viu no sacrificio deses mineiros, na súa morte por reivindicar os seus dereitos, o
xerme dun mundo futuro mellor.
Volta á vida persoal
En 1870 casou con Alexandrine Mélay, que a partir do matrimonio sería coñecida como
Alexandrine Zola. Ela tivera unha filla que morrera, probablemente de fame, tras ser
abandonada pola falta de recursos económicos da nai. A parella non tivo descendencia,
porén, o escritor si tivo dous fillos coa súa amante Jeanne Rozerot.
A partir de 1873 comezou entablar novas amizades con Flaubert (autor de Madame Bovary)
e outros escritores franceses da época.
En 1886 Paul Cézanne e Zola distanciáronse, feito que foi atribuido á suposta inspiración
que o primeiro lle supuxo ao escritor para a creación do personaxe Claude Lantier: un pintor
fracasado da novela A Obra (1886).
Caso Dreyfus
O caso Dreyfus foi un escándalo político que dividiu a Francia a finais do século XIX e comezos
do XX. Consistiu na condena por traizón en novembro de 1894 do capitán Alfred Dreyfus, un
novo oficial de artillaría francés de ascendencia asquenazí (xudeo alsaciana). Condenado a
cadea perpetua por supostamente ter comunicado secretos militares franceses á Embaixada de
Alemaña en París, Dreyfus foi enviado á colonia penal da Illa do Diablo, na Guayana Francesa e
recluido en réxime de illamento, onde pasaría case 5 anos. Dous anos máis tarde, en 1896,
saíron á luz probas que identificaban a un maior do exército francés chamado Ferdinand Walsin
Esterhazy como o verdadeiro culpable. Despois de que oficiais militares de alto rango suprimiran
as novas probas, un tribunal militar absolveu por unanimidade a Esterhazy despois do segundo
día de xuízo. O exército acusou a Dreyfus de cargos adicionais baseados en documentos falsos
creados por un oficial de contraintelixencia francés, Hubert-Joseph Henry, que buscaba volver a
confirmar a condena de Dreyfus. Os superiores de Henry aceptaron os seus documentos sen
pasalos por un exame completo. Así, comezou difundirse a noticia da incriminación de Alfred
Dreyfus por parte do tribunal militar e tamén o posterior intento de encubrimento desta debido á
publicación dunha das obras máis importantes de Émile Zola: J’accuse, publicada na primeira
páxina do periódico L’Aurore e leída por toda Francia; comezando desta forma un proceso de
difamación contra Zola que desembocaría nunha condena a un ano de cárcere e a pagar unha
elevada multa. Os activistas progresistas presionaron ao goberno para que se reabrise o caso.
En 1899, Dreyfus foi levado a Rennes dende a Guayana para outro xuízo. O intenso escándalo
político e xudicial dividiu a sociedade francesa e o acusado contou co apoio de individuos como
o futuro presidente da república Georges Clemenceau. O novo xuízo deu paso a outra condena
e a unha sentencia de 10 anos pero se lle ofreceu a Dreyfus un indulto e se lle puxo en
liberdade. Finalmente, esta persecución fixo que o escritor se vise obrigado a exiliarse a Londres
ata 1899, cando foi demostrada a súa inocencia e pudo volver a París. En 1906, Dreyfus foi
reinstalado como maior no exército francés e serviu durante toda a Primeira Guerra Mundial,
terminando o seu servicio co rango de tenente coronel.

J’accuse

Comezo do artículo:

"Señor: ¿Me permitís que, agradecido por la bondadosa acogida que me dispensasteis, me
preocupe de vuestra gloria y os diga que vuestra estrella, tan feliz hasta hoy, esta
amenazada por la más vergonzosa e imborrable mancha?”

Final coas acusacións, co “j’accuse”:

“Señor Presidente, concluyamos, que ya es tiempo.

Yo acuso al teniente coronel Paty de Clam como laborante -quiero suponer inconsciente-
del error judicial, y por haber defendido su obra nefasta tres años después con
maquinaciones descabelladas y culpables.

Acuso al general Mercier por haberse hecho cómplice, al menos por debilidad, de una de
las mayores iniquidades del siglo.

Acuso al general Billot de haber tenido en sus manos las pruebas de la inocencia de
Dreyfus, y no haberlas utilizado, haciéndose por lo tanto culpable del crimen de lesa
humanidad y de lesa justicia con un fin político y para salvar al Estado Mayor comprometido.

Acuso al general Boisdeffre y al general Gonse por haberse hecho cómplices del mismo
crimen, el uno por fanatismo clerical, el otro por espíritu de cuerpo, que hace de las oficinas
de Guerra un arca santa, inatacable.
Acuso al general Pellieux y al comandante Ravary por haber hecho una información infame,
una información parcialmente monstruosa, en la cual el segundo ha labrado el
imperecedero monumento de su torpe audacia.

Acuso a los tres peritos calígrafos, los señores Belhomme, Varinard y Couard por sus
informes engañadores y fraudulentos, a menos que un examen facultativo los declare
víctimas de ceguera de los ojos y del juicio.

Acuso a las oficinas de Guerra por haber hecho en la prensa, particularmente en L'Éclair y
en L'Echo de París. una campaña abominable para cubrir su falta, extraviando a la opinión
pública.

Y por último: acuso al primer Consejo de Guerra, por haber condenado a un acusado
fundándose en un documento secreto, y al segundo Consejo de Guerra, por haber cubierto
esta ilegalidad, cometiendo el crimen jurídico de absolver conscientemente a un culpable.

No ignoro que, al formular estas acusaciones, arrojo sobre mí los artículos 30 y 31 de la Ley
de Prensa del 29 de julio de 1881, que se refieren a los delitos de difamación. Y
voluntariamente me pongo a disposición de los Tribunales.

En cuanto a las personas a quienes acuso, debo decir que ni las conozco ni las he visto
nunca, ni siento particularmente por ellas rencor ni odio. Las considero como entidades,
como espíritus de maleficencia social. Y el acto que realizo aquí, no es más que un medio
revolucionario de activar la explosión de la verdad y de la justicia.

Sólo un sentimiento me mueve, sólo deseo que la luz se haga, y lo imploro en nombre de la
humanidad, que ha sufrido tanto y que tiene derecho a ser feliz. Mi ardiente protesta no es
más que un grito de mi alma. Que se atrevan a llevarme a los Tribunales y que me juzguen
públicamente.

Así lo espero."

Ensaios
● 1880: A novela experimental
● 1881:
- A escola naturalista
- O naturalismo no teatro
Da súa obra ensaística cómpre tomar como a máis importante e influínte na súa época A
novela experimental, xa que estableceu de forma definitiva a nova teoría literaria
propugnada polo autor: o naturalismo.
Morte
Émile Zola falece o 29 de setembro de 1902 con 62 anos na súa casa, asfixiado pola
inhalación de aire contaminado como resultado dunha suposta conspiración de asasinato
que consistiu en tapar a chimenea dunha estufa do seu fogar. 6 anos máis tarde, en 1908,
as súas cinzas foron trasladadas ao Panteón de París, máximo honor en Francia.
Frases
“A realidade e a miseria oprímenme e, sen embargo, soño todavía.”
“Canto máis duramente se oprime a verdade, máis forza toma, e a explosión será terrible.”

“Unha muller sen fillos non pode ser feliz. Amar non é nada; é menester que o amor teña
froitos de bendición.”

“A xuventude é inmoderada nos seus desexos.”

“Non son optimista, quero ser optimista.”

FIN

You might also like