You are on page 1of 3

EXAME LINGUA GALEGA - 2º BACHARELATO - 3ª AVALIACIÓN

NOME E APELIDOS...............................................................................CURSO............

1 Ata hai ben poucos anos, as galegas e os galegos eramos bos coñecedores do medio que nos estaba
2 a rodear. Cada recuncho tiña o seu nome, boa parte das especies animais e vexetais tiñan o seu uso e
3 requirían a súa técnica de pesca ou de caza, de cultivo ou recolección, de conservación e
4 elaboración. A necesidade de coñecemento do medio, da natureza e das súas posibilidades era vital.
5 A transmisión de xeración en xeración foi seleccionando as mellores plantas para facer cestos, para
6 tinguir, con propiedades medicinais ou culinarias.
7 Este “sistema tradicional de coñecemento” desapareceu por diversos motivos.
8 Fundamentalmente porque son saberes que parece que non se precisan nunha sociedade moderna e
9 globalizada onde as mazás veñen de Chile, os espárragos da China e as empanadas deben agardar
10 conxeladas no frigorífico. Pero tamén porque xa non existen os espazos para que se produza esa
11 transmisión. A televisión co seu “ruído e resplandor” apenas deixa lugar para a conversa, e moito
12 menos para os contos de maiores. Desfasados e perdidos na modernidade, os contos dos vellos non
13 acaban de ser estimulantes para a mocidade. Os vellos non cren que a súa sabedoría sexa interesante
14 para os netos e estes pensan que pouco poden aprender de persoas que non saben manexar o MP3
15 ou a Nintendo.
16 Porén, existen numerosos espazos nos que se poden recuperar e rememorar estes saberes.
17 Asociacións ou centros de ensino poden cumprir a función social que antes tiñan as muiñadas ou os
18 seráns. Se a capacidade de reter información foi a que nos fixo chegar ata aquí, alén do actual
19 coñecemento sobre cales son os coches máis eficientes e as mellores marcas de roupa ou calzado,
20 por que non manter esa información vital? Estamos seguros que esa bagaxe non nos vai servir no
21 futuro? Non nos serve agora?.

1. Indica cal é o tema do texto e fai un breve resumo do seu contido (1 punto)

2. Indica o significado que teñen no texto as seguintes palabras (non son válidos os sinónimos).
(0,5 puntos)

RECUNCHO (liña 2)

GLOBALIZADA (liña 9)

ESTIMULANTES (liña 13)

SABEDORÍA (liña 13)

BAGAXE (liña 20)


3. Indica o timbre da vogal tónica (0,5 puntos)

POUCOS ( liña 1)
NATUREZA ( liña 4)
VELLOS (liña 12)
NETOS ( liña 14)
RETER ( liña 18)

4. Segmenta as seguintes palabras e indica o valor dos seus constituíntes (1 puntos)

COÑECEDORES:

CONSERVACIÓN:

DESAPARECEU:

PRODUZA:

TIÑAN:

5. Indica a función sintáctica de cada unha das construcións do texto (0,5 puntos)

“ bos coñecedores do medio que nos estaba a rodear “ (liña 1)

“ A trasmisión de xeración en xeración” (liña 5)

“ no frigorífico “ (liña 10)

“ que a súa sabedoría sexa interesante para os netos “ (liña 13)

“ nos “ (liña 21)


6. Cuestións relativas aos pronomes (0,5 puntos):

a ) Indica o valor do pronome SE nas seguintes secuencias do texto:


- “para que SE produza esa transmisión”

b) Substitúe por un pronome o sintagma subliñado e xustifica a súa colocación, indicando


todas as posibilidades de colocación.

- “Cada recuncho tiña o seu nome”

- “para facer cestos”

- “persoas que non saben manexar o MP3 ou a Nintendo.”

c) Xustifica a colocación do pronome en negriña que está na liña 1, indicando todas as


posibilidades de colocación.

7. Indica dous verbos DISTINTOS do último parágrafo que teñan alternancia vocálica e
explica en que consiste esa alternancia (0,5 puntos)

8. Sinala cinco perífrases verbais DISTINTAS que aparecen no texto e indica o seu valor (0,5)

9. Semántica (0,5 puntos)

a) Localiza no texto dous COHIPÓNIMOS e indica o seu HIPERÓNIMO

b) Localiza no texto un SINÓNIMO do termo “saberes“ e engade un ANTÓNIMO del.

You might also like