You are on page 1of 5

Cousas que debes saber

sobre o Samaín
Achégase a noite do 31 de outubro e desde moito antes de que celebrarase o Halloween,
na súa versión estadounidense, coma se fose orixinaria daquel territorio, en Galicia o
Samaín forma parte da tradición máis enraizada e
enxebre da nosa terra. Repasamos doce cousas
que debes saber sobre o Samaín, unha das
noites máis tradicionais das que se viven
en Galicia.
O Samaín
O Samaín foi a orixe de todo. En
gaélico, Samhain significa «fin
do verán», pois os antigos celtas
celebrábano nese momento de transición
do estío ao inverno. Esta celebración
milenaria ten lugar cada ano, durante a

noite que vai do 31 de outubro


ao 1 de novembro, nunha
desas datas nas que se conta
que é máis fácil transitar
entre dous mundos: o dos
vivos e o dos mortos.

O Aninovo celta
O Samaín configuraba o
Aninovo celta. Os pobos celtas
consideraban que o ano estaba
dividido en dous partes: unha
escura, que se inicia na noite
de Samaín, e unha clara, que
se inicia na noite de Walpurgis,
coa festa de Beltane, entre o 30 de abril e o 1 de maio. Con todo, é a de Samaín o inicio de
todo, cando o verán morría e comezaba o inverno.

Página 1 de 5 visita twinkl.es


Cousas que debes saber
sobre o Samaín
Rituais druídicos do Samaín
Eran os druídas os encargados de celebrar a festa celta para
honrar aos devanceiros, a través de numerosos ritos. Contan
as lendas que recollían nos bosques máis apartados bagas de
visgo durante esa noite, para o que utilizaban unha fouce sacra
forxada en ouro. Con elas, preparaban apócemas e ungüentos, e
vaticinaban sobre o futuro das colleitas e da aldea.
Un dos rituais que chegou ata nós, e cuxos resultados auguraban
o futuro, é o de coller mazás, que se transformou no Apple
Bobbing de Halloween. Consiste en mergullar varias destas froitas
nun caldeiro con auga e ser capaz de agarralas coa boca.

As fogueiras
Durante esta xornada, os druídas tamén amontoaban ramas
sacras e acendían á tardiña fogueiras en diferentes puntos
do poboado, para escorrentar aos malos espíritos e guiar aos
defuntos no seu camiño. Algunhas persoas cubríanse con
peles de animais, máscaras, etc. para despistar aos espíritos
e as pantasmas, o cal daría lugar ao costume de disfrazarse
que se mantén na actualidade
durante tal noite. A tradición
do lume conservouse nas aldeas
galegas, cando durante esta noite acendíanse fogueiras
con ramas de tezo ou de serbal que logo se utilizaban
para acender as lareiras.

As caveiras
Moito antes de que nas hortas galegas houbese cabazas,
en Samaín as poboacións célticas collían as caveiras
dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanos, para
colocalos nos muros dos castros. Posteriormente, a pesar da
chegada do cristianismo, que o declarou unha festividade
pagá, en Europa os pobos de orixe céltica continuaron coa
tradición do Samaín.

Página 2 de 5 visita twinkl.es


Cousas que debes saber
sobre o Samaín
As cabazas
Entre aqueles pobos que conservaron as súas tradicións,
como os irlandeses, a noite de Samaín baleiraban os
nabos e no oco interno colocaban carbón ardente para
alumar o regreso dos defuntos ao mundo dos vivos,
coa intención de recibirlles e, á vez, protexerse dos
malos espíritos.
Coa aparición das cabazas, comezaron a
baleirarse estas para esculpir nelas caveiras
que desen medo, colocando unha vela no seu
interior, para espantar aos malos espíritos na
noite que transita entre o
verán e o inverno.

O mundo das fadas

Fadas, trasgos e todo tipo de seres do mundo


máxico poden camiñar entre nós durante
o Samaín, xa que está aberta a porta
entre dous mundos. Por iso nas aldeas,
pechábanse as casas baixo sete chaves e
non se abría a ninguén. Dicíase que, en
caso de ousar facelo, se o visitante era
un fada, a sorte bendiría aos que estivesen
baixo ese teito durante todo o ano seguinte,
pero se se trataba dun trasgo, a mala sorte
caería irremediablemente sobre eles.

Página 3 de 5 visita twinkl.es


Cousas que debes saber
sobre o Samaín
A Santa Compaña
Entre as tradicións, mitos e lendas de Galicia, o da Santa Compaña afunde as súas raíces
nesta noite. A comitiva de defuntos, á que dirixe unha persoa viva, camiña en completo
silencio con longos cirios que iluminan os lugares polos que pasan. Todos han de gardarse de
atoparse con esta procesión. O condenado que as guía só verase libre de tal maldición cando
lle pase a testemuña da desgraza a outro.

A cea de defuntos

En Galicia, nesta data, era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as
ánimas dos falecidos acudían a visitarnos durante a noite e aburáselles a fame. Ademais,
deixábase a cheminea acesa para que non pasasen frío. Non era a única madrugada na que
isto sucedía, xa que tamén había costume de facelo durante a Noiteboa.

Jack O’ Lantern
O Samaín chegou a Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, por mor dos numerosos
emigrantes escoceses e irlandeses que
partiron cara a América, levando con eles
a súa cultura e tradición. De aí provén o
nome actual de Halloween, que ten a súa
orixe no termo All Hallows’Eve, a vixilia
que se celebraba a noite anterior ao Día de
Defuntos.
As culturas entón mesturáronse e incluíuse
nesta celebración a lenda negra de Stingy
Jack, un irlandés que a noite dun 31 de
outubro cóntase que se tropezou co mesmo
Diaño, e a quen terminaría coñecéndose
como Jack O’Lantern. Ese mesmo termo
acabou utilizándose como nome común
para referirse ás cabazas que se decoran
en Halloween.

Página 4 de 5 visita twinkl.es


Cousas que debes saber sobre
o Samaín
Trick or Treat
O famoso truco ou trato (trick or treat) tamén ten a súa orixe
no mundo celta. Conta a tradición que os druídas ían a noite do
31 de outubro de casa en casa pedindo comida para honrar aos
seus deuses.
O Día dos Mortos
Tal e como pasou con infinidade de celebracións pagás, o
cristianismo terminou instaurando neses días as súas propias
festividades. Así, á mañá seguinte do Samaín celébrase o Día
de Todos os Santos, no que se lembra ás persoas falecidas que
están no Paraíso festividade que a Igrexa católica estableceu ao
redor do século X. Ademais diso, a tradición católica instaurou
pouco tempo despois o Día dos Fieis Defuntos (2 de novembro),
no que si se lembra tamén a aqueles que non están no Paraíso e
permanecen no Purgatorio.

Página 5 de 5 visita twinkl.es

You might also like