You are on page 1of 29

2010

Opción A.X
Era un cabalo sumarísimo, sen máis órganos que os estritamente indispensables para a locomoción, 2 sen ningún de
nutrición, que sen dúbida perdera por lle non seren útiles, por seren se cadra indignos do cabalo perfecto, que nin
debe comer, nin beber, nin arder, senón somentes correr: un cabalo reducido a 4 unha soa función, un cabalo
rigorosamente científico. Era un cabalo pantasma, tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos.
Sostíñase nas 6 súas catro patas por un verdadeiro milagre de levitación, e tan pouco pesaba que non deixaba na
terra a marca das pisadas. Voaba como unha palla no vento… 8 Moralmente era un asceta o cabalo do médico de
Abrantes. Pode que antes tivera pecado moito, mais de tódolos xeitos, Abrantes foi para el unha Tebaida expiatoria
e santa. Facer, fixo méritos de 10 abondo para conquerir un ceo, ou polo menos un limbo axeitado á súa alma de
besta padecente. Era un faquir que vivía do xaxún, única mantenza que lle daba a Providencia, que o que é o
médico non lle daba 12 senón traballo. Aquela besta heroica viviu en Abrantes a epopea da fame, sen protesta, sen
unha queixa, sen rincho 14 nin couce… Ninguén soubo apreciar as virtudes excelsas daquel ser singular. Vicente
Risco, Os europeos en Abrantes, 1927

4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: órganos (liña 1), perfecto (l. 3),asceta

(l. 8), méritos (l. 9), abondo (l. 10), besta (l. 13).

Órganos (l.1): vogal tónica aberta

Perfecto (l.3 ): vogal tónica aberta

Asceta (l.8): vogal tónica pechada

Méritos (l.9): vogal tónica aberta

Abondo (l.10): vogal tónica pechada

Besta (l.13): vogal tónica pechada

5. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e responde: [1 punto]

[a] sen máis órganos que os estritamente indispensables (liña 1) : comparativa de superioridade

[b] tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos (liña 5): comparativa de igualdade

— Sería posible que aparecesen en vez de que e coma outros nexos? Cales? Xustifica a resposta.

No apartado “a”, poderíamos colocar ca en vez de que xa que o segundo termo da comparación é unha oración.

No apartado “b”, poderíamos colocar como en vez de coma xa que o segundo termo da comparación é unha

oración.

Opción B.X
Se hai uns anos a pregunta era se leriamos libros nunha pantalla, a de hoxe só pode ser cando será esa 2 a opción
maioritaria. Os movementos que se están a producir entre os fabricantes de aparellos, os xigantes de internet e as
editoriais de todo o mundo apuntan a que este Nadal o ebook vai facer a súa aparición 4 estelar nos sacos dos Reis
Magos. Aparellos de 200 gramos preparados para amosar dez mil páxinas sen recargar a batería. En decembro
haberá medio cento de e-readers diferentes dispoñibles. 6 É probable que o ebook nunca substitúa o libro en papel,
pero está claro que copará unha cota de mercado crecente. Por iso os editores galegos teñen que moverse canto
antes. Cando a porción galega de 8 avanzados tecnolóxicos adquira os seus e-readers, que lecturas atopará no seu
idioma? Por agora, poucas. Se esa primeira fornada de usuarios non dispón de novidades literarias e títulos de
interese en galego, 10 vainos ler noutras linguas. E será un lastre que se pode arrastrar moito tempo. É mellor non
chegar tarde para non ir un paso por detrás, porque no salto ao libro electrónico non se trata só de gañar novos
lectores 12 para o galego, senón tamén de non perder os actuais. É probable que isto non ocorra hoxe, pero si
mañá, para o que hai que preparar xa o escenario. 14 Agardemos que cando vostede, lector, adquira o seu e-reader,
poida contar cun bo feixe de novidades en galego. Moisés Álvarez, en Novas de libros nº 6 (novembro 2009 )

4. Sinala os valores das cinco formas se subliñadas no texto.

se (l.1): conxunción condicional

se (l.2): se impersonal/ pasiva reflexa

se (l.7): reflexiva directa= se CD

se (l.10): se impersonal/ pasiva reflexa

se (l.11): formante léxico, tratarse de X (X=asunto)

5. Ebook (liñas 3,6) e e-reader (liñas 5,8,14) son asemade neoloxismos e anglicismos.
Responde: [1

punto]

a) Define ‘neoloxismo’ e ‘anglicismo’.

b) Sinala as formas patrimoniais correspondentes a ebook e e-reader.

c) Escribe outros 4 anglicismos pertencentes ao léxico da informática.

a. Neoloxismo: ( neo (novo) e logo (palabra)), iinovación léxica que se produce nunha lingua
como

resultado da necesidade de nomear novas realidades.

Anglicismo: préstamo lingüístico do inglés cara outra lingua, expresión propia ou originaria da
lingua

inglesa pero que é empleada comúnmente no español ( un tipo de extranxerismo.

b. Ebook: libro electrónico

E-reader: lector dixital ou lector electrónico

c. Hacker, web, Windows, soft, link, spam, scanner, software.

Opción A.S
O NOSO SEÑOR SANT-IAGO O do bordón, das cunchas e da estrela, 2 Patrón da Terra nosa, aloumiñado de saudosa
paz, no esgrevio estrado 4 da enxebre catedral de Compostela! Así te adora nosa fe sinxela: 6 no teu trono de prata
encadeirado, a man a benzoar, asosegado, 8 esquecido das loitas de Castela. O teu cabalo branco como a neve, 10 a
túa espada de rebrillos louros e o relembro das tráxicas fazañas 12 que, arredado de nós pra sempre, os leve o pobo
que te alcuña matamouros, 14 a sanguiñosa xente das Españas! Ramón Cabanillas, Da Terra asoballada (1926)

4. Identifica os pronomes átonos presentes no texto e xustifica a súa posición con relación ao verbo.

Te adora (l.5): posición proclítica, xa que se coloca antes do verbo.

Os leve (l.12): posición proclítica, xa que se coloca antes do verbo.


Te alcuña (l.13): posición proclítica, xa que se coloca antes do verbo.

5. Indica se as seguintes palabras do texto son morfoloxicamente simples, derivadas ou compostas.

Xustifica a resposta, sinalando no seu caso a derivación ou composición que aprecies.

patrón (liña 2), saudosa (l. 3), encadeirado (l. 6), rebrillos (l. 10), matamouros (l. 13)

Patrón (l.2): palabra simple, está formada por unha única raíz

Saudosa (l.3): palabra derivada, está formada por un lexema e un sufixo ( derivación sufixal)

Encadeirado (l.6): palabra derivada, está formada por un lexema e un prefixo e un sufixo ( derivación

sufixal e prefixal)

Rebrillos (l.10): palabra derivada, está formada por un lexema e un prefixo (derivación prefixal)

Matamouros (l.13): palabra composta, está formada por dous lexemas: “mata” e “mouros”

Opción B.S
Os episodios máis dolorosos para Piñeiro, aqueles que o magoaron intimamente ata causarlle 2 verdadeiros trastornos psíquicos,
tiñan que ver, sobre todo, co embrutecemento que causaba a guerra. Pouco a pouco, cando empezou a ser consciente de que
moitos compañeiros, en xeral bos rapaces, se 4 apuntaban aos pelotóns de fusilamento só para quedar co calzado ou a roupa dos
mortos, sen que tal proceder lles producise nin remordementos nin inquietude, entrou nunha depresión profunda que o 6
mantivo varios días nun estado de abulia paralizante. Cando levaba unha semana nesa situación, sentado en silencio diante do
lume, incapaz de tomar iniciativa ningunha, os compañeiros, alarmados, falaron co 8 médico. Coa axuda dunha medicación
enérxica puido recuperar a normalidade. O que lle producía auténtica mágoa era o comportamento inhumano, privado da máis
elemental 10 sensibilidade, de moitas persoas que actuaban como se de pronto estivesen dominadas polos instintos máis
primarios. Se esas persoas, ademais, eran representantes da Igrexa, como aquel cura aragonés ao que 12 lle escoitou dicir nun
sermón que cumpría utilizar adecuadamente a baioneta porque era unha arma moi “entrañable”, entón resultáballe tan
incomprensible como mortificante e causáballe auténticos abalóns no 14 fondo da conciencia. Foi por condutas deste tipo como
perdeu a fe relixiosa. O decepcionante comportamento humano de tantas persoas durante a guerra fíxoo meditar longamente 16
no que el chamaría máis tarde “o ser do home”. De aí nacería o seu interese pola filosofía, e dentro desta, dun xeito máis
concreto, pola antropoloxía. Cada vez que no futuro se dedique a estudar algúns dos 18 problemas que van ocupar a súa atención,
sempre acabarán inscritos no horizonte visible da conduta humana. Carlos Casares, Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia, 2005

4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: doloroso (liña 1), guerra (l. 2),enérxica

(l. 8), baioneta (l. 12), fe (l. 14), home (l. 16).

Doloroso (l.1): vogal tónica pechada

Guerra (l.2): vogal tónica aberta

Enéxica (l.8): vogal tónica aberta

Baioneta (l.12): vogal tónica pechada

Fe (l.14): vogal tónica aberta

Home (l.16): vogal tónica aberta

5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Cando levaba unha semana nesa situación, os compañeiros,

alarmados, falaron co médico (liñas 6-8).


