You are on page 1of 16

2.

0 EDITORA
aprendendo a dialogar cos libros
NON

NSL

LIBROS
Non só libros (NSL) constitúe a oferta de lectura de 2.0 Editora para os centros de ensino de Galicia e que
ten por obxectivos:
¶¶ Facilitar o contacto con traducións de autores de referencia na narrativa universal.
¶¶ Achegar ao alumnado a xéneros cunha oferta exigüa.
¶¶ Coñecer e interpretar o mundo e a nosa realidade cultural a través do humor e a sátira proporcionada
por textos de autores de referencia na literatura universal
NSL ofrece, no curso 2011-12, o traballo coas obras da colección de narrativa Mundos concibido como unha
análise do mundo do autor e da obra e as interaccións que se producen con produtos culturais actuais.

Para isto, propoñemos, a través de fichas de traballo:


¶¶ Unha análise do contorno social e do autor
¶¶ Un análise de xénero
¶¶ Obras relacionadas de recomendada lectura, visualización, audición... para a mellor comprensión dos
temas.
¶¶ Temas de debate relacionados coas obras
¶¶ Guía de lectura para a súa interpretación
¶¶ Actividades e documentos de traballo.

Para o desenvolvemento da ficha, o docente pode:


¶¶ Valerse libremente das propostas e das fichas que aquí se relacionan.
¶¶ Organizar un club de lectura de ficción social, cunha solución en liña e unha solución presencial

A duración de cada actividade presencial do club de lectura é de 1 h, como mínimo.


Os programas están dirixidos a alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.
Os grupos de desenvolvemento da actividade non superarán os 50 asistentes.

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
Guía do autostopista galáctico
Autor: Douglas Adams
Tradución: Ruth Layús
Ilustración: Luís Ben
ISBN: 978-84-937579-0-8
Páxinas: 216

Sinopse
Un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent e a da po-
boación enteira dese soporífero planeta chamado Terra, ía mu-
dar de xeito inexosable e repentino. Só Arthur e o seu particular
amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician
unha estraña aventura no espazo na compaña de suxerentes
personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide, un
insólito presidente da Galaxia, unha nave cun motor de proba-
bilidade infinita, un sorprendente libro que reoclle todo o saber
intergaláctico e que advirte na súa cuberta QUE NON CUNDA O
PÁNICO!, un peixe babel causante dos máis catastróficos equívo-
cos espaciais ou unha indispensable toalla.

— aprendendo a través do libro —


Referencias Creacións derivadas da obra
O autor e os Monty Python Serie TV
Breves notas sobre a ciencia ficción e ficción social Teatro
O sentido do ser humano e a súa condición Película
Humor, parodia e literatura Videoxogo
¶¶ De Chesterton a Douglas Adams
¶¶ Eduardo Mendoza Música relacionada
¶¶ Humor inglés vs. humor galego Radiohead. Paranoid Android.
¶¶ A sátira como xénero Beatles. Hello Goodbye.
¶¶ Literatura geek Neil Young. Heart of Gold.
A década de 1980 Pink Floyd. Brain Damage.
¶¶ As grandes transformacións socias Monty Python. Always look on the bright side of life.
¶¶ Da era industrial á informática Siniestro Total. Quienes somos.
¶¶ Aparición dos videoxogos
¶¶ Tv: series e cinema Actividades para despois da lectura
¶¶ Música Personaxes
Trama
A “Guía” no audiovisual Espazo
Autostopista vs. Futurama Tempo
Dr. Who Outros elementos
Cine e ciencia ficción. Recomendacións Outros documentos de traballo
A “Guía” e os soportes do coñecemento Guía para o comentario do libro
Sen novas de Gurb
Autor: Eduardo Mendoza
Tradución: Antón Lado
Ilustración: Patricia Blanco
ISBN: 978-84-937579-1-5
Páxinas: 136

Sinopse
Estruturado a modo de diario, e ateigado de ironía e fino sarcas-
mo, esta obra é o relato da busca iniciada polo protagonista do
seu compañeiro alieníxena Gurb polas rúas da Barcelona preo-
límpica. Coa habilidade multiforma, Gurb relaciónase cos indíxe-
nas baixo a forma corpórea de Marta Sánchez e “esquécese”
de volver á nave, e o seu compañeiro, inxenuo e descoñecedor
dos perigos que agardan na gran cidade: vividores, mangantes,
estafadores, obras faraónicas, abuso do poder público, e un lon-
go, etc. Mendoza, en clave de narración hilarante, e a través do
diario do protagonista, a cidade cotiá no escenario dos excesos
e vicios que reflicten o rostro do novo ser humano urbano.

