You are on page 1of 8

Historia de KIM

Velaiquí tedes un extracto sacado do libro de Baden Powell,


Escutismo para rapaces onde conta a Historia de Kim. De tódolos
xeitos sempre e máis recomendable ler este libro porque a miña
traducción pode non ser correcta. Apertas e Boa Caza.

Richi 13 de xuño de 2009

As aventuras de Kim:
Un bo exemplo daquelo que un Scout pode facer o podemos
atopar na historia de Kim, do autor Rudyard Kipling.
Kim, cuxo verdadeiro nome era Kimball O'Hara, era fillo dun
sarxento dun rexemento irlandés na india. Ou seus pais morreran
sendo aínda neno e quedou baixo o coidado da súa tía.
Os seus compañeiros de xogo eran todos indíxenas, e así aprende
e fala a súa lingua e coñece os seus costumes. Fixo gran amizade
cun vello sacerdote ambulante que percorría o país e viaxou con
el por todo o norte da India. Certo día atopou o vello rexemento
do seu pai e como entrou a ver o campamento inspirou sospeitas
de que puidese ser un ladronzuelo e foi detido. Ao ser rexistrado
atopáronlle a súa acta de nacemento e outros documentos e ao
saber quen era, o rexemento o adoptou, encargándose da súa
educación; pero en cada permiso Kim vestíase de indio e íase cos
indíxenas como se fose un deles.
Mais tarde, coñeceu a un tal Mr. Lurgan, comerciante de xoias e
de antigüidades, o cal, polo seu coñecemento dos indíxenas
pertencía ao servizo de información gubernamental.
Este, vendo a Kim tan ben informado dos hábitos e dos costumes
indios pensou que sería un bo axente de informacións, coma se
dixésemos un detective para indíxenas. Por tanto, deulle a Kim
clases de observación e fíxolle exercitar a súa memoria para
lembrar pequenos detalles, cousa certamente importante no
adestramento dun Scout.
Adestramento de Kim.
Lurgan empezou por ensinar a Kim unha bandexa chea de xoias
diferentes. Deixoullelas ver durante un minuto, despois as cubriu
cun pano e pregúntolle cantas xoias vira e de que clase eran. Ó
principio Kim só conseguía lembrarse dalgunhas e a súa
descrición era moi imperfecta; pero despois dalgúns exercicios
conseguiu acordarse moi ben de todas, así como de calquera
outra clase de obxectos que se lle mostrasen.
Ó final foi nomeado membro do Servizo Secreto; déuselle un
signo de recoñecemento: un relicario ou insignia que debía levar
colgado do pescozo e unha frase que dita de certa maneira,
revelaba a súa condición de axente do Servizo.

Kim no Servizo Secreto.


Un día Kim atopou un compañeiro descoñecido, no vagón dun
tren. Era un indíxena que estaba bastante ferido na cabeza e nos
brazos. Este explicou ós demais viaxeiros que caera dunha
carroza ó dirixirse á estación; pero Kim, como bo Scout, notou
que as feridas eran profundas e non superficiais, como sería se
fosen producidas por unha caída, e non o creu.
Mentres o outro se vendaba a cabeza, Kim reparou que levaba
unha insignia semellante á súa; e arranxouse de modo que o
home puidese ver a que el levaba. Enseguida o outro deslizou na
súa conversación algunhas palabras segredas e Kim respondeulle
con outras. Entón o estranxeiro levou a Kim aparte e explícoulle
que era portador dun despacho segreto e que sendo descuberto
por certos inimigos do goberno, tentaran matarlle;
probablemente terían coñecemento da súa presenza no tren, e
telegrafiarían aos seus cómplices de todas as estacións do
traxecto. Tratábase de entregar o despacho a un oficial de policía
e evitar caer preso polos inimigos. Kim tivo a idea e lle propuxo
un bo disfrace.
Na India hai multitude de santos mendicantes que percorren o
país. Van case espidos, cubertos de cinza, con marcas pintadas
na cara. O pobo, que admira a súa santidade, socórrelles con
moitas esmolas en diñeiro ou en víveres. Kim mesturou fariña e
cinza tomada da pipa dun indíxena, espiu ao seu amigo e lle
embadurnou; despois cunha caixiña de pinturas que levaba
consigo píntolle na fronte as marcas apropiadas; cubriulle as
feridas con fariña e cinza para que fosen menos visibles.
Despeiteoulle o cabelo para darlle o aspecto sucio dun esmoleiro
e cubriullo de po. A súa propia nai non o recoñecería.
Pouco despois chegaron a unha gran estación e viron no anden
ao oficial de policía a quen debían entregar o prego. O falso
esmoleiro atropélouno e o oficial reprendeulle en inglés; aquel
replícolle unha chea de inxurias na súa lingua indíxena, pero
introducindo entre elas as palabras secretas. O oficial, aínda que
aparentaba non comprender a lingua indíxena entendeuno
perfectamente. Vendo polas palabras secretas que se trataba dun
axente, finxiu detelo e conduciuno ao posto policial, onde puido
recibir o informe e falar á súa vontade.
Por ultimo, Kim fixo amizade con outro membro do servizo, un
indíxena de bastante cultura, un Badú, como se lles chaman na
India, e foille de gran utilidade, pois lle axudou a deter a dous
oficiais que facían espionaxe.
Estas e outras aventuras de Kim, valen a pena lelas, xa que
demostran os servizos que pode render ao seu país un Scout
cando esta ben adestrado e é suficientemente intelixente.

