You are on page 1of 80

Existen sociedades

prehistóricas na actualidade?
O pobo yanomami vive nas montañas e
selvas do norte de Brasil e o sur de
Venezuela
1. A Prehistoria
Índice
• 1. Que é a Prehistoria?
• 2. O proceso de hominización
• 3. O Paleolítico, unha vida nómade
• 4. A revolución do Neolítico
• 5. A Idade dos Metais
• 6. O nacemento da arte
• 7. A Prehistoria na Península Ibérica
• 8. A Prehistoria en Galicia
1. Que é a Prehistoria? Sácame
• A Prehistoria é a
guapa
etapa máis longa da
evolución da
humanidade.

• Abrangue dende a
aparición dos
primeiros
antepasados dos
seres humanos (hai
uns 5 millóns de
anos) ata a
aparición da
escritura (fai uns
5.000 anos).
Recreación de Lucy a partir dos fragmentos óseos pertencentes ao esqueleto dun homínido
da especie Australopithecus afarensis (3,2-3,5 millóns de anos de antigüidade)
1. Que é a Prehistoria?
• As fontes empregadas para o
estudo da Prehistoria son
fundamentalmente restos
materiais (ferramentas, armas,
utensilios, esqueletos, pinturas,
restos de lugares de habitación e
enterramento...)

• A maioría destes restos atópanse


enterrados, razón pola cal
aparecen dúas ciencias para o seu
estudo: a arqueoloxía e a
paleontoloxía.
1. Que é a Prehistoria?

• A arqueoloxía é a ciencia que


estuda o pasado a través dos
restos materiais.

• A paleontoloxía é a ciencia que


estuda e interpreta o pasado da
vida da terra a través dos restos
fósiles, tanto de plantas como de
animais (dinosaurios, seres
humanos e os seus antecesores).
1. Que é a Prehistoria?
• Os historiadores dividiron a Prehistoria en tres etapas, atendendo ao
material co que os utensilios foron fabricados, seguida dunha cuarta
etapa que é de transición cara á Historia.
1. Que é a Prehistoria?
• Paleolítico. Significa ‘pedra vella’ ou ‘pedra tallada’. Vai desde a
aparición dos nosos primeiros antepasados ata o descubrimento da
agricultura e a gandaría. Os seres humanos vivían da caza e a
recolección. Esta etapa pode subdividirse en Paleolítico Inferior,
Paleolítico Medio e Paleolítico Superior.
1. Que é a Prehistoria?
• Neolítico. Significa ‘pedra nova’ ou ‘pedra pulida’. Vai desde o
descubrimento da agricultura e gandaría ata a elaboración das
primeiras ferramentas de metal. Os pobos fanse sedentarios.
1. Que é a Prehistoria?
• Idade dos Metais. Vai desde a realización dos primeiros obxectos de
metal (cobre, bronce, ferro) ata a invención a escritura.
2. O proceso de hominización
• O ser humano é o resultado dunha
lenta evolución. Esta é a teoría máis
aceptada na actualidade (teoría da
evolución) e foi formulada no século
XIX por Charles Darwin, quen afirmou
que os seres humanos son a evolución
de seres preexistentes.

• Para adaptarse a unhas novas


condicións climáticas (aumento das
temperaturas da Terra e desaparición
das zonas de bosque) e poder
sobrevivir nun medio hostil, algúns
primates iniciaron unha serie de
cambios.
2. O proceso de hominización
• Estas transformacións deron
lugar á aparición (no Val do Rift,
en África) dos primeiros
homínidos (individuos parecidos
aos humanos) e, máis adiante, á
especie humana. Este proceso, o
cal durou millóns de anos, se
coñece como hominización.
2. O proceso de hominización
• Proceso de hominización:

• O primeiro paso foi a


posición vertical e a marcha
bípeda, que lle
proporcionaban aos
homínidos maior campo de
visión e liberaban as mans
para a manipulación de
utensilios e a fabricación de
ferramentas.
2. O proceso de hominización
• Proceso de hominización:

• O desenvolvemento do
polgar opoñible favoreceu o
uso das mans como unha
pinza de gran precisión para
manipular obxectos e
elaborar ferramentas.
2. O proceso de hominización
• Proceso de hominización:

• O mantemento da cabeza en
equilibrio sobre as costas
trouxo consigo o aumento da
capacidade craneal e, con
iso, o desenvolvemento do
cerebro.
2. O proceso de hominización
• Proceso de hominización:

• O uso de instrumentos para


cortar os alimentos e do
lume para abrandalos deu
lugar á diminución do
tamaño das mandíbulas e
dos dentes.
2. O proceso de hominización
• Proceso de hominización:

• A aparición da fronte plana, a


diminución dos arcos
superciliares (ósos frontais por
enriba das cellas) e a presenza
de queixo déronlle ao ser
humano o seu aspecto actual.

