You are on page 1of 1

Vin que tiña esta tarefa sen entregar.

Debín faltar cando vistes a película en clase porque nin me sonaba. Acáboa de ver agora
para poder facer o exercicio. Descupla o retraso. Entenderei se non conta ou ten penalización.
(Pódense ler só as partes en negriña)

Alice é unha muller de 50 anos con plenas capacidades e un alto nivel de intelixencia e educación,
especializada na linguaxe e na comunicación, exercendo activamente na docencia de esta ciencia e
relacionándose con persoas do mesmo círculo académico, participando dunha vibrante vida social e
intelectual na que a admiraban pola súa intelixencia e encanto persoal.

É durante o impartimento dunha das súas conferencias educativas cando percibe a primeira lagoa
mental, esquecendo cómo continúa o seu discurso. Ao ser a primeira vez que lle ocorre, e atoparse
nunha convención festiva, réstalle importancia, atribuíndo o seu lapsus ás bebidas que tomou cos
seus compañeiros.

É despois, un día que saiu a correr como de costume, cando perde


completamente a orientación, non recoñecendo en absoluto o lugar onde se atopa, sentíndose
totalmente perdida e angustiada. É ahí cando o inicio do Alzheimer a impacta con contundencia
dunha maneira que fai imposible ignorar que algo está a pasar. Pero ela aínda non comprende o qué
é, así que acude a unha examinación médica no departamento de neuroloxía.

Tras saber o seu diagnóstico , como persoa educada e con recursos, procura métodos de exercicio da
memoria, que fai a diario e a escondidas, case de maneira obsesiva, cun sentimento de vergoña que
garda para sí mesma, porque aínda non compartiu a noticia coa súa familia e tenta como sexa
xestionarse por sí mesma. O feito de estar escondendo a súa enfermidade ós seus familiares e estar
preocupada fai que se distancie deles. O seu marido nótaa arisca e despistada.

Ten puntuais esquecementos nos seus exercicios de memoria, e ao tratar de recordar recetas de
comida simples, pero é discreta. É capaz de disimular a maioría do tempo, mentres fai cousas por sí
mesma, espantando aos invitados e familiares a outras salas para que non a poidan ver, pero é
cando saúda por segunda vez á moza do seu fillo para presentarse que unha das fillas dase conta
de que está actuando raro.

O doutor require a presencia dun familiar na consulta para informar da gravidade da enfermidade. O
marido móstrase preocupado e totalmente cooperativo e disposto a dar
apoio coa novidade da noticia, mais vai quemándose co tempo polas
situación e a preocupación e frustración que sofren, ademáis en solitario
ata que deciden contarllo tamén aos fillos.

Deciden compartir a nova cos seus fillos. Dende ahí o vínculo cunha delas
faise máis íntimo e forte, sobre todo cando lle pregunta á súa nái cómo se
sinte ao respecto da enfermidade. Os fillos son comprensivos, comezan a
comunicarse máis coa súa nai e a compartir máis momentos xuntos.

O apoio que recibe Alice está repartido entre varias persoas, polo que
sinte máis confianza en sí mesma, algo menos de preocupación e aínda
que o seu deterioro mental sigue avanzando, recibe amor e soporte, e
iso fai todo algo máis doado. A relación co seu marido tamén se relaxa e
comezan a disfrutar o tempo que lles queda mentres Alice sega sendo
“consciente”.

O deterioro de Alice é cada vez máis grave. Contratan a unha asistente


para supervisala na casa, e a filla máis nova múdase con ela para tamén
axudar.
Co paso do tempo Alice vai perdendo a capacidade de locución, pero a
filla segue con ela estimulándoa, con amor e paciencia.

You might also like