You are on page 1of 104

CADERNO

6 PRIMARIA
Lingua
O caderno Lingua 6, para sexto curso de Primaria,
é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada
no Departamento de Edicións Educativas de Santillana
Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido
por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTO
Teresa Broseta Fandos (Lecturas iniciais)
Ánxela Carril Caldelas
Rafael Fortes Otero
Roxelio Sarriá Batlle
Afonso Toimil Castro
Amparo Tortosa Sanz
ILUSTRACIÓN
Rosanna Crespo Picó
EDICIÓN EXECUTIVA
Afonso Toimil Castro
Amparo Tortosa Sanz
DIRECCIÓN DO PROXECTO
Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN
EDITORIAL DE PRIMARIA
Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero
Índice
Unidade 1

COMPRENDO UN CONTO. Un día de campo ..................................... 6


GRAMÁTICA. O grupo nominal ........................................................... 8
VOCABULARIO. A farmacia. Prefixación e sufixación ............................ 10

ORTOGRAFÍA. Uso das maiúsculas ................................................... 12

SABER FACER. Elaborar un esquema ................................................. 13

Unidade 2

COMPRENDO UN TEXTO INFORMATIVO. Gotas de suor ................... 14

GRAMÁTICA. Os demostrativos e os posesivos ................................... 16

VOCABULARIO. Os alimentos. A composición ..................................... 18

ORTOGRAFÍA. Repaso de acentuación ............................................... 20

SABER FACER. Presentar un tema ..................................................... 21

Unidade 3

COMPRENDO UN CONTO. Sebastián ............................................... 22

GRAMÁTICA. Os numerais e os indefinidos ......................................... 24

VOCABULARIO. O obradoiro de pintura. Palabras parónimas ................ 26


ORTOGRAFÍA. Casos especiais de acentuación ................................... 28

SABER FACER. Organizar as ideas dun texto ...................................... 29

2
Unidade 4

COMPRENDO UN CONTO. Un astronauta na clase ............................. 30

GRAMÁTICA. O verbo ....................................................................... 32

VOCABULARIO. A ximnasia. Eufemismos e palabras tabú ..................... 34

ORTOGRAFÍA. O acento diacrítico ...................................................... 36

SABER FACER. Organizar as ideas dun texto ...................................... 37

Unidade 5

COMPRENDO UN CONTO. Unha noite movida ................................... 38

GRAMÁTICA. Os pronomes persoais .................................................. 40

VOCABULARIO. O nacemento dun bebé. Palabras onomatopeicas ........ 42

ORTOGRAFÍA. Repaso de grafías ....................................................... 44

SABER FACER. Redactar a resposta dun exame .................................. 45

Unidade 6

COMPRENDO UN TEXTO INFORMATIVO. O Mar Morto .................... 46

GRAMÁTICA. O adverbio. As locucións adverbiais ................................ 48

VOCABULARIO. A planta de reciclaxe. Palabras polisémicas


        e palabras homónimas ............................................. 50

ORTOGRAFÍA. A grafía b ................................................................... 52

SABER FACER. Mellorar un texto ....................................................... 53

3
Unidade 7

COMPRENDO UN CONTO. A Noitevella .............................................. 54

GRAMÁTICA. Os enlaces: preposicións e conxuncións .......................... 56

VOCABULARIO. A tenda de lámpadas. Palabras sinónimas

e palabras antónimas ............................................... 58

ORTOGRAFÍA. A grafía v .................................................................... 60

SABER FACER. Contar unha secuencia ............................................... 61

Unidade 8

COMPRENDO UN CONTO. Máquina .................................................. 62

GRAMÁTICA. Os enunciados. A oración. O suxeito ................................ 64

VOCABULARIO. A oficina. Frases feitas e interxeccións ......................... 66

ORTOGRAFÍA. A grafía h .................................................................... 68

SABER FACER. Interpretar sinais ......................................................... 69

Unidade 9

COMPRENDO UN CONTO. Cores do mundo ...................................... 70

GRAMÁTICA. O predicado nominal. O atributo ...................................... 72


VOCABULARIO. A ficción científica. As siglas e as abreviaturas �������������� 74

ORTOGRAFÍA. Palabras con x e con ll ................................................. 76

SABER FACER. Redactar normas de comportamento ........................... 77

4
Unidade 10

COMPRENDO UN CONTO. Un agasallo especial ............................... 78

GRAMÁTICA. O predicado verbal. Os complementos ........................... 80

VOCABULARIO. A escena dun conto. Os neoloxismos ........................ 82

ORTOGRAFÍA. A coma e os dous puntos ........................................... 84

SABER FACER. Elaborar o folleto dun aparello .................................... 85

Unidade 11

COMPRENDO UN CONTO. Aniversario feliz ....................................... 86

GRAMÁTICA. Clases de oracións ...................................................... 88


VOCABULARIO. As covas. Os estranxeirismos ................................... 90

ORTOGRAFÍA. O punto e coma e os puntos suspensivos .................... 92

SABER FACER. Expresar a opinión .................................................... 93

Unidade 12

COMPRENDO UN CONTO. Unhas sobremesas deliciosas .................. 94

GRAMÁTICA. As linguas de España. O galego .................................... 96

VOCABULARIO. O porto. Os arcaísmos ............................................. 98


ORTOGRAFÍA. As parénteses, as comiñas e a raia .............................. 100

SABER FACER. Dar argumentos ....................................................... 101

5
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Un día de campo
Mentres os pais e o avó se animaban cunha partida
de parchís, Vitoria e Alberte corrían costa arriba e dentro
do bosque.
–Coidado –berrou o pai–, que aínda vos ides perder polo
bosque!
–Coidado –berrou a nai–, que aínda vos vai sentar mal
o xantar!
–Coidado –berrou o avó–, que aínda ides toparvos
cunha fera!
Vitoria e Alberte escachaban coa risa. Estaban eles ben
preocupados...!
Despois dun bo anaco perseguindo bolboretas, os dous
irmáns decatáronse de que estaban no corazón do bosque,
onde as árbores eran moitas e moi altas. Cruzando unha
mirada, decidiron volver correndo ao lugar onde os agardaba
a familia, non fose o caso que aínda tivese razón o pai...
O medo púxolles ás nos pés. Tanto correron que o xantar
estivo a piques de volver saír por onde entrara e tiveron
que reducir o paso, non fose o caso que aínda tivese razón
a nai...
A punto de chegar ao sitio, uns gruñidos espantosos fixeron tremer os rapaces e púxoselles
o corazón na boca. Mira que se aínda tiña razón o avó e se atopaban cunha fera...
Nun santiamén, o medo volveuse un estrondo de risas. Arredor da mesa, o avó e os pais
durmían coma un lirio… Cal dos tres roncaba máis forte non poderían dicilo!

1 Quen fora pasar o día ao campo? Escribe.

Alberte e Vitoria cos pais e o avó.

2 Onde estaba a familia? Marca.

No interior do bosque.

Nun lugar preto dun bosque.

Nunha montaña.

6
1
3 Quen lles fixo cada advertencia a Vitoria e a Alberte? Relaciona.

Coidado, que
podedes toparvos
cunha fera!

Coidado, que
vos pode sentar mal
o xantar!

Coidado, que
podedes perdervos
polo bosque!

4 Que lles pasou a Vitoria e a Alberte? Escribe V (verdadeiro) ou F (falso).

F Xogaron unha partida de parchís moi longa.

V Perseguiron bolboretas un bo anaco.

V Viron unhas árbores moi altas no corazón do bosque.

F Correron tanto que vomitaron o xantar.

F Atoparon unha fera á saída do bosque.

5 Que significa cada expresión destacada? Subliña.

O medo púxolles ás nos pés.      O avó e os pais durmían coma un lirio.

• Non os deixou correr. • Durmían cun sono lixeiro.


• Animounos a correr máis rápido. • Durmían profundamente.

6 Responde.

• Que eran os «gruñidos espantosos» que oíron os rapaces?  Eran os ronquidos dos pais

e do avó.

• Cal dos tres facía máis ruído?  Non se sabe, podería ser calquera dos tres.

7
GRAMÁTICA O grupo nominal

LEMBRA

Un grupo nominal é un conxunto de palabras agrupadas arredor dun substantivo


que funciona como núcleo. Ademais do núcleo, o grupo nominal pode estar formado
por palabras que funcionan como determinantes ou como complementos.

1 Subliña os dous grupos nominais de cada oración e arrodea os núcleos.

• A miña avoa prepara uns batidos de froita deliciosos.


• Aquela rapaza morena é a filla do farmacéutico.
• Os meus mellores amigos regaláronme este estoxo.
• Gustaríame que Alberte me deixase a súa bicicleta.
• Manel, toses moito; coido que che cómpre un xarope.

2 Elixe o determinante e o complemento axeitados e escribe o grupo nominal completo.

dous  grande  o  pequenos  unha  bonitas

cadelos  Dous cadelos pequenos

tres  boísimo  unha  salgados  un  con verduras

paella  Unha paella con verduras

algúns  vellas  o  de flores  a túa  vermella

ramo  O ramo de flores

dous  grande  o  pequenos  unha  bonitas

cabalo  O cabalo grande

8
1
3 Analiza estes grupos nominais seguindo o exemplo.
• Uns plátanos maduros • Un vaso de leite quente
Det. N. Compl. Det. N. Compl.
• A maleta azul de plástico • O teu irmán xemelgo
Det. N. Compl. Det. N. Compl.
• Moitas persoas • A páxina baleira
Det. N. Det. N. Compl.
• Unha noticia de interese • A filla da miña curmá
Det. N. Compl. Det. N. Compl.
• Estas vellas fotos • Algúns folios con debuxos
Det. Compl. N. Det. N. Compl.
4 Localiza e subliña no texto quince grupos nominais.

Aves rapaces
As aves rapaces cazan animais para comer.
Estas aves teñen un tamaño variable; o pequeno
falcón e o enorme cóndor son dous bos exemplos.
Ademais, hai aves rapaces diúrnas e aves rapaces
nocturnas. Iso si, teñen características comúns:
unha visión aguda, un oído finísimo, patas con
gadoupas e tamén un forte peteiro ganchudo.
Con todo iso, non é estraño que sexan unhas
cazadoras tan boas!

5 Busca no texto anterior e copia un grupo nominal de cada tipo.

N.  Animais

Det. + N.  Estas aves

Det. + N. + Compl.  As aves rapaces

N. + Compl. + Compl.  Aves rapaces nocturnas

Det. + Compl. + N.  O pequeno falcón

N. + Compl.  Aves rapaces

9
VOCABULARIO
GRAMÁTICA A farmacia. Prefixación e sufixación

1 Di a que tipo de medicamento corresponde cada descrición.

xarope sobre pastilla inxección cápsula

• sobre Contén pos que cómpre disolver en auga para bebelos.

• inxección É un líquido que se introduce no corpo por medio dunha xiringa.

• pastilla É dura e pequena e mastígase ou engólese enteira.

• cápsula Ten forma cilíndrica, parece de plástico moi fino e trágase enteira.

• xarope É un líquido espeso que se toma a culleradas.

2 Relaciona as palabras que teñen un significado semellante.

boticario pílulas pomada aerosol báscula

spray balanza farmacéutico pastillas crema

3 Explica que é e para que serve unha botica de primeiros auxilios. RL.

10
1
4 Busca o nome de seis produtos que adoita haber nunha botica de primeiros auxilios.

A L G O D Ó N I A
L I X Z C E G T P
C O T R E N P É Ó
O T E S O I R A S
H O F G A S A S I
O D T X R E T U T
L A P I N Z A S O

5 Subliña no prospecto cinco palabras con prefixos e cópiaas no seu lugar.

Usos: Peripín é unha menciña de tipo antibacteriano. É un excelente desinfectante


de feridas de todas as clases e é útil na hixiene durante o postoperatorio. Así mesmo,
dá bos resultados como antiinflamatorio en picadas
de insectos.

Contraindicacións: Non usar no interior da boca.


Non expoñer ao sol a zona tratada con Peripín.

• Casos en que non está indicado o uso da menciña.  contraindicacións

• Período de recuperación despois dunha operación.  postoperatorio

• Que combate as bacterias.  antibacteriano

• Que evita as inflamacións.  antiinflamatorio

• Que desinfecta ou limpa feridas.  desinfectante

6 Fíxate nos exemplos e forma palabras novas engadíndolles os sufixos -dor, -eiro e -ista.

• relar relador • ferro ferreiro • arte artista

• espremer espremedor • azucre azucreiro • violín violinista

• coar coador • carta carteiro • novela novelista

• bater batedor • castaña castiñeiro • piano pianista

11
ORTOGRAFÍA Uso das maiúsculas

LEMBRA

Escríbese en maiúscula a letra inicial dunha palabra nos seguintes casos:


• Ao principio dun texto.
• Despois de signos que pechan oracións, como o punto (.), o signo de interrogación (?),
o signo de admiración (!)…
• Nos nomes propios de persoas, animais, lugares, etc.
• Nos títulos de libros, películas, cancións, etc.

1 Arrodea as maiúsculas do texto segundo o código.

Nome propio. Palabra inicial do texto.

Título dunha obra. Vai detrás dun signo que pecha oración.

Tardes de cine
Onte pola tarde, o avó Roi levoume a Santiago
e vimos unha película de ficción científica no cine.
Chamábase Á busca do planeta perdido e trataba
dun grupo de astronautas que vivía aventuras polo
espazo. Foi fantástica! E despois do cine merendamos
nunha cafetaría onde fan uns bocadillos boísimos.
O avó díxome que a semana que vén imos volver
ao cine para ver outra película. Que ben!

2 Relaciona e copia, coas maiúsculas necesarias, as catro oracións que formes.

o termómetro marca cero graos. • • estaba boísima!


miña nai fixo unha torta de chocolate. • • non o vou perder!
o estadio está cheo ata os topes! • • que frío!
ás 7 botan o meu programa favorito. • • que xentío!

•  O termómetro marca cero graos. Que frío!

•  Miña nai fixo unha torta de chocolate. Estaba boísima!

•  O estadio está cheo ata os topes! Que xentío!

•  Ás 7 botan o meu programa favorito. Non o vou perder!

12
SABER FACER Elaborar un esquema 1
1 Le o texto e subliña a información que se pide segundo o código.

De que fala o texto, é dicir, o tema.

De que dous tipos son os beneficios que se explican.

Que exemplos se poñen en cada caso.

A dieta mediterránea
Son moitas as propiedades atribuídas á dieta
mediterránea.
Cómpre destacar, por unha banda, os beneficios
para a saúde. Esta dieta axuda a previr algúns tipos
de cancro, así como a obesidade e as enfermidades
do corazón, grazas ao consumo de produtos como
o aceite de oliva, as froitas e verduras e o peixe azul.
Por outra banda, a dieta mediterránea tamén
supón beneficios para o medio natural. Esta dieta
contribúe ao mantemento dunha agricultura sostible
e á protección da paisaxe tradicional, xa que está
baseada nos cultivos típicos de cada zona en cada
estación do ano.

2 Elabora o esquema do texto anterior organizando as ideas que subliñaches.

Propiedades da dieta mediterránea

Beneficios para Beneficios para


a saúde o medio natural

Previr a Mantemento
Protección
Previr algún obesidade dunha
da paisaxe
tipo de cancro e enfermidades agricultura
tradicional
do corazón sostible

13
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un texto informativo

Gotas de suor
Suar é unha das maneiras en que o corpo se desfai de certas
substancias de refugallo, que chegan ao exterior a través das glándulas
sudoríparas. É, ademais, un mecanismo espléndido de regulación
da temperatura corporal. Por moito que nos moleste suar,
non facelo podería chegar a ser moi prexudicial,
mesmo mortal!
As aves teñen as glándulas sudoríparas debaixo
das ás e nas partes do corpo libres de plumas. Entre
os mamíferos, non son moitos os que súan. Boa parte
deles, como a vaca e o can, loitan contra o aumento
da temperatura cun sistema moi diferente:
alentando a un ritmo acelerado e cun palmo
de lingua fóra!
Se algunha vez pensaches que súas moito,
intenta poñerte por un momento na pel dun cabalo.
Estes animais chegan a perder de 10 a 15 litros
de suor por hora mentres fan un exercicio moderado…
e máis de 40 se é intenso!
Posiblemente, a «suor» máis estraña do reino animal
é a do hipopótamo, dunha cor que vai do rosa suave
ao vermello intenso. As lendas din que é porque súa
sangue… Non o creas! Trátase, en realidade, dunha
mestura de substancias que teñen, entre outras
virtudes, a de protexelo do sol e das infeccións.
E é que a natureza é sabia!