2011
Opción A.X
Eu son un home triste, 2 eu son un neno canso e teño unha voz murcha, 4 como unha mau de néboa rubindo cara
ao sol; 6 unha mau a buscar a Túa mau infinita. 8 Eu son un home triste que ando a pensar en min 10 i a cavilar en
Ti. Eu son un home 12 que te busca na terra e non te ve nas rosas. 14 Que cando pensa acharte nuns ollos
translucentes, 16 decátase de que iles son ollos de door, 18 ollos de cas que sufren e bois baixo aguilladas, 20 ollos
con moitas bágoas. Entón, Señor, ti fuxes, 22 i estas maus que son terra somentes terra apreixan. 24 Eu son un
home triste. Antón Tovar, Arredores, 1962

Opción B.X
O sector pesqueiro galego experimentou un forte proceso de expansión a partir dos anos 60 que se 2 asentou en
dous factores: 1) O medre na demanda de peixe como consecuencia do ‘despegue’ económico. 2) O potenciamento
que desde o propio goberno do estado se realizou respecto da pesca de altura. Ao 4 abeiro do Plan de Reconversión
da Flota, aprobado en 1961, procedeuse á construción dun bo número de barcos conxeladores, que beneficiaron,
sobre todo, á actividade pesqueira industrial. 6 Até 1977 a flota galega de altura contaba con case 500 buques e
parecía constituír un sector capaz de manter un crecemento sostido. Sen embargo, a situación mudou a partir dese
ano. Para explicar esta 8 contracción hai que sinalar dúas grandes causas: o envellecemento da flota de baixura
(agravado pola situación de esquilmamento que sofren os nosos caladoiros) e a redución dos caladoiros
internacionais. 10 Aos problemas existentes con Marrocos, Irlanda ou o Canadá, por mor da cuestión das augas
territoriais, cómpre engadir as enormes limitacións que padecen os nosos barcos nos caladoiros comunitarios, así
12 como a aplicación das normativas a respecto da reconversión da flota galega após a integración do Estado
español na CEE e o desleixo que amosou o goberno español na defensa dos intereses galegos. 14 As consecuencias
desta situación, cando menos as máis evidentes, foron, por unha banda, a práctica desintegración da flota galega de
conxeladores e, pola outra, a desaparición de case 4500 empregos entre 16 1977 e 1987, fundamentalmente na
pesca de altura e conxeladora. Bieito Alonso Fernández, en Historia xeral de Galicia, 1997

Opción A.S
Señorita: A partir de hoxe, debe vostede borrar o meu nome da lista dos seus admiradores. Ignoro 2 se lle importa
sabelo, pero son un home feito anacos. Dáse vostede conta? Son un afeccionado que perseguiu a súa imaxe na
pantalla de todos os cinemas de estrea e de barrio, un crítico afeccionado que 4 xustificou as súas peores actuacións
morais e agora xura de xeonllos separarse para sempre de vostede. Fágame o favor de ser máis responsable dos
seus actos, e antes de asinar un contrato ou de aceptar 6 un compañeiro estelar, pense que un home coma min
pode contarse entre o público e recibir un golpe mortal. Non falo movido polos celos, mais, créame vostede: en
Escravas do desexo foi bicada, acariñada 8 e agredida con exceso. Vostede podería alegar na súa defensa que dende
a súa primeira irrupción no celuloide apareceron algúns dos trazos da conduta que agora lle estou a reprochar. É
certo; e admito 10 avergoñado que ningún dereito ampara as miñas querelas. Eu aceptei amala tal como é. Perdón,
tal como cría que era. Coma todos os desenganados, maldigo o día en que unín a miña vida ao seu destino 12
cinematográfico. Antes, as súas escenas de amor non me alteraban, porque sempre había en vostede un trazo de 14
dignidade profanada, porque percibía sempre un íntimo rexeitamento. Pero n’A rabia no corpo, cos ollos húmidos
de amor, vostede volveu cara a min o seu rostro verdadeiro. Conféseo dunha vez: vostede está 16 realmente
namorada dese comiquiño de segunda, non é certo? Atreveríase a negalo impunemente? Por que xogou comigo
como xogan todas? Por que non me ensinou dende o principio o rostro desatado que 18 agora me atormenta?
Elena Poniatowska, “Cinema Prado”, en A filla do filósofo, 2009

Opción B.S
Levo tempo describindo a miña expedición 'Everest 2012' aos amigos. Asegúrolles que subirei ao 2 curuto do
planeta dentro de dous anos. Mesmo enumérolles as marcas das roupas térmicas que vou usar e os modelos de
piolets que precisarei. Eles saben que nunca vou executar ese soño, pero son tan educados 4 que disimulan e
opinan sobre o meu equipo de escalada. En montañismo hai dous xeitos de ascender: o himalaísmo (subir un treito,
asentar unha base e 6 descender antes de volver escalar) e o alpinismo (un ascenso directo e ininterrompido).
Como o 2012 bótase enriba de min como unha avalancha de neve cruel, comecei a desprestixiar o Everest chegando
a 8 cualificalo de "destino para o Sergas". É unha medida preventiva, unha venda que me cobre o corazón. Con
todo, non desbotarei ascender eses 8.848 metros ata que chegue o día 365º do ano da promesa. 10 No 2013,
inventarei unha aventura diferente: chegar ao Polo Norte nun trineo tirado por cans de palleiro, por exemplo. O
meu pai aprendeume que os soños son infinitos. Nunca mo falou con palabras, 12 pero foi un alpinista, dos que
soben recto e tarareando. Camiñou a vida cunha estrela na fronte e, no bico, un cantar. Finou o luns. Desculpen a
tristeza. Jaureguízar en El Progreso (14/01/2010)

2012
Opción A.X
En Padrón os alumnos do Instituto 2 imaxínanme alegre docto e pulcro e axiña han de saber que o catedrático 4
este animal fonético-semántico soubo sí prepararche á hora da cea 6 peixe e patacas con cebola e allo mais
sabendo de epítetos e léxicos 8 nunca soubo decirche en xustas verbas como o tes no teu pelo engaiolado 10 e han
saber que o recordo é a pizarra onde escribe despois de vir das clases 12 borra escribe e repite e non ve claro outra
vez raña o pelo que lle queda 14 fuma bebe pon lume a un pau de sándalo e atopa así algún cheiro femenino 16
mais non sabe atopar no dicionario a palabra ou sintagma con que anceia 18 reterte na súa casa todo o ano. 20 Pon
o reló prás oito. Mañá cedo vai a Padrón explica enche o encerado 22 de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi Juan de
la Cruz o Cántico. 24 O malo é ó volver cando se sobe 26 aos cinco pisos banzo a banzo e se abre a porta e non estás
e a casa o mundo 28 son vougo enteiro sen amor nen cántico. Bernardino Graña, Se o noso amor e os peixes...
(1980)

Opción B.X
Hai uns días merquei a consola Wii. Vén dentro dunha caixa de cartón branca onde están todas as 2 compoñentes.
A base do soporte é circular, e o sitio onde se coloca a consola é de cor prateada. O mando é moi parecido ao da
televisión e trae unha funda de silicona e unha corda de seguridade para axustar ao 4 pulso. O mando nunchuk
engánchase ao principal para os xogos que precisan dúas mans. A consola ten un menú tipo fiestras ao inicio. No
primeiro cadro aparece o xogo que teñas 6 introducido no lector. Logo tres aplicacións. En Mii é onde temos que
crear personaxes cos que xogar (os típicos bonecos cabezóns). Conectando a consola vía wifi podemos sacalos a
pasear. Fotos é unha 8 ferramenta para cargar fotos e editalas, pero aínda non probei esa opción. A terceira é Canle
wii, onde descargas os xogos previa compra dunhas tarxetas de recarga coma as dos móbiles. 10 O xogo que máis
teño utilizado até agora é o Wii Sports, que vén coa propia consola. Ten varios deportes: bolos, tenis, golf e béisbol.
Son superfáciles tanto de xogar como graficamente. Estes días 12 merquei o Bóla de Drac Z 3, que é un xogo de loita
que segue a historia da serie. Regaláronme tamén un de béisbol profesional que é superfidícil, pero ten moi bos
gráficos. As aventuras de plataformas das 14 Tartarugas Ninja son superentretidas. Gústame esta consola porque
non é das de xogar sentado, tes que moverte. Polo menos fas un pouco 16 de exercicio. Vale que non ten os
gráficos da Play, pero a min divírteme máis estar de pé no comedor xogando ao tenis. Diego Ameixeiras, Dime algo
sucio (2009)

Opción A.S
Cos zapatos mollados percorrín Compostela 2 na procura da pedra que miman os teus dedos, por vellas fendeduras
escoitei rosmar credos 4 encubertos por fiestras pechadas con tarabela. 6 Os pasos postergaron o eco da cantarela
baixando polos viños entre cantos máis ledos 8 mesturados co aroma de ribeiros acedos, de onde fuxín lixeiro por
non ter nin cadela. 10 No Toural un concerto da banda do concello 12 fixo que o desconcerto propio vise no espello
que os pés aterecidos desexaban quentura, 14 vin que espreitantes rostros pelexaban comigo 16 xulgándome de
parvo por non ficar ao abrigo. Ningunha chuvia molla como estar na amargura. Miro Villar, Ausencias pretéritas
(1992)

Opción B.S
Paso moitas horas ao día dentro desta cabina laranxa, na peaxe da autoestrada, aburrido. Os meus compañeiros xa
me recomendaron que buscase algo para entreterme nas horas de menos tráfico. Algúns teñen unha televisión
portátil, outros escoitan a radio e mesmo hai unha rapaza que le algún libro. A min encantaríame ler, mais non me
dou concentrado, detesto que interrompan o curso dos meus pensamentos, e a chegada dun coche significa un
descenso brusco á vida real. De modo que, tras darlle voltas a primeira semana, crin que sería unha boa idea
observar os condutores, analizalos. Os que pasan todos os días prefiren a telepeaxe, é unha mágoa porque neses
daría reparado facilmente. Aínda así, acadei o meu obxectivo. Os que repiten o itinerario con frecuencia xa me son
familiares. O caderno onde escribo é azul escuro, ten un coello branco na tapa de diante e un código de barras na
parte de atrás. Nestas follas de celulosa cuadriculadas atópanse as letras que trazo e que me auxilian nesta terapia
necesaria. A miúdo estou obrigado a facer escritura automática, enlazo as primeiras ideas que me veñan á cabeza e
plásmoas no papel. Os colegas de traballo dinme que me deixe de lerias e fantasías, e que me ocupe a mente en
tarefas máis mundanas. Pero engancheime a escribir neste caderno, e agora non podo deixar de imaxinar a vida dos
que acotío desfilan fronte á cabina. Xa conformaron a miña mente pequenas celas, con cadansúa etiqueta, onde os
mínimos detalles moldean a existencia deses rostros anónimos que tanto significan para min. Velaí os auténticos
protagonistas, o alimento do meu maxín, a miña táboa de salvación. O día en que non vexo esas caras que coñezo, o
fatídico día que escollen outra cabina, non durmo ben, soño que estou en Berlín e sufro un pesadelo recorrente no
que derrapo nun circuíto labiríntico, ateigado de curvas. Santiago Lopo, Peaxes (2009)

2013
Opción A.X
Durante bastante tempo camiñamos en silencio por un carreiro costento, pedregoso e sen sombra. 2
Abdel-Bassit, enviso nos seus pensamentos, eu nos meus —nos meus remorsos, mellor dito. Despois
deu en dicirme, axustando o turbante na cabeza: 4 —Escoitei que pronto nos deixades. A onde iredes?
—A Constantinopla, se Deus quixer. 6 Detívose, ladeando a cabeza como para escoitar o balbordo da
cidade distante. —Istambul! Istambul! Aos que teñen ollos élles difícil dicir que non hai nada que ver no
mundo. E, 8 sen embargo, é a verdade, crédeme. Para coñecer o mundo, abonda con escoitar. O que se
ve nas viaxes non é senón un espellismo. Sombras perseguindo outras sombras. As estradas e os países
non nos 10 aprenden nada que non saibamos antes, nada que non poidamos escoitar en nós mesmos na
paz da noite. Se cadra o relixioso non estaba trabucado, pero a miña decisión xa estaba tomada: partiría.
En contra 12 do meu bo xuízo, e algo de mala gana, partiría. Amin Maalouf, A viaxe de Baldassare, 2000