Como a observación é unha destreza moi valiosa, BP


utilizou esta historia para desenvolver este habito entre os scouts.

SOBRE O XOGO DE KIM


Os xogos de KIM son moi interesantes e vós tamén podedes
chegar a ser destros nel, se o tomades con interese e poñedes
empeño. Comezade con obxectos sinxelos postos sobre unha
mesa. Logo podedes complicar o xogo, en lugar de reproducir a
lista ao momento facelo unha hora mais tarde.
De cada xogo pódense crear moitas variantes. Hai que pór
en práctica a imaxinación, pero eso para un scout non debería ser
atranco, non?
Os típicos xogos de KIM, para mín son os que mellor pintan
nunha velada e supoño que a maioría da xente nin sabe de que van
e iso verdadeiramente é unha mágoa. Sen contar con que é un bo
xogo para desenvolver os sentidos nos nenos.
1) Velaiquí tedes unha pequena ficha para este tipo de xogos.

Algúns exemplos segundo o tipo de xogo de KIM:


MATERIAL

Diversos ingredientes para comidas, diversas bebidas e produtos que


desprendan un cheiro característico ou que teñan unha forma ou tacto moi
peculiar, así como diferentes obxectos pequenos ou sonoros. Para todos eles
precisamos sempre algo para tapar os ollos. E se non temos nada separado a
mán que podemos utilizar? O pano
En principio non habería límite para participantes o que tedes que ter claro e
que cantos máis haxa mais coidado tedes que ter coa organización e para que
PARTICIPANTES

non se influencien, escoiten ou copien. Aínda que se xoga entre scouts non
habería problema con explicarlles de que vai o xogo, porque como
lembraredes “Un scout é digno de confianza”. De tódolos xeitos segundo a
idade dos cativos haberá que aumentar ou diminuir o número de obxetos,
olores, … ou o tempo, xa que esta disciplina hai que entrenala para ser
realmente observador.
Véndase os ollos a cada participante, e vánselle dando a probar tanto cousas
sólidas, como líquidos; ou cousas que cheiren, ou cousas que deban palpar co
tacto, ou senón se poñen certo número de obxectos pequenos debaixo dunha
tea.
O xogador deberá dicir que é o que lle demos a probar, oler ou palpar, que
cousas viu ou oubiu.
Gaña quen máis acertos teña.
No libro de Baden Powell, Escutismo para rapaces no capítulo IV, SEGUEMENTO
DE PISTAS, explícanos o Xogo de KIM (maís ou menos) do seguinte xeito: Xogo de
Kim.
Colócanse vinte ou trinta obxetos pequenos nunha mesa ou ata no chan, tales como
dous ou tres clases diferentes de botóns, lápices, corchos, trapos, noces, pedras,
DESENVOLVEMENTO

navallas, cordóns, fotos ou calquera otra cousa que se poda atopar e se cubre cun
pano ou casaca. Faise unh listaxe destas cousas e unha columna enfronte da lista
para anotar as respostas de cada rapaz. Así:
Lista nome 1 nome 2 nome 3 nome 4, etc
Noz
Botón negros
Trapo vermello
Navalla pequena
Lápis marelo
Corcho
Cordón
Timbre postal
De seguida, descóbrense os obxetos,durante un minuto no reloxo, o mentras
contades despacio até sesenta. A Continuación cubrídeos de novo.
O xuíz sepárese logo cun rapaz de cada vez, que lle enumera en voz baixa os
obxetos dos que se lembre –ou mandalle escribir os nomes- que se apuntan na folla
de rexistro.
O rapaz que máis lembre será o vencedor.
(Vos recomendo ler a vos o Escutismo para rapaces, onde ademais disto atoparedes
moitas outras cousas interesantísimas)
2) Agora ofrezo un exemplo desenvolvido de Xogo de Kim:

DEFINICION:
Consiste en lembrar uns obxectos que foron observados durante
un intre.
OBXECTIVOS:
Fomentar a memoria visual da unidade.
Divertirse.
Aprender a confiar nun mesmo e na destreza propia.
Sentimento de pertenza e colaboración por patrullas.
PARTICIPANTES:
A unidade ranger do Grupo Scout Nyeri.
A unidade se divide por patrullas que se reúnen ao redor dunha
mesa ou unha bandexa cuberta cunha tea. Cada ranger ten un
papel (marcado co seu nome) e un boli que pinte azul.
A tea que cobre a mesa retírase por 60 segundos e aos xogadores
permíteselles observar os obxetos (30 ou 40 obxectos), como:
botóns, clips, moedas, insignias scouts, cordas, caramelos, etc.
Os grupos retíranse e van ós seus rincóns de patrulla para facer
unha lista INDIVIDUAL dos obxectos que foron observados en
30 segundos. Ó rematar esos 30 segundos se lles quitan os bolis
azuis e se lles dá un novo papel marcado co nome da patrulla e
un boli negro para o secretario e teñen 1 minuto para
confeccionar a lista máis completa que podan, obviamente se
pode utilizar as listas persoais para este fin.
EVALUACIÓN:
Outórgaselle un punto a cada grupo/ranger por cada artigo
acertado e réstaselle 2 puntos por cada obxecto fallado ou non
lembrado en cada lista (persoais e de patrulla). De aquí se saca
unha puntuación, á cal teremos que sumar 5 puntos para a
Patrulla que teña a lista máis completa, 4, 3, 2 e 1 punto extra
para o ranger que teña a lista individual máis completa, para o
segundo, para o terceiro e para o cuarto respectivamente. Gaña a
patrulla que teña máis puntos.
3) Variantes: Probas para desenrrolar todos os sentidos baseadas
no xogo de KIM. (Aquí tedes un espacio para completar coas
probas que se vos ocorran)

VISTA: Sobre 24 obxectos variados observados durante


1 minuto terás que lembrar polo menos 16 deles.

TACTO: Sobre 15 obxectos variados tocados durante


2 minutos terás que lembrar polo menos 10 deles.

GUSTO: Sobre 6 sabores distintos, deberás recoñecer e


lembrar polo menos 4 deles.

OLFACTO: Sobre 10 cheiros distintos, deberás recoñecer e


lembrar polo menos 6 deles.

OIDO: Sobre 20 sons diferentes, deberás recoñecer e


lembrar 13 deles.
PERO QUEN É O KIM NOVATO?

Neste libro espectacular que citamos o longo desta ficha “O


Escutismo para rapaces” destácase unha personaxe moi singular:
o famoso pé tenro ou o scout que entrou recentemente nun grupo
e que moitas veces cre saber todo, non fai caso dos scouts ou
responsables que levan máis tempo e que teñen máis experiencia
co que experimenta grandes fracasos ó tentar facer as cousas ó seu
xeito e sen saber. Este scout é chamado Tomasito o Pé Tenro, o
Kim novato ou o pata lebre.

Velaiquí tedes as viñetas que saen neste libro:

Esqueceuse Kim
de afiar a machada:
todo o mal que lle
fai á árbore é
Fora de si Kim ve a todos xogar; todos apaleala. (B.P)
saltan e se mergullan: só Kim non sabe
nadar. (B.P.)

Son precisos O Kim ó


nós seguros chegar ó
para a ponte campo prevee
construir, grandes
máis o Kim portentos, e
da voltas descobre, en
frouxas e ó fin, que as
caer fainos tendas levan
rir. (B.P.) ventos. (B.P.)

Os entendidos din: moitas mantas sobre o En materia de lumieiras da leccións a


chan; máis o Kim é mais esperto e quen lle ensinaba; máis indo a prender a
prefirese constipar (B.P.) sua, o Kim cos mistos acaba (B.P.)
De amigos ou
enemigos o
máis mínimo
sinal; para
onde ei de
seguir, quen Rastrexa, erguendo o extremo,
me di o final? espiando o inimigo: mais son eles
(B.P.) o que o teñen collido (B.P.)

Pensou Kim
que un cigarro
produciríalle
un inmenso
placer. Pero
non tarda en
arrepentirse Cruza Kim sen ver quen pasa e como
de tal resultado: gran revolucion e un cativo
supoñer. (B.P) lesionado. (B.P)

Pero lembrade que ninguén nace aprendido e que as técnicas


e os coñecementos son froito do traballo, do estudo, da atención e
da observación, e do mesmo xeito que Kim se superou así mesmo
e a un raparigo indio o servicio do Mr. Lurgan, cando este lles
mostraba unha bandexiña chea de pedras preciosas e de
chucherías, permitíalles contemplala durante certo tempo e logo
cubría a bandexa cun tapete, para que os raparigos reproducisen
por escrito o contido da bandexa, co maior detalle posible; e o
principio gañaba sempre o raparigo indio, pero KIM, que tiña un
gran amor propio, chegou pronto a ser moi hábil nestes xogos.
E lembrade que non hai que rirse do Kim novato, senón
axudalo a mellorar e así converterse nun membro activo para a
patrulla, a unidade, o grupo e capaz de transformar a sociedade
chegando así a ser un bo scout.
Espero que esta ficha vos sexa de utilidade e vos esperte as
ganas de buscar máis información polo menos sobre o libro no
que está todo esto plasmado e que é a base do escutismo.

Boa Caza
Xullo de 2009

You might also like