• Todos estes cambios


contribuíron a incrementar a
súa intelixencia e a súa
capacidade de comunicarse
(aparición da linguaxe).
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano
actual

• Ardipithecus:

• Cronoloxía e expansión: África


oriental, 4,4 Ma.

• Outras características: bipedismo,


aínda que tamén trepa ás árbores e
móvese por eles con facilidade;
capacidade craneal moi pequena, de
450 cm3.
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano
actual

• Australopithecus:

• Cronoloxía e expansión: Val do Rift


(África oriental), 4 Ma.

• Útiles: paus e pedras, pero non


fabrica instrumentos.

• Outras características: bipedismo,


capacidade craneal de 450 cm3.
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano
actual

• Homo habilis:

• Cronoloxía e expansión: África


Oriental, 2,5 Ma. Non abandonou o
continente.

• Útiles: un dos primeiros fabricantes


de instrumentos (seixo afiado-
chopper).

• Outras características: podía falar,


capacidade craneal de 600-800 m3. https://www.youtube.com/watch?v=ddIGRWhlih0
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano
actual

• Homo erectus:

• Cronoloxía e expansión: África


Oriental, 1,5 Ma. Colonizou toda África
e Asia.

• Útiles: pedra de sílex afiada polas dúas


caras (biface).

• Outras características: cazaba en


grupo e empregaba o lume,
capacidade craneal de 1000 cm3.

https://www.youtube.com/watch?v=
b9iTIXqtxU8
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano actual

• Homo neanderthalensis:

• Cronoloxía e expansión: Europa, 200 mil


anos. Evolución do Homo erectus.
Extinguiuse hai uns 40 mil anos.

• Útiles: de sílex (frecha, raspadeira,


perforador...).

• Outras características: era un gran cazador


e elaboraba ferramentas especializadas,
habitaba en grandes grupos xerárquicos,
practicaba enterramentos, capacidade
craneal de 1500 cm3.
2. O proceso de hominización
• Dos homínidos ao ser humano actual

• Homo sapiens:

• Cronoloxía e expansión: África Oriental,


200 mil anos. Expandiuse por Asia, Oceanía,
Europa (hai uns 40 mil anos) e América.

• Útiles: de óso e hasta (propulsor, arpón...)

• Outras características: primeiras mostras


de arte, practicaba ritos relixiosos,
capacidade craneal de 1450 cm3.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• Unha vida nómade:

• As primeiras comunidades de
seres humanos vivían da caza de
animais, da recolección ou colleita
de froitos e da pesca, é dicir, dos
recursos que lles proporcionaba a
natureza. Como non producían
alimentos, dicimos que eran
depredadores.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• Unha vida nómade:

• A caza era a súa principal actividade.


Acurralar e cazar bisontes, mamuts, etc.,
era unha tarefa complexa que requiría
habilidade e tiña que realizarse en
grupos. Das súas presas aproveitaban a
carne para comer, as peles para
abrigarse, os ósos para facer
instrumentos e os tendóns para fabricar
cordas.

• Este tipo de economía provocaba que os


recursos nun lugar se esgotasen e se
visen obrigados a trasladarse a outros
lugares na procura do alimento e refuxio,
polo que reciben o nome de nómades.
https://www.youtube.com/watch?v=Io4FvEKgpco
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A organización en tribos e clans:

• A sociedade durante o Paleolítico


organizábase en tribos dunhas 40 ou
60 persoas. Varas tribos dun mesmo
grupo constituían un clan.

• Dentro de cada un destes grupos


existía unha organización xerárquica,
na que un xefe era quen decidía todo
o relacionado coa vida cotiá
(desprazamentos, rutas de caza...) e
na que non existían familias, xa que
os fillos eran criados entre todos os
membros do grupo.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A organización en tribos e clans:

• Os nosos primeiros antepasados,


como o Homo erectus, adoitaban
durmir ao aire libre. Pero pronto
comprenderon a necesidade de
durmir ao abrigo. Os tipos de
hábitats máis comúns durante o
Paleolítico foron:

• Covas naturais ou artificiais (pequenas


construcións elaboradas polos homes).

