Professional Documents
Culture Documents
Lingua 3 G Av Trim 01 051
Lingua 3 G Av Trim 01 051
As esculturas
Alexander Calder creou moitos tipos de
esculturas:
1. Esculturas de arame: son as primeiras
Escultura móbil (1937) esculturas que creou. Son retratos de
amigos e personalidades famosas da
época. Para crealas, dáballe forma ao
arame ata conseguir unha semellanza
formidable coa persoa.
2. Esculturas móbiles: son as máis
populares deste escultor e caracterí-
zanse por moverse con motores ou co
aire. Son froito da súa amizade cos
pintores Joan Miró e Piet Mondrian.
Creaba formas xeométricas (triángulos,
Can (1927) círculos...) de cores que fixaba con
arames e... movíanse ao chou!
Flamenco,
escultura 3. Esculturas estables: son estáticas e
estable (1973) feitas con pezas de metal encaracoladas.
Hai moitas grandes e hoxe en día
alegran as rúas de moitas cidades do
mundo. Ata se pode pasear debaixo
delas!
4. Escultures de obxectos: son as que
Calder facía con obxectos atopados ao
chou, como rollas, latas, perchas, chapas
de botellas, botóns ou pinzas. Son obras
de arte que todo o mundo pode facer na
casa!
LINGUA 3 AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO DO PRIMEIRO
TRIMESTRE © VICENS VIVES
Resposta: .......................................................................................................................
........................................................................................................................................
8 Indica en que grupo hai unha palabra que non deriva da primeira:
A escultor escultórico – escoitar.
B retrato retratista – retratar.
C crear creació – creativo.
D caracol encaracoladas– encaracolar.