You are on page 1of 2

Non chas quero, non chas quero Castaas do teu magosto Non chas quero, non chas quero

Que me cheiran ao chamosco Sabas que...?


A orixe da palabra magosto parece estar en Magnus Ustus (gran lume). O magosto unha festa de orixe pag relacionada coa fecundidade e o mundo do lume que marca o paso dos ciclos agrcolas e das estacins. Realizbase con ocasin da recollida da castaa, froito no que se baseaba a alimentacin at que foi substituido polo millo e a pataca a partir do sculo XVII. Como aconteceu con outras festividades pags, terminou sendo cristianizada asocindoa ao da de Defuntos.

O magosto celebrbase tradicionalmente nun claro do mesmo souto no que a primeira hora da tarde se recollan a lea e as castaas. Facase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castaas. Outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cocia da casa e os mozos na ra. Era costume que as mozas trouxeran as castaas e os mozos o vio; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas an convidadas. Anda que haba que picar (ou sinalar) as castaas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os mis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgns casos saltando sobre os restos da fogueira.

You might also like