You are on page 1of 2

TEMA 7: A NOVA NARRATIVA GALEGA ESQUEMA

A nova narrativa galega foi un movemento de renovación formal e temática da narrativa que se produciu desde os
anos 50 coa obra Nasce unha árbore, de Gonzalo Mourullo, ata os 80 coa obra Cara a Times Square de Camilo
Gonzar. A súa intención era romper coa tradición da narrativa galega máis enxebrista, para os que se empregaron
técnicas inspiradas nos autores e movementos literarios internacionais máis innovadores do século XX (Joyce,
Kafka, Faulkner, Camus...).
3. CARACTERÍSTICAS:
- As temáticas móvense dentro do marco da expresión do absurdo da existencia, o pesimismo, a desesperanza.
Abundan os asasinatos, os suicidios, os fracasos persoais, o amor insatisfeito, a soidade, o illamento, os episodios
patolóxicos...
- Os personaxes son, case sempre, seres sen bibliografía e están caracterizados con frecuencia como seres perdidos,
desnortados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos, agresivos, solitarios,
desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes, en definitiva.
- En canto ao tratamento estrutural do tempo, evidénciase un gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepses,
prolepses), e pola redución radical do tempo da historia.
- Os espazos nos que se desenvolve a acción son maioritariamente urbanos ou suburbiais e indeterminados. Hai unha
fuxida consciente do ruralismo. Preséntanse ambientes claustrofóbicos, sórdidos. Por outro lado, tamén se pon de
manifesto unha atracción polas localizacións estranxeiras.
- No que respecta a perspectiva da narración, obsérvase unha preferencia pola primeira persoa protagonista e as
perspectivas obxectivistas, que mostran a historia sen explicala, e un gusto polo multiperspectivismo e o monólogo
interior.
- Outras veces estas novelas presentan mundos imaxinarios e simbólicos, absurdos e angustiosos, incorporando o
mundo do subconsciente, os soños e pesadelos. Este mundo simbólico pode representar o clima social da Galiza
desas décadas: trátanse aspectos políticos e sociais en clave simbólica, non realista.
- Incorporan o obxectalismo (iniciado polo Nouveau Roman): consiste en que o narrador se limita a mostrar o que se
ve a simple vista, como faría unha cámara cinematográfica, sen penetrar no interior das personaxes, que teñen a
mesma importancia que os obxectos que as rodean.
- É frecuente o multiperspectivismo (varios narradores no mesmo relato para mostrar a realidade desde unha
perspectiva diversa).
- Desaparece o narrador omnisciente tradicional. Agora limítase a contar o que observa (narrador-observador), a
ocultarse detrás dos personaxes, adoptando un ton autobiográfico que conleva o uso da primeira persoa e o
monólogo interior.
- Abunda o monólogo interior (que plasma a corrente do pensamento das personaxes) (Ulises de James Joyce)
- O estilo é simple, con oracións curtas, unha marcada tendencia ao coloquialismo e unha fuxida deliberada da
retórica. En moitas obras realízanse descricións de natureza obxectalista.
4- AUTORES
X. L Méndez Ferrín Carlos Casares Xohana Torres María Xosé Queizán Camilo Gonzar
Percibal e outras Vento ferido; Adiós María A orella no buraco Como calquer outro día,
Historias; Cambio en tres, Carac Times Square
O crepúscolo e as Xoguetes para un tempo
formigas; prohibido;
Retorno a Tgen Ata; Ilustrísima;
... Os mortos daquel
verán...

You might also like