— aprendendo a través do libro —


Referencias Obras relacionadas
O autor e a sátira Douglas Adams. Guía do autostopista galáctico.
Breves notas sobre a ficción social E. Mendoza. El misterio de la cripta Embrujada
e a ciencia ficción hispana E. Mendoza. El laberinto de las aceitunas.
A nova narrativa española E. Mendoza. La ciudad de los prodigios.
O sentido do ser humano urbano en “Sen novas...” Voltaire. Micromegas.
Humor, parodia e literatura J. Swift. As viaxes de Gulliver.
¶¶ Chesterton, Douglas Adams e Mendoza Manolo Rivas. Unha espía no Reino de Galicia.
¶¶ A sátira como xénero
A década de 1990 Outros paradoxos:
¶¶ De Berlín a Iugoslavia. G.K. Chesterton. O home que era xoves.
¶¶ España transfórmase: as olimpíadas de 1992 J. L. Borges. El Hacedor.
¶¶ Videoxogos
¶¶ Tv: series e cinema Actividades para despois da lectura
¶¶ Música Personaxes
Trama
A debate Espazo
Mundo urbano vs. Mundo rural Tempo
Como perciben os demais a túa cultura Outros elementos
Outros documentos de traballo
Creacións derivadas da obra Guía para lectura e comentario do libro
Teatro
O home que era Xoves
Autor: Gilbert Keith Chesterton
Tradución: Marta Verán
Ilustración: Andrés Meixide
ISBN: 978-84-937579-2-2
Páxinas: 210

Sinopse
Gabriel Syme, membro do destacamento contra-anarquista de
Scotland Yard, introdúcese na cúpula do movemento anarquis-
ta londinense de primeiros de século, grazas ao seu enxeño e
habilidade verbal, coa intención de impedir a materialización dos
seus propósitos.
A partir deste momento verase envolto nunha aventura chea de
persecucións e descubrimentos inesperados, de insólitas alian-
zas e intrigas que han desembocar nun final sorpresivo e, en
certo modo, inevitable.
O ritmo trepidante que caracteriza a trama e o uso de técnicas
narrativas que marcan hoxe series coma “Lost” ou “Heroes”.

— aprendendo a través do libro —


Referencias Transmedia
Biografía do autor Lost
¶¶ O “Príncipe dos paradoxos” Heroes
¶¶ Un creador polifacético Fringe
¶¶ Conversión ao catolicismo
¶¶ Obra Obras relacionadas
Breves notas sobre a ficción social Flann O’Brien. O terceiro policía.
Ideoloxía e relixión en Chesterton: Ortodoxia E. Mendoza. Sen novas de Gurb.
O sentido do ser humano en “O home...” Douglas Adams. Guía do autostopista galáctico.
Humor, parodia e literatura J. L. Borges. Ficcións.
¶¶ Chesterton, Douglas Adams e Mendoza F. Kafka. A metamorfose.
¶¶ A sátira como xénero

A debate Actividades para despois da lectura


Visión de Deus vs. ser humano Personaxes
Visión da Orde vs. anarquía Trama
Fe vs. razón Espazo
Tempo
Creacións derivadas da obra Outros elementos
Teatro Outros documentos de traballo
Serie tv e radio Guía para lectura e comentario do libro
A república dos sabios
Autor: Arno Schmidt
Tradución: 2.0 Editora
Ilustración: Por determinar
ISBN: -
Páxinas: 180-200.

