You are on page 1of 3

lpsdi

www.wuolah.com/student/lpsdi

949

Literatura-Pregunta-7.pdf
Preguntas Literatura

1º Lingua Galega

Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su
totalidad.
a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3254170

LITERATURA
PREGUNTA 7 – A NOVA NARRATIVA GALEGA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS
REPRESENTATIVAS.

Denomínase Nova narrativa (termo calcado de Noveau Roman) un conxunto de textos cuxa
cronoloxía pode estar situada entre 1954 coa aparición de Nasce un árbore de Gonzalo R.
Mourullo e 1969, data da publicación de Cambio en tres de Carlos Casares, aínda que hai
críticos que consideran que os motivos técnicos e temáticos continúan aínda por máis tempo e
sinalan como punto final o 1980, cando Camilo Gonsar publica Cara a Times Square.

A Nova Narrativa galega non se circunscribe a un feito único e concreto e non ten un mestre

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
iniciador. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a
súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas; viaxan por Europa e son
coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario teñen a intención de aplicar nos
seus textos novas formas narrativas e manifestan unha clara vontade de ruptura co que se viña
facendo na literatura galega anterior. Tratan de construír unha literatura “artificial” para fuxir do
mundo hostil que os rodea.

Este grupo de escritores e escritoras caracterízase pola introdución de motivos inéditos e


técnicas anovadoras. Esta innovación técnica acádana coa desaparición da trama argumental
(mestura do mundo real co ficticio e onírico), coa ruptura da linealidade da narración (empregan
técnicas de montaxe cinematográfica), coa perda da unidade do suxeito narrativo (multiplicidade
de voces narrativas e monólogo interior), co protagonismo dos espazos urbanos, coa concepción
obxectalista polo que se esvae o concepto de personaxe tradicional coherente e pola reiteración
de situacións violentas.

O inciciador da Nova Narrativa vai ser Gonzalo R. Mourullo coa publicación da súa obra
Nasce un árbore e a súa continuidade, Memoria de Tains. As súas obras caracterízanse pola
superposición de planos (real-fantástico), a introspección do subconsciente, o simbolismo e o
subxectivismo. A este movemento adoita adscribirse tamén a Xohana Torres coa súa única
novela, Adiós, María, na que amosa o enfrontamento entre o mundo rural e o urbano a través das
experiencias dunha rapaza.

María Xosé Queizán, figura destacada do feminismo galego, iníciase na literatura galega coa
novela A orella no buraco, única contribución a este movemento, novela obxectalista na que se
narran tres situacións autobiográficas do protagonista.

Un dos autores máis destacados e máis prolíficos dentro desta etapa vai ser Xosé Luís

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3254170

Méndez Ferrín coas obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do
norte, Retorno a Tangen Ata e Elipsis e outras sombras. Todas elas presentan unha serie de
características que os incorporan á Nova Narrativa Galega: a mestura realidade-ficción, o
experimentalismo e os espazos pechados, entre outras.

Aínda que con claras diferenzas respecto aos seus compañeiros de grupo, tamén destaca

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Carlos Casares. A diferenza doutros membros da NNG, a narrativa de Carlos Casares céntrase
en espazos galegos cunha forte pegada autorreferencial. As obras que pertencerían a esta etapa
son: Vento ferido e Cambio en tres. A súa narrativa está a medio camiño entre o realismo e o
experimentalismo, ademais de caracterizarse polo uso da técnica do monólogo e a presenza do
narrador protagonista.

O último autor que forma parte deste grupo é Camilo Gonsar coas súas obras Lonxe de nós e
Cara a Times Square. Estas caracterízanse polo discurso ambiguo, o realismo obxectalista e
personaxes inadaptados ao medio.

En definitiva, a NNG fai que a obra de arte se reduza a un puro formalismo, a unha
construción enxeñosa e artificiosamente técnica. En palabras de Mª Xosé Queizán, unha das
autoras, procúrase “elaborar a novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non hai heroe
nin historia, nin anécdota”.
(586 p)

You might also like