You are on page 1of 16

TEMA 4 “ A RELACIÓN HUMANA”

1
 Sentimos cousas e reaccionamos
O noso corpo pode sentir eses sinais.
•Os órganos dos sentidos captan os sinais.
• Os órganos dos sentidos transforman estes sinais
noutros, que lle envían ao cerebro a través de nervios que
os conectan con el.
• O cerebro interpreta os sinais que lle envían os sentidos 2
como información útil.

 Reaccionamos
Cando sentimos algo, o corpo reacciona.
• O cerebro decide a reacción e prepáraa.
Para iso, relaciona a información que recibe dos sentidos e
elabora ordes para realizar unha reacción adecuada.
•O cerebro envíalles esas ordes aos músculos e outros
órganos capaces de realizar a reacción. Envíaas a través
dos nervios.
• Os músculos e outros órganos producen a reacción. Esta
pode ser un movemento ou a produción de substancias
como a saliva, a suor...

Así son as nosas reaccións

Ás veces, as nosas reaccións son automáticas e moi rápidas.


 Que fas cando che da a luz do sol na cara?
Outras veces as nosas reaccións son máis lentas e
pensadas, porque o cerebro tarda en decidilas.
 Cando nos fan unha pregunta e temos que pensar a resposta
Actividades:
1. Escribe os nomes dos órganos dos sentidos. --------------------
-----------------------------------------------------------
-----------------------------

2. Como se comunican os órganos dos sentidos co cerebro? ---------


----------------------------------------------------------- 3
-----------------------------------------------------------

3. Escribe dous exemplos de reaccións automáticas e outros dous de


reaccións pensadas. -----------------------------------------
-----------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------

Solucións:

1. Vista, oído, olfacto, gusto e tacto


2. A través de nervios
3. Resposta aberta.
Automáticas: ao tropezar, recobramos o
equilibrio; cando unha pelota se dirixe ao noso rostro,
levantamos os
brazos e pechamos os ollos.
Pensadas: escribir, cortar un filete, manexar un ordenador...
A visión
 Os ollos e a visión
 Os ollos son os órganos do sentido da visión.
 Captan a luz que chega ata eles en forma de imaxes do mundo

que nos rodea.


4
 Temos dous ollos. Están encaixados nos ósos da cara e
protexidos polas pestanas, polas cellas e polas
pálpebras.
 Cada ollo é un órgano en forma de globo e ten un líquido
no seu interior.
 Nun ollo podemos distinguir varias partes:

• O iris. É a zona circular de cor que hai na parte


dianteirado ollo. É un músculo cun orificio central que
se abre ese pecha para regular canta luz entra ao ollo.

• A pupila. É o orificio do centro do iris. A luz entra por


ela, atravesa o cristalino e o líquido do interior do ollo e
chega ata o fondo, onde se forman imaxes.

• A retina. Reviste o fondo do ollo. Transforma as


imaxes en sinais que lle envía ao cerebro polo nervio
óptico.

O cerebro recibe eses sinais do ollo e fai que os sintamos


como cores, formas, tamaños e distancias.
1. Escribe os nomes no lugar correspondente: cellas,
pestanas,pálpebras, glándula lacrimal.

2. Escribe as partes do ollo no lugar que lle corresponda:


cristalino,iris,pupila,córnea,nervio óptico e retina.
A audición

 Os oídos e a audición
Os oídos son os órganos do sentido da audición. Captan
as vibracións que producen as cousas cando se moven e
que se transmiten ata nós. 6

 Temos dous oídos. Están situados aos lados da cabeza,


dentro dos ósos do cranio.
 Cada oído está formado por tres tramos:

•O oído externo. Está formado pola orella e polo conduto


auditivo, que é a canle pola que as vibracións chegan
ao interior do oído.

• O oído medio. Situado dentro do cranio, ten unha


membrana, o tímpano, e unha cadea de osiños. Ambas as
dúas reciben as vibracións que entran polo oído externo
e transmítenllas ao oído interno.
• O oído interno. Aquí encóntrase o caracol, que transforma
as vibracións en sinais e os envía ao cerebro polo
nervio auditivo.

O cerebro recibe os sinais que lle envían os oídos e fai que


sintamos voces, música ou ruídos, así como a posición e a
distancia á que se encontran as cousas que vibran.
1.Escribe as partes do oído: Orella, conducto auditivo, tímpano,
cadea de osiños, condutos semicirculares,caracol, nervio auditivo.

2.Completa como se realiza a audición: vibracións sonoras, orella,


conduto auditivo, tímpano, cadea de osiños, caracol , sinais e
cerebro.

As vibracións sonoras pasan a través da ---------------------,


---------------------------------- , --------------------,--
-------------------------------------, --------------------.