Sinopse
No ano 2008, as bombas atómicas devastaron o planeta, pero
os sabios, pensadores e artistas máis notorios viven a salvo
nunha illa flotante “de hélices”. Winer, xornalista norteamerica-
no, logo de atravesar un territorio envenenado polas radiacións
atómicas, onde proliferan criaturas monstrosas, chega a visitar
a illa. A condición de xornalista permítelle pasar na illa cincuenta
horas repartidas entre a zona norteamericana e a zona rusa,
entrevistando a vellas glorias estériles e a funcionarios que
regulamentan a “creación colectiva”, e descubrindo os horrores
segredos: “metempsicose” dos rusos, hibernación dos norte-
americanos.

— aprendendo a través do libro —


Referencias Transmedia
O autor e a sátira Lost
Breves notas sobre a ficción social O último home vivo sobre a terra. 1964. Película.
Humor, parodia e literatura
¶¶ Chesterton, Douglas Adams e Mendoza Obras relacionadas
¶¶ Utopías e distopías Francis Bacon. A nova Atlántida.
¶¶ A narrativa como forma de rebeldía: un pio- Bioy Casares. A invención de Morel.
neiro dos blogs J. Swift. As viaxes de Gulliver.
A 2.ª Guerra Mundial J. Joyce. Ulises.
¶¶ Alemaña á conquista do mundo H. G. Wells. A illa do doutor Moreau.
¶¶ Un mundo convulso: entre o fascismo e o Aldous Huxley. A illa.
comunismo Aldous Huxley. Un mundo novo.
1950. A guerra fría e o novo escenario económico, Douglas Adams. Guía do autostopista galáctico.
político e social
A conquista do espazo Actividades para despois da lectura
Da bomba atómica a Fukushima Personaxes
Trama
A debate Espazo
Autores e malditismo Tempo
Enerxía nuclear e enerxías alternativas Outros elementos
Narrativa e linguaxe hipertextual: do chat ao blog Outros documentos de traballo
As illas como fonte de creación Guía para lectura e comentario do libro
O terceiro policía
Autor: Flann O’Brien
Tradución: 2.0 Editora
Ilustración: Andrés Meixide
ISBN: -
Páxinas: 200-250

Sinopse
Novela que narra as andanzas dun rapaz cunha perna de madei-
ra, John Divney, que incitado e axudado por un perverso amigo,
asasina a un ancián para roubarlle a súa caixa de caudais. Para
evitaren ser descubertos, Divney enterra o cadáver e o seu
amigo esconde a caixa nun lugar seguro. A recuperación desa
caixa deparará un alucinante percorrido por paraxes extravagan-
tes: edificios bidimensionais, estrañas bicicletas, un científico tolo
chamado De Selby disposto a demostrar que a terra ten forma
de salchicha; que derivarán en situacións surrealistas e cargadas
de humor que anticipan un magnífico final.

— aprendendo a través do libro —


Referencias
Biografía do autor Transmedia
Breves notas sobre a ficción social Lost
A comedia e a novela filosófica Heroes
Literatura irlandesa de principios do S. XX Obras relacionadas
Humor, parodia e literatura Lewis Carroll. Alicia no país das marabillas.
¶¶ Chesterton, Douglas Adams e Mendoza Lewis Carrol. Alicia a través do espello.
¶¶ A sátira como xénero E. Mendoza. Sen novas de Gurb.
¶¶ O humor negro Douglas Adams. Guía do autostopista galáctico.
¶¶ Joyce, Beckett, Pound, T. S. Eliot... Graham Greene. O terceiro home.
Anthony Burges. A laranxa mecánica.
A debate
Realidade e irrealidade na ficción literaria
A realidade social de Flann O’Brien Actividades para despois da lectura
O humor negro Personaxes
Os pseudónimos na literatura Trama
Espazo
Creacións derivadas da obra Tempo
Guión - Lost Outros elementos
Outros documentos de traballo
Guía para lectura e comentario do libro
Homínidos. A paralaxe nehandertal I
Autor: Robert J. Sawjer
Tradución: 2.0 Editora
Ilustración: -
ISBN: -
Páxinas: 200-250

Sinopse
Un experimento científico fai posible a inesperada interacción en-
tre dous universos paralelos, coa excepción de que, nun deles,
a especie humana que predominou son os nehandertais e no
outro os Cromagnóns. Ponter Boddit e o seu home-compañeiro
Adikor Huld, físicos nehandertais, abriron unha ponte entre dous
universos e deron lugar au unha sorprendente comparación
entre culturas radicalmente diferentes. Unha colisión coa nosa
concepción da ciencia, da creación, do coñecemento, da cultura,
da comunidade, da relixión, etc., narrada por un dos mellores
escritores de ficción científica actuais.

