You are on page 1of 2

O magosto é unha 

festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro,


fundamentalmente, entre o día de Todos os Santos (1 de novembro) e o día de San
Martiño (11 de novembro).

Os elementos principais son o lume e as castañas, aínda que tampouco debe faltar o
viño novo e os chourizos.

O seu nome proven de Magnus Ustus (gran lume), aínda que hai quen di que vén
de Magnum Ustum (lume máxico).

É unha celebración de orixe pagán (non relixiosa)  que se remonta a épocas


prehistóricas.

En moitos sitios asocian as castañas cos defuntos. Por cada castaña que se coma no
magosto de Todos os Santos libraremos unha ánima do purgatorio.

A celebración o magosto no bosque xurde dos celtas, xa que era o lugar que utilizaban
para as súas cerimonias e celebracións. Polo tanto é unha festa moi ligada ao
Samaín que celebra a chegada do inverno.

Para realizar o magosto deberemos saír ao bosque e atopar un lugar axeitado, onde
realizar un bo lume, sen perigo, a base de leña e follas. Cando as brasas estean listas
empregaremos o tixolo furado para asar as castañas directamente nas brasas. Nel
colócanse as castañas, dándolles un corte, para que non estoupen, e removéndoas cada
pouco, para que se asen ben.

Ao terminar de comer as castañas, os asistentes ao magosto emborrállanse entre si e


saltan sobre o lume, xa que din que dá boa sorte.
A CASTAÑA

A castaña é o froito do castiñeiro, xa desde a prehistoria


formou parte da dieta alimenticia da humanidade, chegando a
ser a base alimenticia da poboación na Idade Antiga e Media.
Empregábase ao longo de todo o ano como froito fresco, seco
ou moído, dependendo da época. Na Idade Moderna perde
importancia como alimento base a favor do millo e a pataca
traídos do Novo Mundo.

A castaña é un alimento con moito valor nutritivo. Nela


atopamos os seguintes nutrientes: hidratos de carbono,
potasio, fósforo, sodio, magnesio, graxas e auga.

A súa recolleita pódese facer de dúas maneiras:

- Unha consiste en ir recollendo unha a unha as castañas que


van pingando ao chan.

- Outra en varear con pau as ramas do castiñeiro para que


caian os ourizos, estes apíñanse nunha pila chamada
ouriceira e espérase a que podrezan para que solten máis
fácil as castañas.

Unha vez recollidas as castañas hai que secalas para que non podrezan, ben nun sitio
ventilado ou no canizo, enriba da lareira.

Variedades e tipos de castañas:

•Caraboleca: que non se criou. Que só ten casca.


•Bullada: a que se saca do ourizo.
•Degraída: a que cae por si soa do ourizo.
•Martiñesa: a serodia, tardía.
•Sanmigueliña: a temperá.

Os seguintes adxectivos tamén serven para definir ás castañas: Abadá, agrela, branquiña,


bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza, garrida, leinova, lemos, loura,
luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda, riá, ribeira, verdella, vermella, senra.

You might also like