Alí as células auditivas, emiten --------------- que a través do

nervio auditivo chegan ao ------------ , que interpreta o sonido.

3.As palabras óptica, oculista, audiovisual e ocular teñen que ver


co ollo. Explica que significan.

----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
O OLFACTO
 A pituitaria e o olfacto

A pituitaria é o órgano do sentido do olfacto. Encóntrase na


cavidade do interior do nariz e é capaz de detectar as substancias
que nos chegan polo aire.
8
 Con cada substancia diferente que capta, a pituitaria
envíalle un sinal distinto ao cerebro polo nervio olfactivo.
O cerebro interpreta eses sinais, que sentimos como
diferentes olores, agradables ou desagradables

1.Escribe os nomes do sentido do olfacto:


9

2.Describe que tarefa realiza o nervio olfactivo

----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------
----------------------------------------------------------

A lingua e o gusto
 As papilas gustativas son os órganos do sentido do gusto.
Son diminutos vultos que se encontran na superficie da
lingua e que detectan substancias que entran na boca ao
comer ou beber.
 Con cada substancia diferente que captan, as papilas
envíanlle un sinal distinto ao cerebro polo nervio
gustativo. O cerebro interpreta eses sinais, que sentimos
como os diferentes sabores: salgado, doce, amargo ou ácido.
1.Colorea o debuxo e escribe os nomes das partes da lingua e dos
sabores: paladar, amígdalas, campanilla e papilas gustativas.
Amargo,doce,salgado, ácido e umami ( ENCÓNTRASE NOS
SABORES FORTES DO QUEIXO, XAMÓN, CARNES VERMELLAS…)

10
A pel e o tacto
 A pel é o órgano do sentido do tacto.
 Recobre o nosocorpo e ten miles de pequenísimos nervios
capaces de captar a temperatura, o contacto coas cousas ou
os danos no corpo.
 Cando estes diminutos nervios da pel entran en contacto 11

co que hai ao noso arredor, captan as súas propiedades e

envíanlle sinais ao cerebro.

 cerebro interpreta eses sinais, que sentimos como calor,

frío, suavidade, rugosidade, aspereza, dureza, viscosidade,

cóxegas.

Para investigar

Por exemplo: Cos ollos vendados, tratar de identificar o olor de

substancias ou obxectos colocados nun vaso. Posiblemente


cheguemos a unha conclusión: só ulimos unha substancia se
algunhas

partes dela chegan ao noso olfacto.


O noso aparato locomotor
 O noso aparato locomotor está formado polo esqueleto e
polos músculos. Serve para protexer os nosos órganos, para
sosternos en pé e para movernos.

O esqueleto 12

 Dentro do noso corpo hai unha armazón


formada por pezas duras, ríxidas e resistentes chamadas
ósos.Esta armazón é o noso esqueleto.
 O esqueleto está formado por un conxunto de ósos, unidos
uns con outros mediante articulacións.
Os ósos
 Temos 206 ósos de varios tipos:
• Longos como o fémur da perna.
•Planos como a omoplata ou as costelas.
•Curtos como as vértebras e os diminutos osiños do oído.
Algúns forman conxuntos importantes:
• As vértebras forman a columna vertebral, que sostén
todo o esqueleto.
•Os ósos do cranio protexen o cerebro.
• A caixa torácica, formada polas costelas
e polo esterno, protexe varios órganos.
As articulacións
Os nosos ósos únense mediante articulacións. Son de dous
tipos:
• As que permiten o movemento dos ósos, como o cóbado ou
a cadeira.
•As que unen os ósos e non deixan que se
movan, como as do cranio.
13
Os músculos
 Un músculo é un órgano capaz de contraerse e producir
movementos.
Os músculos poden ser de dous tipos:
•Músculos que están unidos a ósos. Estes
14
músculos sitúanse sobre os ósos e únense a eles mediante os
tendóns. Formana nosa musculatura. Permiten movernos e
desprazarnos.
•Músculos non unidos a ósos.
Por exemplo: os músculos do corazón impulsan o sangue;
os dos intestinos fan avanzar o alimento; os do iris abren e
pechana ,pupila...

Funcionamento dos músculos

Cando os músculos do corpo reciben unha orde do cerebro,


contráense, é dicir, acúrtanse.
Ao contraérense, os músculos tiran das partes do corpo ás
que están unidas e producen o movemento.

1.Aprende o nome dos músculos seguintes e colorea.


15
REPASO DO OÍDO, VISTA E OLFACTO
Enlaces para repasar o oído, a vista e olfacto:

 Órgano da vista:
http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_h
umano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa01_gl/index.
html

 Órgano do oído:
http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_h
umano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa02_gl/index.
html

 Órgano do olfacto:
http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_cuerpo_h
umano_por_fuera_Los_sentidos_ga/cm008_oa05_gl/index.
html

You might also like