You are on page 1of 3

RESUMO TOTAL

Delia comeza a escribir un blog para resarcirse do seu silencio no pasado recente. Nel vai contando
a historia de Silke, unha moza de pais separados, que chegou nova ao instituto, procedente de
Suecia.

Silke era guapa e intelixente. Ao comezo todo o mundo a acollerá cos brazos abertos, pero rápido
xurdirán envexas. Un grupo de rapazas, Xulia, Lara, Daniela, comezan a acosar a Silke debido aos
celos de Xulia, quen vía na nova compañeira unha rival na súa relación con Iago, irmán de Delia.

Delia é unha rapaza solitaria, asidua dun club de lectura, que comeza a saír coas rapazas acosadoras
para sentirse integrada. Viu naquel grupo o xeito de realizarse e ser máis popular no centro. Pero
isto terá un prezo: permanecer en silencio cando o acoso a Silke vai crecendo en intensidade e
chega ao límite de que a rapaza sueca estea ao bordo da morte.

Nas entradas do blog, Delia vai contando paso a paso todo o sucedido, desde as primeiras
humillacións a Silke ata que as tres mozas conseguen poñer a todo o instituto en contra da acabada
de chegar. No libro, tamén se transcriben comentarios doutros alumnos feitos no blog de Delia,
entre eles, os de Marcos ou Eloisa, os únicos que, canda Iago, quen acabaría sendo mozo de Silke,
volverían por ela. Así mesmo, a autora introduce pasaxes dun libro de contos de fadas cuxa escritora
fora tamén vítima de acoso infantil.

Tras unha investigación da dirección do centro, posterior á confesión de Delia e Daniela do


sucedido con Silke, chega o tempo das consecuencias para os responsables. Algúns alumnos e
alumnas serán expulsados, outros, como Delia, cargarán coa culpa do seu silencio, mentres que
Silke, despois do trauma, regresa a Suecia onde permanecerá sen dar sinais de vida ata que un día
escribe un comentario no blog agradecendo a sinceridade de Delia, pero afirmando, tamén, o seu
dereito a non querer ter relación de novo con ninguén daquel instituto.

O ACOSO ESCOLAR
É o tema central da novela. En concreto trata o tema do acoso pasivo.

A PRESIÓN SOCIAL
Delia é vítima da presión social ata o punto de que, para ser aceptada polas súas amizades, decide
non intervir na inxustiza flagrante que estaban cometendo con Silke.

O VALOR DA CONFESIÓN
A decisión de Delia de escribir o blog para contar a verdade é un exercicio de valentía e, tamén,
unha ferramenta para a superación dun evento traumático.
RESUMO
Delia é unha rapaza de 14 anos que conta a historia de como se converteu na acosadora dunha
rapaza inocente.

FEBREIRO
Delia abre o blog e conta que é unha covarde por non facer nada por Silke, a súa compañeira que
sufría de acoso. Delia ten constantes pesadelos a pesar de que iso xa sucedeu o ano anterior.

MARZO
Delia explica o soa que se sentía e que nesos momentos si tiña unha amiga. Pero un día cara outro,
as rapazas populares fóronse achegando a ela e aínda que non eran as súas amigas, empezou a
disfrutar da súa compañía. Ao pouco chegou Silke e uniuse ao seu grupo, quedaron esa finde
semana para ir ao centro comercial como xa fixeran a semana anterior.

ABRIL
Delia comezara a contar o relato “princesa de cinsa” que tratan dun pais no que os habitantes vivian
nun profundo odio que eles mesmos sementaran.
Marcos coméntalle a Delia que o seu blog estálle a axudar moito.

MAIO
Silke e Marcos comezan a mocear e axiña se corre o rumor de que se bicaron na discoteca, pero a
verdade e que a él non lle gustaba ela e tras as burlas dos seus amigos rematou por lle falar mal.
Marcos confesa nun comentario que non lle gustou nunca Silke, que a bicou porque se sentía
obrigado por Victor.
As rapazas volven ao centro comercial e Daniela faille unha foto espida a Silke.
Delia sube ao blog un conto chamado princesa rosa que apodrecía por dentro, coma a froita húmida,
porque bota en falta o seu príncipe azul.

XUÑO
Silke e Iago fixéronse amigos e xulia non o tomou para nada ben, primeiro botoulle un refresco por
riba, sen compasión, logo escribiu con lapiz de labios vermello “Silke puta” nos aseos do 2º andar e
logo puxo a todo o instituto na súa contra faceronlle ler en voz alta unha nota na que lle chamaban
quentabraguetas.

XULLO
Xulia, Lara e Victor fixéronlle unha pintada na casa a Silke a cal dicía: “Lisca puta ou te
arrepentiras”. Despois diso Silke e Iago fixéronse inseparábeis. E Daniela moi asustada sufrira un
ataque de ansiedad.
O día dos xogos de entroido Xulia difundiu por todo o instituto unha foto na que aparecia Silke
completamente espida.
O día do entroido Victor agrediu fisicamente e verbalmente a Silke polo que ella se chimpou ao frio
río.

AGOSTO
Delia e Iago cambiaron de instituto ao igual que Daniela. Silke volveu a Estocolmo co seu pai e o
seu irmán. Marcos e Delia volvéronse íntimos e todos puideran comezar de cero.

You might also like