Opción B.X
O Nadal é tempo de bos desexos que intercambiamos coas persoas significativas na nosa vida. Despois 2 da resaca,
seguen a latexar en min liñas trazadas dende puntos tan distantes como Indonesia, Alemaña, Finlandia ou Brasil. Os
elos únense porque teñen en común a lingua: o galego. Os Cursos de Lingua e 4 Cultura Galegas para Estranxeiros
teceron boa parte deses lazos. Cada ano participan neles un cento de persoas que son semente que deita froito con
xenerosidade, sen prexuízos. 6 Os agasallos de Nadal poden atoparse tamén neste blog, foi o que pensei cando lin
que unha antiga alumna dos cursos traduciu á súa lingua, o húngaro, un conto de Cunqueiro. A mesma alegría
sentín ao 8 atopar enriba da miña mesa a tradución, aínda inédita, ao italiano, de Cousas, de Castelao. O rapaz que
a realizou contábame, con incredulidade, que os seus profesores da Universidade de Sevilla, onde está de 10
Erasmus, non coñecían o autor do Sempre en Galiza e como se estrañaron de que el aprendese galego antes ca
castelán. Non son exemplos illados; as maneiras de contribuír ao país son tan diferentes como 12 enriquecedoras.
Calquera pode comprobalo se busca na rede A Xanela, un vídeo realizado dende a óptica dunha rapaza rusa, alumna
dos cursos, que na súa versión curta sería un dos mellores anuncios realizados 14 a favor da nosa lingua. No seu día
a día en Galicia son intransixentes no uso do idioma, o que ofrece unha imaxe sorprendente 16 para moitos galegos,
que aínda non son quen de entender como hai persoas no Xapón ou nos Estados Unidos que dedican o verán a
aprender a nosa lingua. Lembro este ano un xantar en Tui: o persoal do 18 restaurante era reticente a falar galego,
pero claudicou ante o entusiasmo dos alumnos. Esta forza que vén de lonxe non só interpreta o país no que
vivimos; contribúe a universalizalo con 20 miradas limpas e abertas. Agora que pasou o Nadal, este é o meu agasallo
para os nosos brigadistas. Malores Villanueva, ―A forza que vén de lonxe‖, O blog de Editorial Galaxia (18/01/11)

Opción A.S
Contan as crónicas dos viaxeiros que por aqueles mundos andaron, con ollo atento e pluma fácil, que 2 hai na
localidade turca de Kangal, a máis de 200 leguas de Istambul, unhas fontes termais onde viven uns peixes que
sandan unha enfermidade da pel tan rebelde aos tratamentos da farmacopea como é a psoríase. 4 Estes peixes
minúsculos teñen un apetito moi voraz, centrando a súa atención carnívora nas escamas de pel morta, que tanto
abundan nas zonas afectadas polas lesións típicas desta enfermidade. 6 Tal parece, segundo explicou en Lovaina o
dermatólogo turco que presentou a Occidente tal marabilla, que estes peixes posúen nas secrecións das glándulas
dos beizos unha substancia que fai remitir as 8 lesións, sen que se teña conseguido illar, malia os reiterados intentos
dos turquestanos, axente químico tan benéfico. 10 Similares propiedades posúe o fluído visguento dos peixes
saltaríns da lama. Na farmacopea chinesa utilízase en particular a baba do saltarín da lama de Macau, que é o máis
apreciado entre estes peixes. 12 Unha vez máis, o embigo ao que nos ollamos reiteradamente os occidentais non
nos deixa ver con claridade que hai outro mundo e outros métodos de traballo máis aló das nosas minguadas
fronteiras, e 14 que certas tradicións, aínda que empíricas, brindan resultados positivos con máis xenerosidade e
abundancia do que imaxinamos. Endemais, que dúas culturas tan separadas como a chinesa e a otomá 16
procurasen solucións a unha mesma enfermidade, por intermedio dun proceso analítico semellante, debería tamén
facernos reflexionar, aínda que eu non sei moi ben a propósito de que. Xavier Queipo, Mundiños, 1996

Opción B.S
Aínda que xa non se estila moito a etiqueta, ata hai nada definiamos a nosa época como a sociedade da 2
información (agora dise máis Sociedade 2.0). E dalgunha maneira segue sendo válida esa categorización porque é
innegable que nunca dispuxemos de máis ferramentas para estarmos informados e conscientes 4 da realidade ca
hoxe. E así, algúns, coma min, vivimos perpetuamente conectados ao facebook, twitter e outras redes sociais. E son
as redes sociais e os blogs e as webs e os podcast e instagram e youtube e e e... 6 quen me nutren de novas que,
sen dúbida, amplían a miña ollada e alimentan o meu coñecemento. Mais, a pesar de todo isto, non podo evitar ter
a sensación de que a meirande parte da cidadanía vive 8 (e, paradoxo dos paradoxos, tamén moitos dos usuarios de
todos estes medios telemáticos) na máis completa e absoluta desinformación. O que é sen dúbida moi grave, posto
que antes non existían maneiras 10 de saber as cousas, e agora podemos sabelo practicamente todo sobre todo.
Antes, cando morría o rei, na outra punta do reino enteirábanse un par de meses máis tarde (ou anos). Hoxe,
alguén pode ir tuiteando a 12 agonía do monarca mentres millóns de persoas opinan sobre os estertores, discuten
se é procedente aproveitar a circunstancia para instaurar a República e crean un grupo en facebook. 14 Daquela,
deberiamos concluír que a sociedade actual, chea de información, coñecedora de todos os datos necesarios para
entender o mundo, é unha sociedade máis libre, máis activa e, por forza, 16 revolucionaria: ao sermos sabedores,
como somos, das inxustizas que hai no mundo, actuamos e mudamos a realidade. Porén, resulta que non. E cando
un repara nos Trending Topic, é dicir, os asuntos 18 dos que máis se fala no Twitter (a rede informativa por
excelencia), atopa, como no momento no que isto escribo, asuntos vitais para a liberdade humana e a racionalidade
como #xabialonso, #laroja ou, coma 20 onte, un asunto que tiña que ver coa operación de nariz de Belén Esteban. É
unha trola iso de que un pobo máis informado é un pobo máis libre. Unha trola enorme. Francisco Castro en Sermos
Galiza (18/10/2012)

2014
Opción A.X
Ás veces me pregunto por que eu non son 2 Como as demais mulleres: amar sen desacougo Poñer en paz o corazón
e a mente 4 Agardar con paciencia que baixen as augas Nas crecidas do río 6 Resignarse á evidencia aceptar os
desaires E rezar en silencio ou chorar entrementres 8 As bágoas máis amargas enriba da almofada Sempre
ocultando a ira. Sempre con mansedume 10 Cun sorriso nos labios. Non. Eu non son daquelas Que cantan ás flores e
ás pombas xa o sei 12 A min mátame a sede. A min fáltame o aire Levo un cravo moi fondo de amor e de paixón 14
Nin o podo arrincar que arrincaría a alma Prendería o lume que me queima por dentro 16 Eu non son daquelas que
cantan ás flores e ás pombas Das que se resignan ante o desamor 18 E rezan e consomen bágoas sobre da almofada
Non! Eu son Medea! Luz Pozo Garza, Medea en Corinto, 2002

4. O texto é un poema con múltiples licencias no uso dos signos de puntuación (por ausencia)
e das maiúsculas; tamén non está dividido en parágrafos. Escribe de novo o texto como se
fose en prosa, manténdoo todo igual salvo a puntuación: introduce os signos de puntuación
que consideres oportunos para que o texto en prosa resultante estea ben construído. [1
punto]

Ás veces me pregunto por que eu non son como as demias mullere: amar den desacougo,

poner en paz o corazón e a mente, agardar con paciencia que baixen as augas nos crecidas do

río, resignarse á evidencia, aceptar os desaires e rezar en silencio ou chorar entrementres as


bagoas máis amargas enriba da almofada. Sempre ocultando a ira; sempre cun mansedume,

cun sorriso no labios.

Non. Eu non son daquelas que cantan ás flores e ás pombas; xa o sei, a min a sede mátame, a

min fáltame o aire. Levo un cravo moi fondo de amor e de paixon, nin o podo arrincar que

arrincaria a alma, prendería o lume que me queima por dentro.

Eu non son daquelas que canta ás flores e ás pombas, das que se resignan ante o desamor e

rezan e consomen bágoas sobre da almofada. Non! Eu son Medea!

5. Analiza cada unha das cinco formas que subliñadas no texto, identificando o tipo de
oración

que cada unha delas introduce.

Pregunto por que eu non son: Pronome interrogativo. Oración subordinada completiva de CD.

Agardar que baixen as augas: Conxunción. Oración subordinada completiva de CD.

Daquelas que cantan: Pronome relativo. Oración subordinada adxectiva ou relativa.

Que arrincaría a alma: Conxunción. Oración subordinada adverbial causal.

O lume que me queima: Pronome relativo. Oración subordinada adxectiva ou relativa.

