You are on page 1of 6

OBRA NARRATIVA

Eduardo Modesto Blanco Amor é un autor do


que se fala como gran dominante da técnica
narrativa. A súa labor nesta forma de escritura
comeza xusto despois da guerra. Publica a
súa primeira novela no 1949, en lingua castelá,
titulada La catedral y el niño. A partires deste
punto comeza a súa traxectoria como
prosista. Publica varias obras de narrativa máis
ao longo dos anos, a maioría delas en galego,
ata que escribe no 1972 Xente ao lonxe, a súa
derradeira obra en prosa. A súa creación con
máis prestixio é, sen dúbida, A esmorga,
publicada no 1959, traducida por el mesmo ó
castelán como La parranda e incluso levada
Eduardo Blanco Amor
ó cine en dúas ocasións (1977 e 2014).
A continuación, o argumento das súas tres obras mellor recoñecidas:

A ESMORGA (1959): Esta novela relata a esmorga de


Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio o Milhomes,
que, despois dun día completo de festexo, falcatruadas
e bebedela, ten o seu final nun tráxico desenlace no
que morren dous dos personaxes e o último é axuizado.

OS BIOSBARDOS (1962): trátase dunha obra que, por


medio dunha serie de contos, reflexa un mundo infantil
en ocasións dramático e cheo de intensidade, narrado
dende o punto de vista de sete rapaces de idades
variadas a través das súas experiencias na vida.

XENTE AO LONXE (1972): Xente ao lonxe está baseada,


de novo, na cidade ficticia de Auria. O autor reflicte os
cambios sociais máis característicos da chegada da
Galicia de finais do século XIX a través de distintas
situacións que viven os 170 personaxes que compoñen
esta obra. O relato pasa dun campo de visión moi
amplo ou panorámico a un máis individual.

2
CONSTANTES DA SÚA OBRA
Algunhas características da obra de Castelao están presentes en todas ou
case todas as súas creacións. Estas características ou constantes son as
seguintes:

LINGUAXE: é fluído e se corresponde co popular da sociedade, de xeito que


sexa comprensible por calquera galego.

SALTOS TEMPORAIS: trátase dunha característica formal típica da súa obra


que consiste en retroceder ou adiantar a acción no tempo.

PLURIPERSPECTIVISMO: é unha técnica narrativa empregada para amosar


dous puntos de vista diferentes; o do que vive a realidade narrada e o do
que soamente a presencia. Tamén poden presentarse outros puntos de vista
a parte inda que estes dous son os principais e máis diferenciables.

OBRAS REALISTAS / SOCIAIS: as de Blanco Amor son obras que, na súa


maioría, representan a vida das clases populares e traballadoras galegas.
Con relación a isto, este autor basea moitas das súas obras en cidades
ficticias, como a de Auria en A esmorga ou en Xente ao lonxe, que parecen
referirse ao seu Ourense natal.

3
A ESMORGA
ARGUMENTO
Todo comeza nunha mañá de inverno cando Cibrán, de camiño ó seu
traballo, atópase co Bocas e co Milhomes nun pequeno enfrontamento.
Eles encóntranse en estado de ebriedade e, sen sabelo, fuxitivos das
autoridades locais. Estes dous últimos persuaden a Cibrán para saír de
esmorga con eles. No seu percorrido pola cidade ficticia de Auria, realizan
unha serie de actos vandálicos como a queima dun pazo, violación,
asasinato, roubo, etc; todos acompañados da choiva. Final e
traxicamente, o Bocas e o Milhomes rematan mortos e Cibrán acaba no
xulgado acusado de numerosas ilegalidades. Non queda claro ó final da
obra, se Cibrán finalmente se suicida cun coitelo que formaba parte das
probas ou se o matan pola tortura que sofre por parte dos gardas do
xulgado.

TEMA
O tema que trata esta obra é o realismo dos marxinados da sociedade
galega.

Fotograma correspondente á versión de filme de “A esmorga”, por Ignacio Vilar.


De esquerda a dereita, os actores que representan a Cibrán, Bocas e Milhomes.

4
NOVIDADES FORMAIS E TEMÁTICAS DE A ESMORGA
A chuvia é unha constante que está presente en toda a obra e resulta
bastante monótona. Cibrán fai proveito da chuvia para xustificar no
xulgado as súas actuacións así como para ter unha escusa máis para
emborracharse. O pensamento, que xunto á chuvia e ó cansazo e dor que
sinte todo o tempo constitúen aspectos constantes na obra, é unha
chamada da consciencia de Cibrán que lle ven cando se atopa baixo
presión, inda que non queda moi claro se isto é máis ben un desequilibrio
mental.
Outro punto importante respecto ás novidades formais é que toda a obra
presenta a técnica telefónica, pola cal o autor consegue plasmar o
diálogo de Cibrán co xuíz, no cal o primeiro declara os feitos do sucedido,
sen amosar as preguntas do segundo (referido na obra como o “Señor”). A
maiores, en “A esmorga” se emprega un rexistro coloquial composto dun
vocabulario típico da zona que se identifica co mundo dos arrabaldes, os
marxinados sociais, as prostitutas, as tabernas, etc.
No que a novidades na temática se refire, cabe resaltar, en primeiro lugar,
a condición de homosexual ou “maricalla” do Milhomes e tamén a
bestialidade e dexeneración sexual deste e do Bocas. Son personaxes sen
escrúpulos que non dubidan en cometer crimes tales como roubo ou
asasinato para continuar a súa esmorga. Teñen que satisfacer as súas
necesidades sexuais ata tal punto que chegan a violar a Socorrito, unha
moza con problemas mentais que vive no vertedoiro. Cibrán, por outro
lado, é o máis “decente” dos tres, inda que ao longo da obra presenta
desexos de suicidarse.

5
BIBLIOGRAFÍA
A información que se sintetiza neste traballo sobre Eduardo Modesto Blanco
Amor foi na súa totalidade extraída do Internet nos enderezos a continuación:
● http://clubedelecturaapombadoarco.blogaliza.org/category/eduardo-
blanco-amor/

● http://html.rincondelvago.com/a-esmorga_eduardo-blanco-amor_3.html

● http://es.slideshare.net/Socri/gua-para-a-lectura-de-a-
esmorga?qid=5e5caa4f-bb4f-4e5e-af2a-
db121454bc37&v=&b=&from_search=5

● http://comunisfera.tumblr.com/post/75495617021/focalizaci%C3%B3n-local-
pluri-perspectivismo

● http://www.alohacriticon.com/preguntas/que-son-saltos-temporales-en-
literatura/

● https://gl.wikipedia.org/wiki/A_esmorga

● https://gl.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Blanco_Amor#Narrativa

● http://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/blanco_amor.htm

● http://www.opuslibros.org/Index_libros/Recensiones_1/blanco_esm.htm

● http://www.casadellibro.com/libro-os-biosbardos/9788482889146/1194823

● http://www.goodreads.com/book/show/19171979-xente-ao-lonxe

You might also like