You are on page 1of 1

A escritura no Antigo Exipto e o PAPIRO

A ESCRITURA
No Antigo Exipto non todos sabían ler nin escribir: todo o contrario, so uns poucos o
facían: eran os escribas.
Os escribas escribían con signos sagrados, aos que chamamos xeroglíficos, que eran
debuxos cada un de eles cun significado. Para os exipcios a escritura era moi  importante,
como un regalo dos deuses e a aproveitaban ben, querían deixar por escrito todas as
cousas importantes para as persoas que viviran despois e por eso o faraón e os
personaxes importantes ían acompañados sempre dun escriba que tomaba nota de todo o
que pasaba.

Ao principio solo escribían en pedras e nas tumbas, mais tarde en papiros cando


aprenderon a fabricalos. E aínda despois de coñecer o papiro, os aprendices tiñan que
practicar nos anacos de barro das vasillas rotas porque o papiro era moi caro.
Tiñan tinta vermella  que usaban para escribir os títulos e tinta negra para o resto do
texto.

O papiro: fabricábanse co talo dunhas plantas acuáticas que


crecían na beira do río Nilo. O nome desta planta significaba
“flor do rei” e chamábase así porque todas pertencían ao
faraón e a súa elaboración tamén era monopolio real.

Como convertían a planta en papiro? Primeiro quitábase a


cortiza e cortábanse en láminas moi finiñas que había que
colocar primeiro en vertical e
enseguida poñer outra capa en
horizontal. As dúas capas quedaban unidas por un mollo que
soltaban e golpeando cunha maza para despois deixala durante
uns días con moito peso enriba como si fose unha prensa. Por
último cando despois duns días, se alisaban cunha pedra,
recortábanse os bordes e uníanse para facer rolos.

ELABORACIÓN DO PAPIRO - VIDEO

You might also like