You are on page 1of 1

Unha historia feita realidade

Era unha tarde chuviosa de decembro, cara o ano 1987, e eu mais miña irmá,
chegabamos correndo con moita ilusión á casa da nosa. Alí pediunos que nos
sentáramos e que a escoitáramos con atención. Comezou a contarnos:
Nun día tormentoso de inverno, esperaba con ansias ao teu avó, que polos tempos que
corrían, se necesitaba recorrer as augas en busca de alimento. De súpeto, sentiuse un
estalido que viña, precisamente, deste perigoso lugar, o mar.
Neste momento, miña irmá interrompeu a historia da nosa avoa, e ela moi sorprendida
comezou dicir que estaba escoitando fortes ruídos preto da casa, situada nas costas de
Fisterra.
Ao igual que no conto da miña avoa, meu avó estaba fóra da casa, gañando o pan de
cada día.
O sonoro ruído volveuse escoitar. A xente comezou ir contra o faro, de onde procedía
este escándalo. Miña avoa agarrounos da man e seguimos á multitude.
Cando vimos a escena non o críamos: un impresionante buque acababa de naufragar
preto da costa.
Os mariñeiros saltaron do barco o máis rápido que puideron, pero non lles deu tempo a
poñer o salvavidas antes da última explosión. O barco estallou en miles de anacos que
se somerxeron océano, que comezou a encherse dunha brillante e descoñecida cor,
fluorescente e sobre todo, moi radiante.
O ambiente era aterrador: os peces morrían e saían á superficie, os paxaros fuxían, pero
o peor de todo, foron os gritos dalgúns tripulantes que tiveron a sorte de salvarse, e que
outros moitos quedarían soterrados baixo terra.
Neste preciso instante, comezamos a buscar polo noso avó, perdido entre bágoas de
familias e mariñeiros.
Chegamos á casa da miña avoa, devastados pola angustia, e prendemos unha vella radio,
agochada no faiado dende fai anos, coa esperanza de saber o que pasaba nas costas de
Fisterra. Despois de escoitar con atención o sucedido, entramos en desesperación ao
coñecer que era o que estaba no mar, no aire e na terra; radiación.
Saímos en busca dalgún familiar ou amigo que nos puidera levar lonxe daquela
situación, pero non atopamos a ninguén. As rúas estaban desertas de persoas, pero cheas
de pánico. Recorremos terra e mar ata encontrar á persoa indicada; unha veciña da miña
tía que estaba disposta a levarnos a Ribeira xunto á súa familia.
Alí pasamos meses, incluso anos ata volver ó noso pobo, Fisterra.

You might also like