1 Para que serve suar? Busca no texto e copia.

 Suar serve para que o corpo se desfaga de certas substancias de refugallo

 e é un mecanismo de regulación da temperatura corporal.

2 Como regulan a temperatura corporal as persoas e os cans? Explica.

 As persoas regúlana grazas á suor e os cans fano alentando a un ritmo

 acelerado e cun palmo de lingua fóra.

14
2
3 Escribe cada palabra da lectura onde corresponda.

• Alentar Absorber e expulsar o aire, respirar.


glándula
• Glándula Órgano do corpo que produce substancias coma a suor.
prexudicial
refugallo • Lenda Historia imaxinaria que se explica coma se fose real.
alentar
• Prexudicial Que provoca un prexuízo, é dicir, un dano.
lenda
• Refugallo Cousa que non se aproveita, que se tira.

4 Marca só as afirmacións que sexan certas.

Suar pode resultar prexudicial para a saúde.

A suor chega ao exterior a través das glándulas sudoríparas.

Os paxaros súan polas puntas das plumas.

As vacas regulan a súa temperatura suando coma as persoas.

Os cabalos poden perder ata 40 litros de suor por hora se fan un exercicio intenso.

5 Volve ler o parágrafo do texto que fala sobre o hipopótamo e responde.

• Que contaban as lendas sobre a súa suor?  As lendas din que súa sangue.

• Que é en realidade e que utilidade ten?  En realidade é unha mestura de substancias.

 Ten a utilidade de protexelo do sol e das infeccións.

6 Marca a persoa que súa moito.

7 Que cres que quere dicir a expresión A natureza é sabia? Reflexiona e explica. RM.

 Que a natureza nos proporciona o que necesitamos.

15
GRAMÁTICA Os demostrativos e os posesivos

LEMBRA

Os demostrativos son as palabras que sinalan seres ou obxectos e indican a distancia


que hai entre estes e a persoa que fala.
Os demostrativos clasifícanse en tres grupos, segundo expresen proximidade, distancia
media ou afastamento.

1 Arrodea os demostrativos que atopes neste texto. Coidado coas contraccións!

Unhas boas indicacións


–Bo día, señor.
–Bo día, rapaz.
–Escoite, por favor, podería dicirme se hai algunha
ferraxaría preto de aquí?
–Pois… Déixame pensar un pouco… Si, mira, haiche
unha neste mesmo barrio. Continúa recto por aquí ata
ese semáforo de alí adiante. Nada máis pasalo, xira
á dereita e continúa por aquela rúa ata que chegues
a unha praciña. Na praciña aquela verás a ferraxaría.
O parafuso, penso que se chama.
–Moitas grazas, señor.
–De nada. Por certo, terás que ir axiña porque deben
pechar de aquí a pouco, e quizais esta tarde xa non abran. É que son as festas no barrio, sabes?
–Vou deseguida. Moitísimas grazas e adeus!
–Adeus!

2 Clasifica os demostrativos que arrodeaches e completa a táboa con todas as formas.

Singular Plural

Masculino Feminino Masculino Feminino

Proximidade Este Esta Estes Estas

Distancia media Ese Esa Eses Esas

Afastamento Aquel Aquela Aqueles Aquelas

16
2
LEMBRA

Os posesivos son as palabras que expresan que un ser ou un obxecto pertence a alguén
que chamamos posuidor.
Os posesivos indican a persoa gramatical a que pertence o ser ou obxecto sinalado
e se hai un ou varios posuidores.

3 Risca as palabras que non sexan posesivos.

a noso eu meu este

súas teus súa dous ningún

vós miña moito seu túa

4 Completa coa forma de posesivo que cumpra.

• A miña gorra é azul.


(de min)

• Estes son os teus libros.


(de ti)

• Antón, gústame moito a túa mochila nova.


(de ti)

• O fotógrafo perdera a súa cámara.


(del)

• Se queredes, podedes vir xogar co meu can.


(de min)

• Adela deixoume as súas pinturas.


(dela)

5 Nas oracións anteriores, arrodea o substantivo a que se refire cada posesivo.

17
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaOs
comunicación
alimentos. A composición

1 Relaciona cada sección do supermercado cos produtos que se venden e risca o intruso
en cada caso.

Froitaría cordeiro lacón polo polbo vitela

Peixaría iogur mazás manteiga requeixo nata

Carnizaría chourizos robaliza pescada lagostino sardiña

Lácteos plátanos cereixas queixo pexegos figos

2 Escribe o nome dos alimentos que riscaches e a sección a que pertencen.

chourizos      mazás

carnizaría      froitaría

polbo      queixo

peixaría      lácteos

3 Completa co envase axeitado en cada caso.

caixa   brik   paquete   botella   malla   bolsa

GRANDE OFERTA LOTE AFORRO

• 1 paquete de lentellas • 1 botella de aceite

• 1 caixa de ovos • 1 malla de laranxas

• 1 brik de leite • 1 bolsa de patacas fritidas

Todo por só 10 euros! Non deixes pasar a oportunidade!


Oferta dispoñible só esta semana, de luns a venres.

18
2
1
4 Une as palabras das dúas columnas e escribe as palabras compostas resultantes.

creba • • rollas  sacarrollas

quita • • louza  lavalouza

lava • • noces  crebanoces

saca • • neves  quitaneves

5 Escribe a palabra composta que lle corresponde a cada imaxe. Todas conteñen o verbo parar.

 paracaídas   pararraios

 paraugas    parasol

6 Que tres palabras compostas se poden formar co termo porta? Marca e escribe
unha oración en cada caso coa palabra composta resultante. RM.

vultos brisas minas chuvia moedas

• Portavultos  carteiro colleu os paquetes do portavultos da súa moto.


O

• Portaminas 
Helena quedou sen recambios do portaminas en pleno exame.

• Portamoedas  artesáns da feira venderon varios portamoedas de coiro.


Os

7 Quen di dúas palabras compostas? Marca e arrodéaas.

Pois a min case que


Eu, cando sexa me gustaría máis ser
grande, quero ser gardamontes
xogadora profesional ou gardarríos.
de baloncesto.

19
ORTOGRAFÍA Repaso de acentuación

LEMBRA

As palabras acentúanse graficamente atendendo aos seguintes criterios:

Posición sílaba tónica Terminacións con que se acentúan

Agudas Última Vogal; vogal + s; vogal + n; vogal + ns

Consoante distinta de n ou s ou grupo


Graves Penúltima
consonántico distinto de ns

Esdrúxulas Antepenúltima Todas

1 Fíxate no menú e copia as palabras que se piden. RM.

MENÚ SAUDABLE
Válido todos os días da semana e fácil de elaborar

1.º prato 2.º prato Sobremesas


• Arroz con verduras • P
 escada con salsa • Macedonia de froita
• Ensalada mixta de nécoras • X
 eado de iogur
• Puré de cabaciña • Croquetas de xamón con chocolate
• Alcachofas con ameixas • Pastel de dátil

Pan, auga mineral e café ou infusión incluídos.


PREZO: 8 �

Dúas palabras agudas con acento puré xamón

Dúas palabras agudas sen acento arroz mineral

Dúas palabras graves con acento dátil fácil

Dúas palabras graves sen acento mixta croquetas

Dúas palabras esdrúxulas válido nécoras

20
SABER FACER Presentar un tema 2
1 Escribe un parágrafo para presentar o tema de cada texto. Primeiro, le o resto do texto
e pensa nos seguintes aspectos, que che poden axudar a escribir o parágrafo introdutorio.

De que trata o texto. A quen vai dirixido. Con que finalidade se escribiu.

RM.

Os viandantes na vía pública

 Como viandante usuario da vía pública, estás

 exposto a varios perigos. Neste texto ofrécense unha

 unha serie de recomendacións que van contribuír

 a mellorar a túa seguridade. Ten en conta o seguinte:

 Camiña sempre pola beirarrúa ou pola beiravía


e observa atentamente o que pasa ao teu arredor.
 Se non hai beiravías, procura camiñar pola túa
esquerda e tan preto da beira como poidas.
Respecta os sinais de tráfico e os semáforos.

A análise de sangue

En ocasións, o pediatra necesita que fagamos unha

análise de sangue que lle achega información para

elaborar un diagnóstico. Neste texto explícase

como se fan esas análises e que información dan.

Cunha agulla e cunha xiringa, extráese un pouco


de sangue dunha vea do paciente e envíase a un
laboratorio. Alí, o sangue sométese a varias probas
que permiten saber, por exemplo, se a persoa ten
algunha deficiencia relacionada coa nutrición
ou algunha infección.

21
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Sebastián
A directora mirou o grupiño de castigados. Serxio,
Carlos, Rosa, Icía… Os mesmos de sempre! Xa os castigara
a quedar sen recreo, a non comer sobremesas, a perder
as excursións... Que podía facer con eles?
Aquel día, Serxio e Carlos estaban castigados por
ensuciaren os pupitres. Icía, por botar papeis ao chan.
E Rosa... Rosa estaba castigada por tantas cousas que
era mellor deixalo correr! Quizais, só quizais, limpar
un pouco a planta baixa faríaos reflexionar
e pensaríano antes de ensuciar nada outra vez…
Sen ganas e sen remedio, os catro castigados
repartirían o traballo. Un rápido sorteo enviou
a Serxio ao comedor, a Carlos á cociña, a Rosa
á biblioteca e a Icía ao laboratorio. Canto antes
acabasen, antes remataría aquel mal trago!
Despois dun pequeno intre de tranquilidade,
un berro estridente fixo vibrar todos os cristais
do colexio e Icía saíu do laboratorio a fume
de carozo, entre ouveos e choros.
–Un esqueleto! Auxilio! Un esqueleto colleume polo pescozo!
As risas da directora, que foi a primeira en saír ao corredor, fixeron que Icía deixase
de berrar e a mirase poñendo uns ollos coma pratos.
–Vexo que atopaches a Sebastián –díxolle a directora entre risas.
Avergoñada, Icía volveu entrar no laboratorio. Sebastián, o esqueleto de plástico
que se usaba para estudar os ósos, sorriulle desde o chan con aire burleiro.

1 De que directora se fala no texto? Arrodea.

A directora A directora A directora


dunha orquestra dun colexio dunha empresa

22
3
2 Por que estaba castigado cada alumno e que tiña que facer? Completa.

• Serxio estaba castigado por  ensuciar os pupitres .

Tiña que limpar  o comedor.

• Carlos estaba castigado por  ensuciar os pupitres .

Tiña que limpar  a cociña.

• Icía estaba castigada por  botar papeis ao chan .

Tiña que limpar  o laboratorio.

• Rosa estaba castigada por  moitas cousas .

Tiña que limpar  a biblioteca.

3 Responde.

• Quen era Sebastián e onde estaba?  Era o esqueleto de plástico do laboratorio.

• Para que servía?  Servía para estudar os ósos.

• Por que cres que Icía se asustou tanto?  Porque pensaba que era de verdade.

4 Marca o significado de cada oración.

Icía saíu a fume de carozo. Icía puxo uns ollos coma pratos.

Saíu a toda velocidade. Picábanlle os ollos e tíñaos encarnados.

Saíu tropezando con todo. Abriu moito os ollos mostrando sorpresa.

5 Explica que é un mal trago e lembra algunha situación en que pasases un momento así. RL.

 Un mal trago é unha situación desagradable que pasa alguén.

23
GRAMÁTICA Os numerais e os indefinidos

LEMBRA

Os numerais son palabras que expresan cantidade ou orde de forma precisa. Poden ser
cardinais ou ordinais.
Os indefinidos son palabras que indican cantidade ou identifican alguén ou algo de forma
imprecisa.

1 Arrodea os numerais e os indefinidos do texto e clasifícaos.

Así non se pode traballar!


Breixo entrou no estudio decidido a acabar o cadro.
As dúas modelos, riseiras, xa estaban preparadas:
a primeira suxeitaba o cántaro; a segunda, algunhas flores.
O pintor colleu a paleta coa man dereita e alongou
a outra man para coller os pinceis do bote. Pero este
estaba baleiro.
–Onde están todos os pinceis? Uxío! Mateo! Rafa!
Pobre Breixo! Desde que os tres rapaces decidiran ser pintores, coma seu pai, non podía
traballar tranquilo. Sempre lle faltaba algo …

Numerais
Indefinidos
Cardinais Ordinais

Dúas Primeira Outra Todos

Tres Segunda Algo Algunhas

2 Escribe usando os ordinais correspondentes, coma no exemplo.

• o corredor 5  o quinto corredor

• o concursante 3  o terceiro concursante

• a planta 2  a segunda planta

• a clasificada 1  a primeira clasificada

• o piso 7  o sétimo piso

24
3
3 Copia cada oración completándoa cun numeral e cun indefinido. Non podes repetir ningún.

dúas   tres   sete moitas   ningún   algúns

• Temos contos, pero non temos libro de teatro.

 Temos tres contos, pero non temos ningún libro de teatro.

• Por aquí hai xoaniñas de puntos.

 Por aquí hai moitas xoaniñas de sete puntos.

• Aquí tes mazás e amorodos.

 Aquí tes dúas mazás e algúns amorodos.

4 Completa as formas destes indefinidos variables: masculino e feminino singular e masculino


e feminino plural.

• un, unha , uns , unhas

•  moito , moita, moitos , moitas

•  todo , toda , todos, todas

•  pouco , pouca , poucos , poucas

5 Escribe debaixo das palabras destacadas se son numerais


ou indefinidos e que función realizan.

• Os dous amigos pasaban moitas tardes lendo cómics.

 Dous: numeral, determinante. Moitas: indefinido, determinante.

• Eu teño cinco curmáns e todos temos a mesma idade.

 Cinco: numeral, determinante. Todos: indefinido, núcleo.

• Este é o primeiro equipo clasificado do grupo catro da liga.

 Primeiro: numeral, determinante. Catro: numeral, complemento.

25
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaOcomunicación
obradoiro de pintura.

1 Identifica no debuxo os elementos propostos.

1
1 modelo

2 paleta 5

3 estrado
3
4 pincel

5 lenzo

6 pinturas 6
2 8
7 augarrás
7
8 espátula
4

2 Le e relaciona.

A rapazada quere subir aos cabaliños.

Pon a táboa sobre estes cabaletes.

Estes cabaliños tan bonitos son ponis.

O pintor tiña cabaletes de moitas medidas.

3 Risca o adxectivo que sobra en cada grupo. Se che cómpre, consulta o dicionario.

fusco coloreado irreal abstracto


escuro rechamante realista fantástico
tenebroso apagado obxectivo indefinido
sombrío vivo exacto real
luminoso vistoso verídico inconcreto

26
Palabras parónimas 3
4 Escribe onde corresponda o nome de cada tipo de pintura.

témperas    ceras    acuarelas    óleo

témperas      ceras      acuarelas    Pintura ao óleo

5 Le e anota debaixo de cada obra a que alumno corresponde.

Uns artistas moi traballadores


Mariña, Xosé, Iria e Brais coincidiron hoxe na academia de pintura. Mariña dálle
os retoques finais a un bodegón, mentres Xosé esboza os primeiros trazos dun retrato.
Ao mesmo tempo, Iria elabora unha colaxe e Brais colorea unha composición abstracta.

Xosé Iria Brais Mariña

6 Completa as oracións coa palabra adecuada de cada parella.

reto
• O cadro que colgaches non está recto .
recto

actitudes
• Xoán ten boas aptitudes para a pintura.
aptitudes

especias
• Hai moitas especies en perigo de extinción.
especies

27
ORTOGRAFÍA Casos especiais de acentuación

LEMBRA

• As palabras compostas seguen as regras xerais de acentuación tanto se se escriben


xuntas (sapoconcho) coma se van unidas por guión (teórico-práctico).
• Os estranxeirismos adaptados á nosa lingua seguen tamén as regras xerais
de acentuación (béisbol, iglú, bádminton).
• Os verbos que levan unidos pronomes persoais átonos, para os efectos de acentuación
funcionan coma unha soa palabra e seguen as regras xerais de acentuación (díxonolo,
comentóuvolo, fágoo, leuno).

