You are on page 1of 1

Autor: Andrea Maceiras

Título: O Que Sei Do Silencio


Editorial: Xerais
Ano: 2018
Lugar de Edición: Galicia
Número de Páxinas: 224

‘’O que sei do silencio’’ é unha obra na que se representa o ‘’bullying’’, tamén coñecido
coma acoso escolar, é unha das numerosas obras da autora, Andrea Maceiras, autora moi
recoñecida e moi premiada, sendo este libro, unha das súas máis recentes publicacións.

No libro describe a situación de Silke, unha nena sueca que acaba de chegar ao instituto
procedente de Estocolmo, cando chega, faise amiga de Xulia, Lara, Daniela e Delia, as que
son as nenas populares, pero debido a un conflito de intereses con Xulia, perde as súas
amizades e comeza a recibir un mal trato por parte das súas compañeiras. Búrlanse da súa
apariencia, lle poñen adxetivos non moi agradables, coma ‘’quentabraguetas’’. A parte dos
malos tratos, tanto psicolóxicos coma físicos que recibe por parte de Xulia, Lara e Daniela,
tamén recibe o silencio de Delia, que observa desde a escuridade, e o acoso sexual que
recibiu por parte de Víctor o día da discoteca. Todo isto está relatado por Delia no seu
blogue.

En resume, é unha obra moi boa, con un argumento real, que relata historias reais e da a
coñecer todo o que moita xente cala, expresa con palabras o que outras persoas calan toda
a súa vida, e, na miña opinión, podería inspirar a moita xente, pode facer que moita xente
que observa de lonxe, coma Delia, levante a voz, ou que xente coma Silke, que son
acosadas e lles da medo contalo.

Claudia R. Fdez.

You might also like