You are on page 1of 2

CAZADORES E RECOLECTORES: “A CAZA E A PESCA”

Os paleolíticos cazaban sempre en grupo. Levaban fachos prendidos e berraban de forma terrorífica
para arrinconar aos animais contra os barrancos. Estes, asustados, caían polo precipicio abaixo,
rebentando contra o chan. Despois, os cazadores recollían a carne fresca de veado, cabalo, bisonte
ou doutros mamíferos.

O cerebro non paraba de evolucionar e as persoas aguilloaban cada vez máis a súa intelixencia. Por
este motivo, para cazar crearon tamén trampas para os animais máis difíciles de levar ao barranco,
coma lobos, osos, porcos bravos... Estas trampas facíanas escavando un foxo na terra, e logo
espetaban no fondo varias ringleiras de estacas afiadas. Despois, só quedaba agardar a que calquer
animal despistado caíse no burato.

Ademais, utilizaban paus e machadas de pedra para abatir ás presas, malia que este sistema era
perigoso, porque tiñan que achegarse tanto ao animal que podía recibir unha dentellada.

Debido a isto, inventaron lanzas e uns propulsores para mandalas lonxe: o arco e a frecha, o que
supuxo un avance importantísimo para aquela xente, xa que lles permitía cazar a moita máis
distancia.

Da caza os primitivos aproveitaban todo. Non só se fartaban de carne. Cos ósos facían anzóspara
pescar e agullas de coser. Co coiro fabricaban calzado, olas e correas. As peles servíanlles de
vestidos e mantas. Cos pelos e tendóns elaboraban fíos e cordas. A graxa usábana como
combustible para os fachos, para mesturar pinturas, para impermeabilizar as chozas ou para
comela. É dicir, os animais eran como uns grandes almacéns.

O mar foi sempre unha maravillosa fonte de recursos. Os prehistóricos aproveitaban o marisco e os
moluscos. Ao principio conformábanse con apañar nécora, ostras, croques, percebes, mexilóns,
nécoras, polbo...

Cos anos descubriron o arpón e outros trebellos para


pescar na auga, malia que aínda non se coñecía ningún
tipo de embarcación. As primeiras non foron outra
cousa que troncos de árbores flotantes, pero pouco a
pouco, apareceron as primeiras balsas de troncos e,
máis tarde, as canoas de pel con armación de madeira.

As artes de pesca tamén foron evolucionando. Os


pescadores primitivos utilizaban aparellos como anzós
que facían de óso, arpóns con punta de pedra tallada,
ou redes de fío de pelo e tendóns de animal. Con todo
isto, os primitivos da ribeira poideron engadir o peixe á
súa dieta, o que lles proporcionou unha mellor
alimentación.
COMPRENSIÓN LECTORA

1. Como cazaban os paleolíticos?

2. Que permitiu a evolución do cerebro?

3. En que consistían as trampas que facían para cazar?

4. Por que era perigoso empregar armas para abatir ás presas?

5. Explica un dos avances máis importantes da caza.

6. Que aproveitaban os paleolíticos dos animais?

7. Que recursos aproveitaban do mar antes de aprender a pescar?

8. Como eran as súas embarcacións?

9. Con que instrumentos de pesca contaban?

You might also like