1 Reescribe as oracións substituíndo as imaxes polos seus nomes.

• Gústame máis xogar ao ca ao .

 Gústame máis xogar ao hóckey ca ao béisbol.

• Os sábados botamos un partido de ou de .

 Os sábados botamos un partido de tenis ou de balonmán.

2 Ponlles acento gráfico ás seguintes palabras que o precisen.

´
• ludico-festivo ´ ´
• fisico-quimico ´
• pasamans ´
• paracaidas
´
• sandwich ´
• superavit • popurri´ ´
• parkinson
´
• bumerang ´
• deficit ´
• handicap ´
• lider
• xampu´ ´
• tandem ´
• omnibus ´
• telex

3 Converte estas oracións negativas en afirmativas. Ten en conta os acentos gráficos.

• Non vos chamaron por teléfono hoxe?  Chamáronvos por teléfono hoxe?

• Non te avisaron do concerto!  Avisáronte do concerto!

• Non me gustan os pexegos moi maduros.  Gústanme os pexegos moi maduros.

• Non o convidaron ao aniversario.  Convidárono ao aniversario.

• Iria non nos dixo toda a verdade.  Iria díxonos toda a verdade.

28
SABER FACER Organizar as ideas dun texto 3
1 Le atentamente estas ideas e numéraas seguindo unha orde lóxica.

1  Actualmente, sabemos que a música, ademais dunha arte, tamén pode ser
un mecanismo para mellorar a saúde das persoas.

5  Así, Herófilo, un famoso médico de Alexandría do século III a. C., regulaba


a tensión arterial cunha escala musical, que el mesmo creaba segundo
a idade do paciente.

4  Moitos rituais baseábanse en cancións e os médicos recomendaban


a miúdo o descanso e a música para axilizar as curacións.

2  Por exemplo, nos últimos tempos demostrouse cientificamente que pode


influír no ritmo cardíaco, na secreción dos zumes gástricos…

3  Agora ben, os beneficios da música sobre a saúde xa se coñecían


na antigüidade.

6 E parece que os seus pacientes estaban moi contentos cos resultados!

2 Agora escribe o texto coas oracións ordenadas e formando dous parágrafos.

A música e a saúde

 Actualmente, sabemos que a música, ademais dunha arte, tamén pode ser

 un mecanismo para mellorar a saúde das persoas. Por exemplo, nos últimos

 tempos demostrouse cientificamente que pode influír no ritmo cardíaco,

 na secreción dos zumes gástricos…

 Agora ben, os beneficios da música sobre a saúde xa se coñecían

 na antigüidade. Moitos rituais baseábanse en cancións e os médicos

 recomendaban a miúdo o descanso e a música para axilizar as curacións.

 Así, Herófilo, un famoso médico de Alexandría do século III a. C., regulaba

 a tensión arterial cunha escala musical, que el mesmo creaba segundo

 a idade do paciente. E parece que os seus pacientes estaban moi contentos

 cos resultados!

29
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Un astronauta na clase
Sabían que chegaba un compañeiro novo, pero non estaban preparados para unha
sorpresa así. A porta abriuse de golpe e por ela entrou o que semellaba un astronauta.
Un casco cubríalle a cabeza, unha viseira protexíalle o nariz e, por riba, lucía protectores
nos xeonllos e nos cóbados, coma se estivese a punto de xogar un partido de rugby.
De onde saíra «aquilo»?
–Este é Uxío –dixo o titor, coma se ter un astronauta
na clase fose a cousa máis normal do mundo.
Uxío, baixo unha chuvia de miradas perplexas,
ocupou o único pupitre baleiro. Á hora do recreo,
mortos de curiosidade, deixárono fritido coas preguntas:
–Es astronauta?
–Xogador de rugby?
–É unha moda?
Todo iso fixo que Uxío escachase coa risa. Cando
se calmou, explicou que non levaba tanta cousa
enriba por gusto, senón por necesidade. Como
o seu sistema nervioso non funcionaba ben,
era incapaz de sentir dor…
–Pero iso é unha sorte! –berraron
moitos–. Podes facer
calquera cousa!
–E matarme tamén! –riu Uxío–. Podería abrir a cabeza
coma unha sandía e non decatarme…
Volveron á clase remoendo as palabras de Uxío.
Aínda que abrir a cabeza fose un mal terrible, parecía
peor aínda non sentilo… Hai que ver que cousas!

1 Quen chegou á clase? Arrodea.

un astronauta un xogador de rugby un compañeiro novo

30
4
2 Responde.

• Por que os rapaces se sorprenderon tanto cando chegou Uxío?  Porque a vestimenta que

 levaba semellaba a dun astronauta ou a dun xogador de rugby.

• Por que Uxío se protexía así?  Porque o seu sistema nervioso non funcionaba ben e era

 incapaz de sentir dor.

3 Que é o sistema nervioso? Marca.

 Un órgano que nos permite saber o que fai dano


e o que non fai dano.

 Un conxunto de órganos que nos permiten percibir


a información (ver, sentir, probar, etc.) e actuar
en resposta aos estímulos.

4 Explica.

• Por que os compañeiros de Uxío pensaban que estaba ben non sentir dor?  Porque poderían

 facer calquera cousa sen ter medo a sufrir.

• Que lles explicou Uxío sobre as consecuencias de non sentir dor?  Como non sentía dor

 podía chegar a matarse sen decatarse.

• Que pensaron daquela os compañeiros?  Que era peor non sentir dor ca sentila.

5 Subliña na lectura a oración en que se usa cada palabra e relaciónaa co significado que ten.

chuvia Cansado pola insistencia dos demais.

fritido Reflexionar, pensar con detemento.

remoer Rise moito, ás gargalladas.

escachase Gran cantidade de algo.

31
GRAMÁTICA O verbo

LEMBRA

Os verbos son as palabras que expresan accións ou estados e as sitúan no tempo.


Cada verbo ten moitas formas verbais; o conxunto de todas elas denomínase conxugación.
Segundo a terminación do infinitivo, hai tres conxugacións.
Todas as formas verbais constan de raíz e desinencias e de número e persoa.
O infinitivo, o xerundio e o participio son formas non persoais. En galego existe
a posibilidade de lle engadir ao infinitivo desinencias de número e persoa; neste caso
falamos do infinitivo conxugado.

1 Engádelle tres desinencias a cada raíz e escribe debaixo de cada cadro as formas resultantes.
RM.

bat- pint- durm- corr-

batín pinto dormen corre

batía pintaba durmirán corría

batese pintei durmían correu

2 Separa a raíz e as desinencias destas formas coma no modelo.

cantaba cant + aba       andaches and + aches

sairiades sair + iades       subísedes sub + ísedes

leremos l + eremos       comeren com + eren

3 Marca cun (I) se é infinitivo; cun (X) se é xerundio; cun (P) se é participio; e cun (C) se é infinitivo
conxugado.

C fuxirmos X falando P retorcido C estardes




I converter P caducado I tusir X intuíndo




32
4
LEMBRA

Os verbos sitúan a acción nun tempo coñecido: no pasado, no presente ou no futuro.


Os modos verbais reflicten a actitude do falante diante da acción. Son tres: indicativo,
subxuntivo e imperativo.
Os verbos poden ser regulares (manteñen a mesma raíz en todas as formas e presentan
as mesmas desinencias ca o verbo modelo) e irregulares (presentan cambios na raíz
e teñen desinencias diferentes das do verbo modelo).

4 Subliña as formas verbais persoais do texto e arrodea as formas non persoais.

Preparados e a punto
Xa veu o bo tempo e sentimos a necesidade
de facer excursións pola comarca. Os membros
do club planificamos as escapadas que faremos
durante as vindeiras fins de semana. Na primeira
iremos á aldea do Outeiriño. Pensabamos ir
o ano pasado pero, cando estabamos saíndo,
sorprendeunos unha tronada primaveral que anulou
a excursión. Por tanto, este será o noso primeiro
destino deste ano. Iso si: despois de comprobar
a previsión meteorolóxica!

5 Copia as formas verbais que subliñaches antes e escribe o infinitivo ao lado.


Despois, indica se o verbo é regular (R) ou irregular (I).

•  veu , vir


Para saber se o verbo
I
é regular ou irregular, compara
•  sentimos , sentir R o presente, o pretérito perfecto
e o futuro.
•  planificamos , planificar R
•  faremos , facer I

•  iremos , ir I

•  pensabamos , pensar R

•  estabamos , estar I


•  sorprendeu , sorprender R

•  anulou , anular R

•  será , ser I

33
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
ximnasia.

1 Resolve este encrucillado de elementos do ximnasio.


5

7
1 C O L C H O N E T A
8
O P
6
R O S

D 2 E S P A L E I R A

3 A R G O L A S D C

T R O

E O

4 P L I N T O
1 R
6

3 A
8
2

2 Ordena e escribe o nome dos elementos que se usan en ximnasia rítmica.

R A O ARO

L O E T A P PELOTA

A C T I N CINTA

M Z A S A MAZAS

R O D C A CORDA

34
Eufemismos e palabras tabú 4
3 Relaciona cada adxectivo coa definición correspondente.

rápido Que se pode dobrar e curvar sen que rompa.


    

áxil Capaz de soportar grandes esforzos, pesos, golpes, etc.


    

flexible Que se move con facilidade e lixeireza.


    

resistente Que se move a gran velocidade.


    

4 Clasifica os seguintes adxectivos segundo a relación cos anteriores.

lixeiro   lento  débil  ríxido   pesado  veloz  elástico  forte

rápido áxil flexible resistente

Sinónimo veloz lixeiro elástico forte

Antónimo lento pesado ríxido débil

5 Subliña os eufemismos e cópiaos ao lado da palabra tabú correspondente.

• Ramón apuntouse ao ximnasio porque se ve inflado e quere perder peso.

• Perdoe, poderíame dicir onde está o lavabo?

• O equipo abandonou a competición cando o adestrador faltou.

• Algunhas tardes coincido no ximnasio cun rapaz invidente.

• Alberte, podes acompañar a teu irmán pequeno a facer pipí?

• O exercicio tamén é recomendable na terceira idade.

morreu veloz       váter lavabo

cego invidente       gordo inflado

vellez terceira idade       mexar facer pipí

35
ORTOGRAFÍA O acento diacrítico

LEMBRA

O acento diacrítico úsase para diferenciar unha palabra doutra que ten a mesma forma
pero diferente significado.

1 Escribe cada palabra ao lado da definición correspondente.

présa fóra vés pór é cómpre dá


presa fora ves por e compre da

Escríbense con acento diacrítico Escríbense sen acento

fóra Adverbio de lugar. fora Pretérito pluscuamp. do verbo ser ou ir.

pór Verbo poñer. por Preposición.

vés Presente do verbo vir. ves Presente do verbo ver.

dá Presente do verbo dar. da Contracción de de + a.

présa 'Apuro'. presa ‘Prisioneira’; ‘encoro’; ‘puñado’.

é Presente do verbo ser. e Conxunción.

cómpre ‘É necesario’. compre Do verbo comprar.

2 Escribe a vogal que falta. Fíxate en se ten que levar acento diacrítico ou non.

b o la t é á s

p ó la o so p é

36
SABER FACER Organizar as ideas dun texto 4
1 Le as fichas e utiliza a información que conteñen para redactar un texto informativo
sobre o tríatlon.

TRÍATLON. Deporte individual e de resistencia


que combina natación, ciclismo e carreira a pé. MODALIDADES
Parece que se popularizou a partir de 1978, E DISTANCIAS
cando se celebrou o primeiro Ironman en Hawai, • Ironman
organizado por uns marines americanos para 3800 m de natación
saber quen era o atleta máis completo. 180 km de ciclismo
Outras fontes sitúan a orixe do tríatlon en Francia. 42 km de carreira a pé
Na década de 1920, xa se celebraban probas que • Distancia olímpica
constaban de natación, ciclismo e carreira a pé. 1500 m de natación
Foi incorporado aos Xogos Olímpicos no ano 2000, 40 km de ciclismo
en Sydney. 10 km de carreira a pé

O tríatlon é un deporte individual e de resistencia que combina

natación, ciclismo e carreira a pé.

Orixes. Para uns, parece que se popularizou a partir de 1978, cando

se celebrou en Hawai o primeiro Ironman, organizado por un grupo

de marines americanos, para saber quen era o atleta máis completo.

 Para outros, o tríatlon ten a súa orixe en Francia, pois na década

 de 1920 xa se celebraban probas deportivas que combinaban

 natación, ciclismo e carreira a pé.

 Modalidades e distancias.

 • I ronman. Nesta especialidade, os atletas teñen que percorrer

 3800 m a nado, 180 km en bicicleta e 42 km correndo a pé.

 •D
 istancia olímpica. Os atletas teñen que nadar 1500 m, percorrer

 40 km en bicicleta e rematar con 10 km de carreira a pé.

Esta última modalidade de tríatlon foi incorporada como disciplina

olímpica no ano 2000, nos Xogos Olímpicos de Sydney.

37
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Unha noite movida


Eran as tres da mañá. Henrique, que durmía
coa boca aberta e cun fiíño de baba que lle escorregaba
polo queixo, sentiu un golpe nas costelas e espertou
feito un flan. Ao seu lado, Marta aguantaba a barriga
coas mans.
–Xa é a hora!
Atordado, Henrique chamou un taxi sen saber
nin como e, poucos minutos despois, saían a toda
velocidade cara ao hospital.
–Estás ben, Marta?
Marta, aínda que quería dicir que si, só puido
botar unha especie de xemido. Aquela criatura
parecía ter moita présa por nacer...
De súpeto, chegando a un semáforo, o taxi
detívose en seco e os lamentos do taxista
mesturáronse cos xemidos de Marta.
–Acabouse a gasolina!
Aquelas palabras fixeron que a Henrique
lle entrase o pánico. Que? Que se acabara
a gasolina? Que non chegaban a tempo ao hospital?
Que o seu fillo tiña que nacer nun taxi, coma se fose
unha maleta? Nin falar! Mentres Marta se concentraba
en respirar como lle ensinaran no curso de preparación
ao parto, Henrique sacou o móbil do peto. Deseguida
ouveou:
–Non lle queda batería!
Inesperadamente, Marta soltou unha risa nerviosa
e sinalou coa cabeza un vehículo que acababa de se deter no mesmo
semáforo. A palabra «ambulancia» nunca lle parecera tan bonita...

1 Responde estas preguntas sobre a historia.

• Quen son os protagonistas?  Marta e Henrique.

• A onde teñen que ir? Por que?  Ao hospital. Porque Marta vai dar a luz.

• Que outro personaxe hai?  O taxista.

• Por que se titula o texto Unha noite movida?  Porque teñen moitos contratempos.

38
5
2 En que orde ocorre todo? Numera as escenas.

4 1 3 2

3 Como se sente Henrique en cada momento? Relaciona.

Cando sente un golpe nas costelas, Sen saber ben


esperta feito un flan. que facer.

Atordado, chama un taxi para Asústase


ir ao hospital. moitísimo.

Cando o taxista di que se acabou Moi nervioso


a gasolina, éntralle o pánico. polo susto.

4 Explica por que cres que a palabra «ambulancia» lle parece tan bonita a Marta.

 Porque despois dos contratempos que tiveron para ir ao hospital, a ambulancia

 era a súa salvación.

5 Escribe un final para a historia. Podes explicar que fixo a ambulancia, como foi o nacemento…
RL.


39
GRAMÁTICA Os pronomes persoais

LEMBRA

Os pronomes persoais serven para nomear os seres ou os obxectos sen utilizar


substantivos.
Hai pronomes de primeira, de segunda e de terceira persoa.
Os pronomes persoais poden ser tónicos ou átonos. Os pronomes tónicos poden ir sós.
Os pronomes átonos acompañan sempre un verbo.