• Cabanas fabricadas con pedras, barro,


peles e ramaxes.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• O dominio do lume:

• O homo erectus descubriu o lume hai


aproximadamente uns 400 mil anos.
Axiña se decatou da súa utilidade e
esforzouse por mantelo vivo. Máis
adiante, os neandertais aprenderon a
prender o lume.

• O dominio do lume foi un elemento


moi importante no progreso do ser
humano, xa que permitiulle
quentarse, escorrentar as feras,
iluminar as covas e, sobre todo,
cociñar e facer máis nutrientes e
dixeribles os alimentos. https://www.youtube.com/watch?v=BWbB1aourIs
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A fabricación de instrumentos:

• Paleolítico Inferior:

• O homo habilis utilizaba simples


pedras talladas (seixos ou croios)
sobre cantos rodados para conseguir
un fío cortante. Este tipo de industria
lítica recibe o nome de pebble-
culture ou cultura dos seixos.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A fabricación de instrumentos:

• Paleolítico Inferior:

• O homo erectus utilizou sílex, un


mineral moi duro que ao golpealo
rompe en láminas e produce unha
aresta moi afiada. Con el fabricaban
bifaces, é dicir, ferramentas talladas
polas dúas caras, que utilizaban para
cortar madeira, despezar animais,
arrancar tubérculos, perforar ósos...
Este tipo de industria lítica recibe o
nome de industria achelense.
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A fabricación de instrumentos:

• Paleolítico Medio:

• O homo nenaderthalensis consegue


reducir o tamaño dos útiles e
especializarse na súa fabricación
grazas ao método Levallois.
Aparecen as puntas de lanza, as
raspadeiras, os coitelos...

http://safeshare.tv/v/ss56312d209b6b2
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• A fabricación de instrumentos:

• Paleolítico Superior:

• Continúase coa microlitización e coa


especialización. Ademais, evoluciona
notablemente o traballo do óso ou as
astas, materiais cos que se realizaban
arpóns para pescar, agullas de coser ou
arcos e propulsores para lanzar frechas
a distancia.

• Apréciase unha maior preocupación


estética nos obxectos elaborados. Son
moitas as culturas que se dan neste
momento: auriñaciense, solutrense,
magdaleniense....
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• As crenzas relixiosas:

• Os homes e mulleres do Paleolítico


non podían entender fenómenos
como a vida, a morte, o Sol ou a Lúa,
polo que buscaron unha explicación
relixiosa e mesmo intentaron influír
sobre eles mediante ritos relixiosos,
cos cales crían que melloraría a súa
calidade de vida (máis caza,
abundancia de froitos, menor
mortalidade nas súas
comunidades...). De ahí que
divinizasen as forzas da natureza
(raios, chuvia, Sol...)
3. O Paleolítico, unha vida nómade
• As crenzas relixiosas:

• No Paleolítico Medio, os
neandertais comezaron a
preocuparse polo que sucedería
tras a morte, unha cuestión que se
reflicte claramente no
soterramento dos mortos, os
cales eran acompañados dalgúns
obxectos da súa vida cotiá que
reciben o nome de enxoval
funerario.
4. A revolución do Neolítico
• O Neolítico iniciouse fai uns 10.000
anos nunha zona de Oriente Próximo
regada polos ríos Tigris, Éufrates e
Nilo, denominada o Crecente Fértil.
Simultaneamente, o Neolítico
desenvolveuse noutras zonas de Asia
(vales do Indo, Ganxes e río Amarelo)
e América (Centroamérica, Cordilleira
dos Andes).

