You are on page 1of 2

APUNTES GALLEGO TEMA 4 Y 5

1. As Vangardas
Características:
-Actitude romántica e antisentimental
-Defensa da total liberdade creativa
-Defensa da arte pola arte
-Renovación da linguaxe literaria

Hilozoísmo: Ten como tema principal do poema a natureza que aparece animada mediante
constantes personificacións. O autor máis importante foi Luis Amado Carballo, que escribiu Proel e
O gato.

Neotrobadorismo: Ten como tema principal o amor e o ambiente espacial. O autor máis importante
e Álvaro Cunqueiro, que escribiu Cantiga nova que se chama riveira e Dona do corpo delgado,
outro autor moi importante desta época é Fermín Bouza Rey, que escribiu Nao senlleira.

Creacionismo: Caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega. O autor máis importante é
Manuel Antonio, que escribiu De catro a catro.

2. Textos Prescritivos

Os textos prescritivos teñen como finalidade guiar ou regular o comportamento do receptor.

Textos normativos: Recollen as normas ou ordes acerca do comportamento das persoas, como por
exemplo, normas de circulación, leis..

Textos instrutivos: Proporcionan a información necesaria para a realización dunha actividade, por
exemplo, unha receita de cociña, os pasos para montar un moble...

3. Literatura do Exilio

Poesía do exilio: Os autores máis importantes foron Lorenzo Varela, Emilio Pita e Luis Seoane, que
escribiu Fardel de exiliado, Nas brétemas, Sant-lago, As cicatrices, A maior abondamento.

Narrativa do exilio: Os autores máis importantes foron Ramón Valenzuela, Silvio Santiago e
Eduardo Blanco Amor, que escribiu A esmorga.

A esmorga: Esta novela narra a farsa de tres personaxes, Cibrán, Xanciño e Milhomes, que votan de
borracheira un día enteiro, que acabará coa morte de dous deles e o asasinato do terceiro a mans da
Garda Civil

Como afectou a literatura do exilio a Galicia: Afectou de forma que co inicio da Guerra Civil queda
truncado o panorama literario e péchanse editoriais, revistas e xornais e paralízase a difusión e a
edición dos textos na nosa lingua.

4. VOCABULARIO

Lóstrego/ Alustro: Resplandor intenso producido por unha descarga eléctrica nas nubes.
Lazo: Capa de xeo formada na superficie da auga cando baixa moito a temperatura.
Sarabia: Auga conxelada que cae violentamente.
Froalla/ Babuxa: Chuvia miúda

You might also like