1 Localiza os pronomes persoais que haxa no texto e sublíñaos segundo o código de cores.

De 1.ª persoa De 2.ª persoa De 3.ª persoa


        

Un encontro xenial
Breixo ía camiñando unha mañá cando encontrou un xenio.
Ao velo, faloulle deste xeito:
–Ola, e logo quen es?
–Eu sonche un xenio. E ti que es?
–Son un aventureiro. Gústanche
os aventureiros?
–Nin me gustan nin me desgustan.
Digamos que os soporto. Nada máis!
–E a que vos dedicades vós, os xenios?
–Nós temos moitas ocupacións. Unha
das principais é aparecer diante de xente coma ti e concederlle tres desexos.
–Xenial! É dicir, que podo pedirche tres desexos.
–Non, agora xa non, porque xa che foron concedidos. Verás, como me fixeches tres
preguntas (quen son, se me gustan os aventureiros e a que me dedico) e cada unha expresaba
o desexo de saber algo, xa as contestei e estamos en paz.
E tras pronunciar estas palabras, o xenio esfumouse no aire e o aventureiro quedou
coa gana de lle pedir os tres desexos.

2 Clasifica os pronomes persoais que subliñaches no texto anterior.

Tónicos  eu, ti, nós, vós

Átonos  che, lle, vos, as, me, os, se

40
5
3 Coloca o pronome átono onde corresponda. Ollo cos acentos gráficos!

me • ´
Felicitaron me polo aniversario.

lle • Nunca lle oín esa palabra a ninguén.

vos • Canto vos custou o pan?

as me • Cando as vexas , ´ me
avisa .

che lle • ´ che


Dixen que lle gustou o libro?

4 Substitúe as palabras destacadas polos pronomes persoais correspondentes.

• Xosé e ti xa fixestes os deberes?  Vós xa os fixestes?

• Antón e Ana contaron a verdade!  Eles contárona.

• Fuco e eu sabemos o seu número.  Nós sabémolo.

• Abel non trouxo a Iria no seu coche.  El non a trouxo no seu coche.

• A que hora sae, señora alcaldesa?  A que hora sae, vostede?

5 Completa o texto co pronome adecuado en cada caso.

vostede lo lle el eu nós nos

Señor conserxe:
Meu irmán e mais eu estaremos fóra toda a semana. Queriamos que, se fai
o favor, nos recollese o correo ata que volvamos.
Quizais veña o electricista. Como vostede ten chave da nosa casa,
¿podería acompañalo e esperar con el ata que acabe?
Nós agradeceriámos lle moito o detalle.
Atentamente,
Neves Cotarelo

41
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaOcomunicación
nacemento dun bebé.

1 Atopa na sopa de letras e escribe o nome de sete elementos relacionados cos bebés.

AXÓUXERE
A X Ó U X E R E X T

TERMÓMETRO O I A X M G F H A R

T E R M Ó M E T R O
P APA
E L I X B H D G C N

M ÓBIL U X M R I X U Z B A

Q M B A L A N C Í N
B ALANCÍN
R Q A Z O B U V E N
T RONA A G S O N A L S Z A

P A P A N E T E S X
P ARQUE

2 Copia substituíndo os debuxos por palabras.

• Breixo xoga na coa .

 Breixo xoga na bañeira coa esponxa.

• O ri cando a súa lle fai carantoñas.

 O bebé ri cando a súa nai lle fai carantoñas.

• O cámbialle o ao seu fillo.

 O pai cámbialle o pañal ao seu fillo.

• Ponlle o ao meniño antes de darlle o .

 Ponlle o babeiro ao meniño antes de darlle o biberón.

• O bebé chora no porque perdeu o .

 O bebé chora no berce porque perdeu o chupete.

42
Palabras onomatopeicas 5
3 Que son estas pezas de roupa? Relaciona.

touca manoplas peúgos mandilón mono

Peza de roupa Peza que Peza Guantes Peza que


que cobre o envolve de la en que todos protexe das
corpo e as o bebé para que abriga os dedos manchas
pernas. abrigalo. os pés. van xuntos. no colexio.

4 Completa o texto coas palabras propostas.

Cuestión de saúde
revisións
Todos os bebés e os nenos e as nenas teñen que ir ao centro de saúde
pediatra
periodicamente para controlar o seu crecemento. Estes controis
enfermeira chámanse revisións , e permiten que o pediatra
centro de saúde comprobe como evolucionan, por exemplo, o peso ,
vacinas a estatura e o desenvolvemento xeral dos máis pequenos.

peso Ademais, todos eles teñen que recibir unhas vacinas .


Coitados! Os bebés choran cando a enfermeira os pica,
estatura
pero iso evita que sufran enfermidades que poden ser perigosas.

5 Completa co verbo que corresponda a cada onomatopea.


Pío, pío!
Zun, zun!
• Dous amigos  bisban

• As copas  tintinean Tin, tin!

• Os paxaros  pían

• Un enxame  zumba Bis, bis!


Cro, cro!
• O gato  miaña

• Unha ra  croa Miau!

43
ORTOGRAFÍA Repaso de grafías

LEMBRA

A maior parte dos sons en galego represéntanse cunha soa letra, pero hai algúns, coma
o son K, o son Z, o son R forte, o son G e o son B, que se representan con varias.
Tamén hai casos en que unha soa grafía representa dous sons, como ocorre coa letra x.

1 Escribe os seus nomes.

gravata billa serra rato gato

aguia cinto chourizo cunca queixo

2 Completa a norma exemplificándoa coas palabras anteriores.

• O son G represéntase coa letra g ante a, o, u e co dígrafo gu ante i, e .

Exemplos: gato , aguia .

• O son Z represéntase coa letra z ante a, o, u e coa letra c ante i, e .

Exemplos: chourizo , cinto .

• O son K represéntase coa letra c ante a, o, u e co dígrafo qu ante i, e .

Exemplos: cunca , queixo .

• O son R forte represéntase coa letra r ao comezo de palabra e tras consoante. Entre vogais,

represéntase co dígrafo rr . Exemplos: rato , serra .

• O son B represéntase coas letras v e b . Exemplos: gravata ,

billa .

44
SABER FACER Redactar a resposta dun exame 5
1 Le este texto e subliña as ideas máis importantes.

O parto
O embarazo finaliza co parto, que é o proceso de saída
do bebé ao exterior a través da vaxina. O parto consta
de tres fases.
Na primeira, chamada dilatación, prodúcese a abertura
progresiva da saída do útero e os seus músculos comezan
a contraerse. Ademais, rómpese a bolsa do líquido amniótico
e todo este líquido sae pola vaxina: iso chámase romper augas.
Despois, segue a fase de expulsión: as contraccións do útero
e a forza que fai a nai empuxan o bebé cara a fóra pola vaxina.
Cando nace, hai que cortar o cordón umbilical. A cicatriz
que queda é o embigo.
A fase final é o libramento, cando se expulsa a placenta.

2 Organiza estas palabras e obterás un esquema básico do texto anterior.

parto placenta expulsión dilatación libramento abertura

NACEMENTO

dilatación expulsión libramento

abertura parto placenta

3 Explica coas túas palabras, a partir da información anterior, que é o parto e como
se desenvolve. RM.

 O parto é o último paso do embarazo. Ten 3 fases: dilatación, cando

 se produce a abertura da saída do útero; a expulsión, cando nace o meniño;

 e o libramento, cando se expulsa a placenta.

45
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un texto informativo

O Mar Morto
O Mar Morto é un lago salgado que se atopa
entre Israel e Xordania, no val do río Xordán,
nunha depresión do terreo a 422 metros baixo
o nivel do mar. As súas augas teñen un grao
de salinidade altísimo: nin máis nin menos
ca un 33,7 por cento, case 10 veces máis ca
calquera océano… Iso sitúao entre os máis salgados
do mundo; de feito, só o superan algúns lagos
da Antártida, o lago Assal en Djibouti
e o Kara-Bogaz no Turkmenistán.
Tanta cantidade de sal explícase pola súa
situación xeográfica. Ao non estar conectado
con ningún outro mar, só perde auga por
evaporación, cousa que aumenta a concentración
de sal. Por outra banda, a única auga nova que
recibe é a que lle achega o río Xordán, porque
as chuvias son moi escasas na zona. Este exceso
de sal convérteo nun lugar incompatible coa vida,
como expresa claramente o seu nome. No Mar Morto
non hai peixes, nin algas, nin plantas acuáticas…
Só algúns microbios se aventuran a vivir nas
súas augas!
Como contrapartida, a salinidade do Mar
Morto converteuno nun punto de referencia para
o turismo mundial. Por que? Porque nunha auga
tan densa todo o mundo flota. Non hai que saber
nadar para poder divertirse na auga!

1 Localiza a información no texto e anota estes datos sobre o Mar Morto.

• Situación xeográfica:  entre Israel e Xordania, no val do río Xordán.

• Grao de salinidade da auga:  33,7 %.

2 Por que se chama Mar Morto? Subliña.

• nas súas augas flótase moi ben.

Chámase Mar Morto porque… • o visita pouca xente.

• nas súas augas non hai peixes, nin algas…

46
6
3 Marca os enunciados correctos sobre o Mar Morto e as súas augas.

Desemboca no océano. Só recibe auga dun río.

Hai unha forte evaporación das augas. Recibe auga de chuvias abundantes.

Ten unha gran riqueza animal. Non se desenvolven seres vivos.

É moi difícil flotar na auga. É imposible afundirse na auga.

4 Copia os enunciados que marcaches antes onde corresponda.

SALINIDADE DO MAR MORTO

Causas Consecuencias Vantaxes

Hai unha forte Non se desenvolven É imposible afundirse

evaporación das augas. seres vivos. na auga.

Só recibe auga dun río.  

  

5 Relaciona cada palabra do texto co seu sinónimo.

aventurarse conectar flotar

comunicar aboiar arriscarse

6 Explica por que cres que o Mar Morto é un punto de referencia para o turismo mundial. RM.

 Pola salinidade que ten, pois grazas a iso todo o mundo flota e non hai que saber

 nadar para divertirse na auga.

47
GRAMÁTICA O adverbio. As locucións adverbiais

LEMBRA

Os adverbios son palabras invariables que expresan circunstancias de lugar, tempo,


modo ou cantidade, ou ben afirmación, negación ou dúbida.
Os adverbios poden funcionar como complemento dun verbo, dun adxectivo ou doutro
adverbio.
Os grupos de palabras que equivalen a un adverbio e realizan a mesma función son
as locucións adverbiais.

1 Le o texto e subliña os trece adverbios que contén.

Unha vida nova


Sabes? Antes nós viviamos na cidade, no terceiro piso
dun edificio de dez plantas con moitos veciños. Pero hai
algúns meses meu pai cambiou de traballo e tivemos que
trasladarnos a unha aldea que estaba moi lonxe.
Na casa que temos agora hai un patio bastante grande
e a min encántame saír a brincar. Tamén podo quedar
cos meus novos amigos e xogar tranquilamente fóra,
porque pasan poucos coches.
Outras veces axúdolles a meus pais na horta. Non sabemos moito de cultivos, pero estamos
aprendendo. E preto da aldea hai unha fervenza. Quizais mañá vaiamos de paseo a vela!

2 Clasifica os adverbios que subliñaches no texto anterior.

Lugar lonxe, fóra, preto

Tempo antes, agora, mañá

Cantidade moito, bastante, moi

Modo tranquilamente

Afirmación tamén

Negación non

Dúbida quizais

48
6
3 Indica a que palabra complementa cada adverbio destacado.

• Este bebé sempre sorrí .  Complementa un verbo (sorrí).

• O cadro quedou moi bonito.  Complementa un adxectivo (bonito)

• Adela reunirase alí comigo.  Complementa un verbo (reunirase)

• Eles van vir máis tarde ca ti.  Complementa un adverbio (tarde)

• A cadeira é bastante incómoda.  Complementa un adxectivo (incómoda)

4 Copia cambiando a expresión destacada polo adverbio equivalente.

nunca   aquí   daquela   así   pouco

• Naquel momento o gato miañou.  Daquela o gato miañou.

• Medraches poucos centímetros.  Medraches pouco.

• Non dixen iso en ningún momento!  Non dixen iso nunca!

• Déixoche o libro neste lugar.  Déixoche o libro aquí.

• As troitas cocíñanse deste xeito.  As troitas cocíñanse así.

5 A partir destes adxectivos, forma adverbios de modo acabados en -mente.

• lento lentamente      • rápido rapidamente

• grave gravemente      • pobre pobremente

• sutil sutilmente      • activo activamente

• áxil axilmente      • efectivo efectivamente

6 Escribe oracións utilizando estas locucións adverbiais. Usa o dicionario, se che cómpre. RM.

aos poucos a carón ao chou


       

•  Fixo os deberes aos poucos.

•  Sentouse a carón de min.

•  Dixo os números ao chou.

49
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
planta de reciclaxe.

1 Clasifica estes obxectos nos colectores. Ollo, hai tres que non van en ningún deles.

VIDRO ENVASES PAPEL E CARTÓN

 botella  brick de leite  xornal

 frasco de perfume  lata de refresco  caixa de ovos

 bote de iogur  lata de sardiñas  caixa de cartón

2 Explica, usando estas expresións, onde cómpre depositar os residuos que non clasificaches antes.
RM.
restos orgánicos, no colector xenérico

residuos contaminantes, no punto limpo

 Os restos orgánicos cómpre depositalos no colector xenérico da túa localidade.

 Os residuos contaminantes coma as lámpadas ou pilas, débense depositar no punto

 limpo do teu concello.

50
Palabras polisémicas e palabras homónimas 6
3 Explica a diferenza entre estas palabras poñendo algún exemplo.
RM.
• vertedoiro / colector

 Os operarios baleiran o contido dos colectores no vertedoiro

 da vila.

• reciclar / reutilizar

 Os envases do iogur reutilizámolos no colexio para plantar

 sementes. O vidro recíclase ao 100%, pasando pola trituración,

 limpeza e fundición para un novo envase.

4 Cal destas dúas entradas do dicionario corresponde a unha palabra polisémica?


Marca e explica o porqué da escolla.

Ab ella. s. f. Insecto voador de cor Serra. s. f. 1. Ferramenta utilizada para


parda escura e con aguillón. Vive en cortar madeira ou outros materiais.
enxames dentro de ocos naturais ou 2. Industria en que hai serras
en colmeas, recolle o néctar e o pole mecánicas para cortar a madeira.
das flores e produce mel e cera. 3. Sucesión de montañas.

5 Arrodea a forma que cumpra das seguintes parellas de palabras homónimas.

• Hai Aí unha baca vaca enorme pacendo no prado dos veciños.

• Non esquezas levar a rebelar revelar as belas velas fotos da viaxe a Fisterra.

• Paréceme que este ano botaches o nabal naval moi basto vasto .

6 Explica como reciclades na casa. Pensa nos residuos habituais, na roupa, nos xoguetes, etc. RM.

 Este ano peguei un estirón de xeito que a roupa dos anos anteriores non me serve.

 Meus pais reunírona en varias bolsas e fomos depositala ao colector autorizado

 de recollida de roupa e calzado. Tamén hai moitos xoguetes que non uso e doámolos

a unha asociación humanitaria.


51
ORTOGRAFÍA A grafía b

LEMBRA

O son B pódese representar con b ou con v. Escríbese b:


• Detrás de m e diante de l e r (agás acivro e ávrego).
• Nas palabras que comezan con bu-, bus-, bur-.
• N
 as terminacións -aba, -abas, -aba, -abamos… do pretérito imperfecto de indicativo
dos verbos da primeira conxugación.
• Nas formas dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber.
• Nas formas dos verbos rematados en -bir e -buír, agás servir, vir e vivir.

1 Completa con b ou con v os verbos e as palabras da súa familia.

• ser v izo • sa b io

ser v ir • ser v ente sa b er • sa b edor

• ser v idor • sa b edoría

• lam b etada • fer v enza

lam b er • lam b etar fer v er • fer v or

• lam b ón • fer v ello

• distri b uidor • prohi b itivo

distri b uír • distri b ución prohi b ir • prohi b ición

• distri b utivo • prohi b ido

2 Escribe exemplos de cada. RM.

Palabras con br e con bl    amable, contable, brando, branco

Palabras con mb    lambetada, pomba

Palabras con nv    convenio, convencer

52
SABER FACER Mellorar un texto 6
1 Localiza algunhas imprecisións do texto e sinálaas como se indica.

Subliña Palabras ou expresións redundantes.

Arrodea Palabras incorrectas e faltas de ortografía.