Opción B.X
Ata hai ben poucos anos, as galegas e os galegos eramos bos coñecedores do medio que nos rodeaba. 2 Cada
recuncho tiña o seu nome, boa parte das especies animais e vexetais tiñan o seu uso e requirían a súa técnica de
pesca ou de caza, de cultivo ou recolección, de conservación e elaboración. A necesidade de 4 coñecemento do
medio, da natureza e das súas posibilidades era vital. A transmisión de xeración en xeración foi seleccionando as
mellores plantas para facer cestos, para tinguir, con propiedades medicinais 6 ou culinarias. Este „sistema
tradicional de coñecemento‟ desapareceu por diversos motivos. Fundamentalmente 8 porque son saberes que
parece que non se precisan nunha sociedade moderna e globalizada onde as mazás veñen de Chile, os espárragos
da China e as empanadas agardan conxeladas no frigorífico. Pero tamén 10 porque xa non existen os espazos para
que se produza esta transmisión. A televisión co seu „ruído e resplandor‟ apenas deixa lugar para a conversa, e
moito menos para os contos dos maiores. Desfasados e 12 perdidos na modernidade, os contos dos vellos non son
estimulantes para a mocidade. Os vellos non cren que a súa sabedoría sexa interesante para os netos e estes
pensan que pouco poden aprender de persoas 14 que non saben manexar o MP3 ou a Nintendo. Porén, existen
numerosos espazos nos que se poden recuperar e rememorar estes saberes. Asociacións 16 ou centros de ensino
poden cumprir a función social que antes tiñan as muiñadas ou os seráns. Se a capacidade de reter información foi a
que nos fixo chegar ata aquí, alén do actual coñecemento sobre 18 cales son os coches máis eficientes e as mellores
marcas de roupa ou calzado, por que non manter esta información vital? Estamos seguros que esa bagaxe non nos
vai servir no futuro? Non nos serve hoxe? Adaptado de Ramsés Pérez, en Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio
ambiente, 59 (2009)

4. Indica:

a) un sinónimo e un antónimo das seguintes palabras do texto (na acepción que teñen nel):

desapareceu (liña 7), maiores (liña 11), sabedoría (liña 13), rememorar (liña 15)

Desapareceu: (s) perdeuse (a) aparceu

Maiores: (s) grandes ou vellos (a) novos

Sabedoría: (s) coñecemento (a) ignorancia


Rememorar: (s) lembrar (a) esquecer

b) o hiperónimo do que mazás, espárragos e empanadas (liñas 8-9) son cohipónimos. [1

punto]

comida (outra opción: alimentos)

5. Fíxate ben: Por que non manter esa información vital? e Estamos seguros que esa bagaxe

non nos vai servir no futuro? (liñas 18-19) son oracións interrogativas de dúas clases distintas.

Que diferenzas hai entre un e outro tipo de interrogacións? [1 punto]

A oración “Por que non manter esa información vital?” é unha pregunta interrogativa retórica

porque a interrogación faise sen esperar unha resposta por parte de ninguén, mentres que a

oración “Estamos seguros que esa bogaxe non vai servir no futuro?” é unha pregunta

interrogativa total porque a interrogación recae sobre a totalidade do enunciado e na resposta

tamén.

Opción A.S
Nunca poderei esquecer o derradeiro día que pasamos na nosa casa de Ziguinchor. Desde un mes 2 antes sabiamos
a data en que a abandonariamos, e tamén os pormenores da viaxe. Papá enviáranos os cartos necesarios e mercara
en España os billetes do avión que iamos coller en Dakar. Marchabamos para 4 non volver en moitos anos,
abandonabamos para sempre a nosa casa. (…) As miñas amigas non paraban de dicirme a sorte que tiña e
enchíanme de preguntas sobre a vida que ía levar en España. Eu non sabía 6 que contestarlles… O día anterior ao da
nosa marcha mamá chegou á casa con dúas grandes maletas que acababa de 8 mercar. Abriu unha delas e deixouna
encol da cama onde durmiamos Naima e mais eu. —Encárgate de facer a vosa maleta. Escolle ben o que vas levar,
xa che expliquei que cada maleta non 10 pode levar máis de vinte quilos. Nese momento comprendín de verdade o
que significaba abandonar o Senegal. Que escasa era a vida 12 que ía levar comigo! Dez quilos, quince todo o máis,
porque as cousas de Naima seguro que pesaban menos. O resto tería que deixalo atrás, marchar como as cegoñas
que cada ano vía emigrar na procura 14 dunha nova terra. Aquela noite derradeira fun incapaz de durmir. Deitada
na cama, pensaba en todo o que non levaba na 16 maleta, o que non me cabería nela aínda que fose enormísima,
porque hai cousas que non é posible levar. Todo iso tería que levalo na memoria e facer o esforzo de conservalo.
Para que non se me borrase, para 18 que me acompañase a todas horas. Agustín Fernández Paz, Lúa do Senegal,
2009

4. Indica a que clase de palabra corresponde cada un dos cinco nexos destacados no texto e

identifica o tipo de oración que cada un deles introduce. [1 punto]

Que (l. 1) = pron. relativo + or. subord. adxectiva/relativa

Que (l. 6) = pron. interrogativo + or. subord. complet. de CD

Que (l. 9) = conxunción + or. subord. complet. de CD

Porque (l. 12) = conxunción + or. subord. adverbial causal

Aínda que (L. 16) = conxunción (ou loc. conx.) + or. concesiva.

5. Sinala o tipo (aspectual, modal ou temporal) e o valor concreto das seguintes catro

perífrases verbais tiradas do texto: iamos coller (liña 3), non paraban de dicirme (liñas 4-5),

acababa de mercar (liñas 7-8), tería que deixalo (liña 13) [1 punto]

Iamos coller: temporal de posterioridade ou aspectual de inminencia

non paraban de dicirme: aspectual de continuidade ou reiteración da acción

acababa de mercar: temporal de anterioridade inmediata (non se considerará incorrecta a


interpretación aspectual perfectiva)

tería que deixalo: modal de obriga ou necesidade.

Opción B.S
As illas da costa galega comparten unha serie de características e valores naturais, aínda que cada unha 2 delas ten
a súa propia identidade. Poderiamos consideralas un só espazo natural aínda que se atopen moi dispersas no litoral.
Unicamente a illa de Cortegada, coas condicións climáticas diferenciais causadas pola 4 súa localización no interior
da ría de Arousa, concretamente no esteiro do Ulla, non encaixaría no modelo xenérico de illa atlántica galega.
Cortegada ten o perfil chairo habitual das illas fluviais e está 6 abundantemente arborada, o que a diferencia das
demais, caracterizadas polos cantís rochosos recubertos, en parte, por unha vexetación de cantil adaptada a
soportar os fortes ventos oceánicos cargados de auga 8 salgada. Ademais, a vexetación arbórea na maioría destas
illas adoita ser pobre, mentres que as matogueiras e a flora de cantil son abundantes. 10 Os maiores valores
naturais que albergan as illas atlánticas, á parte dos evidentes paisaxísticos, son, por unha banda, a enorme riqueza
e biodiversidade dos ecosistemas submarinos asociados, e, por outra 12 banda, as abundantes colonias de aves
mariñas que as utilizan como zona de cría ou de paso nas diferentes estacións do ano. V. Caamaño, A. Leiro e M.
Dapena, en Espazos naturais de Galiza, 2004

4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: costa (liña 1), esteiro (l.

4), xenérico (l. 5), rochosos (l. 6), recubertos (l. 6), colonias (l. 12). [1 punto]

Costa: vogal tónica aberta

Esteiro: vogal tónica pechada

Xenérico: vogal tónica aberta

Rochosos: vogal tónica pechada

Recubertos: vogal tónica aberta

Colonias: vogal tónica aberta

5. Identifica no texto cinco substantivos pertencentes ao campo semántico “accidentes

xeográficos”. Engade ti outros cinco máis. [1 punto]

(texto) Illas, costa, litoral, ría, cantís

(hai mais de cinco por si se repite o exercicio) arquipélago, depresión, bahía, golfo, península,

praia, istmo, cadea montañosa, chaira, val

2015
Opción A.X
Ás veces a min e aos meus compañeiros de profesión chámannos escritores periféricos, ou localistas, 2 porque
escribimos desde Galicia e en galego. Esquecen que un escritor nunca é periférico, que o centro do mundo sempre
está na súa mesa de traballo. O proceso de creación non sabe de periferias. 'Se puede ser 4 provinciano en el centro
de Nueva York y universal en una aldea de los Andes', escribiu Octavio Paz. Tentamos que os nosos textos cheguen
todo o lonxe que a súa calidade llelo permita. Buscamos en 6 primeiro lugar aos lectores do noso país; eles son os
interlocutores privilexiados. Despois buscamos tamén esa periferia mundial que nos rodea. 8 Estamos afeitos a
traballar en situacións adversas. Na historia da nosa literatura as liñas de resistencia veñen de lonxe. De Rosalía,
rebelándose contra o feito de sentirse estranxeira na súa patria; de Curros, 10 que denuncia a ameaza dos lobos e
clama pola unión; de Cunqueiro, a soñar as mil primaveras para a lingua estigmatizada; de Celso Emilio, falándolle
como un irmao a todos os desposuídos do mundo… 12 A nosa forma de participar na cultura da humanidade é
desenvolvendo a cultura galega. Temos dentro de nós a materia que lle pode interesar a calquera persoa en
calquera lugar do mundo. Só precisamos 14 plasmala a través do proceso de creación. Para conseguilo, cómpre
chantar os pés na nosa realidade e, coas raíces na terra, abrirnos a todos os ventos culturais do mundo. Porque aquí
están as fábricas da 16 imaxinación das que fala Manuel Rivas; delas poden saír creacións que tamén se lean en
toda a periferia mundial. Obras cargadas de vida, obras cunha luz tan forte que sexa imposible de agochar. Un dos
trazos 18 máis significativos da cultura galega, que tan ben souberon expresar os membros da Xeración Nós, é a súa
vocación de ser célula de universalidade, a súa vontade de ser unha peza máis, en pé de igualdade, no 20 mosaico
mundial das culturas: a súa conciencia de que só se pode ser universal desde as propias raíces. Agustín Fernández
Paz, Discurso nos Premios Xerais 2009 (fragmento)

4. Repara na forma dialectal non-estándar irmao que o autor usa evocando un coñecido

verso do poeta celanovés C.E. Ferreiro, propio do seu bloque dialectal de orixe: o galego

central. Indica os principais fenómenos lingüísticos que permiten caracterizar os tres

bloques lingüísticos do galego. [1 punto]

As tres formas dialectais do galego atópanse presentes nos diferentes bloques

lingüísticos deste. O primeiro, o bloque occidental, ocupa a parte occidental das

provincias das Coruña e Pontevedra e caracterízase polo uso da gheada, o seseo, a

terminación plural -ns (pantalóns), o ditongo -o (moito, noite), a terminación -án/-án (o

irmán, a irmán) e o pronome ti. No bloque central, que abrangue as metades orientais de

A Coruña e Pontevedra e case a totalidade de Lugo e Ourense, obsérvanse fenómenos

como o plural -s (pantalós), o ditongo -oi (moito, noite), a terminación -ao/á (irmao, irmá),

o pronome ti na metade occidental e tu na oriental, e o ditongo -cua/ ca (cuando, cando).

O último bloque, o oriental, comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e

Ourense, así como as do galego exterior (occidente de Asturias e de León e Zamora), e

caracterízase polo uso do plural -is (pantalois), o ditongo -ui/-u (muito,muto), a terminación

-ao/á (irmao/irmá), o pronome tu, o ditongo -cua/-gua (guardar, cuando) e a terminación

-ín.

5. Constrúe cadansúa oración que, comezando sempre pola secuencia Buscamos en

primeiro lugar..., conteña respectivamente:

a) Unha completiva de CD: Buscamos en primeiro lugar a rima nos versos

b) Unha concesiva: Bucamos en primeiro lugar, malia que non sabiamos onde.

c) Unha oración de relativo: Buscamos en primeiro lugar na casa que era de súa nai.

d) Unha causal que non vaia introducida por porque: Buscamos en primeiro lugar dado

que quen non busca nunca atopa.

