You are on page 1of 3

LÚA DO SENEGAL

RESUMO 1

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que
abandonar o seu pobo do Senegal e viaxar coa nai e coa súa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai
vive desde hai algún tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que
abandonou, é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe á Lúa como confidente das súas
historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de
afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa
avoa, Mamá Feriane. O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a
intensa tristeza que leva aparellada e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e
a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.

RESUMO 2

“Lúa do Senegal” é un dos últimos títulos do autor galego, Premio Nacional de Literatura, cuxo
título orixinal é “Lúa do Senegal”. A tradución realizouna Mariña Soto.

O libro destínase aos nenos desde 10 anos e nárranos as vivencias, aspiracións, anhelos, desexos,
medos e desazones dunha moza nena senegalesa, Khoedi, que tivo que abandonar a súa casa en
Senegal, en compañía da súa nai e da súa irmá, para reunirse co seu pai, en Vigo, onde leva varios
anos traballando. Para a nena supón un choque cultural e emocional moi grande deixar a súa aldea
natal, os seus costumes, o seu colexio e as súas amigas e coñecer unha cidade brumosa, como Vigo,
onde o sol non é igual que en Senegal nin nada lle lembra a terra que deixou, aínda que si hai unha
cousa, a lúa; a lúa, por sorte, é a mesma e a ela explica a pequena as súas cuitas e temores coma se
o satélite nocturno puidese amparala.

Khoedi e a súa irmá Naima chaman a Vigo O País das Ausencias porque carece de todo o que tiña o
seu pobo, Ziguinchor. Con todo, Khoedi é unha nena animosa que ten curiosidade e quere coñecer
o novo mundo e tender pontes entre o que deixou atrás e o que a agarda. Ademais, alégrase
porque os seus pais e elas dous poden estar, ao fin xuntos, e coñece a historia que tivo que vivir o
seu pai, chea de perigos e angustias, para conseguirlles un futuro mellor.

Khoedi bota de menos á súa avoa, Mamá Feriane, que xa morreu, aínda que nota a súa presenza
por todas partes. A súa avoa contáballe contos fermosos de todas as cousas. Este trazo herdouno a
nena que, sen sabelo, recolle a herdanza da avoa e é capaz de contar os relatos máis curiosos á súa
irmá e a todo aquel que queira escoitala: “Non seI como explicalo ben- nos di- . É coma se tivese
unha caixa con fíos para tecer historias. Mesturas varios fíos e sáeche un conto que se parece a
outros, pero que é distinto. Depende de como o teceras; e dos fíos que haxas empelado, claro”.

O relato ten dobre persoa narrativa, por unha banda a propia Khoedi, cando se dirixe á lúa e, polo
outro, o narrador cando, en terceira persoa vai explicando os avatares e as ilusións da familia.
“Luna de Senegal” fálanos do duro que é emigrar e deixar a terra propia atrás, pero tamén da forza
e a esperanza que teñen os emigrantes cando chegan á súa nova patria. Alude tamén a certas
situacións de racismo e incomprensión, pero, por encima de todo, latexa a esperanza no futuro,
simbolizado pola foto que toda a familia realízase xuntos, ao fin.

Khoedi chega no verán a Vigo e pásase todo o verán temendo o primeiro día de clase, hai algunha
outra nena senegalesa que leva máis tempo en Vigo que a asusta e, á vez, a axuda presentándolle
novas amigas (a maioría de distintas procedencias). Ao final, para Khoedi ese primeiro día de clase é
unha porta aberta á esperanza e a constatación de que o futuro pode ser bo en Vigo, sen esquecer
o Senegal.

Na “Lua do Senegal” hai un símbolo importante, que son a sementes de baobab que a nena leva a
Vigo e que planta nunha maceta coa esperanza de que algún día creza e poida plantalo nun dos
parques da cidade galega. Á fin e ao cabo, como comenta a nena: “Talvez, o único país que importe
de verdade é o que acabamos construíndo coas persoas que queremos”.

OPINIÓN PERSOAL 1

Esta novela é un diario da vida de Khoedi, unha nena de once anos africana que ten que
mudarse do Senegal a Vigo, unha cidade galega que descoñece totalmente.
En Zunquinchor, onde se atopaba a súa casa antes, vivía coa súa nai, a irmá pequena,
Naima, e a súa avoa, que morreu pouco tempo antes de que viñeran vivir a Galicia.
Múdanse por fin para estar co seu pai, ó que fai moito tempo que marchou para Vigo.
Khoedi significa "Lúa" en wolof, por iso lle conta todo o que lle pasa á lúa, a mesma que
vía no Senegal, e dille que lle gusta saber que van sempre xuntas. A historia está contada
por un narrador e pola nena, altérnanse.
Os primeiros días naquela nova casa, na nova cidade, recordaba con nostalxia a súa avoa
Mamá Feriane e as historias que lle contaba. Historias que ela, cambiándoas, facéndoas
súas, lle contaba a Naima, e a moitas persoas máis que vai coñecendo co tempo. Tamén
bota de menos o seu pobo, os amigos, a casa… Co tempo, as cousas van mellorando, e
coñece a moita xente nova. Tamén fai amigos, que están no colexio onde está matriculada.
A lectura deste libro de Agustín Fernández Paz pareceume moi interesante. Gustoume
moito, sobre todo porque trata da historia dunha nena de color, unha historia que podería
ser real, non é unha historia totalmente ficticia como outras que teño lido.
Ás veces identifícome con Khoedi, a protagonista, nalgúns momentos cando se sente
diferente ás demais, e simplemente cando está contenta, ou fala das cousas que lle dicía a
súa avoa ou a súa nai. Púxenme no seu lugar moitas veces durante a lectura, e iso fíxome
darme conta de que aínda qee dúas persoas sexan diferentes por fóra, ou sexan de
diferentes razas, pódense sentir de maneira similar ou igual ás veces.
O primeiro capítulo fíxome chorar, porque era o principio dunha nova vida para Khoedi e a
súa familia. Cóntalle á Lúa, á mesma do Senegal, os seus primeiros días en Galicia. Chea
de nostalxia, fala do que bota de menos da súa casa en Zinguinchor, da súa avoa e das
historias que lle contaba… Aínda que é moi triste ás veces, é un libro moi bonito,
sinceramente, un dos mellores que lin. Encantoume.

OPINIÓN PERSOAL 2

É un libro moi real, refírome a que mostra a situación actual do noso país cara á emigración.
Este problema nós vémolo dende o noso punto de vista, pero este libro ábreche os ollos. Ves
a emigración dende o punto de vista dos emigrantes, ves que non é tan fácil como parece
chegar a un país novo, sen coñecer a lingua, a xente, nada... é como empezar dende cero.
Cando o rematei, quedeime con ganas de ler máis. A min gustaríame que escribisen unha
segunda parte deste libro, xa que é moi bonito. A parte que menos me gusta de todas é na
que aparece Mareime, a profesora de universidade senegalesa. Esa parte resúltame un
pouco monótona e aburrida. Polo demais, o libro esta moi ben feito, redactado, etc.
Gústame tamén a ilustradora deste libro, as imaxes son en cores apagadas, polo que
transmiten tristeza e soidade, dous sentimentos que encaixan perfectamente coa historia.

You might also like