Marca O lugar onde cómpre que haxa un cambio de parágrafo.

Sempre que gastamos a enerxía, unha parte da enerxía transfórmase


en calor. Así, unha lámpada dá luz, pero tamén calor. Unha parte
da enerxía eléctrica transfórmase en luz e outra parte da enerxia electrica
transformase en calor. A calor é un tipo de enerxía que fai que suba
a temperatura dos corpos. A calor consegue que os obxectos se dilaten
é provoca que as cousas cambien de estado.

2 Relaciona cada palabra destacada no texto con outra máis precisa.

gastamos cousas dá suba


           

emite substancias utilizamos aumente


           

3 Reescribe o texto para mellorarlle o estilo e facelo máis preciso, atendendo os aspectos
traballados anteriormente. Ponlle tamén un título.

 A ENERXÍA ELÉCTRICA

 Sempre que utilizamos a enerxía, unha parte transfórmase en calor.

 Así, unha lámpada emite luz, pero tamén calor. Unha parte da enerxía

 transfórmase en luz e outra en calor.

 A calor é un bo tipo de enerxía que fai que aumente a temperatura dos

 corpos. Esta consegue que os obxectos se dilaten e provoca que as

 substancias cambien de estado.

53
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

A Noitevella
Foran celebrar o fin de ano ao casarío da aldea. Aquela casa
era moi vella e estaba un pouco abandonada, porque había anos
que non vivía ninguén nela, pero había sitio para todos.
Pola mañá chegaran coches e máis coches, dos que baixou
xente e máis xente. E bolsas e máis bolsas, cheas ata rebentar!
O día pasara sen se decataren. Aos pequenos, xogando polos
camiños e polos prados; aos maiores, traballando na cociña.
O caso é que, á noite, conseguiran poñer unha mesa
impresionante!
Cearon con fame e despois, non sen dificultades, fixeron
funcionar un televisor do ano da polca. Era pequeno
e en branco e negro, pero, como mínimo, serviríalles
para cumprir o ritual de comer as uvas…
A punto de tocar as doce, cando xa estaban todos
nerviosos e coas uvas na man, de súpeto foise a luz
e quedaron ás escuras e sen televisión. O resto da aldea
continuaba iluminado, pero o pobre casarío dos avós
non puidera aguantar máis…
No medio da algarabía que se organizou, o avó colleu
un prato e unha culler e pediu silencio. Só coa claridade
que entraba polas ventás, sen mirar o reloxo, tocou
as doce badaladas e os demais, obedientes, comeron as uvas
ás apalpadelas. Exactamente coa última badalada, volveu
a luz e o televisor bramou: Feliz Aninovo!

1 Responde estas preguntas sobre a historia.

• Cando ocorre?  O día de fin de ano.

• Onde ocorre?  No casarío da aldea.

2 Subliña o enunciado do texto que indique se eran moitos ou poucos no casarío e completa.

Eran moitos porque  non paraban de chegar coches dos que baixaba moita xente.

54
7
3 Como é un televisor do ano da polca? Risca as opcións que non correspondan.

moi antigo moi moderno moi pequeno

4 Que pasou a noite de fin de ano? Subliña a opción correcta.

• Prodúcese un apagamento e toda a aldea queda sen luz.


• Quedaron sen luz soamente no casarío.
• Estragouse a televisión no momento das badaladas.

5 Explica en que consiste o ritual de comer as uvas.

 Consiste en comer doce uvas ao compás das doce badaladas de fin de ano, feito que

 fará que a persoa que as come teña prosperidade no novo ano.

6 Con que badaladas comeron as uvas aquela noite? Observa e marca.

   
                            

7 Marca a opción correcta en cada caso.

• Cando se organiza unha algarabía?

Cando todos falan e berran á vez. Cando todos quedan calados.


  

• Que dúas palabras son sinónimas de algarabía?

festa discusión rebumbio troula alboroto

8 Por que cres que o narrador di que o pobre casarío non puido aguantar máis? Razoa.

 Porque era unha casa moi vella e estaba un pouco abandonada.

55
GRAMÁTICA Os enlaces: preposicións e conxuncións

LEMBRA

Os enlaces son palabras invariables que serven para unir palabras ou grupos de palabras
entre si.
As preposicións son enlaces que unen palabras co seu complemento.
As conxuncións son enlaces que unen palabras ou grupos de palabras independentes
dentro dunha oración, ou dúas oracións entre si. As conxuncións máis frecuentes son
as copulativas, as adversativas e as disxuntivas.

1 Fíxate nas palabras destacadas e clasifícaas.

Os periódicos
Os periódicos son libros tristes. O papel séntese
moi desgraciado por este oficio, pero el cre na
reencarnación e espera algún día poderse converter
en debuxo infantil ou avión lixeiro. A reciclaxe é
a reencarnación das follas de periódicos.
Gloria Sánchez,
O home do impermeable amarelo (Adaptación)

Preposicións Conxuncións

Por , en , de Pero , e , ou
    

2 Risca en cada serie a palabra que non é unha preposición.

a  con  baixo  mañá  contra non  de  mediante  deica  entre

sen  gran  salvo  so  segundo en  desde  sobre  tras  abofé

3 Escribe todas as preposicións anteriores ordenadas alfabeticamente.

 A, baixo, con, contra, de, deica, desde, en, entre, mediante, salvo, segundo, sen,

 so, sobre, tras.

56
7
4 Arrodea un enlace en cada oración e, despois, escribe outra empregando o mesmo enlace. RM.

• Tomou o café con pouco leite.  María xogou con Xulia.

• Non nos viramos desde o verán.  Veu desde Santiago.

• Estivo en Vigo a semana pasada.  Foi en tren.

• A autovía pasa por Guitiriz.  Pasamos pola túa casa.

• Chegou sen maleta.  Fomos de vacacións sen Carlos.

• Vai escribir un libro sobre súa nai.  Déixao sobre a cama.

5 Completa cada oración cun dos enlaces propostos. Despois, escribe debaixo de que tipo
de enlace se trata: preposición ou conxunción.

con   pero   sen   para   ata   de   desde

• Saíu da casa sen diñeiro para a compra.

preposición preposición

• Ela non sabía o teléfono de Natalia, pero eu díxenllo.

preposición conxunción

• Iredes con Carmelo desde o colexio ata a biblioteca.

preposición preposición preposición

6 Une cada parella de oracións cunha conxunción do tipo que se indica.

• Alberte é moi divertido. Sempre está contento.

Copulativa  Alberte é moi divertido e sempre está contento.

• Non oíu o espertador. Non quixo erguerse.

Disxuntiva  Non oíu o espertador ou non quixo erguerse.

• Teño pouca la. Podo facer unha bufanda.

Adversativa  Teño pouca la pero podo facer unha bufanda.

57
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
tenda de lámpadas.

1 Escribe o número que lle corresponde a cada elemento.

1 lámpada 2 foco 3 lámpada de pé 4 araña 5 farol 6 aplique 7 flexo

1
6
3
2

2 Copia cada palabra ao revés e descubre o nome destas lámpadas antigas.

ORBALEDNAC ANRECUL

CANDELABRO              LUCERNA

ÉUQNIUQ LIDNAC

QUINQUÉ               CANDIL

3 Explica o significado da expresión destacada en cada oración.

• O concello deu luz verde á construción do novo aparcadoiro.

 Deu o permiso ou a aprobación para levar a cabo a construción.

• A investigación sacou á luz a orixe da avaría.

 Revelou a orixe da avaría.

• Tres veciñas da vila deron a luz a mesma noite.

 Parir, expulsar o meniño.

58
Palabras sinónimas e palabras antónimas 7
4 Copia as oracións cambiando a expresión subliñada polo adxectivo equivalente.

transparente  translúcido  incandescente  opaco

• A porta da sala ten un cristal que deixa pasar a luz pero impide ver os obxectos a través del.

 A porta da sala ten un cristal translúcido.

• Cubrín a ventá cun material que impedía o paso da luz.

 Cubrín a ventá cun material opaco.

• Prefiro colocar un cristal que permita ver os obxectos a través del.

 Prefiro colocar un cristal transparente.

• Aínda quedaba algunha brasa que desprendía luz e calor na cheminea do salón.

 Aínda quedaba algunha brasa incandescente na cheminea do salón.

5 Risca en cada serie a palabra que non sexa sinónima.

alegre  triste  contento  feliz limpar  manchar  ensuciar  luxar

rematar comezar finalizar acabar precioso  belo  feo  bonito

arisco  amable  atento  xentil falar  calar  dialogar  conversar

6 Relaciona cada palabra co seu sinónimo e co seu antónimo.

sinónimos      antónimos
enredar
aburrimento • • acerto
fastío
enguedellar • • desenturbar
comezar
principiar • • finalizar
hábil
avolver • • desenlear
engano
mañoso • • torpe
toldar
equivocación • • diversión

59
ORTOGRAFÍA A grafía v

LEMBRA

O son B represéntase con v nos seguintes casos:


• Nas palabras en que vai detrás de n.
• N
 os adxectivos rematados en -avo/a, -ave, -evo/a, -eve, -ivo/a (agás ceibo, ceibe, árabe
e roibo).
• N
 as formas dos verbos que teñen o son B e que non levan nin b nin v no infinitivo
(exceptúanse as terminacións -aba, -abas, -aba… dos verbos da 1.ª conxugación).
• N
 as formas dos verbos rematados en -ver agás absorber, beber, caber, deber, haber,
lamber, saber e sorber.
• Nas formas dos verbos servir, vivir e vir.

1 Completa con b ou con v segundo corresponda.

• Ci b rán non sa b e se elixir unha ta bl leta ou un mó b il

polo seu ani v ersario.

• V oulle en v iar un paquete a teu a v ó en bre v e.

• Miña nai é a v ogada e meu tío, v arredor.

• A v oda cele b rouse na oita v a semana do ano.

• Ti v en a posi b ilidade de coñecer a persoa máis

lonxe v a da v ila e era moi agrada b le.

2 Completa as oracións coa palabra que corresponda en cada caso.

baca vaca • Colocaron a maleta na baca do coche mentres unha vaca


rubia os observaba.

cabo cavo • Eu cavo as viñas e chego ata o cabo da leira.

balor valor • Hai que ter moito valor para comer ese queixo con balor .

3 Escribe tres palabras derivadas de cada unha das seguintes.

chuvia Chuvasco, chuvascada, chuvasqueiro.

revelar Revelador, revelación, revelado.

60
SABER FACER Contar unha secuencia 7
1 Observa e numera as viñetas segundo a orde en que ocorre a historia.

1     3 2
                         

6     5 4
                         

2 Escribe un texto en que narres a secuencia anterior tal como a ordenaches e ponlle un título.
Procura redactar polo menos unha oración para cada viñeta. RM.

 AS MIÑAS GALLETAS

 Brais púxose a facer galletas de manteiga. Mentres se cocían no forno decidiu

 descansar un pouco no sofá, diante da televisión, e quedou durmido.

 Ao pouco tempo espertou sobresaltado co cheiro a fume: Ai, as miñas galletas!

 Sacounas do forno pero xa estaban queimadas. Nese mesmo momento

 soou o timbre; era o carteiro que traía un paquete para el. Abriuno e… era


unha caixa de saborosas galletas!

61
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Máquina
Carmela chegou á casa dos avós con cara de poucos
amigos. Tiña que pasar con eles unha semana por culpa
dunha viaxe inesperada da nai e unha chea de reunións
do pai. Unha semana enteira! Quería moito os avós,
pero a súa casa parecía doutro mundo… ou doutra
época!
A neveira e a lavadora eran as únicas concesións
dos avós á modernidade. O resto era pura prehistoria!
Unha casa sen microondas nin lavalouza, sen aire
acondicionado nin calefacción central… E, peor
aínda, cun televisor máis antigo ca andar a pé
e sen ordenador. Por non falar de Internet!
Con todo, aquela vez Carmela levou a sorpresa
da súa vida. O avó, cun sorriso de rapaz traste,
preguntoulle:
–Botas en falta as maquiniñas, eh, filliña?
Antes de que Carmela tivese tempo de contestar,
a avoa, cun sorriso coma o do avó, dixo:
–Non sabemos se esta che vai gustar…
A avoa abriu a porta da galería cun só movemento.
Daquela, de súpeto, unha pelota negra e peluda saída
da nada voou polo cuarto e aterrou de cabeza
nos brazos de Carmela, que berrou coma unha tola.
Primeiro, de medo; despois, dunha alegría infinita.
Cando os avós lle preguntaron que nome quería
poñerlle á cadela, Carmela non necesitou pensalo
nin un momento. Que nome máis axeitado
ca «Máquina»?

1 Arrodea a imaxe en que Carmela pon cara de poucos amigos.

62
8
2 Marca a opinión que Carmela ten da casa dos avós. Ao acabar, copia algunha expresión
do texto que o demostre.

Cre que é moi moderna.        Cre que está moi anticuada.

3 Cales destes aparellos modernos non había na casa dos avós? Risca.

4 Con que expresión se di na lectura como é o televisor dos avós? Completa.

Na casa dos avós hai un televisor  máis antigo ca andar a pé.

5 Escribe ao lado de cada globo quen di estas palabras e, despois, responde.

O avó
Botas en falta Non sabemos
as maquiniñas, se esta che vai
eh, filliña? gustar…
A avoa

• A que maquiniñas coidas que se refire a pregunta?  A maquiniñas que lle servisen para

 entreterse, como o ordenador, a consola ou a tableta.

• Con que maquiniña sorprenderon realmente a Carmela?  Coa cadela.

6 Por que a Carmela lle pareceu axeitado o nome de Máquina para a cadela?
Que nome lle poñerías ti? Razoa. RM.

 Porque estaba botando en falta as máquinas

 e regaláronlle unha cadela.

63
GRAMÁTICA Os enunciados. A oración. O suxeito

LEMBRA

Os enunciados son agrupacións de palabras ordenadas que teñen sentido


completo. Os enunciados poden ser frases ou oracións.
As oracións son enunciados que conteñen polo menos un verbo e que se estruturan en dúas
partes: un suxeito (que pode ser léxico ou gramatical) e un predicado.
O suxeito léxico consta sempre dun núcleo que pode ir acompañado ou non
de determinantes e de complementos.

1 Separa os enunciados do texto coa marca /. Despois, completa.

Pequena vida!
Na antigüidade, as persoas xa tiñan actividades de ocio. /
Así, por exemplo, os romanos eran moi afeccionados a ver
carreiras de carros, un entretemento herdado dos gregos. /
En Roma, estas competicións facíanse no Circo Máximo. /
Os carros podían ser de dous ou de catro cabalos./Tiñan
que dar sete voltas a toda velocidade sen chocar nin envorcar. /
Que espectáculo!/E que risco! /
Os romanos tamén gozaban do teatro, das termas… /
E todo de balde!/Que sorte! /

• Este texto ten ____________


6 oracións e ____________
4 frases.

2 Transforma en oracións as frases que atopaches no texto. RM.

•  Era un espectáculo.

•  Era un risco.

•  Todo era de balde.

•  Tiñan sorte.

3 Le as oracións e subliña o suxeito de azul e o predicado de vermello.

• As ruínas do castro de Santa Trega sorprenderon os turistas alemáns.

• Ata aquí chegaba o son das alegres ras da lagoa.

• Avisoume da reunión da asociación un amigo de Alberte.

• Naquela época moita xente abandonou a vila.

64
8
4 Copia os suxeitos das oracións anteriores e analiza os compoñentes: núcleo, determinantes
e complementos. Fíxate no exemplo.

O mellor amigo do pai.


Det. Compl. N. Compl.

•  As ruínas do castro de Santa Tegra.


Det. N. Compl.

•  O son das alegres ras da lagoa.


Det. N. Compl.

•  Un amigo de Alberte.
Det. N. Compl.

•  Moita xente.
Det. N.

5 Indica se o suxeito de cada oración é léxico ou gramatical


e anótao entre parénteses.

• Tedes cinco minutos para acabar.  Sux. gramatical (vós)

• Na reunión faltaba o secretario.  Léxico (o secretario)

• O xoves visitaremos o museo.  Gramatical (nós)

• María debuxou un poboado celta.  Léxico (María)

• Faredes o traballo xuntos?  Gramatical (vós)

• Mañá tes que devolver o libro.  Gramatical (ti)

6 Escribe unha frase e unha oración en relación con cada imaxe. RM.

•  O tesouro pirata.