Opción B.X
Nos últimos meses, os tambores de guerra, en Oriente Medio, non paran de soar. A verdade é que 2 naquela rexión
(parece unha maldición bíblica), a violencia, a morte e a tortura, forman parte da paisaxe. Acostumarse é o primeiro
paso para desentenderse. 4 Palestina, eternamente violentada, soporta con cruel intensidade os ataques da
aviación israelí, os asasinatos selectivos, a destrución de vivendas, o bloqueo, o acoso, a humillación constante, a
morte ¡que 6 espanto! de nenos e anciáns inocentes, cada día... Siria, que soñou liberarse dun réxime ditatorial,
sofre, en carne propia, as consecuencias dunha guerra 8 civil non declarada. Logo dun ano de constante violencia,
os mortos superan os 9.000. Irán, a punto de converterse nunha teocracia nuclear, esperta en Israel, única potencia
atómica na 10 rexión, desexos irrefreables de intervención militar, con ou sen o apoio dos EE.UU. Todo parece
indicar que a decisión está tomada. Bastaría escoller o día e a hora máis convenientes. 12 Por último, Afganistán e
Iraq, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometidas polas forzas intervencionistas occidentais, logo de décadas
de inxerencia militar, sofren a violencia sectaria, os 14 atentados e o descontrol máis absoluto. A retirada dos
exércitos de ocupación, cunha sensación de fracaso evidente, vai deixar aberta a porta a profundas convulsións
internas. 16 Esta situación pode converterse nunha auténtica bomba incendiaria para a paz e a seguridade en todo
o Mediterráneo. As Nacións Unidas vense cada día máis necesitadas dunha profunda reforma para facer 18
realidade o fin para o que se crearon, ―evitar aos nosos fillos o horror da guerra‖. Corresponde á comunidade
internacional recuperar o protagonismo. A cidadanía global, a sociedade civil, temos que 20 interpelar con firmeza
aos nosos respectivos gobernos, aínda que sexa por egoísmo lúcido, reclamando a resolución pacífica dos conflitos,
a primacía da palabra fronte a violencia e o terror. Manuel Dios, ―Mañá sempre é demasiado tarde‖, en Praza
pública (21/03/2012)

4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto:

- Meses: Tónica pechada

- Guerra: Tónica aberta

- é (liña 1): Tónica aberta

- Réxime: Tónica aberta

- Sofre (l. 7) : Tónica aberta

- Atómica (l. 9) : Tónica aberta

- Todo (l. 10) : Tónica pechada

- Escoller (l. 11) : Tónica pechada

- Décadas (l. 13) : Tónica aberta

- Vense (l. 17). [1 punto] : Tónica pechada

5. Identifica a función sintáctica que desempeña cada unha das seguintes frases dentro

da oración en que aparecen no texto:

- o primeiro paso para entenderse (liña 3): ATRIBUTO

- eternamente violentada (l. 4): COMPLEMENTO PREDICATIVO

- nunha teocracia nuclear (l. 9): SUPLEMENTO

- aos nosos fillos (l. 18): CI

- aos nosos respectivos gobernos (l. 20) : CD

Opción A.S
I II Vendéronlle os bois, 2 vendéronlle as vacas, o pote do caldo 4 e a manta da cama. Vendéronlle o carro 6 e as
leiras que tiña; deixárono soio 8 coa roupa vestida. –―María, eu son mozo, 10 pedir non me é dado; eu vou polo
mundo 12 pra ver de ganalo. Galicia está probe, 14 e á Habana me vou… ¡adiós, adiós, prendas 16 do meu corazón!‖
Cando ninguén os mira, 18 vense rostros nubrados e sombrisos, homes qu‘erran cal sombras voltexantes 20 por
veigas e campíos. Un, enriba dun cómaro 22 séntase caviloso e pensativo; outro, ó pé dun carballo queda inmóbil,
24 coa vista levantada hacia o infinito. Algún, cabo da fonte recrinado, 26 parés que escoita atento o murmurío da
augua que cai, e eisala xordamente 28 tristísimos sospiros. ¡Van a deixa-la patria!... 30 Forzoso, mais supremo
sacrificio. A miseria está negra en torno deles, 32 ¡ai!, ¡e adiante está o abismo!. Rosalía de Castro, ―¡Pra a Habana!
‖, Follas novas (1880)

Vendéronlle os bois (verso 1) e vense rostros nubrados e sombrisos (verso 18) son

dúas construcións de sentido impersoal. Indica por que o son e comenta as

características de cada unha delas.

- Vendéronlle os bois: É unha construción impersoal, xa que o suxeito é a terceira persoa

do plural e non está especificada co obxectivo de indeterminar ó axente.

- Vense rostros nubrados e sombrisos: Construción impersoal reflexa, xa que está

construída en terceira persoa e leva o pronome persoal se co obxectivo de interpretar a

oración cun suxeito xenérico.

5. Rosalía emprega no texto formas que non se corresponden co estándar do galego

actual. Indica das formas que se dan a seguir se son: a) estándar, b) castelanismos, c)

dialectalismos ou d) formas populares non-estándar sen distribución dialectal: [1 punto]

- pra (v. 12): formas populares non estándar

- probe (v. 13): formas populares non estándar

- adiós (v. 15): castelanismo

- nubrados (v. 18): estándar

- sombrisos (v. 18): dialectalismo

- hacia (v. 24): castelanismo

- parés (v. 26): dialectalismo

- eisala (v. 27): formas populares non estándar

- van a deixar (v. 29): castelanismo

- sacrificio (v.30): estándar

Opción B.S
A última tendencia no mundo da nova tecnoloxía (a tendencia que debes seguir se queres ser un moderno de
verdade) é do máis retro. Os modernos que van á última ultimísima moda (eses que saben realmente o que se leva)
están comezando a pasar dos seus smartphones para recuperar o teléfono móbil ladrillo de toda a vida. Un pouco
na liña dos namorados do pasado que fan quedadas para escribir a máquina, estes novos modernos pasan do
iPhone 6, de Whatsapp, das apps que che axudan a facer o que sexa e pasan ata de Google Maps! Polo momento
son moi poucos, pero xa teñen caras famosas entre os seus partidarios. As razóns para este cambio son variadas.
Falan dos prezos (quita a tarifa de datos e verás como baixa a factura), dos problemas que eliminan con baterías
que non morren cada cinco minutos e de que en realidade só precisan de chamadas e SMS para xestionar as súas
comunicacións diarias. Pero, por outra banda, os entrevistados acaban falando de liberdade. Como di unha destas
modernas, está ben descubrir un restaurante por casualidade e non porque cho recomendaron en Yelp. Os móbiles
intelixentes acabaron matando a pouca aventura que podiamos ter na vida cotiá. Librarse do smartphone é tamén
librarse do mail que chega en todo momento e permite gañar polo menos en tranquilidade. E a iso súmaselle
ademais a preocupación pola privacidade. A medida que os consumidores están cada vez máis tempo online, os
seus terminais saben máis de todos eles do que saben os seus pais. Cun terminal ‗parvo‘ non é que quedes
realmente á marxe de todo iso, pero polo menos teñen moito máis complicado usalo para venderche publicidade.
Polo de agora o movemento é pequeno, pero todos sabemos o que acaba acontecendo coas cousas así. Será a vida
sen smartphone a nova moda slow do futuro inmediato? Raquel C. Pico, en Disquecool (06/10/2014)

4. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras:

- Debes (liña 1): Tónica pechada

- Moderno (l. 2): Tónica aberta

- Moda (l. 2): Tónica aberta

- Teléfono (l. 3): Tónica aberta

- Móbil (l. 3): Tónica aberta

- Agora (l. 19): Tónica pechada

5. Sinala o rexistro lingüístico en que está escrito texto. Xustifica a resposta identificando

os trazos característicos dese rexistro que atopes no texto.

O texto está escrito nun rexistro coloquial ou informal, xa que se utiliza a segunda

persoa para envolver ó lector (a tendencia que deber de seguir se queres ser un moderno

de verdade) e léxico coloquial (pasar de, teléfono móbil ladrillo...).

2016
Opción A.X
O pintor fora un día pintar os tolos no manicomio de Conxo. Quería retratar as paisaxes que a dor 2 psíquica ara nos
rostros. A doenza mental, pensaba o pintor, esperta en nós unha reacción expulsiva. O medo ante o tolo precede á
compaixón, que ás veces nunca chega. Quizais, cría el, porque intuímos que 4 esa doenza forma parte dunha
especie de alma común e anda por aí ceiba para escoller un ou outro corpo, segundo lle veñan dadas. De aí a
tendencia a facer invisible o doente. O pintor recordaba un cuarto 6 sempre pecho nunha casa veciña. Un día
escoitou laios e preguntou quén estaba alí. A dona da casa díxolle: Ninguén. 8 O escenario do manicomio era
arrepiante. Non porque os doentes se dirixiran a el de xeito ameazador, pois só moi poucos o fixeran e dun xeito
que semellaba ritual. O que abraiou ao pintor foi a mirada dos 10 que non miraban. Aquela renuncia ás latitudes, o
absoluto deslugar polo que camiñaban. Anoitecía. Recolleu o caderno e foi cara á portería. O pecho estaba botado
cun enorme cadeado. E alí 12 non había ninguén. O pintor chamou polo celador, primeiro a modo, logo a voces.
Pasados uns minutos, veu un home risoño, novo pero traxado, que lle preguntou qué pasaba. O pintor díxolle que
era pintor, que 14 viñera alí con permiso para retratar os doentes e que se despistara coa hora. E aquel mozo
traxado díxolle moi serio: Iso mesmo me pasou a min. E aquí levo pechado dous anos. 16 Pero eu non estou tolo!
Iso mesmo dixen eu. 18 E como o viu ao borde do pánico, sorriu e descubriuse: É unha broma. Son médico.
Tranquilo, que agora saímos. Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro, 1998

4.- Fíxate nas catro formas que marcadas na liña 13. Identifica o tipo e subtipo de palabra
que é cada unha delas (ex., conxunción disxuntiva) e o tipo de oración que cada unha delas
introduce.

• 1.- pronome relativo (substitúe a home risoño), oración subordinada adxectiva.

• 2.- pronome interrogativo (interrogativa indirecta), oración subordinada substantiva

• 3.- conxunción subordinativa, oración subordinada substantiva.

• 4.- conxunción subordinativa, oración subordinada substantiva.