• Esta etapa supuxo una revolución para


a humanidade debido,
principalmente, ao desenvolvemento
da agricultura e da gandaría.
4. A revolución do Neolítico
• A aparición da agricultura e a
gandaría:

• Mediante a observación dos


fenómenos da natureza, os homes
e as mulleres do Neolítico
aprenderon que as sementes
soterradas daban lugar a unha
nova planta, polo que comezaron
a cultivar cereais como o trigo, a
cebada, o centeo ou o millo, así
como arroz e patacas.
4. A revolución do Neolítico
• A aparición da agricultura e a
gandaría:

• O exame do comportamento dos


animais do arredor, os cales se
desprazaran cara ao norte,
permitiu a súa domesticación, tal
e como fixeron cos cans, as
cabras, as ovellas, os porcos ou os
bois.
4. A revolución do Neolítico
• O comezo da vida sedentaria:

• O feito de no ter que desprazarse


constantemente para buscar alimentos e a
necesidade de coidar dos cultivos e dos rabaños
fixo que os homes e as mulleres se volveran
sedentarios, é dicir, asentáronse en poboados
próximos aos cursos de auga e aos campos de
cultivo.

• A mellora na alimentación tamén xerou un


aumento da poboación, o que permitiu que cada
persoa realizase unha actividade concreta,
producíndose así a división do traballo.

• Algúns membros do poboado acumularon terras


e gando, o que deu lugar á propiedade privada e
ao xurdimento de diferencias sociais entre os
integrantes do grupo.
4. A revolución do Neolítico
• Os avances técnicos:

• As novas tarefas agrícolas fixeron


necesaria a fabricación de
instrumentos especializados,
como a fouce para segar, o muíño
para moer o gran, a aixada para
cavar a terra e o machado para
cortar árbores.
4. A revolución do Neolítico
• Os avances técnicos:

• Para elaborar vestidos e mantas


crearon o fuso, co que algunhas
fibras naturais (la, liño) se
convertían en longos fíos, e o tear,
que facilitaba o trenzado destes
fíos para poder elaborar un tecido.
4. A revolución do Neolítico
• Os avances técnicos:

• A necesidade de almacenar,
transportar e cocer os alimentos
trouxo consigo o
desenvolvemento da cerámica.
Aprenderon a modelar o barro
húmido e a endurecelo secándoo
ao sol ou cocéndoo nun forno de
leña.
4. A revolución do Neolítico
• As crenzas da sociedade
neolítica:

• A sociedade neolítica, ao igual que


durante o Paleolítico, respectaba
enormemente os seus mortos. Por
iso soterrábanos baixo as súas
viviendas, cos seus obxectos
persoais ou en cemiterios
coñecidos como necrópoles.
4. A revolución do Neolítico
• As crenzas da sociedade
neolítica:

• Tamén foi moi importante o culto


á Deusa Nai, que se observa na
representación de figuras de barro
e nas pinturas que adornaban os
sepulcros. Coa aparición da
agricultura, a fertilidade da terra
converteuse en motivo de
veneración, así como os
elementos que facían posibles as
colleitas (chuvia, raios do Sol...)
5. A Idade dos Metais

• A Idade dos Metais iniciouse fai


uns 7.000 anos en Oriente
Medio e na Península de
Anatolia.

• A Idade dos Metais divídese en


Idade do Cobre, Idade do
Bronce e Idade do Ferro.
5. A Idade dos Metais

• Idade do Cobre:

• Lugar de orixe: sur de Anatolia e


Balcáns.

• Obxectos máis fabricados:


machados, adornos (alfinetes, Brazalete Diadema
brazaletes...).

• Método de traballo do cobre:

• Forxa. Consiste en quentar o metal


para moldealo mellor.

Frecha Puñal
5. A Idade dos Metais
https://www.youtube.com/watch?v=a41zsEofXAA
• Idade do Bronce : https://www.youtube.com/watch?v=43HSjCgnHBw

• Lugar de orixe: Crecente Fértil e Europa.

• Obxectos máis fabricados: armas (dagas, puñais,


coirazas, cascos, puntas de lanza, escudos,
espadas...), adornos (broches de cinto, fíbulas,
torques...) e instrumentos agrarios.

• Obtención do bronce: aleación de cobre e


estaño, polo que se obtén un material máis duro
e cortante.

• Método de traballo do bronce Daga Casco


• Fundición. Consiste en fundir o metal nun forno ata
licualo para poder darlle forma envocándoo en
moldes.

Espada Torque
5. A Idade dos Metais

• Idade do Ferro:

• Lugar de orixe: Oriente Próximo e


Europa.

• Obxectos máis fabricados: ferramentas


para o campo (machados, coitelos,
podadores, aixadas, gadañas, fouces,
reixas para os arados, tesoiras, limas, Tesoiras
arneses de carro...) e armas moito máis
duras e resistentes.