•  Atopamos o tesouro!

•  A fada madriña.

•  A fada é a protagonista do conto.

65
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
oficina. Frases feitas e interxeccións

1 Escribe unha oración co nome de cada aparello.

Na feira de tecnoloxía da cidade expuxeron moitos ordenadores portátiles.

 Coa treboada da pasada noite avariouse a impresora da casa.

 A avoa de Xulia recibiu no teléfono fixo a chamada do médico.

2 Relaciona para formar nomes de obxectos da oficina e escríbeos no seu lugar.

afía calca abre porta

folios cartas papeis lapis

portafolios calcapapeis afialapis abrecartas

3 Identifica o material de oficina a que se refire cada descrición.

1  Caderno para apuntar cousas 1 3


que hai que facer, citas, recordatorios
e tamén teléfonos e enderezos.

2  Distribución de todos os días do ano axenda guía


en semanas e meses.

3  Lista de datos, en orde alfabética,


2
sobre unha materia, como os teléfonos
dunha cidade. calendario

66
8
4 Escribe o nome do obxecto que fai cada función.

• arquivar arquivador    • conter contedor

• calcular calculadora    • perforar perforadora

• corrixir cinta corrixidora    • grampar grampadora

5 Copia cambiando a expresión destacada en cada oración por unha frase feita equivalente.

chegar ás mans pegar ollo morder a lingua abrir a boca

• Ao final, Xoán non puido reprimirse e deu a súa opinión.

 Ao final, Xoán non puido morder a lingua e deu a súa opinión.

• Estivo todo o día nervioso e pola noite non foi capaz de durmir.

 Estivo todo o día nervioso e pola noite non foi capaz de pegar ollo.

• Non sei o que lle ocorre a Carmela, que pasou toda a mañá sen dicir nada.

 Non sei o que lle ocorre a Carmela, que pasou toda a mañá sen abrir a boca.

• A discusión foi lamentable. Estiveron a punto de pelexar.

 A discusión foi lamentable. Estiveron a punto de chegar ás mans.

6 Completa os globos cunha interxección que se axuste á situación representada.

Espera ,
agarda por min!

Mira ,
que bonito!

67
ORTOGRAFÍA A grafía h

LEMBRA

Escríbense con h:
• Todas as formas dos verbos haber, habitar, herdar, hospedar...
• A
 s palabras que comezan por prefixos con h como hect-, hemi-, hept-, hexa-, hidro-,
hiper-, etc.
• M
 oitas outras palabras como harmonía, herba, historia, hotel, húmido... e os seus
derivados.
En galego escríbense sen h algunhas palabras que en castelán si o levan como inchar,
irmán, oco, ombro, orfo, ovo, ola!, úmero...

1 Escribe as palabras representadas. Vixía se teñen que levar h ou non.

helicóptero harmónica ovo óso hámster

2 Completa con h cando cumpra.

• Ai! Mágoa que o autobús arrincou h ai uns segundos.

• Os clientes que se h ospedan nese h otel poden acceder

á sala de h idromasaxe.

• Xes h erdou unha h ectárea de monte e unha h orta moi fértil.

• Non esaxeres; na nosa casa nunca h oubo h umidade.

• Meu irmán aparcou a moto onda o hipermercado.

3 Risca a forma incorrecta en cada caso.

• Ía tanta calor que lle pedín a miña irmá un habano abano para que me dese aire.

• Haber A ver se nos poñemos de acordo: ten que haber a ver unha solución.

• Xoán non chegou á súa hora ora ; hora ora ben, non o fixo adrede.

68
SABER FACER Interpretar sinais 8
1 Observa cada sinal e escribe a mensaxe que transmite.

 Saída de urxencia.
CHAN


MOLLADO
 Advertencia de que se pode esvarar porque

 está o chan mollado.

 Baños para homes, mulleres e persoas

 con mobilidade reducida.

 Uso obrigatorio do casco.

 Prohibido fumar.

 Prohibido usar o móbil.

2 Relaciona cada mensaxe co tipo de indicación que transmite e deseña un sinal axeitado.

Para manipular Neste lugar, É perigoso tocar


o produto, tedes que usar non podedes sacar os cables. Risco de
guantes e máscara. fotografías con flash. descarga eléctrica.
         

Precaución Obrigación Prohibición

     

69
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Cores do mundo
Contemplada desde aquela altura, a Terra parecía unha boliña de cristal
coma as que o seu amigo Marcos levaba sempre no peto. Pero non,
non era iso exactamente… Ningunha boliña de cristal tiña aquelas
cores tan vivas nin, menos aínda, os debuxos tan ben definidos
que contemplaba agora. Era fermosa de verdade!
Sobre o azul radiante dos océanos e o azul un pouco máis
pálido dos mares, destacaba poderosamente o branco das terras
polares e o debuxo elegante dos continentes. Antón, case
sen respirar, seguiu cos ollos as costas sinuosas de Europa,
de norte a sur, e continuou despois cara ás inmensas chairas
asiáticas. Cruzando o océano, topou co cinto longo e finísimo
que separa en dous América e, despois, aínda gozou
de todas as cores do continente africano e dos milleiros
de fragmentos que forman Oceanía.
Perdido na contemplación, a voz de súa nai
estivo a punto de facelo caer da cadeira onde
subira para colocar uns libros no estante:
–Bule, Antón!
Antón suspirou. Fixéranlle tantos agasallos
de aniversario que o seu cuarto parecía
un bazar… Se non buscaba un lugar para
cada cousa, acabaría índoselle a cabeza!
Para non se volver distraer, colleu a pelota
que imitaba a bóla do mundo e deixouna
no baúl dos xoguetes. Aínda lle quedaba
moito traballo por diante!

1 Que contemplaba Antón? Arrodea.

70
9
2 Marca o cuarto que parece un bazar.

3 Completa.

• Antón subira a unha cadeira para  colocar uns libros no estante.

• O cuarto de Antón parecía un bazar porque lle fixeran moitos agasallos polo seu aniversario.

• Ao final, Antón colleu  a bóla do mundo e deixouna no

baúl dos xoguetes para  non se volver distraer.

4 Subliña tres expresións que signifiquen o mesmo ca írselle a cabeza.

• perder o siso • quedar coa boca aberta • perder o tempo

• volverse tolo • quedar en branco • perder a chaveta

5 Escribe o nome dos continentes que vía Antón.

Oceanía Europa América África

6 Pensa e responde.

• Que continente non se menciona no texto?  Asia

• Coidas que Antón podería velo desde a súa posición? Por que?  Si, el di no texto que ve

 as chairas asiáticas.

71
GRAMÁTICA O predicado nominal. O atributo

LEMBRA

O predicado dunha oración pode ser nominal ou verbal.


O predicado nominal expresa qué é ou como está o suxeito. Está formado
basicamente por un verbo copulativo (ser, estar, semellar ou parecer) e un atributo,
que é a palabra ou o grupo de palabras que expresan unha calidade ou un estado
do suxeito.
Poden realizar a función de atributo un adxectivo, un substantivo, un grupo nominal
ou un pronome.

1 Explica en que se diferencian o predicado nominal e o predicado verbal.

 O predicado nominal está formado basicamente por un verbo copulativo e un atributo, mentres

 que o verbal constrúese cun verbo predicativo e pode ir acompañado ou non de complementos.

2 Subliña o predicado de cada oración e di se é nominal ou verbal.

• Os xogadores estaban contentos co resultado obtido.  nominal

• A causa do accidente é aínda un misterio.  nominal

• O avó preparou o cocido para toda a familia.  verbal

• O cadro do comedor da súa casa estaba torto.  nominal

• Aqueles barcos chegaron a porto ao luscofusco.  verbal

• Os exploradores eran demasiado intrépidos.  nominal

3 Forma oracións de predicado nominal relacionando os elementos de cada columna.

A educación está moi agradable, non?

Algunhas nubes é un dereito básico.

O veciño novo semellan rota.

A nosa grampadora parece ovellas de algodón.

72
9
4 Localiza o predicado nominal e analízao coma no exemplo.

Sux. PN.
• Alberte é o médico da aldea.  O atributo é un grupo nominal.
V. Cop. Atributo
S PN
• A tía Amelia parece cansa.  O atributo é un adxectivo.
v. cop. atri.
S PN
• Esta rapaza é a irmá de Breixo.  O atributo é un grupo nominal.
v. cop. atri.
S PN
• Alba e Roi serán os protagonistas da obra.  O atributo é un grupo nominal.
v. cop. atri.
S PN
• O neno louro parece Samuel.  O atributo é un substantivo.
v. cop. atri.
S PN
• A miña mellor amiga es ti.  O atributo é un pronome.
v. cop. atri.
S PN
• Os pais de Marta son pasteleiros.  O atributo é un substantivo.
v. cop. atri.

5 Completa cada parella de oracións cun atributo do tipo que se indica. RM.

• Os gañadores do premio foron  eles.


Pronome
• A capitá do equipo era  ela.

• Miña tía foi  atleta na súa mocidade.


Substantivo
• Xoel é agora  adestrador.

• As paredes do cuarto son  bonitas.


Adxectivo
• O pantalón novo parecía  vello.

• Aquel agasallo era  un enorme xoguete.


Grupo nominal
• O curmán de Xavier semella  boa persoa.

73
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
ficción científica.

1 Relaciona cada palabra con outra de significado semellante.

espacial intérprete extraterrestre rodaxe director película

filme sideral realizador filmación actriz alieníxena

2 Completa o texto coas palabras da actividade anterior que necesites.

Novidades para a vila


Durante os próximos meses, o famoso director
de cine Breixo Castro levará a cabo nas aforas da nosa
vila a rodaxe dunha nova película
de ficción científica. Os detalles do proxecto aínda non
se coñecen. Por agora só sabemos que a actriz
principal, que aínda non se decidiu quen vai ser, vai interpretar
un extraterrestre que, despois dunha viaxe espacial
moi accidentada, se instala nunha horta con árbores froiteiras.

3 Ordena as sílabas que forman o nome de cada personaxe e escríbeo diante da descrición
correspondente.

  
no mar cia de an droi ta le se ni noi hu de ma

• selenita Habitante imaxinario da Lúa.

• humanoide Criatura extraterrestre con trazos semellantes aos humanos.

• marciano Habitante imaxinario do planeta Marte.

• androide Robot con aparencia humana.

74
As siglas e as abreviaturas 9
4 Escribe a definición de ficción científica ordenando estas palabras e expresións.

Xénero   imaxinarios   literario   seres extraterrestres

ou cinematográfico    ou feitos e descubrimentos científicos.    que presenta

 Xénero literario ou cinematográfico que presenta seres extraterrestres imaxinarios

 ou feitos e descubrimentos científicos.

5 Copia o anuncio substituíndo as expresións destacadas polas siglas correspondentes.

XA EN DISCO VERSÁTIL DIXITAL O NOVO FILME DE FICCIÓN CIENTÍFICA

UN OBXECTO VOADOR NON IDENTIFICADO NO MEU XARDÍN

EN VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA

 XA EN DVD O NOVO FILME DE FICCIÓN CIENTÍFICA

 UN OVNI NO MEU XARDIN

 EN VOS

6 Arrodea a abreviatura que corresponde a cada nome.

• Señor señ. Sr. • avenida avda. av.

• subxuntivo sub. subx. • exemplo e. ex.

• adverbio ad. adv. • adxectivo adx. a.

• pronome pr. pron. • preposición preposic. prep.

7 Escribe o significado da sigla presente en cada imaxe.

 Comité Olímpico Internacional

Organización Nacións Unidas


 

 Unión Europea

75
ORTOGRAFÍA Palabras con x e con ll

LEMBRA

A grafía x pode representar dous sons en galego:


• A maioría das veces a grafía x pronúnciase coma en xabón e toxo.
• En moitas palabras cultas, a grafía x pronúnciase coma en exame e exterior.
Ás veces, por influencia do castelán, algúns falantes utilizan x en palabras que teñen
que levar ll, como en antollo, non *antoxo; outro erro común pola influencia do castelán
dáse en palabras como escavar, estrañar…

1 Que son representa a grafía x en cada caso? Escribe os nomes onde corresponda.

Soan coma en xamón  reloxo, xabón, caixa

Soan coma en exame  xilófono, extintor, flexo

2 Copia as oracións corrixindo as palabras destacadas pola forma correcta en galego.

• Temos na casa unha parexa de conexos brancos.

 Temos na casa unha parella de coellos brancos.

• Mercar ese champú foi un antoxo de Lois.

 Mercar ese xampú foi un antollo de Lois.

• Resulta extraño que o avó nunca xogase á baraxa.

 Resuta estraño que o avó nunca xogase á baralla.

3 Escribe unha palabra da familia de cada unha. Consulta o dicionario, se che cómpre.

consello    aconsellar atallo    atallar

pelexa    pelexador escavar    escavadora

76
SABER FACER Redactar normas de comportamento 9
1 Como hai que actuar nun transporte público? Escribe C se é correcto ou I se é incorrecto.

I Empurrar os outros pasaxeiros.

C Cederlles o asento aos maiores, ás mulleres embarazadas…

I Deixar as bolsas e as maletas no medio do corredor.

C Solicitar a parada con tempo suficiente.

I Poñer os pés nos asentos.

I Comer e beber no interior do vehículo.

2 Redacta as normas de comportamento no transporte público a partir das accións anteriores


e debuxa sinais alusivos. Resposta gráfica (RG.)

Utiliza o imperativo se o comportamento é correcto (Fai…)


e o subxuntivo se é incorrecto (Non fagas…).
BUS

NORMAS DE COMPORTAMENTO NO
TRANSPORTE PÚBLICO

Cédelle o asento
Solicita a parada
aos maiores,
con tempo
ás mulleres
suficiente.
embarazadas…

Non empurres
Non poñas os pés
os outros
nos asentos.
pasaxeiros.

Non deixes as bolsas Non comas


e as maletas no medio nin bebas no interior
do corredor. do vehículo.

77
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Un agasallo especial
Helena estaba preocupada pola súa amiga Mariña,
que pasaba o verán en Inglaterra e, cada dous por tres,
enviáballe unhas mensaxes moi deprimentes.
Mariña botaba en falta todo: a familia e os amigos,
as comidas e o bo tempo, as montañas que rodeaban
a localidade e o río onde se ían bañar cada día…
Mesmo os olores da vila!
Como o aniversario de Mariña era o 2 de agosto, Helena
rompeu a cabeza pensando nun agasallo moi especial.
Un bo día, colleu unha caixa de zapatos baleira e fixo
unha excursión pola aldea e polos arredores. Á tardiña,
a caixa estaba chea a rebentar das cousas máis
extraordinarias: unha manda de tomiño e outra
de romeu, unhas flores de lavanda e unha manchea
de agullas de piñeiro, unha bóla de resina e uns grans
de millo torrado, unhas flores de xasmín e unhas
pedriñas do río… Un pouco de todo!
Pechou a caixa e envolveuna en papel branco.
Despois, cun rotulador vermello e letras maiúsculas,
escribiu claramente:

INSTRUCIÓNS PARA VOLVER POR


UN MOMENTO Á ALDEA:
1) PECHA OS OLLOS.
2) ABRE A CAIXA.
3) ULE CON TODAS AS TÚAS FORZAS!

Indo cara á oficina de correos, Helena pensaba en Mariña e non podía deixar de sorrir.
Seguro que non esperaba un agasallo coma aquel!

1 Indica que personaxe da lectura está en cada situación.

• Foi a Inglaterra pasar

o verán. Mariña

• Quedou na aldea e recibe mensaxes

Mariña Helena da súa amiga. Helena

78
10
2 Que cousas da súa aldea bota en falta Mariña? Escribe.

 A familia e os amigos, a comida, o bo tempo, as montañas que rodeaban a localidade

 e o río onde se bañaba, os olores da vila…

3 Que son estas cousas que meteu Helena na caixa? Relaciona.

tomiño romeu agullas de piñeiro pedriñas do río


           

lavanda grans de millo torrado xasmín resina


            

4 Arrodea a caixa que estea chea


a rebentar.

5 Numera as instrucións para usar correctamente o agasallo.

2 3 1

6 Explica.

• Que ten en común todo o que hai na caixa?  Son elementos da natureza.

