You are on page 1of 3

LINGUA E LITERATURA GALEGA

CREACIÓN LITERARIA

Cristina Da Silva Fernández


Poden empregarse diversos xéneros para a creación: poesía, narrativa, teatro,
cómic...

Miguelito e a súa nova vida

Ao comezo do novo curso de 4º de educación infantil todos os nenos/ as coñécense menos


un que é o “novo” de clase.

O verán termínase e Miguelito está triste. Este ano empeza nun novo cole, noutro país,
deixando a todos os seus amigos atrás. Miguelito conta os días que lle faltan para empezar
e quere que pasen o máis lento posible.

Os últimos días de verán transcorren lentamente, ata que unha mañá soa a alarma. Hoxe é
o primeiro día na escola para Miguelito e non está preparado para ir a clase. Ponse triste e
dille aos seus pais que non quere ir á escola. Estes tranquilízano e dinlle que non se
preocupe, que vai facer novos amigos. Tras isto acompáñano á escola, parece que
Miguelito xa está un pouco máis acougado.

Pero ao chegar coñece ao seu mestre, Manuel, e ponse a chorar desconsoladamente.

Manuel dille: non te preocupes xa verás como nuns días estás encantado.

Manuel preséntalle ao resto de compañeiros/ as, pero empezan a rumorear e a cuchichear


entre eles porque é novo e porque vén doutro país. Miguelito empeza a chorar e vaise para
unha esquina da clase. Non pasa moito tempo cando de súpeto escoita como alguén está
ao chamar en baixiño ao seu lado. Miguelito levanta a cabeza e ve que se lle achega unha
nena de clase, Mónica, e dille que non estea triste.

Transcorren os días pero sempre sucede o mesmo, os nenos/ as da súa clase métense con
el por ser dun país diferente. Todos, menos Mónica, que sempre queda ao seu lado para
facerlle sentir mellor. Miguelito cada vez ten menos ganas de ir ao cole, aínda que llo pase
moi ben con Mónica, sempre acaba poñéndose triste por culpa dos seus compañeiros/ as.

Un día, Manuel púxose a pensar en que podía facer para que deixasen de molestar a
Miguelito. Ocorréuselle unha actividade para que o resto dos seus compañeiros désense
conta do mal que podían facer sentir a alguén portándose todos os días así discriminando a
un compañeiro.

Manuel pediulle a todos os seus alumnos que sentasen nun semicírculo ao seu ao redor.
Unha vez estaban todos sentados e prestando atención explicoulles unha nova actividade
que consistía en contar como sentían no seu día a día na súa nova clase. Foron falando un
por un e todos contaban que estaban moi contentos, que lles encantaba a súa clase, a súa
profe e que tiñan unha chea de novos amigos, todos divertíanse e pasábano ben e
desexaban ir a clase todas as mañás. Ata que lle tocou falar a Miguelito, que confesou
como sentía. Contoulles que sempre se levantaba sen ganas de ir á escola, que sempre
estaba triste, que se quería volver ao seu cole do ano pasado e que non tiña moitos amigos,
só Mónica. Manuel preguntoulle á clase se sabían o por que sentía así Miguelito. Ninguén
dixo nada, ninguén sabía por que podía estar tan triste Miguelito, se eles sempre llo
pasaban ben, non entendían que podía pasarlle, ata que Mónica levantou a man e dixo: É
porque todos os días métense con el e rinse porque é o novo e doutro sitio diferente.

Manuel empezou a falarlles do mal que estaba iso, que se algún día eles/ as tivésense que
ir a outro cole non lles gustaría que lles pasase o mesmo e que tiñan que pensar en como
facían sentir a Miguelito cando eles burlábanse del. Os seus compañeiros e compañeiras
pensaban que era un xogo, pensaban que el tamén se divertía. Empezaron entón a sentirse
mal por ser así con Miguelito e empezaron a entender como sentía. Non era divertido facer
que alguén estivese triste. Todos se levantaron e foron darlle un abrazo moi grande a
Miguelito e pedíronlle perdón por todo o que lle facían e por como lle facían sentir.

Ao día seguinte, como sempre, Miguelito foi a clase, pero esta vez era diferente. Ninguén
se meteu con el, estaba sorprendido pero moi contento. E esta vez en lugar de ir xogar só
con Mónica, foron xogar todos xuntos. Pasaron os días e cada vez ía máis contento ao cole
e xa non sentía diferente ao resto, senón como outro compañeiro máis.

You might also like