You are on page 1of 1

20 COUSAS QUE UN NENO DEBERÍA FACER NO VERÁN

1.- Saír da auga cos dedos engurrados.


2.- Comer xeados. Podemos aproveitar que coman froita diferente con
xeados tipo «xeado de xeo», feitos con froita fresca!
3.- Deitarse tarde. Pero non moito. Ver poñerse o sol e disfrutar coa familia.
4. - Ler un bo libro con calma. O verán tamén é para seguir lendo e poder gozar os libros con
máis calma. Non esquezas levar uns bos libros para as tardes e as noites de verán. Eu
recoméndoche que busques algúns das emocións , tamén libros para coñecerse e quererse, pero
tamén algúns divertidos e que axuden a fomentar a imaxinación.
5.- Coñecer nenos e nenas novas.
6.- Mancharse. De area, de xeado, de barro, de pintura…
7.- Camiñar descalzos.
8.- Experimentar a beleza dunha posta de sol.
9.- Atopar tesouros naturais. Na montaña, na praia, no bosque, hai tesouros onde menos se
pensa.
10.- Descubrir lugares novos. Un museo novo, un parque, un acuario, unha exposición ou un
novo destino de vacacións.
11.- Embadurnarse ou enterrarse na area.
12.- Aburrirse. Fundamental e nada preocupante.
13.- Debuxar/pintar. Experimentar a creatividade, novas técnicas, novos formatos de papel
(canto máis grandes mellor), novas contornas..
14.- Relaxarse.
15.- Xogar libremente no exterior
16.- Descubrir que es capaz. Ao teu ritmo e á túa maneira. Se queres, es capaz de facer todo o
que te propoñas.
17.- Llevar a cabo unha idea. Calquera idea sempre encerra unha aprendizaxe si se leva acabo!
18.- Xogar con amigos e amigas.
19.- Facer un maratón de pelis.
20.- Olvidarse dos deberes. É interesante xogar a refrescar cousas que adquiriche, a modo de
xogo, sen necesidade de que se converta nun deber: gozar dun bo libro, practicar a escritura
facendo listas da comprar ou dos plans que che gustaría facer, escribir un caderno de viaxe, facer
un album de fotos, practicar as mates con xogos,…
Anímate a compartilo cando volvamos ao cole.
Unha aperta e a gozar do verán

You might also like