You are on page 1of 3

I

Mentres somos xóvenes, vivimos obsesionados con alcanzar algo. Ese algo adoita ser un
traballo, unha parella, unha casa, formar unha familia… Tamén podería ser iso que chamamos
soños. Supoño que se trata de algo normal, mentres nos falte todo iso, en que outra cousa imos
pensar? Con amos en que unha vez logradas estas cousas, os nosos padecementos se
esgotarán. En que viviremos unha vida tranquila e plena, esa coa que sempre ‘soñamos’. O caso
é que mesmo cando se cumpren, os soños acaban parecéndose moito máis á vida que aos
propios soños. E todo isto aínda nos xera unha inquedanza maior, porque se con iso tampouco
nos vale, xa non sabemos onde buscar.

Para ben ou para mal, a nosa protagonista deciciu abandonar os seus soños ben pronto.
Aspiraba, nin máis nin menos, que a abrirse paso na fábrica dos mesmos. Lucía sempre quixo
adicarse ao cine. Con esa intención, logo de obter unha nota no selectivo que lle permitía estudar
calquera cousa, matriculouse en comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de
Compostela. Accedeu con moitísima ilusión, con ando en que se abría unha nova etapa da súa
vida onde por n podería desenvolverse plenamente en algo que verdadeiramente lle apasionaba.
Ademáis, por n tería a oportunidade de independizarse e de experimentar o tipo de cousas que
acontencían nos lmes que tanto amaba. A lúa de mel debeu durar en torno a tres semanas.
Durante as mesmas, Lucía saiu a tomar algo cada tarde, e poucas veces voltou a casa antes das
dúas ou tres da madrugada. Non obstante, non se perdeu unha soa clase, acudía á facultade
ilusionada e sacou tantos libros como lle era permitido do fondo da biblioteca. Acudiu aos
cineclubes e ás salas máis alternativas da cidade. Estaba como nunha nube, e a súa vida,
certamente, parecíase moito á que sempre imaxinara.

Non é fácil discernir con total exactitude cal foi o momento en que o seu estado de ánimo
comezou a mudar. Pode que teña algo que ver coa primeira n de semana en que volveu á súa
casa, no pobo de A Estrada. Voltou moi alegre, con intención de dar conta a todos os seus
amigos e familiares da estupenda vida que estaba a levar en Santiago. Ademáis do portátil,
trouxo consigo un par de libros. Un deles era a famosa e larguísima entrevista que publicou
Tru aut sobre as súas conversacións con Hitchcok, o outro era un ensaio dun autor francés sobre
tendencias actuais no cinema europeo. Pero ningún dos dous chegou a saír da mochila en todo o
n de semana. Sí que xo algo máis de uso do proxector instalado no garaxe, e aproveitou para
ver un par de lmes que tiña pendentes. Todo isto desconcertaba un pouco a seus pais, que
mostraban certa inquietude ante a falta de interés que parecía amosar Lucía polas súas
responsabilidades académicas propiamente ditas. Aínda estamos a principios de curso, e todo
resulta moi fácil, dicía. Non era o único que viña preocupando a seus pais, tamén estaba o asunto
do boquete que se abriu na conta corrente. Máis de seis centos euros en algo menos de tres
semanas, que achaba ás compras necesarias para instalarse, á torpeza á hora de administrarse e
ao feito de que non podía seguir vestindo coa roupa que usaba cando tiña 15 anos.

A atmósfera explotouo o sábado á noite, cando saíron cear fora, no momento en que súa nai,
Ana, detonou a bomba. O pai púxose serio e adoptou cara de circunstancias, mentres que Hugo,
o seu irmán, que apenas tiña 13 anos, asistiu perplexo ao espectáculo. O ataque maternal
comezou polo anco da economía, logo insistiu en preguntar se verdadeiramente estaba indo ás
clases e rematou deixando claro que estudar unha carreira pouco tiña que ver con contemplar
lmes e facer coma quen lía libros aleatorios. Que a universidade tiña moito máis que ver co
esforzo e co traballo, e non tanto coa elevación e a espiritualidade. E que aqueles que
conseguían dedicarse ao segundo, que eran ben poucos, debían destacar antes no aspecto
formal da educación. Dende que comezou o intercambio de golpes, Lucía elaborou as súas
fi
fi
ff
fi
fi
fi
fi
fl
fi
fi
fi
fi
defensas a partir do sarcasmo e da ironía. O cal no xo máis que elevar a tensión da cea, que tan
só decreceu cando chegados ao momento dos postres o pai decidiu intervir e aprazar a
conclusión para un pouco máis tarde, cando estiveran xa de volta na casa.

As culleres adentráronse nas sobremesas facendo todo o posible por respetar o incómodo
silencio que se creara. Durante un intre ninguén soupo dicir nada. Hugo era o único que parecía
buscar as miradas dos demáis, como quen pide unha explicación. Obtivo un pequeno amago de
sorriso por parte de Lucía, pero ninguén parecía disposto a brindarlle demasiado a cambio. Non
era o momento. Como era de esperar foi Fernando, o pai, quen realizou o primeiro comentario
despois da tormenta. Tratando de desviar a conversación cara algo máis liviano alabou a tarta de
queixo e cali cou o coulant de ‘normalillo’. ‘Adoita pasar últimamente con este tipo de postres,
que os restaurantes mercan xa preprados’, añadiu. Lucía puxo cara de asentemento, Hugo
aproveitou para roubarlle unha cullerada do seu propio prato e Ana, sen levantar a vista da mesa,
calou.

No camiño cara a casa, que non era moi longo, ninguén quixo tampouco falar moito, e entre a
choiva e a radio do coche axudaron a compensar a falta de ruido. Serían apenas dez minutos,
pero a Lucía deulle tempo para re exionar sobre unha reprimenda que se ben non esperaba,
sabía que merecía. Pensou que as primeiras semanas en Santiago quizáis non foran mostra de
ningunha realidad. Máis pronto que tarde chegaría un punto en que as súas amizades se
refuxiarían nas súas múltiples rutinas e a efervescencia inicial acabaría por esfumarse. Entón
coñecería cómo ía ser verdadeiramente a súa nova vida. Botou unha ollada cara seu pai, quen
conducía, e observouno de per l coa súa nariz a ada, o pelo gris e liso e cada vez máis débil, a
mirada sensata cun leve aire de tristeza, e sentiuse culpable pola discusión que invadiu a cea.

II

Ao día seguinte Lucía espertou tarde, cerca da unha. Máis que o cansancio do día anterior,
aproveitou para recuperar as horas de sono que perdera ao longo da semana. O primeiro que
xo, como non podía ser doutra forma, foi mirar o seu móvil.

Abriu as ventás da súa habitación, que se atopaba no ático do fogar familiar e tiña agradables
vistas a un bosque cercano. Sentíase ben, durmir serviulle de cura, e en boa medida conseguiu
esquecerse da discusión que mantivo a noite anterior.
fi
fi
fi
fl
fi
fi

You might also like