You are on page 1of 1

NO VERÁN

Durante o verán hai tempo para moitas cousas. É o momento de gozar da familia, de realizar algún
campamento de verán, de desenvolver as actividades de lecer preferidas: deportes, pintura, música,
xogos, etc.

Convén que conserves ou intensifiques o hábito lector. É conveniente fixar un tempo diario para gozar dun
intre de lectura tranquila na que gocedes lendo aqueles libros que máis vos gusten.

Hai moitas cousas que podes facer para ler e fortalecer a destrezas de lectura e escritura durante o verán.

ALGÚNS CONSELLOS:

-Ter tempo para ler: Reserva un momento tranquilo do día para ler.

-Ten distintos tipos de materiais de lectura na casa: xornais, revistas, folletos, xogos de palabras,
encrucillados ou a sección infantil do xornal.

-Combate o aburrimento cos libros: Busca libros que lle resulten interesantes. Estes poden ser libros de
non ficción, libros de feitos divertidos, libros sobre manualidades, libros para facer proxectos ou libros de
cociña con receitas que podes facer ti mesm@.

-Aprende palabras novas. Conversa coa familia sobre o significado das palabras e como se usan.

-Escribe: un diario, un caderno de recortes do verán ou escribir contos e poemas. Fai a lista das compras
ou copia receitas.

-Busca revistas infantís na biblioteca: Quizá atopes revistas na biblioteca ou podes subscribirte para
recibila na túa casa.

- Conversa coa tua familia sobre o que les. Conversa sobre o libro que che gustou, o que non che gustou
ou cal é o teu personaxe preferido. Cóntalles sobre o que estás a ler.

-Le en voz alta: Ler en voz alta darache a posibilidade de practicar destrezas de lectura. Le cousas que
atopes interesantes, como a páxina dos deportes, unha novela de detectives ou unha revista de música.

E a escritura? Actividades que podes levar a cabo:

1. Confección de contos.

2. Cadernos de noticias.

3. Diario. Escribir un diario dos sucesos máis notables e das anécdotas que van ocorrendo.

4. O libro dos recordos escolares. Escribe os teus recordos dos anos pasados no colexio.

5. Confección de libriños cos recordos dos avós e avoas ou dos pais e nais.

6. Libros de costumes e folclore. Libros de viaxes. Libros de contos e lendas. Libros de poesías.

7. O álbum de fotos.

8. As miñas cancións e artistas favoritos. Elixe cancións e artistas, copia a letra das súas cancións, sen
faltas, pega recortes de revista.

Bo verán! Xuño de 2023

You might also like