You are on page 1of 10

LECTURA 1ª AVALIACIÓN

NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA


ALDAOLADO (XERAIS)
1. RESEÑA

• Crítica que emite alguén que acaba de ler un libro.

• Estrutura:

a)Introdución. Falar do xénero que predomina na obra e algo de información da traxectoria do


autor ou autora.

b)Resumo da obra. Dar detalles do argumento (no caso de ser unha novela), ou do tipo de
versos que aparecen e a súa temática (no caso de tratarse dun poemario).

c) Valoración persoal. A nosa experiencia coa lectura: foi entretida, hai algo que mellorar?
Como é o argumento? E os/as personaxes?

d)Conclusión. Recomendarías o libro? Cres que vai dirixida a algún público en concreto?

• Enviala a través da Aula Virtual.


2. MONÓLOGO BREVE

• Elixir un poema ou un dos temas que se trate na obra para elaborar o discurso.

• Elixir o tipo de monólogo (humorístico, literario…)

• Botar man de recursos literarios para desenvolver o monólogo (preguntas retóricas, apelación

ao público…)

• Pensar na posta en escena.

• Tempo máximo 5 minutos.


A ARTE DE TROVAR
SANTIAGO LOPO (XERAIS)
2. ELIXIR UNHA DAS SEGUINTES OPCIÓNS:

a) CORTO. Facer un corto sobre o libro, elixindo escenas ou fragmentos…

b) CORTO-DOCUMENTAL. Con textos elixidos no libro, gravar imaxes que teñan relación

no noso día a día sobre o mesmo tema.

c) VÍDEO. Facer un vídeo sobre a novela. Pode ser un vídeo inspirado na obra, elixindo

frases, fragmentos, ilustrado con fotos ou imaxes en movemento, gravando voz ou con texto

escrito, música… Pódese concibir como se fose un vídeo promocional do libro.

Esta parte do traballo pode ser en grupo. Máximo 4 persoas .


ZOOM
RAMÓN D. VEIGA
2. CREACIÓN LITERARIA

• Seguindo a estrutura que presenta a obra Zoom, debes buscar unha imaxe ou facer unha foto e
crear un texto literario a partir dela.

• O formato do texto debe ser o seguinte: tipo de letra Arial, tamaño 12, interlineado 1,5 e texto
xustificado.

• Extensión máxima unha páxina.

• Debes gardar en .pdf e envialo a través da Aula virtual.

You might also like