5.- Comenta as diferenzas de forma e de contido entre as seguintes tres construcións,


variantes do mesmo enunciado. Indica, para as variantes b e c, a que preguntas poderían ser
dadas como resposta

– construción a) Iso dixen eu

– construción b) Iso díxeno eu

– construción c) Eu dixen iso


As diferenzas de forma e de contido teñen relación co feito de que son respostas a preguntas que se

focalizan ou dan énfase a temas diferentes. Na primeira e segunda construcións (a-b) o tema no que se

centran é iso, o dito. No primeiro caso, iso dixen eu, o énfase atópase sobre o CD “iso” e no segundo
caso

tamén se centra no CD “iso” pero a diferenza está en que hai un dobre énfase que aparece co emprego
do clítico de acusativo -no. Logo na terceira construción o énfase recae sobre o suxeito “eu”, o que
importa é quen o dixo.

Respostando a que preguntas poderían dar resposta as construcións b e c, a construción b pode


responder

á pregunta iso quen o dixo a cal sería unha pregunta indirecta que se focaliza de novo en iso, e na última

construción a pregunta sería quen dixo iso? é unha pregunta directa na cal só se pode responder co

suxeito.

Opción B.X
O fenómeno da morte das linguas seguramente é tan antigo como a propia existencia da linguaxe e do 2 contacto
entre linguas. A diferenza cos procesos do pasado é, con todo, a velocidade e a cantidade na que se dan
actualmente. Non hai ningún lugar no mundo onde non se estea a restrinxir a diversidade 4 lingüística, e a situación
de moitas comunidades leva a pensar que, ao longo deste século, poden desaparecer entre o 50 e o 95% das linguas
faladas na actualidade. 6 A UNESCO alertou sobre a perda da diversidade lingüística e fixo varias recomendacións
para deter e reverter o proceso de homoxeneización lingüística no mundo. Pero a consideración deste proceso
como 8 un problema grave para a humanidade espertou moi recentemente. A comunidade científica, e moi
especialmente os lingüistas, tardaron moito en decatárense das implicacións deste fenómeno, ata 10 convertelo na
actualidade en motivo de preocupación e en obxecto de investigación preferente. A morte dunha lingua non
significa unicamente a perda dun sistema de comunicación ou dunha parte 12 do patrimonio inmaterial da
humanidade. É un proceso devastador no que unha comunidade, empurrada por circunstancias sempre
insoportables, abandona o uso da súa lingua. Pero é tamén un proceso 14 individual no que unha persoa, un
membro dunha comunidade implicada nun proceso de substitución, corta o vínculo máis íntimo cos devanceiros e
coa súa historia. O desarraigamento por substitución 16 lingüística, que adoita comportar un desexo de mellora,
paradoxalmente adoita acabar na marxinación de individuos que, ao renunciaren á súa historia, se atopan sen
pasado e sen futuro e sen saberen cal é o seu 18 lugar no mundo. Adaptado de Carme Junyent, en Sociedades
plurilingües, 2009

4.- Analiza sintacticamente as dúas seguintes frases:

a) O fenómeno da morte das linguas.

Sintagma nominal (todo): DET (o), NÚCLEO (fenómeno), MOD (da morte das linguas).

Sintagma Preposicional (da morte das linguas): ENL (de), TERMO (a morte das linguas)

Sintagma nominal (a morte das linguas): DET (a), NÚCLEO (morte), MOD (das linguas)

Sintagma preposicional (das linguas): ENL (de), TERMO (as linguas).

Sintagma nominal (as linguas): DET (as), NÚCLEO (linguas).

b) O patrimonio inmaterial da humanidade

Sintagma nominal (todo): DET (o), NÚCLEO (patrimonio inmaterial), MOD (da humanidade).

Sintagma nominal (patrimonio inmaterial): NÚCLEO (patrimonio), MOD (inmaterial).

Sintagma preposicional (da humanidade): ENL (de), TERMO (a humanidade).

Sintagma nominal (a humanidade): DET (a), NÚCLEO (humanidade).

Opción A.S
En Nova York conformábame con levar una vida que tiña como atractivo o simple feito de ser 2 diferente da miña
vida de París. Cando camiñaba por Queens, oía falar galego dentro das casas, nos xardíns, cos nenos xogando na
rúa. En 4 Queens os galegos facían esas cousas que en París xamais nos atreveriamos a facer, polo menos algúns.
Claro que os galegos de Queens eran traballadores, non exiliados. Emigrantes que se sumaban aos 6 italianos, os
irlandeses, os ucraínos e os polacos que convertían cada xardinciño de Queens nun anaco da terra partida de
Europa. Nese anaco, os galegos plantaban grelos e nabizas, cantaban alalás, comían polbo 8 e falaban
tranquilamente de cando Franco morrese. Ao mellor, cando vin os galegos de Queens, tiven envexa da súa paz
apolítica, da súa distancia 10 morriñosa sen rupturas, da súa certeza en que só estaban en Nova York de
casualidade, temporalmente, facendo cartos para volver. E entón comprendín por que eu xa non era nada: nin
galego nin francés. Co 12 paso dos anos fun quedando baleiro. Tiven que pasear por unha rúa do outro lado do
Atlántico e ver as vidas semicheas dos emigrantes galegos para aprenderme a min mesmo. Inma López Silva,
Memoria de cidades sen luz, 2008

4.- Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e identifica o valor de cada morfema:


camiñaba (liña

3), exiliados (l. 5), emigrantes (l. 5), semicheas (l. 13).

CAMIÑABA: camiñ-: raíz

- a -: vogal temática

-ba: sufixo modo, temporal, aspectual (indicativo, pret imperfecto)

-0: sufixo número, persoa: primeira persoa, singular.


EXILIADOS: exili-: raíz

- ad -: sufixo derivativo, colectivos

- o -: sufixo flexivo de xénero masculino

-s: sufixo flexivo de número, plural.

EMIGRANTES: e-: prefixo (cara fora)

-migr-: raíz

- ante -: sufixo profesional, axente

-s: sufixo flexivo de número, plural.

SEMICHEAS: semi-: prefixo (metade)

che-: raíz

- a -: sufixo flexivo de xénero feminino

-s: sufixo flexivo de número plural

5.- Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: galego (liña 3), facer
(l. 4), grelos (l.

7), polbo (l. 7), morriñosa (l. 10), mesmo (l. 13).

Galego: semifechada

Facer: semifechada

Grelos: semifechada

Polbo: semiaberta

Morriñosa: semifechada

Mesmo: semiaberta

Opción B.S
Arde Galicia porque está abandonada. Arde por mor da física, a química e a bioloxía e porque nos 2 empeñamos en
ignorar o que sabemos de historia. O problema é o mesmo dende hai décadas, pero cada ano sabemos máis de por
que arde, cada ano arde máis e cada ano sáenos máis caro apagar os lumes. O 4 que non muda é o de botarlle a
culpa aos incendiarios, eses seres mitolóxicos que viñeron substituír ás meigas. 6 Arde porque hai demasiada
biomasa sen control en condicións de arder: porque está abandonada e ata as árbores -o seu exceso- son parte
dese abandono. Entre o 70 e o 75% do territorio rural galego está 8 simplemente abandonado. En 1960 máis do
50% do territorio estaba manexado polas explotacións directamente e outra parte importante eran masas forestais
plantadas e coidadas. Nesas terras non arde o 10 monte porque hai un manexo agropecuario do territorio. Non se
trata, non, de volver a hai 50 anos senón de ollar o presente. 12 Esa obsesión por non volver ao pasado impídenos
ver a solución que temos diante, na memoria de calquera vello ou na historia agraria: recuperar o monte como
espazo manexado polas explotacións 14 agropecuarias. Pero levamos tanto tempo reducindo o seu número que
semella que non podemos parar. O que necesitamos para acabar cos incendios é ir a favor da historia e non contra
dela, salvar a cultura do 16 monte como parte dun sistema agrario, recuperar o aprecio polo rural como espazo de
actividades produtivas: agrarias, pecuarias, madeireiras... xuntas, sen segregación, como aínda se fai nalgunhas 18
comarcas. Como sabemos facer. Lourenzo Fernández Prieto en La Voz de Galicia (27/09/2013)

4.- Le os exemplos, fíxate nas partes subliñadas e responde:


a) Eses seres mitolóxicos que viñeron substituír ás meigas (liñas 3-4): Por que o
Complemento Directo leva

preposición?

Emprégase porque en galego é obrigatorio poñer a preposición a cando existe ambigüidade


para diferenciar suxeito

e CD, Ex: eses seres mitolóxicos que viñeron substituír as meigas, eses seres mitolóxicos que
viñeron substituír ás

meigas

b) Non se trata de volver a hai 50 anos (liña 10): Por que non pon fai 50 anos?

Non se emprega fai xa que en galego este verbo refírese a un feito concreto no tempo,
empregase hai xa

que se refire a un tempo cronolóxico inexacto. Se empregásemos fai sería unha interferencia
do castelán.

5.- Explica as diferenzas formais e de contido entre estas dúas construcións:

O monte arde porque está abandonado vs. O monte arde porque foi abandonado.

A primeira oración é unha subordinada adverbial impropia de CC de Causa na cal o monte é o


suxeito, é

unha oración activa(o monte está abandonado) mais na segunda, o tipo de oración é a mesma,

subordinada adverbial impropia de CC de causa, mais o monte é suxeito pasivo, a oración é


pasiva xa que

o alguén abandonou o monte (o monte foi abandonado). Por outra banda, nas diferenzas de
contido

atopamos que a pasiva reflexa que o monte foi abandonado por alguén con intención e polo
tanto ese

alguén ten a culpa de que arda o monte; logo na oración activa, o monte está abandonado,
ninguén é

responsable xa que simplemente está abandonado e iso non é consecuencia da acción de


ninguén.

