You are on page 1of 2

9/5/2022 PLAN LECTOR LGL Elena Quiroga Delgado

OLLOS DE AUGA

FICHA TÉCNICA:
Título: Ollos de auga.
Autor: Domingo Villar.
Editorial: Galaxia.
Lugar e ano de publicación: Vigo, 2006.

PRESENTACIÓN:
Xénero literario: Novela.
Subxénero literario: Policíaca.

NOTICIA DO AUTOR:
Domingo Villar Vázquez naceu en Vigo o 6 de marzo de 1971. Escribe sobretodo novelas
policíacas e negras, aínda que tamén escribiu críticas gastronómicas. Están escritas en
lingua galega, pero foron traducidas a varios idiomas. Tamén foi comentarista deportivo e
actualmente reside en Madrid.
OBRAS: Ten unha trioloxía sobre o inspector Caldas e o seu compañeiro Estévez. Os
títulos son “Ollos de auga” (2006), “A praia dos afogados” (2009), “O último barco” (2019).

ARGUMENTO:
A historia comeza co asasinato de Lois Reigosa, un saxofonista que aparecera morto
encadeado á cama. O encargado de resolver o caso é o inspector Leo Caldas coa axuda
do seu novo compañeiro Rafael Estévez.
A investigación comeza no piso de Lois, os dous axentes buscan pistas e probas pero
non atoparon demasiado, aínda que Caldas ten a sensación de que se lle olvida algo.
A autopsia determinaba que morreu polo formol, un farmaco, que o asesino inxectara no
seu pene. Grazas a un vello amigo de Caldas que era médico averiguan cal é o
laboratorio que distribúe o formol por Galicia chamado Riofarma. Nese laboratorio
traballa Isidro Freire, que era o encargado da distribución en Vigo, polo que os axentes
foron falar con el. Freire facilitoulles unha lista dos hospitais que compraban o formol en
Riofarma. Este tiña un can que foi clave para o desenlace da historia.
Por outra parte os axentes tamén foron ao bar onde Lois tocaba e falaron cos integrantes
do grupo, estes contaronlles que Lois era homosexual e de vez en cando ía a un bar
chamado Idílico, esta foi a próxima parada dos axentes. No bar falaron con Orestes (O
picadiscos) quen coñecía a Lois pero co murmuro do bar preferiron quedar outro día.

Volvendo ó tema do formol, Caldas e Estévez foron ao último hospital da lista de Freire (A
Fundación Zuriaga). A doutora que lles atendeu era familiar do médico máis coñecido da
fundación, Dimas Zuriaga.
Os axentes presentáronse na casa de Zuriaga, recibiunos a muller deste e máis tarde
apareceu o doutor. Caldas preguntoulle numerosas veces se coñecía a Lois, mais Zuriaga
negabao unha tras outra, pero o inspector tiña claro que non estaba contando toda a
verdade.
Uns días despois os axentes dispoñíanse a falar con Orestes e apareceron no seu
apartamento, para a súa sorpresa estaba morto no chán do seu cuarto de baño, o
asasino empregara unha pistola e unha almofada para silenciar o sonido do disparo. Pero
non foi o único que atoparon no piso, mentres que buscaban probas encontraron unha
cámara que contiña fotos de Lois e Zuriaga demostrando non só que se coñecían senon
1 de 2
9/5/2022 PLAN LECTOR LGL Elena Quiroga Delgado

que tamén mantiñan unha especie de relación segreda. Ademáis atoparon pegadas que
coincidían coas de Zuriaga, tanto na casa de Lois como na de Orestes.
Os axentes regresarón á casa dos Zuriaga é preguntáronlle de novo se coñecía a Lois,
este volveu responder que non e foi entón cando os axentes amosaron as fotografías.
Zuriaga intentou exculparse dicindo que eran unhas imaxes coas que Lois e Orestes o
ameazaban con publicalas, pero aínda así Caldas o levou para comisaría. Por outro lado
resulta que Isidro Freire desaparecera uns días antes.
Caldas tiña a sensación de que foran moi precipitados ao deter a Zuriaga, polo que
volveu á casa deste, onde os recibiu de novo a súa muller. Púxose a chorar ao ver aos
axentes, trataron de calmala e cando xa se estaban marchando, Pipo ( O can de Freire)
apareceu; nese instante Caldas e Estévez resolveron o misterio. Mercedes Zuriaga era a
culpable de todos os asasinatos.

TEMAS:
O tema deste libro é a resolución dun caso de asasinato.

PERSONAXES:
-Leo Caldas: É o protagonista da historia e o inspector principal, ten moi boa capacidade
intuitiva e resolutiva.
-Rafael Estévez: É o compañeiro de Caldas. Ven dende fóra de Galicia e métese en
bastantes pelexas porque é bastante agresivo.
-Lois Reigosa: Por él comezou toda a historia, era o saxofonista dun bar e mantiña una
relación segrega con Dimas.
-Dimas Zuriaga: É un doutor de alto cargo, adiñerado e homosexual en segredo. Estaba
casado con Mercedes.
-Mercedes Zuriaga: Era a muller de Dimas, traballaba de enfermeira ata que o seu
amante Isidro a contratou para traballar en Riofarma ( Onde aprendeu sobre o uso do
formol), é a culpable do caso.
-Isidro Freire: Traballaba no laboratorio de Riofarma, tiña un can chamado Pipo e mantiña
una relación segreda con Mercedes.
-Orestes: Traballaba de picadiscos no Idílico ( Un bar de ambiente gay) e coñecía a Lois.

TEMPO E ESPAZO:
A investigación ten lugar durante varios días dende o encontro do corpo morto de Reigosa
ata que descubren e deteñen ao culpable. Os espazos que aparecen son Vigo ( A maior
parte do tempo), aínda que tamén están nun momento en Porriño ( Onde se atopa o
laboratorio de Riofarma).

OPINIÓN:
O libro gustoume, a historia enganchaba e era entretida. Gústanme este tipo de temáticas
sobre investigación e misterios porque creo que desa maneira engánchaste máis.
Chamoume a atención o xiro do nal, aínda que eu xa sospeitaba que era Mercedes a
culpable. O libro lese rápido a pesar de que tiña 240 páxinas. Unha cousa que me
pareceu orixinal é que todos os capítulos comezaban coa de nición dunha palabra que
aparece nel.

2 de 2
fi
fi

You might also like