— aprendendo a través do libro —


Referencias Transmedia
Biografía do autor Fringe
Breves notas sobre a ficción social 2001. Unha Odisea do espacio.
A ciencia ficción e a ficción científica A máquina do tempo. Película. 1960 ou 2002.
Humor, parodia e literatura Banda deseñada
Clásicos da ciencia ficción Obras relacionadas
De Asimov a Sawyer. Arthur C. Clarke. 2001. Unha Odisea no espacio.
Importancia dos premios literarios E. Mendoza. Sen novas de Gurb.
Douglas Adams. Guía do autostopista galáctico.
A debate Aldous Huxley. Un mundo novo.
Fantasía vs. Ciencia ficción
Somos primos ou descendentes do mono Actividades para despois da lectura
Nehandertais vs. Homo sapiens Personaxes
Materia vs. antimateria: é posible a existencia Trama
doutros mundos Espazo
O control sobre o cidadá Tempo
A propaganda política Outros elementos
O recoñecemento do “outro”. Outros documentos de traballo
Guía para lectura e comentario do libro
MÁIS

MCL
CA
LIBROS
59

Pr incipios
89

Ac tivos
Máis que libros (MQL) é un proxecto de animación á lectura e de formación socioeducativa a partir de
obras ensaísticas do catálogo de 2.0 Editora que ten por obxectivos:
Achegar novidades bibliográficas en lingua galega no ámbito das ciencias sociais, a sociolingüística, as novas
tecnoloxías e a comunicación e posibilitar un espazo de reflexión, intercambio de ideas e lecturas compartidas.
Complementar con novas perspectivas coñecementos contidos nos proxectos curriculares de materias como
filosofía, educación para a cidadanía, ética, lingua, historia e tecnoloxía.
Acrecentar as competencias no uso de novas ferramentas de coñecemento e de metodoloxías de análise e
interpretación.
MQL ofrece, no curso 2011-12, dous programas de lectura-formación:
¶¶ Redes que dan liberdade.
¶¶ Valores, máis alá das palabras.
Cada programa componse de dúas accións:
¶¶ Unha presentación de obras e un foro de reflexión e debate sobre as mesmas.
¶¶ Un obradoiro de coñecemento práctico.

A duración de cada programa é de 3 horas.


Os programas están dirixidos a alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.
Os grupos de desenvolvemento da actividade non superarán os 50 asistentes.

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
Redes que dan liberdade
Vivimos na nova sociedade do coñecemento, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación estimularon
a construción de novas formas de relacionarse, imaxinar crear produtos e servizos en rede. Internet e as
novas redes sociais crea condicións extraordinarias para acceder a novos coñecementos e saberes ao tempo
que permite trenzar novas formas de relación entre as persoas, as empresas e as institucións. O mundo da
Rede, o mundo virtual, é tan real como o mundo presencial, abeira posibilidades, ameazas e novos desafíos. A
sociedade en rede é a sociedade do presente e do futuro, albiscar as tendencias que a van modelar no futuro,
recoñecer as súas tecnoloxías, adestrarse nas novas narrativas dixitais, multimedia e transmedia son, a día de
hoxe, requirimentos fundamentais para o noso desenvolvemento como persoas e un vizoso entramado para
achegarnos a novos contidos educativos e culturais.

Foro de lectura, debate e reflexión. Obras


En catálogo, 2.0 Editora ten catro obras que nos axudan a cartografar o novo mundo das redes e albiscar o
seu potencial.