• Características do ferro: maior dureza e


resistencia, o que o fai idóneo para a
fabricación de armas e utensilios
agrícolas. Fouce
5. A Idade dos Metais

• A vida na Idade dos Metais:

• O uso dos metais produciu


cambios importantes na
sociedade:

• Aparición de novas actividades como


a minaría ou a ferraría, o que
produciu unha maior división do
traballo e a aparición de artesáns
(metalúrxicos, xoieiros, ceramistas...)
que producían novas mercadorías.
5. A Idade dos Metais

• A vida na Idade dos Metais:

• O uso dos metais produciu


cambios importantes na
sociedade:

• Todo isto estimulou o intercambio


de produtos (comercio). Para
facilitar o transporte a maior
distancia iniciáronse as primeiras
formas de navegación a vela e
inventouse a roda, que se usaba en
carros tirados por animais (bois e
cabalos).
5. A Idade dos Metais

• A vida na Idade dos Metais:

• O uso dos metais produciu


cambios importantes na
sociedade:

• Apareceron as primeiras cidades,


caracterizadas pola presenza de
edificios e murallas defensivas.
5. A Idade dos Metais

• A vida na Idade dos Metais:

• O uso dos metais produciu


cambios importantes na
sociedade:

• A necesidade de defender as terras,


os rabaños e os obxectos implicou o
xurdimento de grupos de guerreiros,
encabezados por un caudillo ou rei
que exercía o seu poder sobre unha
ou varias aldeas (tribo).
5. A Idade dos Metais

• As crenzas e a arte na Idade dos


Metais:

• Seguíase a adorar as forzas da


natureza, celebrábanse cerimonias en
covas e tamén en lugares sagrados
como os ríos Esta vida espiritual
reflíctese perfectamente na súa arte,
cuxas manifestacións máis relevantes
son os megálitos, construcións en
grandes bloques de pedra que foron
empregadas tanto para
enterramentos colectivos como para
santuarios.
Menhir de Kergadiou, Bretaña,
Francia
6. O nacemento da arte
• O Paleolítico, as primeiras obras de
arte:

• Arte rupestre. Recibe este nome porque


se realizaba no teito e nas paredes das
cavernas. As pinturas representaban con
gran realismo figuras de animais illados
(bisontes, cabalos, cervos, mamuts...),
sen formar unha escena. Utilizábanse
cores como o vermello, o ocre e o negro.
Crese que este era un ritual máxico,
realizado coa finalidade de favorecer a
caza. Outras teorías simplemente afirman
que era unha maneira de representar a
realidade que estaban vivindo.
Covas de Altamira, España

https://www.youtube.com/watch?v=O1CvFTD0IBw
6. O nacemento da arte
• O Paleolítico, as primeiras
formas de arte:

• Escultura en pedra, óso e marfil.


Os obxectos máis destacados eran
unhas pequenas esculturas de
mulleres nas que se resaltaban os
atributos femininos relacionados
coa maternidade. Estas figuras
denomínanse Venus e parecen ser
esculturas que pretendían
propiciar a fertilidade das mulleres
da tribo.
Venus de Willendorf
6. O nacemento da arte
• O Neolítico:

• Pintura rupestre. Localízase en abrigos


rochosos ao aire libre. Trátase dunha
pintura esquemática, moi diferente á
realista do Paleolítico. As pinturas
representan momentos de caza, danza ou
recolección. A figura esencial en todas
estas composicións é a humana. Os
animais debuxábanse sempre de perfil e
con formas moi simplificadas,
normalmente xeométricas, mentres que
os seres humanos se representaban
cunha liña vertical que se bifurcaba nas
pernas, onde a cabeza era un simple
círculo. Aínda así, as escenas producen
grande sensación de movemento.
6. O nacemento da arte
• O Neolítico:

• Cerámica. As vasillas de cerámica


presentan unhas decoracións moi
variadas: debuxos xeométricos,
presencia de cordeis, en ocasións
atópanse pintadas, etc.
6. O nacemento da arte
• O Neolítico:

• Escultura: os ídolos. Trátase de


representacións ou imaxes dun
deus ao que adoran. Están
realizadas con pedra ou óso e
caracterízanse por presentar
grandes ollos circulares e adornos
en forma de triángulos e liñas.
6. O nacemento da arte

• O megalitismo:

• Podemos distinguir tres tipos de


megálitos:

• Menhir. Pedra de gran tamaño


colocada de xeito vertical nun lugar
significativo. Crese que os menhires
podían ser conmemorativos ou unha
marca territorial.