2017
Opción A.X
O gastrónomo estaba francamente anoxado. Pediu a conta para marchar canto antes. Co enfado, 2
comezaba a revolvérselle o estómago. Naquel restaurante eran uns simples traficantes de comida e iso
el non o soportaba. El, Cordón de Ouro da Gastronomía Hispánica. Pedira un dos pratos máis delicados,
4 lacón con grelos e nata feitos na súa propia xelatina, recheos con pasas gratinadas e servidos con culi
de perdiz aromatizado de lombarda e castañas do Courel, e estaba francamente mal preparado.
Pareceulle 6 especialmente reprobable o exceso de cocción nas patacas, pero tamén lle desagradou o
desproporcionado das gornicións. E, por se fose pouco, discutíranllo. A el, que era Pano de Ouro da
Escola de Hostalaría de 8 Bordeaux. Así que pagou e saíu do local. O enfado alteráralle o sangue e sentía
incómoda a dixestión. Por veces odiaba a súa profesión. Meteuse no coche para afastarse de alí canto
antes. Pero polo camiño foise 10 sentindo peor. O enfado provocáballe náuseas. Cada vez que se
lembraba do intolerable exceso de cocción das patacas sentía a molestia da comida a fedellarlle no
ventre. Coa rabia, estaba empezando a 12 descompoñerse. De súpeto, non puido aguantar máis. Quixo
parar o coche para saír, pero non lle deu tempo. Cando se deu conta xa o vomitara todo sobre o volante.
Poucas cousas hai máis duras que a vida 14 dun gastrónomo. Fran Alonso, en Dorna 27 (2001)

4. Poucas cousas hai máis duras que a vida dun gastrónomo. Podería esta comparativa de
superioridade construírse cun nexo distinto de “máis … que”? Cal sería? Xustifica a resposta
e escribe, se é o caso, como quedaría a oración. [1 punto]

O outro nexo que se pode empregar sería “máis…ca”, debido a que pódense utilizar
indistintamente cando estamos a compara dous nomes ou unha frase calquera. Ademáis, a
partícula ca pódese contraer co artigo a (cá). Poucas cousas hai máis duras cá vida dun
gastrónomo

5. Identifica no texto cinco palabras pertencentes ao mesmo campo semántico, das cales
unha debe ser o seu hiperónimo (identifícaa como tal) e as catro restantes hipónimos seus.
[1 punto]

Comida: patacas, grelos, lacón, castañas, perdiz

Opción B.X
Produción e consumo enchen as nosas vidas. E grazas ó progreso tecnolóxico e á acumulación de 2
capital, só producimos durante media vida, cuarta arriba cuarta abaixo. Agás desgrazas, que sempre hai
algunha. Consumidores, porén, sómolo todos dende o berce ata o burato final. E tanto á hora de
producir 4 coma á hora de consumir, un principio informa o noso actuar: obter a máxima satisfacción
posible. Agás excepcións, que sempre as hai para calquera regra. 6 O día da última tractorada, a
produtora chairega Carmela da Chousa subiu ós mandos do SAME familiar de 224 cabalos e enfiou cara
a Lugo a protestar polo baixo prezo do leite das súas vacas. Logo de 8 arrodear a muralla empoleirada na
cabina da súa máquina, a consumidora Carmela paseou as rúas do centro na procura dunha saia nova
para estrear na comuñón do seu sobriño. Aínda que lle fervían os ollos 10 por unha peza estampada da
marca lalinense Toypes, rematou por mercar outra menos lucida e de marca descoñecida, pero de prezo
máis baixo. 12 Ese mesmo día, a produtora Susa de Valdecales soubo que a empresa na que prestaba os
seus servizos, a téxtil Toypes, presentaba un ERE rotatorio por mor da caída no volume de vendas, e que
lle ía supor a 14 ela un certo quebranto salarial. De volta á casa logo da xornada laboral, a consumidora
Susa entrou no Centro Comercial para facer as compras alimentarias do día seguinte e, no canto do
cartón de leite de 16 Pascual —que viña mercando ata o de agora— e vendo como viñan as cousas,
decidiuse por un de “marca branca” quince céntimos máis barato. J. Luís Sucasas, en Vieiros (2009)

4. Consumidores, porén, sómolo todos (liña 3). Compara esa construción con estoutra que o
autor non utiliza: Todos somos consumidores. Explica as diferenzas existentes entre as dúas:
distinta orde de palabras, aparición do clítico de acusativo (sómolo vs. somos) e introdución
da forma porén. [1 punto]

A distinta orde das oracións supón que, no primerio caso, se queira centrar a atención nos
consumidores, de aí que apareza en primeiro lugar e non se siga a orde de SUX+ vbo+ PRED.
ISto fai que sexa necesario o uso do clítico que fai referencia ao atributo e que na segunda
oración, coa orde habitual, non apareza. Por último, o conector porén indica unha
contraposición ás ideas expostas anteriormente; matiz que non se da na outra oración
5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: Carmela arrodeou a muralla empoleirada na
cabina da súa máquina. [1 punto]

Opción A.S
Don Mariano camiña polo lado dereito do corredor do segundo andar de San Caetano na procura da 2
seguinte reunión. Chega tarde e sábeo, por iso apura. Precédeno dous grosos asesores con cadanseu
maletín na mao esquerda. Por detrás, dúas esveltas mulleres de andar contido e cartafol ao peito. De 4
súpeto, don Mariano detense e todos se deteñen. Colle o móbil que vibra no peto do pantalón, mira a
pantalla e aperta os labios ante a amoladura. 6 ––Dime –di. Don Mariano, trinta segundos despois de
descolgar e os mesmos a escoitar a pertinaz voz que sae polo 8 seu móbil, atravesa o corredor e
achégase a unha ventá. Vólvese para comprobar que ninguén axexa o que considera unha conversa
privada. A seguir exclama, coa mao coa que sostén o aparello tapándolle a boca: 10 ––Mira, Vanesa, eu
non che teño a culpa de que alucines coa túa nai e co que pasa! E se non lle queres falar, alá ti. Ela
seguramente fixo o que tiña que facer, e eu estou ocupadísimo traballando. Pero 12 ocupadísimo,
entendes? Así que… Mira, vouche solucionar o teu problema de vez. Agora mesmo sobes ao teu cuarto
e remexes no camión de roupa que tes polos catro armarios. Colles o que che praza e pólo, 14 que aí
está todo rebaixado, pero moito máis rebaixado que en Londres, París ou eses lugares raros aos que
sempre pretendes ir de compras. Incluso, se queres, podes poñer catro pares de botas, sete cazadoras e
16 oito gorros nas orellas, todo xunto, a ver se así colles unha enchente e… Ou se non, mellor aínda, filla,
sen dar o lerio como estás dando, volves para o instituto, que é onde debía estar metidiña toda a mañá
18 unha mocosa de dezasete anos coma ti. E por favor, a ver se deixas de "flipar" tanto! Don Mariano
non agarda pola resposta. Amolado, pecha o móbil e méteo no peto. Entón emprende de 20 novo a
marcha, e todo o seu séquito, como se tivese ensaiada unha coreografía, fai o mesmo. Xavier Quiroga,
Zapatillas rotas, 2014

4. Que tipo de irregularidade morfolóxica presenta a forma verbal sobes? (liña 12). Explica
en que consiste e indica a que formas do verbo subir afecta. Que forma debería usar o pai de
Vanesa se empregase o modo imperativo? [1 punto]

A forma verbal sobes presenta alteración vocálica, pois, dependendo a persoa da que se trate,
conxúgase con o ou con u. Afecta ao presente de indicativo: subo-sobes-sobe- subimos-
subides- soben. En imperativo deberíase user a forma sube.

5. Nas liñas 10 e 12 aparece a forma che empregada con dous valores claramente distintos.
Coméntaos explicando por que son diferentes. [1 punto]

Che (l.10): trátase dun dativo de solidariedade, xa que non cumpre función sintáctica; aquí o
pronome só busca facer participe ao interlocutor do que se está a dicir.

Che (l.12): función sintáctica de CI

Opción B.S
A sociedade hoxe está a percibir multitude de estímulos, tantos que é imposíbel a súa asimilación con 2
sentido crítico e reflexivo. No entanto, non se inclúen de xeito preferente ou, cando menos, en
igualdade de condicións, os elementos culturais, nomeadamente os galegos. 4 Coñécese antes calquera
figura mediocre e incluso tóxica para a formación do individuo –e, por extensión, da sociedade– que
unha referente da escrita, da música, da ciencia, das artes plásticas, do 6 teatro, etc. Cultívase o valor da
simple aparencia física predeterminada por un canon homoxéneo máis do que a capacidade intelectual.
Refórzase o valor do acceso ao carto rápido antes do que a cultura do 8 esforzo e o traballo progresivo
cara á cultura do coñecemento. E todo isto con fortes investimentos económicos para inventar un
determinado mercado superficial e carente de principios. 10 Que a infancia e a mocidade soñe con ser
futbolista ou modelo moi maioritariamente non me parece o mellor termóstato da boa saúde social.
Que porcentaxe da cidadanía soubo –e foi quen de o valorar– que o 12 eminente científico galego Ángel
Carracedo acaba de recibir o premio nacional polo seu determinante labor desenvolto ao redor da
investigación xenética? Quen foi María Wonenburger? 14 Que presenza ten a cultura galega nas radios,
nas televisión, na internet, no cinema, no teatro, nos foros públicos, na prensa impresa e dixital, nas
revistas? Porque xa sabemos que non se valora o que non 16 se coñece. Mercedes Queixas en Palavra
Comum (09/10/2015)

4. Entre as liñas 11 e 15 encadéanse tres preguntas que obviamente a autora formula sen
esperar resposta, por tanto sen pretender con elas obter unha información dos seus
destinatarios. Comenta estes peculiares enunciados interrogativos, indicando con que
intención se formulan. [1 punto]

Formúlanse as preguntas coa intención de sembrar dúbida na mente do lector e, deste xeito,
facer que profundice na lectura. Cansidéranse estas preguntas retóricas nas cales non
coñecemos unha resposta concreta nin o autor do texto pretende que coñezamos dita
información. Só pretende crear en nós curiosidade.

5. Explica os conceptos de polisemia e homonimia empregando como exemplos as palabras


figura (liña 4) e polo (liña 12), respectivamente. Indica unha palabra homófona de valor (liña
6) e explica en que consiste a relación de homofonía existente entre elas. [1punto]

A homonimia é un fenómeno no cal dúas ou máis palabras, con distinto significado e orixe,
acaban pronunciándose ou escribíndose do mesmo xeito. No caso de “polo”, presenta
homografía e homofonía, xa que se pronuncia e escribe do mesmo xeito, mais non ten o
mismo significado.

Por outra banda, a palabra valor é homófona da palabra valor. Ambas pronúncianse do mesmo
xeito, pero escríbense e teñen un significado diferente.

