You are on page 1of 1

Paula Sotelo Gómez 1Bach.

Ollos de auga de Domingo Villar

Ollos de auga de Domingo Villar contén numerosos temas a tratar en cada nova páxina, máis hai unha que se repite
en cantidade de ocasións. Esta é a curiosa relación entre os dous inspectores: Leo Caldas e Rafael Estévez. Como se
conta ao principio da historia, o inspector Estévez foi enviado a Vigo dende Zaragoza pola súa conduta problemática
na comisaría do seu pobo natal. O inspector Caldas, ao contrario, era o inspector submiso que aceptaba coa cabeza
alta tódalas amoestacións do seu xefe (o comisario Soto). No transcurso da novela, Caldas comeza a aceptar
lixeiramente a personalidade bruta e primitiva do seu compañeiro. Por exemplo, en momentos como cando Estévez
comezou unha agresión contra o camareiro dun bar na quedada con Orestes, nese instante Caldas non o aceptou pero
tampouco llo reprendeu (como faría noutros momentos).

Co paso dos capítulos, a relación dos axentes pasa de ser unha obrigación a algo que desfrutan facendo xuntos. Ao
principio, Caldas tiña que levar ao inspector Estévez a tódolos lados para poder cumprir co seu castigo e poder chegar
a ser útil no seu traballo. Cos acontecementos, comezan a facer planes eles sos que son totalmente clandestinos á
comisaria e cos que Caldas comézase a arriscar e seguir a súa intuición, parecéndose así, cada vez máis a Estévez. No
desenlace, os inspectores contan co apoio do outro para facer calquera movemento na investigación, de tal xeito que
Leo dálle confianza ao seu compañeiro para facer parte da investigación el só cando non ten tempo para facelo pola
súa conta. A conclusión a que chegamos en diferentes puntos da historia e como Caldas vaise adaptando lentamente
a Estévez, a súa forma de ser, súa actitude fronte aos problemas e comeza a ignorar os problemas que provoca o seu
compañeiro xa que sabe que non vai cambiar. Debido á personalidade firme de Estévez, o seu superior opta por
centrarse no verdadeiro caso e deixar de “reformalo”, xa que sabe que non ten remedio e, sobre todo, xa se levan o
suficientemente ben como para recriminalo.

Rafael Estévez, ao igual có seu compañeiro, tamén aprendeu aínda que non tanto do seu compañeiro. Comezou coma
alguén inviolable e que non daba permiso a que lle pasaran por enriba, tiña aires de superior e nunca tivo autocontrol.
Ademais o caso importáballe pouco e só facía chistes ordinarios na escena do crime e sobre calquera outra cousa.
Grazas á axuda do seu superior, conseguiu darlle importancia á investigación (iso si, con algunha broma de por medio),
logrou ser de útil axuda coas súas hipóteses que por sorte ou non eran acertadas e, o mais importante, acadou ser
unha persoa un pouco máis responsable e coa capacidade de ser serio se o propón.

En relación co tratamento da súa amizade no mundo laboral e fóra dela, parecéronme dúas persoas completamente
diferentes que lograron superar tódalas súas diferenzas para resolver o misterio da morte do saxofonista. Entre os dous
fan un percorrido cómico e cheo de novas conxecturas que puideron resolver grazas as súas ideas e ao mellor que
teñen: as súas distincións.

You might also like