Hai moito mundo fóra de tuenti. Obradoiro de aproveitamento


educativo e cultural da web 2.0 e das redes sociais.
Presentarase o repertorio de ferramentas de comunicación e relación que nos ofrece a web 2.0 (blogs, wikis,
buscadores...), repertorios de recursos (slideshare...) e máis as redes sociais (twitter, facebook, youtube...)
orientadas a un uso maduro e ao seu aproveitamento educativo e cultural. Ofreceranse igualmente nocións
sobre as novas narrativas dixitais e a creación de estratexias de comunicación multimedia e transmedia dirixi-
das á creación, divulgación e sistematización de coñecementos. Igualmente, farase fincapé nos repertorios de
recursos dixitalizados actualmente dispoñibles en lingua galega.

Relación de obras para traballar:


O manifesto Cluetrain | O poder das redes | Das nacións ás redes| 32 tendencias de cambio
59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
Valores, máis alá das palabras
Vivimos nunha sociedade de sobreabundancia informativa. Diferentes medios achegan un fluxo constante de
mensaxes e información que, por veces, resulta esmagadora. Algúns autores estiman que estamos «infointoxi-
cados». É fundamental escolmar e debullar a información, contar con habelencias analíticas que nos permitan
interpretalas, acadar o sentido exacto das palabras e das mensaxes, apropiarnos dos valores que reproducen,
transmiten ou agochan. Para a nosa formación como persoas e cidadáns e cidadás é determinante ser compe-
tentes á hora de descodificar e domar a complexidade da información, sintetizala e interpretala para converter
a simple descrición de feitos ou expresións de opinións en novos coñecementos.

Foro de lectura, debate e reflexión. Obras


No catálogo de 2.0 Editora hai tres obras que nos achegan á interpretación de mensaxes e formas de comuni-
cación e á análise de discursos e valores.

Obradoiro: Do comentario de texto á interpretación do texto


Este obradoiro ten un duplo obxectivo. Por unha banda, fortalecer a habelencia dos alumnos no comentario
convencional de textos (ensaísticos e informativos) achegando metodoloxías de análise formal e, por outra,
achegan instrumentos que permitan construír unha interpretación e valoración crítica das mensaxes e valores
que os textos aniñan. Traballaranse conceptos básicos da análise de discursos, fundamentación de teses e
revisión da solvencia e solidez argumentativa. Farase asemade un achegamento ás técnicas do storytelling
para a construción e interpretación de relatos.

Relación de obras para traballar:


Non penses nun elefante | Filopolítica | 32 Tendencias de Cambio

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
O manifesto Cluetrain
A irrupción das novas tecnoloxías activo un proceso de cambio
permanente no mundo da empresa, O manifesto Cluetrain de
Rick Levine, Christopher Locke, Doc Searls e David Weinberger
está considerado como unha das pezas fundacionais dos novos
diálogos que se establecen entre empresas e consumidores e
unha achega decisiva para a construción de novas conversas
entre os cidadáns, o mercado e o poder.

Autores: Rick Levine. Directivo empresarial de Mancala Inc.


Christopher Locke. Blogueiro e editor da revista Entropy
Gradient Reversals. Doc Searls. xornalista e blogueiro. David
Weinberger. tecnólogo e analista.

O poder das redes


Obra en solitario de David de Ugarte, analiza un amplo reper-
torio de procesos sociais reinventados ou nacidos como con-
secuencia do impacto das TIC e a extensión das redes sociais,
desde a análise da blogoesfera como espazo creativo e constitu-
tivo dunha nova comunicación ao ciberactivismo. Ugarte compón
unha suxestiva reflexión sobre o poder e as sombras da socieda-
de das Redes.

Autor: David de Ugarte. Economista, tecnólogo e emprendedor


comprometido cos novos modelos de democracia económica.
Fundador da Sociedade Cooperativa das Indias Electrónicas
(2002) e do Grupo Cooperativo das Indias no que traballa como
analista de redes e deseñador de produtos e novas liñas de
negocio.