Menhir de Kergadiou, Bretaña,


Francia
6. O nacemento da arte

• O megalitismo:

• Podemos distinguir tres tipos de


megálitos:

• Crómlech. Conxunto de pedras


verticais e lousas horizontais
dispostas formando un círculo. A súa
función podería estar relacionada
con algún culto agrario ou solar.
Stonehenge, Wiltshire, Reino Unido
6. O nacemento da arte
https://www.youtube.com/watch?v=nx1jkK0e_-I

• O megalitismo:

• Podemos distinguir tres tipos de megálitos:

• Dolmen. Construción formada por grandes pedras


verticais e horizontais que daban lugar a un recinto
destinado a efectuar os enterramentos.
Normalmente cubríanse con terras e pedras,
obtendo unha especie de cova artificial. Existen tres
tipos de dolmen:
Dolmen de Dombate, Dolmen de Axeitos, Ribeira,
• Dolmes simples, construídos con grandes bloques Cabana de Bergantiños, A A Coruña
de pedra verticais, cubertos por outra lousa de
grandes dimensións. Coruña
• Dolmes de corredor, formados por un longo
corredor polo que se accedía a unha cámara
circular destinada a enterramentos colectivos.

• Dolmes de galería, semellantes aos de corredor,


aínda que neles non se distingue o corredor da
cámara funeraria.

Dolmen de Muíños,
Ourense
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Paleolítico:

• Os primeiros poboadores da Península


chegaron aproximadamente fai uns 800
mil anos, procedentes de África.

• Os seus restos, que constitúen unha nova


especie coñecida como Homo
antecessor, foron atopados no
xacemento da Gran Dolina, na Serra de
Atapuerca (Burgos). Pola información que
nos ofrecen os restos óseos sabemos que
eran nómades, vivían ao aire libre, preto
dos cursos fluviais e as súas ferramentas
eran pouco elaboradas.
7. A Prehistoria na
Península Ibérica
• Paleolítico:

• Pintura rupestre. Presentan dúas


grandes zonas diferenciadas,
segundo o estilo das súas pinturas: Cova de Altamira

• Zona cantábrica. Predomina a


representación naturalista de
animais, normalmente illados e
pintados con vivas cores. Destaca
especialmente a Cova de Altamira e
a Cova do Castillo (Cantabria), así
como Tito Bustillo (Asturias).

Cova do Castillo
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Paleolítico:

• Pintura rupestre. Presentan dúas


grandes zonas diferenciadas,
segundo o estilo das súas pinturas:

• Zona mediterránea ou levantina.


Predomina unha técnica máis
esquemática, aparecen escenas de
grupo que adoitan representar a vida
cotiá (caza, recolección...) e están
pintadas cunha soa cor.
Cova da Araña (Valencia)
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Neolítico:

• O Neolítico desenvolveuse na
Península Ibérica grazas á chegada
ao levante peninsular (costa
mediterránea) de poboadores
procedentes do Mediterráneo
oriental e á evolución das
poboacións autóctonas en
contacto con eles.
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Neolítico:

• Arte cerámica. Na costa


mediterránea difundiuse a
cerámica cardial, decorada con
incisión de conchas. En Andalucía Cerámica cardial da cova
destacou a cultura almeriense, de l’Or (Alcoy, Valencia)
que se distingue pola cerámica
almagra, de cor avermellada.

Cerámica almagra de
Zuheros´(Córdoba)
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Cobre:

• Cultura megalítica. Caracterizouse


por presentar grandes construcións
en pedra. Desenvolveuse sobre todo
na zona norte da Península.
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Cobre:

• Cultura dos Millares. Recibiu o seu


nome do poboado dos Millares situado
en Almería. Caracterizouse por
presentar vivendas circulares ou ovais,
rodeadas por varias murallas. Os
habitantes cultivaban cereais e criaban
porcos, cabras, cabalos e bois.
Traballaban o cobre e empregábano
para realizar ferramentas e adornos.
Os enterramentos realizábanse preto
do poboado e eran colectivos. Cultura dos Millares:
https://www.youtube.com/watch?v=JwKAPvKleks
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Cobre:

• Cultura do vaso campaniforme. O


nome desta cultura responde ao tipo
de cerámica atopada nos
xacementos: uns vasos en forma de
campá decorados con motivos
xeométricos. Desenvolveuse no
centro e na periferia peninsular.
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Bronce:

• Cultura argárica. Atopábase no


sueste peninsular. Os seus poboados
situábanse en zonas de fácil defensa
e no seu interior construíanse
vivendas rectangulares. Tiñan por
costume enterrar os mortos no chan
das vivendas ou en grandes vasillas.
Elaboraban obxectos de bronce
(armas, xoias...). Cultura argárica (ata 10:28):
https://www.youtube.com/watch?v=Xm64yEiVBx8
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Bronce:

• Cultura talaiótica. É a cultura


característica das Illas Baleares.
Caracterizouse por presentar
construcións con dúas pedras planas
en forma de mesa (taula), con forma
de nave invertida (naveta) e unha
torre de pedra circular (o talaiot).
Aínda que xurdiu nesta época, o seu
verdadeiro desenvolvemento tivo
lugar na etapa posterior.
Cultura talaiótica:
https://www.youtube.com/watch?v=u1TCm_2nDOQ
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Ferro:

• Cultura íbera. Situados en Levante e


Andalucía, os íberos destacaron pola
súa labor comercial con outros
pobos do Mediterráneo.
7. A Prehistoria na Península Ibérica
• Idade dos Metais:

• Idade do Ferro:

• Cultura celta. Situados no norte da


Península, cando chegaron a estes
territorios, os celtas conviviron coas
persoas que habitaban previamente
a zona. Os poboados establecéronse
en áreas altas e denomináronse
castros.
8. A Prehistoria en Galicia
• Paleolítico:

• Desde épocas moi remotas do


Paleolítico, grupos de cazadores-
recolectores ocuparon o territorio
galego e estableceron os seus
campamentos ao aire libre en
Toén (Ourense), na
desembocadura do río Miño, e
nas Gándaras de Budiño e Arbo
(Pontevedra).

Colgante de Férvedes II
8. A Prehistoria en Galicia
• Paleolítico:

• En Vilalba (Lugo), nun abeiro rochoso,


atopáronse testemuños de
ocupacións máis recentes de
cazadores-recolectores: instrumentos
de sílex, cristal de rocha e outras
pedras.

• Os derradeiros grupos paleolíticos


diversificaron os seus recursos
económicos e incorporaron á súa
dieta a inxestión de moluscos en
grandes cantidades. A acumulación
de cunchas produce un tipo de
cimento arqueolóxico: os cuncheiros.
Colgante de Férvedes II
8. A Prehistoria en Galicia
• Neolítico:

• A partir do ano 5.000 a.C. principiaron a agricultura e a gandaría. As


comunidades galaicas do Neolítico coidaban animais coma o porco, a cabra e
a ovella, e cultivaban cereais coma o trigo e o millo miúdo.

• Durante o Neolítico desenvolvéronse dúas das manifestacións máis coñecidas


de Galicia: os petróglifos e os megálitos. Ambas as dúas manteranse ata a
Idade dos Metais.
8. A Prehistoria en Galicia
• Neolítico:

• Os petróglifos:

• Definición: gravados feitos sobre as rochas


de granito ao aire libre.

• Características. Teñen formas moi variadas:


predominan os temas xeométricos como
espirais e círculos concéntricos, e motivos
zoomorfos ou antropomorfos, sempre moi
esquematizados.

• Localización. A maior concentración de


gravados atópanse nas rías de Pontevedra e
Vigo, e, sobre todo, en Campo Lameiro.

Laxe das Rodas, Cotobade (Pontevedra)


8. A Prehistoria en Galicia
• Idade dos Metais:

• A riqueza mineral de Galicia,


especialmente en estaño, favoreceu a
chegada de buscadores de metais a
partir do II milenio a.C. que
difundiron a metalurxia. Así, xurdiron
numerosos focos mineiros e de
fabricación de ferramentas de metal.

• Intensifícanse a explotación do gando


e da agricultura, e sobre todo
inícianse trocos comerciais con
Bretaña (Francia), Cornualles
(Inglaterra), Portugal e con outras Tesouro de Caldas de Reis, Pontevedra
civilizacións do Mediterráneo.

You might also like