You are on page 1of 1

FICHA DE LECTURA

LINGUA CASTELÁ 3º e 4º ESO

Ficha bibliográfica
- Datos básicos: título, nome e apelidos do autor, colección, editorial, lugar e data de
edición.
Presentación
- Xénero literario: narrativa (novela ou libro de relatos), poesía, teatro.
- Subxénero literario (para a novela): novela de aventuras, ciencia-ficción, negra,
histórica, terror...
Noticia do/a autor/a
- Breve reseña da vida e, sobre todo, da obra do autor ou autora.
Argumento
- Non pode superar nunca a páxina de extensión. Debe ser sintético e dar unha idea
xeral da obra sen entrar en detalles superficiais.
Tema(s)
- Sinalarase o tema principal diferenciándoo dos temas secundarios.
Personaxes
- Descrición dos protagonistas (aspecto físico, conduta, linguaxe...) e establecemento
de personaxes principais e secundarios.
Tempo e espazo
- Definirase a época na que ten lugar a acción do relato e o espazo (único, múltiple,
aberto, pechado).
Valoración persoal
Debes emitir unha opinión argumentada sobre a lectura sinalando aquilo que
máis/menos che gustou, os seus puntos fortes/fracos, os personaxes máis atractivos e
suxerentes, o que aprendiches coa súa lectura, etc. Ademais, debes facer unha
reseña da obra, unha especie de recomendación para outros/as lectores/as na que
indiques a que tipo de público pode gustarlle dando claves para atraer aos lectores e
lectoras que lle pode gustar (segundo os temas e valores que trata, en relación a
outras obras lidas ou películas vistas, etc.).

You might also like