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
Das nacións ás redes
David de Ugarte, xunto con Pere Quintana, Enrique Gómez e Ar-
nau Fuentes, ofrece unha amena lectura do tránsito dun mundo
de sociedades descentralizadas, característico do século XX, a
un mundo articulado en redes distribuídas que obriga a redefinir
algunhas das categorías históricas máis asentadas como a de
nación. O pulo de novas identidades e o desenvolvemento de
vidas transnacionais, dilúe fronteiras, forza novos sentimentos
de pertenza e crea novas condicións para o exercicio da liberda- DAS NACIÓNS ÁS REDES
DAVID DE UGARTE, PERE QUINTANA,
de nun mundo no que desaparecen os centros e se multiplican ENRIQUE GÓMEZ E ARNAU FUENTES
as redes. Prólogo de Josu Jon Imaz

Autores: David de Ugarte. Economista, tecnólogo e emprende-


dor comprometido cos novos modelos de democracia económi-
ca. Fundador da Sociedade Cooperativa das Indias Electrónicas
(2002) e do Grupo Cooperativo das Indias no que traballa como
analista de redes e deseñador de produtos e novas liñas de
negocio. Pere Quintana Seguín. Físico e investigador especia-
lizado no impacto do cambio climático sobre os sistemas hidro-
lóxicos. Enrique Gómez. Xeólogo e investigador, profesor na
facultade de Xeoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona e
da UNED. Arnau Fuentes. Tecnólogo, emprendedor, consultor e
sociólogo, fundador da Fundación Software Libre.

32 Tendencias de cambio
Reflexión prospectiva na que Antoni Gutiérrez-Rubí e Juan Freire
debullan cinco grandes capítulos de transformación que están
en marcha nos ámbitos tecnolóxico, político, informativo, econó-
mico, urbano, asociativo e relacional, que nos permiten enxergar
un mellor posicionamento nun mundo caracterizado pola súa
crecente complexidade e incerteza.

Autores: Juan Freire. Doutor en Bioloxía e Profesor Titular da


Universidade da Coruña (UDC). Desde 2009 é responsable da
Cátedra de Economía Dixital da Escola de Organización Indus-
trial. Antoni Gutiérrez-Rubí é asesor de comunicación e con-
sultor político. Dirixe Ideograma, unha consultora de comunica-
ción estratéxica prestando servizos a empresas, administracións
e organizacións sociais e políticas.

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89
Non penses nun elefante!
As palabras, o modo de interpelar a xente e estimular as súas
preferencias consonte a estruturas mentais inconscientes –fra-
mes ou marcos conceptuais– que motivan comportamentos sen
prestar atención á racionalidade dos seus intereses ou a deter-
minados datos da realidade. Como sinalou o profesor Manuel
Castells, Lakoff descubriu, en Non penses nun elefante, unha
sorte de pedra filosofal da comunicación política e mediática e,
dalgunha maneira, o seu antídoto. No seu libro desvela como os
marcos conceptuais inflúen nas percepcións dos cidadáns e no
seu comportamento e como estes marcos son construídos e mo-
dificados a través de discursos co uso de metáforas agochadas.

Autor: George Lakoff. Fundador da lingüística cognitiva e un


dos investigadores da teoría neuronal da linguaxe, é na actua-
lidade profesor da Universidade de California e fundador do
Rockridge Institute.

Filopolítica. Filosofía para a política


Filopolítica axunta unha manchea de ensaios do comunicólogo
Antoni Gutiérrez-Rubi nos que repara na crecente importan-
cia das emocións, as percepción e as imaxes na creación dos
discursos e dos relatos que constrúen os medios de comunica-
ción e a sociedade política. Tamén ofrece unha reflexión sobre
os valores que deben animar a deliberación e o debate político
na construción dunha comunidade fundado na posibilidde de
persuadir e ser persuadidos polos demais a través do diálogo
cidadán.

Antoni Gutiérrez-Rubí é asesor de comunicación e consultor


político. Dirixe Ideograma, unha consultora de comunicación
estratéxica prestando servizos a empresas, administracións e
organizacións sociais e políticas.

59

Pr incipios
89
Ac tivos
89

You might also like