• Hai algún olor que, a ti, che faga pensar ou lembrar un lugar concreto?  RL.

79
GRAMÁTICA O predicado verbal. Os complementos

LEMBRA

O predicado verbal está formado por un verbo predicativo que funciona como núcleo
e por uns complementos.
O complemento directo (CD) designa o ser ou o obxecto sobre o que recae a acción
do verbo.
O complemento indirecto (CI) nomea o destinatario da acción que indica o verbo
mais o complemento directo.
O complemento circunstancial (CC) expresa as circunstancias en que se desenvolve
a acción verbal: o tempo, o lugar, o modo, a cantidade…

1 Subliña o predicado destas oracións e arrodea o núcleo.

• A miña curmá Lucía deixoume un libro moi interesante.

• Mañá á tarde chegarán os meus amigos do Porto.

• As irmás de Xoán estudan música no conservatorio.

• Xa murcharon as flores do xerro da entrada.

2 Escribe debaixo de cada grupo o tipo de complemento de que se trata:


CD, CI ou CC.

• Hoxe temos moito traballo. • Uxío deulle o billete ao revisor.


CC CD CD CI
• Deixa o ordenador na mesa, Roi. • Elas foron ao cine ás dez.

CD CC CC CC
• Mar atopou a revista no caixón. • Resolveu o problema con calma.
CD CC CD CC

3 Subliña o CD e substitúeo polo pronome átono correspondente.

• Compartiu con Alba o almorzo.  Compartiuno con Alba.

• Eu non collín as túas chaves.  Eu non as collín.

• Marta mercou os pasteis.  Marta mercounos.

• Apura ou perderás o autobús!  Apura ou perderalo.

• Xa teño a entrada para o concerto!  Xa a teño.

80
10
4 Engádelle a cada oración un CI. Fíxate no exemplo. RM.

• Iria envioulles unha postal.  Iria envioulles a seus pais unha postal.

• Xa lles deches a merenda?  Xa lles deches a merenda aos nenos?

• A avoa fíxolle un xersei.  A avoa fíxolle un xersei a Xoana.

• Díxenlles que viñesen.  Díxenlles a teus irmáns que viñesen.

5 Escribe unha oración cun CD e cun CC para cada imaxe. RM.

1 3

2 4

1   Mariña sacou con moito coidado unha fotografía.

3  Antón pasea o can pola beira do río.

2  O home mercou o xornal hoxe.

4  O neno colle unha mazá do froiteiro.

6 Subliña os complementos circunstanciais de cada oración e indica que tipo de circunstancia


expresan: tempo, lugar, modo ou cantidade.

• O mensaxeiro chegou á oficina ás nove. lugar , tempo

• Antón pasea cada tarde pola praia. tempo , lugar

• Os obreiros traballan moito e sen parar. cantidade , modo

• En toda a noite choveu unha barbaridade. tempo , cantidade

• Miguel desprázase sempre en bicicleta. tempo , modo

81
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAcomunicación
escena dun conto. Os neoloxismos

1 Atopa na sopa de letras o nome destes oito seres de conto.

XENIO

A B L T A D A S

Q R B R U X A F
TRASNO
E L F O X N G A

X I G L I M N D

E T R A S N O A

N A F L O T M T

I O M E I G O X

O P S R V G L O
GNOMO

MEIGO

FADA ELFO TROL BRUXA

2 Completa cos nomes que atopaches na sopa de letras.

• O trasno ten as orellas aguzadas e é moi traste.

• A fada adoita ser madriña de alguén e concédelle desexos.

• O xenio tamén concede desexos cando se invoca.

• A bruxa é espelida e voa na vasoira.

• O trol convértese en pedra se lle dá o sol.

• O gnomo é pequeno, leva un sombreiro vermello e axuda os animais.

• O meigo é moi belo e pode vivir moitísimos anos.

• O elfo é un feiticeiro capaz de facer encantamentos moi poderosos.

82
10
3 Escribe un texto breve sobre a fada da imaxe usando as palabras propostas.
RM.
móbil   portátil   chat

 Son a fada Luceverde e gústame falar con outras fadas

 e fágoo co meu móbil interdimensional. Outras veces

 conéctome no portátil coas miñas amigas

 máis queridas que viven noutro universo a través do

 chat e así miro o seu sorriso.

4 Emparella para obter neoloxismos e, ao acabar, escribe unha oración con cada un.
Podes consultar o dicionario, se che cómpre.

video ciber micro mil

café eurista conferencia crédito

RM.
•  Videoconferencia. O venres conectámonos en videoconferencia para facer o traballo.

•  Cibercafé. O tío Luís ía moito ao cibercafé mentres non lle instalaban Internet na casa.

•  Microcrédito. Á empresa construtora concedéronlle o microcrédito solicitado.

•  Mileurista. Os empregados que despediron polo peche da fábrica eran mileuristas.

5 Marca o novo significado que adoptou cada palabra.

Servidor de busca de información na Rede.


buscador
Dise de quen busca algo.

Viaxar nunha embarcación polo mar.


navegar
Desprazarse por unha rede informática.

Masa de diminutas gotas de auga suspendida no aire.


nube
Espazo de Internet onde se poden almacenar arquivos, programas, etc.

83
ORTOGRAFÍA A coma e os dous puntos

LEMBRA

Emprégase a coma (,) nos seguintes casos:


• Para separar os elementos dunha enumeración.
• Para facer unha aclaración no medio dunha oración.
• Para separar na oración o nome da persoa á que nos diriximos (vocativo).
• No lugar do verbo que se omite porque se sobreentende.

Empréganse os dous puntos (:) nos seguintes casos:


• Despois do saúdo en notas e cartas.
• Para introducir unha enumeración que se anuncia.
• Antes de citar as palabras exactas que dixo alguén.

1 Copia as enumeracións cos signos de puntuación que faltan.

• O arco da vella ten sete cores vermello amarelo azul morado laranxa anil e verde.

 O arco da vella ten sete cores: vermello, amarelo, azul, morado, laranxa, anil e verde.



• Os veciños de Xoán son catro Ana Brais Martiño e Uxía.

 Os veciños de Xoán son catro: Ana, Brais, Martiño e Uxía.

2 Introduce os signos de puntuación que faltan.

O pai preguntoulle á filla : «Sabela , sabes


cal é o animal que cambia de cor?».
E a filla respondeu alegremente :
«Si , o semáforo!».

3 Xustifica os casos de uso dos dous puntos e da coma no texto anterior.

• Utilizáronse os dous puntos  para citar palabras exactas que di alguén.

• Utilizouse a coma  primeiro para separar na oración o vocativo e segundo porque

 se omite un verbo.

84
SABER FACER Elaborar o folleto dun aparello 10
1 Identifica os mandos da torradora e redacta as normas de uso e as precaucións
a partir dos debuxos e das palabras.

Torradora Torraplús
DESCRICIÓN DO APARELLO

5 Botón de acender / apagar


3
2 Selector de potencia 2
3 Panca da torradora
1
4 Fonte para recoller as faragullas

1 Indicador de funcionamento 4
5
INSTRUCIÓNS DE USO

premer colocar seleccionar baixar

1  Enchufe o aparello e prema o botón de acender.

2  Coloque as torradas pola rañura superior.

3  Seleccione a potencia que desexe.

4  Baixe a panca da torradora para sacar as torradas.

PRECAUCIÓNS

non acerque non molle limpe

•  Non acerque a torradora a cousas que poidan arder.

•  Non molle a torradora.

•  Limpe a fonte que recolle as faragullas.

85
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Aniversario feliz
Daniel pensaba que, ao nacer, se equivocara
de data. Facer anos o 15 de agosto é un fastío!
Todo o mundo está de vacacións e non hai
maneira de organizar unha festa en condicións...
Por iso o celebraba a principios de xullo. Máis
valía facelo un mes antes ca non facelo en
absoluto!
Con todo, aquel verán nin iso ía ser posible.
Todos os seus amigos estaban no estranxeiro
desde que acabou o curso, para aprender
idiomas. Fátima e Alberte, en Gran Bretaña;
Roi, en Francia; Cibrán, en Irlanda; Paula,
na illa de Malta; Ana, en Italia; Antón e Uxía,
en Alemaña... Era incrible!
Anoxado e aburrido, a Daniel pasoulle xullo
e chegou agosto. Se por el fose, aquel ano
saltaría o aniversario e en paz. Que sentido tiña
facer anos se non podía celebralo con ninguén?
O 15 de agosto, pola mañá, un ruidiño comezou
a soar no seu cuarto. Abrindo só un ollo, colleu
o móbil e leu unha breve mensaxe de Roi: só dicía
«Conéctate!». Obediente, Roi acendeu
o ordenador e entrou na súa páxina. Emocionado
e sorprendido, descubriu que todos os seus amigos
estaban xa conectados, e que todos á unha lle
desexaban un aniversario feliz. E en todos
os idiomas posibles!
Malia non ter festa nin agasallos, Daniel estaba
contento. Parte de Europa felicitáralle o aniversario!

1 Escribe V (verdadeiro) ou F (falso).

V O aniversario de Daniel é o 15 de agosto.

F A Daniel gústalle facer anos en agosto.

V Daniel celebraba o seu aniversario sempre en xullo.

V Este ano Daniel non ía poder celebrar o seu aniversario.

F Os amigos de Daniel estaban todos enfermos.

86
11
2 Responde tendo en conta as opcións que marcaches antes.

• Cando acostumaba Daniel celebrar o seu aniversario? Por que?  A principios de xullo.

 Porque despois os seus amigos non estaban.

• Por que os amigos de Daniel non podían estar onda el no seu aniversario?  Porque aquel

 verán todos estaban no estranxeiro aprendendo idiomas.

3 Arrodea a expresión que significa o mesmo ca ‘ser un fastío’.

• ser unha pasada     • ser un aburrimento     • ser unha pena    • ser unha marabilla

4 Consulta a lectura e escribe o nome dos amigos de Daniel segundo o país ao que foi cada un.

Alberte Antón

Fátima GRAN BRETAÑA Uxía


IRLANDA
ALEMAÑA
Ana
Cibrán
FRANCIA

ITALIA
Paula
Roi
MALTA

5 En que lingua está escrita cada felicitación? Escribe.

Joyeux anniversaire! francés Buon Compleanno! italiano

Alles Gute zum Geburtstag! alemán Happy birthday! inglés

6 Completa coas palabras que coidas que faltan, tendo en conta o que liches no texto.

O día do seu aniversario Daniel recibiu unha felicitación. Todos os seus

amigos , conectados por ordenador , felicitárono

en diversos idiomas de Europa.

87
GRAMÁTICA Clases de oracións

LEMBRA

Segundo a intención do falante, as oracións poden ser enunciativas, interrogativas,


exclamativas, exhortativas ou imperativas, optativas ou desiderativas e dubitativas.
Segundo o número de verbos en forma persoal que conteñan, poden ser simples
ou compostas.
Segundo o suxeito sexa axente ou paciente, as oracións poden ser activas ou pasivas.

1 Le o texto e localiza unha oración de cada tipo segundo a intención do falante.


Despois, copia cada oración onde corresponda. RM.

O sorriso de La Gioconda
O gran Leonardo da Vinci pintaba a moza Lisa
Gherardini.
–Que aburrida estou! Cando acabarás de pintarme?
–Non rosmes, Lisa, por favor! Desconcéntrasme.
E ri un pouco.
–Quizais se me contases algún chiste gracioso, riría.
–Oxalá soubese algún. Pero teño menos memoria
ca un mosquito... E agora, por que ris?
–Por nada!

Enunciativa  O gran Leonardo de Vinci pintaba a moza Lisa Gherardini.

Interrogativa  Cando acabarás de pintarme?

Exclamativa  Que aburrida estou!

Exhortativa  Ri un pouco.

Optativa  Oxalá soubese algún.

Dubitativa  Quizais se me contases algún chiste.

88
11
2 Subliña os verbos en forma persoal e indica se a oración é simple (S) ou composta (C).

• A Uxío e a Antía encántanlles as excursións polo monte. S

• De almorzo tomei un zume de laranxa, leite e torradas. S

• Cando cheguen as vacacións, vou descansar moito. C

• Durante o inverno foi moito frío pero non nevou nada. C

• O vindeiro mes celébranse as olimpíadas de matemáticas. S

• Por fin chegou o día do aniversario da nena! S

• A contacontos que actuou na biblioteca foi divertida. C

3 Explica a diferenza entre estas dúas oracións.

Miña nai pintou esta paisaxe. Esta paisaxe foi pintada por miña nai.
   

A primeira é unha oración activa e ten un suxeito axente («Miña nai»).

A segunda é unha oración pasiva, cun suxeito paciente («Esta paisaxe»).

4 Transforma as oracións activas en oracións pasivas. Fíxate no exemplo.

• A avoa preparou as merendas.  As merendas foron preparadas pola avoa.

• Meu irmán fixo o recado.  O recado foi feito por meu irmán.

• O piloto conduce o automóbil.  O automóbil é conducido polo piloto.

• Mariña acendeu o ordenador.  O ordenador foi acendido por Mariña.

• Antón e Iria resolveron o problema.  O problema foi resolto por Antón e Iria.

5 Escribe unha oración de cada tipo. RM.

Que exprese unha orde  Fai os deberes.

Que exprese unha dúbida  Quizais vaia ao cine.

Que exprese unha pregunta  Queredes vir xogar?

89
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaAs
comunicación
covas. Os estranxeirismos

1 Identifica estes elementos do equipamento dun espeleólogo.

1 mosquetón 3
5
7
2 pico
4
3 corda

4 lanterna 2 1

5 casco
6
6 botas
8
7 guantes

8 arnés

2 Escribe o nome do elemento anterior que corresponda.

• Conxunto de cintas e tirantes que rodean o corpo do espeleólogo


e lle permiten suxeitarse comodamente a unha corda. arnés

• Luz que serve para iluminar os lugares escuros. lanterna

• Argola metálica que permite enganchar rapidamente a corda ao arnés. mosquetón

• Ferramenta con que se pode furar a pedra para meter suxeicións. pico

• Conxunto de fíos xuntos que forman un só fío groso e resistente. corda

• Sombreiro de material duro que protexe a cabeza dos golpes. casco

• Calzado especial e reforzado que protexe os pés. botas

• Peza de tecido resistente para protexer as mans. guantes

3 Consulta o dicionario, se che cómpre, e explica a diferenza


entre unha estalactita e unha estalagmita.

 Unha estalactita fórmase no teito dunha gruta mentres

 que unha estalagmita se encontra fixa ao solo

 e se forma polas gotiñas de auga que caen

 das estalactitas do teito da cova.

90
11
4 Relaciona cada palabra con dous sinónimos da fila inferior.

cova greta

gruta físgoa fenda caverna

5 Completa o texto coa palabra apropiada en cada caso.

sala  teito  boca  galería  túneles

Despois de pasar a boca da cova, cuberta

de malas herbas, o explorador percorreu unha longa galería

da que partían varios túneles . Finalmente chegou

a unha sala ampla coas paredes e co teito cheos de animais pintados.

6 Copia cada oración substituíndo os estranxeirismos destacados por palabras da nosa lingua.

• Esta nova boutique ten shorts bonitos, pero moi caros.

 Esta nova tenda ten pantalóns curtos bonitos, pero moi caros.

• Alberte apuntouse nun club de espeleólogos amateurs.

 Alberte apuntouse nun centro de espeleólogos aficionados.

• Sabela participou nun casting para rodar un spot.

 Sabela participou nunha selección de actores para rodar un anuncio.

• O seu hobby principal é xogar co smartphone.

 A súa afición principal é xogar co teléfono móbil.

91
ORTOGRAFÍA O punto e coma e os puntos suspensivos

LEMBRA

Escríbese punto e coma (;) nos seguintes casos:


• Para separar os elementos dunha enumeración cando algún deles xa leva coma.
• Diante dos enlaces con todo, non obstante..., cando introducen oracións longas.
Escríbense puntos suspensivos (…) nos seguintes casos:
• Para indicar que unha enumeración non está acabada.
• Para indicar que unha oración se interrompe para expresar dúbida, temor, sorpresa, etc.

