You are on page 1of 1

Diario de Lectura

QUE É UN DIARIO DE LECTURA?


Trátase dun exercicio de escrita sobre a lectura dun texto. Mentres les o libro tes que
anotar e escribir as túas impresións. Todas as túas ideas, reflexións, opinións e
interpretacións son importantes.

QUE CONTÉN?
1 FICHA DO LIBRO QUE VAS LER:

Nela debes incluír os seguintes datos da obra:


 Autor
 Título
 Editorial
 Ano de edición
 Breve biografía do autor
 Outros títulos do autor

2 ANTES DE LER

Redacta un breve texto no que expreses as túas primeiras impresións sobre o libro:
 Podes indicar se o coñecías, se alguén che falara del, se leras algún libro do autor…
 Comenta que che suxiren o título e a capa.
 Que pensas que se vai contar no libro.
 Fai referencia ao ánimo co que encaras a lectura.

3 DURANTE A LECTURA

O teu diario ten que contar cunha entrada cada un ou dous capítulos. Nela tes que indicar:

 Data da lectura
 Capítulos lidos
 Resumo do lido

4 CONCLUSIÓN:
Elabora un texto a xeito de conclusión da túa lectura:
 Que ideas ou ensinanzas sacaches da lectura.
 Conta se che gustou ou non de forma razoada.
 Que foi o que máis che gustou e o que menos.
 Que personaxes prefires e cales non

COMO PRESENTALO?
Tes total liberdade para presentar o teu diario. O clásico é presentalo en forma de caderno,
pero podes botar a voar a imaxinación e elixir como presentar o teu traballo: un cartel, unha
caixa, algún obxecto relacionado ou inspirado no relato... Iso si, non esquezas que ten que
conter as partes que se che indican.

You might also like