1 Estas oracións teñen erros de puntuación. Arrodéaos e reescríbeas corrixíndoos.

No estante de arriba están as novelas de aventuras e as policiais;


no do medio atópanse as obras de teatro; os libros de poemas
e os de contos e no de abaixo hai os dicionarios e as obras de consulta.

   No estante de arriba están as novelas de aventuras

   e as policiais; no do medio atópanse as obras de teatro, os libros de poemas

   e os de contos; e no de abaixo…

Encántame ir á piscina e nadar moito, con todo;


hoxe estou tan canso que non teño ganas de ir.

   Encántame ir á piscina e nadar moito; con todo, hoxe estou tan canso que

   non teño ganas de ir.

2 Que indican os puntos suspensivos en cada oración? Relaciona.

Estaba moi nubrado, pero ao final... saíu o sol!

Podedes xogar ao baloncesto, nadar, ler... A enumeración non está acabada.

Eu quería ir ao cine, pero...


A oración interrómpese para expresar
Vin a Luz, Tomé, Fuco, María, Xurxo… dúbida, temor, sorpresa…

Cando máis a gusto estabamos… foise a luz!

92
SABER FACER Expresar a opinión 11
1
1 Le estas noticias e responde.

A
Visitar monumentos é cada día máis doado. Agora, un programa informático
vai permitir que o usuario poida acceder, desde a casa e grazas a Internet,
a monumentos que son patrimonio da humanidade, como as pirámides.

B Un grupo de mozos afeccionados ás acrobacias en bici e en monopatín reuniuse


onte con representantes do concello. Solicitáronlles un espazo axeitado
para facer estas actividades sen molestar a ninguén nin ser multados.

C
Desde hoxe podemos ver unha exposición moi orixinal
distribuída por prazas e por parques da localidade. Trátase
de esculturas elaboradas con material de refugallo. Botellas
e cartóns cobran unha nova vida para a nosa sorpresa.

D A preocupación das autoridades polo espolio de embarcacións antigas


afundidas nas nosas costas vai en aumento. Onte, a patrulla gardacostas
interceptou un barco cazatesouros que levaba un cofre con moedas do século XVI.

• Que noticia che parece máis interesante? De que trata? RM.

 A. Trata de como coñecer monumentos a través de Internet sen ter que desprazarse.

• Por que che interesa esta noticia? Dá polo menos dúas razóns.

 Porque é moi fácil ver monumentos e porque non te tes que mover da casa.

2 Escribe un texto en que expreses a túa opinión sobre o tema que trata a noticia que elixiches. RL.

93
COMPETENCIA LECTORA Comprendo un conto

Unhas sobremesas deliciosas


Xoana era miúda coma un garavanzo antes
de poñelo en remollo. Os médicos consultados
pola familia coincidiron no diagnóstico: se a rapaza
parecía un rato, era porque non comía todo
o que debía!
A familia mercaba as carnes máis tenras,
os peixes máis frescos, as verduras máis saudables,
e o lume ardía na cociña da mañá á noite.
Pola mesa desfilaban os pratos máis apetecibles
e as sobremesas máis saborosas, pero Xoana facía
unha carantoña e, case inmediatamente, deixaba
caer os cubertos con cara de aburrimento.
Unha noite presentouse inesperadamente a cear
o capitán Mateo, vello amigo da casa, que había
pouco que volvera dunha longa viaxe por terras
afastadas. O capitán viña cargado de historias
para contar, pero quedou de pedra ao ver a Xoana:
aquela rapaza non medrara un dedo nin engordara
un gramo!
O capitán Mateo abriu o zurrón que levaba
no ombreiro, sacou un paquete e foi á cociña.
De alí a un pouco volveu cun recipiente cheo
dun líquido escuro que desprendía un recendo
descoñecido e delicioso polo comedor. Todos
sentiron que a boca se lles enchía de auga e Xoana,
por primeira vez na vida, alongou ansiosamente
a man cara a aquela bebida descoñecida.
–Chámanlle chocolate... –sorriu o capitán.
Xoana bebeu toda a cunca para alegría
dos pais. Despois, mentres lambía os dedos,
non lle custou nada prometer que, de alí en diante,
ía comer de todo. Sempre que de sobremesa
lle desen chocolate!

1 Copia do texto dúas expresións que describen o tamaño de Xoana.

•  Coma un garavanzo antes de poñelo en remollo.

•  Non medrara un dedo nin engordara un gramo.

94
12
2 Completa cos alimentos e cos cualificativos que se empregan na lectura.

A familia de Xoana mercaba as carnes máis tenras ,

os peixes máis frescos ,

e as verduras máis saudables .

Con todos estes alimentos preparaban os pratos máis apetecibles

e as sobremesas máis saborosas .

3 Copia cambiando a expresión destacada pola que se utiliza na lectura co mesmo significado.

• Cando lle servían a comida, Xoana comía un pouquiño e deixábaa.

 Cando lle servían a comida, Xoana facía unha carantoña…

• Mateo sorprendeuse moito ao ver que Xoana non medrara.

 Mateo quedou de pedra ao ver que Xoana non medrara.

• Cando uliron o chocolate, todos sentiron un gran desexo de comer.

 …todos sentiron que a boca se lles enchía de auga.

4 Indica se as afirmacións sobre o personaxe da ilustración son verdadeiras (V) ou falsas (F).

V Ofreceulle unha cunca de chocolate a Xoana para que o probase.


V O capitán Mateo era un amigo da familia de Xoana.
V Mateo presentouse un día a cear.
V Levaba un alimento descoñecido: o chocolate.
F Mateo preparou para Xoana unha torta de chocolate.
F Mercou chocolate para Xoana na tenda da aldea.

5 Explica coas túas palabras o que pasou cando Xoana probou o chocolate.

 Que lle encantou, polo que prometeu que ía comer de todo sempre que tivese

 de sobremesa chocolate.

95
GRAMÁTICA As linguas de España. O galego

LEMBRA

No mundo existen moitas linguas. Algunhas teñen moitos falantes e outras corren
o perigo de desaparecer.
As linguas oficiais de España son o galego, o castelán, o catalán e o éuscaro.
Agás o éuscaro, todas estas linguas son románicas, é dicir, proceden do latín.
O castelán é a lingua oficial de todo o Estado. O galego, o catalán e o éuscaro,
xunto co castelán, son oficiais nas súas comunidades.

1 Fíxate en como se di en varias linguas a frase do recadro e indica que lingua é cada unha.

Circule pola esquerda.

Alemán Links fahren

Francés Tenez la gauche

Inglés Drive on left

Romanés Circulati
. pe partea stângă

Italiano Circoli a sinistra

2 Investiga cales das linguas anteriores son románicas, é dicir, proceden do latín. Despois,
escribe tres linguas faladas en Europa que sexan románicas e tres que non o sexan.

 Proceden do latín: francés, italiano e romanés.

 RM. O castelán, o galego e portugués.

RM. Non proceden do latín: alemán, inglés e éuscaro.

96
12
3 Que cres que é máis habitual, que nun país se fale unha lingua ou máis dunha? Contesta. RM.

 Máis dunha porque as diferentes comunidades poden ter a súa propia.

4 Colorea as comunidades autónomas onde se fala cada lingua. Ten en conta o código de cores
e que o castelán se fala en toda España.

O L

galego

catalán

éuscaro

5 Relaciona cada oración coa lingua en que está escrita.

Nire anaiak hamaika urte ditu eta Lehen Hezkuntzako


507046_Ponte
seigarren a prueba
ikasmailan dabil. • 2_p99 • catalán

Meu irmão tem onze anos e estudaEspaña


sexto de primária.
Político •
mudo • portugués

El meu germà té onze anys i estudia sisè de primària. • • castelán

Mi hermano tiene once años y estudia sexto de primaria. • • éuscaro

6 Cal é a lingua máis parecida ao galego? E a máis diferente? Explícao.

 A lingua máis parecida ao galego é o portugués, xa que procede do latín e na época

 medieval foron unha mesma lingua. A lingua máis diferente é o éuscaro, xa que non

 é unha lingua que procede do latín.

97
VOCABULARIO
GRAMÁTICA LaOcomunicación
porto. Os arcaísmos

1 Relaciona cada embarcación coa súa definición.

5 transatlántico 4 ferri 3 remolcador

1 lancha 2 iate 6 catamarán

1 Embarcación pequena de motor usada para o transporte de persoas entre lugares próximos.

2 Barco de motor ou de vela usado en competicións deportivas ou para facer viaxes de pracer.

3 Embarcación que serve para arrastrar ata o porto os barcos avariados.

4 Barco que transporta pasaxeiros, mercadorías e coches entre as dúas beiras dun estreito ou dun río.

5 Barco de gran capacidade que transporta pasaxeiros en longas viaxes de pracer.

6 Embarcación deportiva lixeira cunha plataforma apoiada sobre un ou dous cascos alongados.

2 Fíxate na palabra destacada e escribe o verbo que corresponde a cada definición.

• Mover os remos para avanzar.  remar

• Fixar o barco ao fondo coa áncora.  ancorar

• Irse ao fondo do mar.  fondear

• Suxeitar o barco con amarras.  amarrar

• Manterse na auga coma unha boia.  aboiar

• Subir a unha embarcación.  embarcar

3 Completa usando os verbos anteriores. Ten coidado coa forma que debes usar.

• Ao chegar ao porto, o patrón ordenoulles aos mariñeiros que amarrasen o barco.

• Marcho de cruceiro; embarco mañá ás 6 da mañá.

• O mariñeiro ancorou a súa lancha preto dun illote.

• Sobre a superficie da auga aboian os restos do naufraxio.

• Nestas augas fondearon dous galeóns hai séculos.

• Se queres que a gamela vaia recta, rema cos dous remos á vez.

98
12
4 Relaciona cada expresión co seu significado.

Chegar a bo porto Saír un barco do sitio onde estaba atracado.

Ir contra vento e marea Marchar moi ben un asunto ou un negocio.

Ir vento en popa Obstinarse en facer unha cousa a pesar das dificultades.

Levantar áncora Acabar satisfactoriamente un traballo.

5 Le a definición da palabra nó e indica co número o significado que ten en cada oración.

Nó. 1. Lazo feito cunha ou dúas cordas ou fitas que ao tirar polos extremos
se aperta cada vez máis. 2. Unidade que se emprega para medir a velocidade
dos barcos. 3. Lugar onde se unen varias estradas ou camiños.

2 O barco fixo o traxecto navegando a 30 nós de media.

3 Monforte de Lemos foi un importante nó ferroviario.

1 Sabela fixo un nó mariñeiro e a Cibrán non lle saíu.

6 Copia substituíndo o arcaísmo destacado pola palabra actual correspondente.

monumento  alto  historia  capítulos  cidade

• Cando cheguei á casa lin os tres primeiros capiduos do libro.

 Cando cheguei á casa lin os tres primeiros capítulos do libro.

• A profesora explicounos a estoria da cibdade en que vivimos.

 A profesora explicounos a historia da cidade en que vivimos.

• A alcaldesa inaugurou o novo moimento da praza.

 A alcaldesa inaugurou o novo monumento da praza.

• No Montouto está o edificio máis outo da vila.

 No Montouto está o edificio máis alto da vila.

99
ORTOGRAFÍA As parénteses, as comiñas e a raia

LEMBRA

• As parénteses [( )] utilízanse para introducir unha explicación, unha información


ou unha aclaración dentro dunha oración.
• As comiñas (« ») empréganse para introducir as palabras exactas que dixo ou escribiu
alguén.
• A raia (–) utilízase para introducir as palabras dos personaxes ou as aclaracións
do narrador cando fala un personaxe.

1 Copia o texto engadindo as parénteses, as comiñas e as raias que cumpran.

O proxecto de Xiana
Decidín crear o CEV Centro Excursionista CENTRO EXCURSIONISTA DE VILAVELLA
de Vilavella para visitar os lugares máis bonitos
do municipio con outros rapaces e rapazas.
Agora preparo carteis para anunciar o club.
Pon algo que chame a atención díxome meu pai.
Creo que poñerei unha foto moi bonita
dun río da bisbarra e escribirei: Queres
coñecer lugares coma estes? Ven ao CEV! Queres coñecer lugares
coma estes?
Espero que a miña idea teña éxito! E ti, apúntaste?

 Decidín crear o CEV (Centro Excursionista de Vilavella) para visitar os lugares

 máis bonitos do municipio con outros rapaces e rapazas. Agora preparo carteis

 para anunciar o club.

 –Pon algo que che chame a atención –díxome meu pai.

 Creo que poñerei unha foto dun río da bisbarra e escribirei: «Queres coñecer lugares

 coma estes? Ven ao CEV!».

 Espero que a miña idea teña éxito! E ti, apúntaste?

2 Que signo usas en cada caso? Escribe.

• Para indicar a que provincia pertence un concello. As parénteses

• Para remarcar as palabras exactas que dixo alguén. As comiñas

• Nun diálogo en que interveñen varios personaxes. A raia

100
SABER FACER Dar argumentos 12
1
1 Le o diálogo entre María e Uxío e responde.

Pois a min
Uf, esta película gustoume. Creo
pareceume moi que reflicte con
aburrida. O actor exactitude como se
que fai de protagonista organizou a expedición
non é nada crible, no barco, como eran as viaxes
non mostra emoción marítimas na época…
nas accións. E a música Nótase que o guionista
é moi sentimental se documentou ben…
para o meu E os efectos especiais
gusto. son moi realistas!

• De que falan?  Dunha película.

• Que pensa Uxío? Que razóns dá?  Que era moi aburrida.

 Que o actor non era nada crible e non mostraba emoción e a música era moi

 sentimental.

• Que pensa María? Que razóns dá?  A María gustoulle porque cre que reflicte con exactitude

 a expedición do barco e as viaxes marítimas da época. Ademais considera que está

 moi ben documentada e os efectos especiais son bos.

2 Pensa nalgunha película que vises ou nun libro que leses recentemente e anota, nun papel
á parte, as características destacables. RL.

3 Selecciona entre os trazos anotados os que che parecen razóns para aconsellarlle
ou desaconsellarlle a un amigo ou a unha amiga a película ou o libro. Despois, escribe
un parágrafo en que lle deas a túa opinión. RL.

101
Dirección de arte: Xosé Crespo González.
Proxecto gráfico: Pep Carrió.
Xefa de proxecto: Rosa Marín González.
Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera Sevillano.
Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda de la Calle.
Desenvolvemento gráfico: Raúl de Andrés González e Jorge Gómez Tovar.

Dirección técnica: Jorge Mira Fernández.


Coordinación técnica: Ester Marín Otero e Jesús Muela Ramiro.
Confección e montaxe: Ester Marín Otero.
Corrección: Fanny Bourdon Fernández, Antón Palacio Sánchez e Irene Penas Murias.
Documentación e selección fotográfica: Marina de León-Sotelo Barberá
e Marilé Rodrigálvarez Martín.
Fotografía: A. Guerra; A. Lamas; A. Toimil; A. Toril; J. Jaime; J. V. Resino; L. M. Iglesias;
Prats i Camps; S. Padura; A. G. E. FOTOSTOCK/Halfdark; AGENCIA ESTUDIO SAN
SIMÓN/A. Prieto; EFE/LUSA EPA/Paulo Novais, EPA/Kim Ludbrook, EPA/Ahmad Yusni;
GETTY IMAGES SALES SPAIN/DNY59, Khatawut Chaemchamras/EyeEm, Photos.com
Plus, ZargonDesign, Thinkstock, venakr; HIGHRES PRESS STOCK/AbleStock.com; I.
PREYSLER; ISTOCKPHOTO/Getty Images Sales Spain; MUSEUM ICONOGRAFÍA/J. Martin;
PHOTODISC; STOCKBYTE; Ana M.ª Guerra; Helen Chelton López de Haro/Jorge Cueto;
Olympus Optical España, S.A.; Samsung; SERIDEC PHOTOIMAGENES CD;
ARQUIVO SANTILLANA.

© 2021 by Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.


Entrecercas, 2
15705 Santiago de Compostela
PRINTED IN SPAIN
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou
transformación desta obra só pode ser feita coa autorización dos seus
ISBN: 978-84-9185-361-9 titulares, agás as excepcións que establece a lei. Contacte con CEDRO
CP: 174619 (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita
Depósito legal: M-30511-2020 fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

You might also like