2018
Opción A.X
É pequena e vermella, os chanzos da escaleira da entrada son estreitos de máis, e as fiestras tan pequenas que
mesmo parece que estean a conter a respiración. Hai sitios onde se ven os ladrillos, e a porta da entrada deu tanto
de si que hai que puxar con forza para pasar. Non temos xardín na parte de diante, só catro olmos pequeniños que
plantou o concello na beirarrúa. Na parte de atrás hai un garaxe para o coche que 5 aínda non temos e un terreo
pequeno que aínda semella máis pequeno polos dous edificios que ten aos lados. O que si hai na casa son
escaleiras, pero son as escaleiras correntes do vestíbulo, e só temos un cuarto de baño. Todo o mundo ten que
compartir cuarto: mamá con papá, Carlos con Kiki e eu con Nenny. Unha vez cando viviamos en Loomis, pasou ao
meu carón unha das monxas do meu colexio e viume xogando na rúa. A lavandaría que había debaixo da casa tiña
táboas nas fiestras porque roubaron había dous 10 días, e o dono pintara na madeira: SI, ESTÁ ABERTO, para non
perder clientes. Onde vives, preguntou? Aí, dixen sinalando o terceiro andar. Vives aí? Aí. Tiven que mirar para onde
ela sinalaba: o terceiro andar, a pintura desprendida, os listóns de madeira 15 que papá cravara nas xanelas para
que non caésemos. Vives aí? Díxoo dun xeito que me fixo sentir como se non valese nada. Aí. Vivía aí. Asentín coa
cabeza. Nese momento deime conta de que tiña que ter unha casa, unha casa de verdade, que puidese sinalar. Pero
esta non o é. A casa de Mango Street non o é. E só de momento, di mamá. Só unha tempada, di papá. Pero eu xa sei
como son estas cousas. Sandra Cisneros, A casa de Mango Street (trad. Alicia Meléndez Sousa, 2008)

4. Segmenta morfoloxicamente as seguintes formas e identifica o valor de cada

morfema: pequeniños (liña 4), beirarrúa (liña 4), lavandaría (liña 9) e tempada (liña

18).
 Pequeniños

Pequen-: raíz (“persoa de curta idade ou tamaño”)

-iñ-: morfema alterativo (“diminutivo”)

-o-: morfema flexivo (“xénero masculino”)

-s: morfema flexivo (“número plural”)

 Beirarrúa

Beira-:raíz (“parte dun lugar”)

-rrúa-:raíz (“lugar”)

-0:morfema flexivo (“número plural”)

 Lavandería

Lav-:raíz (“acción de lavar”)

-and-:interfixo

-ería-:morfema derivativo (“profesión e lugar”)

-0:morfema flexivo (“número singular”)

 Tempada

Temp-:raíz (“magnitude física con que mide a duración”)

-ada-:morfema derivativo (“formador de substantivos”)

-0:morfema flexivo (“número singular”)

5. Procura no texto dez termos que pertenzan ao campo semántico da construción e

o urbanismo.

Escaleira, fiestras, ladrillos, porta, garaxe, casa, terreo, edificios, pintura, cuarto.

Opción B.X
A carón desa enorme superficie álzase a cheminea da central térmica. Non é esta obviamente un prodixio para
Galicia pois trátase dun dos aparellos industriais máis contaminantes de Europa que mesmo chegou a custar a vida
a varias persoas polos seus letais efectos na atmosfera. Pero si é un eminente traballo de enxeñería. Mide 33
centímetros máis que a propia Torre Eiffel, e o lendario Empire State Building de 5 Nova York é apenas uns metros
máis alto ca ela. Álzase 257 metros sobre o solo e pesa 88.200 toneladas, polo que é unha das chemineas máis altas
de Europa e no momento da súa construción en 1973 foi a maior de España. A cheminea está construída a base de
formigón e no interior consta de catro condutos de aceiro illados. Ten un diámetro na base de 36,5 metros e no
cume redúcese ata os 19 metros. Ademais da cheminea 10 destacan as catro torres de refrixeración, enormes
cilindros que emiten de forma constante vapor de auga (este non é contaminante) á atmosfera. Entre a
interminable superficie cuberta e esa incrible cheminea sobrevive unha parroquia rural, Vilavella: preserváronse un
grupo de casas de pedra, agora restauradas, hórreos, un cruceiro, ata a igrexa parroquial co seu cemiterio. Un
reduto centenario da Galicia decimonónica dende o que se fan aínda máis 15 abraiantes e cuestionábeis as
desproporcionadas magnitudes desta central térmica. Henrique Alvarellos, Galicia en cen prodixios (2004)

4. Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e indica o valor de cada morfema:


contaminantes (liña 2), lendario (liña 4), illados (liña 8) e desproporcionadas (liña 15).
 Contaminantes

Contamin-:raíz (“acción de contaminar”)

-(a)nte-:morfema derivativo (“formador de novas palabras”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

 Lendario

Lend-:raíz (“con gran renome”)

-an-:morfema derivativo (“formador de adxectivo”)

-o-:morfema flexivo (“xénero masculino”)

-0:morfema flexivo (“número singular”)

 Illados

Ill-:raíz (“acción de illar”)

-ad-:morfema derivativo (“formador de adxectivos ou participios”)

-o-:morfema flexivo (“xénero masculino”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

 Desproporcionadas

Des-:morfema derivativo (“inversión do significado da palabra simple”)

-proporcion-:raíz (“acción de proporcionar*”) *dar a alguén ou pór á súa disposición

-ad-:morfema derivativo (“formador de adxectivos ou participios”)

-a-:morfema flexivo (“xénero feminino”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

5. Identifica a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os fragmentos


subliñados e en negriña.Non é necesario que analices os seus compoñentes.

“A carón desa enorme superficie”: CCL

“Un prodixio”: ATRIBUTO

“As catro torres de refrixeración”: SUXEITO

“Vapor de auga”: CD

Opción A.S
Eu lin por vez primeira Memorias dun neno labrego cando cheguei a Vigo en setembro de 1973 para dar aulas no
Instituto Castelao (chamado daquela do Calvario, pois aínda non propuxera mudarlle o nome). Aprendía galego nas
clases de Francisco Carballo, no xermolo da Asociación de Veciños do Calvario, clandestina, como todo o que era
interesante daquela. Lendo as Memorias de Balbino puiden saborear 5 fermosas palabras, “mouro”, “enfarruscar”,
lambonadas que nos ofrecías. Se Memorias dun neno labrego é un dos libros galegos máis difundidos polo mundo
adiante, se foi traducido a dezaseis linguas, se segue emocionando a lectoras e lectores de países tan distantes
como China ou Alemaña, é por falarnos de cuestións universais, das inxustizas e de como afectan á infancia, das
ledicias dun neno por pequenos sucesos, das súas penas nun mundo que ás veces resulta hostil. 10 As Memorias
tiveron a afouteza de rachar coas historias bucólicas sobre a vida nas aldeas. Non son compracentes coa idea mítica
dunha Galicia rural onde todo sería harmonioso, sen conflitos. Unha lucidez tanto máis singular canto, desde a
distancia imposta polo exilio, pode haber unha tendencia a representar a aldea que se deixou atrás como a Arcadia
feliz. Ao contrario, as Memorias reflicten a dureza duns tempos nos que as rapazas e rapaces andaban descalzos e
sufrían frieiras. Todos ou case todos, fosen os nacidos nos 15 anos 1920 nunha familia pobre, como Balbino, fosen
os nacidos nos anos 1950 na casa dun médico, como o meu compañeiro Ramón López Facal. Balbino fainos vivir a
pobreza, o frío, a dureza da vida duns rapaces pobres. Marilar Aleixandre, “Voces termando da paisaxe galega”,
discurso de ingreso na Real Academia Galega (2017)

4. Repara nas construcións como todo o que era interesante daquela (liña 4) e de

como afectan á infancia (liña 8) e:

a)Explica as diferenzas sintácticas e de significado existentes entre unha e outra.

A primeira construción é comparativa mentres que a segunda é interrogativa indirecta,

é dicir, esta non compara.

b) Sería posíbel substituír nalgún caso como por coma? Xustifica a resposta.

Na primeira construción é posible cambiar como por coma xa que é unha construción

comparativa e coma é un nexo comparativo.

5. Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e indica o valor de cada

morfema: difundidos (liña 6), inxustizas (liña 8), compracentes (liña 11) e harmonioso

(liña 11).

 Difundidos

Difund-:raíz (“acción de difundir*”) *distribuír ou dar a coñecer

-id-:morfema derivativo (“formador de adxectivos”)

-o-:morfema flexivo (“xénero masculino”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

 Inxustizas

In-:morfema derivativo (“expresa negación”)

-xustiza-:raíz (“conforme os dereitos”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

 Compracentes

Com-:morfema derivativo (“unión ou colaboración”)

-prac-:raíz (“sensación agradable”)

-ente-:morfema derivativo (“formador de adxectivos a partir de verbos”)

-s:morfema flexivo (“número plural”)

 Harmonioso
Harmoni-: raíz (“relación de paz, concordia e entendemento”)

-os-:morfema derivativo (“cualidade, relativo a”) *formador de adxectivos a partir dun

substantivo

-o-:morfema flexivo (“xénero masculino”)

-0:morfema flexivo (“número singular”)

Opción B.S
Cando chega á casa despois do curso de calceta recíbea un Manuel rosmando porque non está a cea.
Rosma aínda máis, está claro, porque non está ela. Matilde entra pola porta coa súa bolsa enorme da
que saen as agullas e unhas las de cores. ─E agora isto vai ser un costume ou que ─funga o Manuel
desde a cociña. 5 ─Todos os xoves de oito a nove. Curso de calceta. Xa cho dixera. Lévame vinte minutos
chegar a casa desde a asociación veciñal. Por iso son as nove e vinte e estou na casa. ─Falou o cuco do
reloxo! Pois son as nove e vinte e xa teño unha fame negra, que para iso boto día eslombándome na
obra. ─A cea está sen cociñar. Só me levará quince minutos. Pero preciso outros cinco para cambiar de
10 roupa. ─Pois veña, Brancaneves, bulindo. ─Quererás dicir Cinsenta. O Manuel queda pampo na porta
da cociña. ─Como? 15 ─A que cambia de roupa non é Brancaneves, é Cinsenta. Era iso, non? ─Que máis
terán esas trangalladas, ponte coa cea! ─acaba berrando enrabechado. María Reimóndez, O club da
calceta (2006)

4. Indica se as seguintes palabras son simples, derivadas ou compostas. Xustifica a

resposta explicando no seu caso a derivación ou composición que aprecies: calceta

(liña 1), asociación (liña 6), eslombándome (liña 8), Brancaneves (liña 11) e

trangalladas (liña 16).

Calceta: é unha palabra simple xa que está formada únicamente por unha raíz

Asociación: é unha palabra derivada xa que está formada por un lexema e un morfema

derivativo. Derivada de “asociar”

Eslombándome: é unha palabra derivada xa que ten morfemas derivativos engadidos á raíz.

Derivada de “lombo”

Brancaneves: é unha palabra composta por dous lexemes “Branca” e “neve”

Trangallada: é unha palabra simple xa que está formada únicamente por unha raíz

5. Indica a función sintáctica na oración das frases que se resaltan no texto.

“un Manuel rosmando porque non está a cea”: SUXEITO

“un costume”: ATRIBUTO

“unha fame negra”: CD

“outros cinco”: CD

“Cinsenta”: PREDICATIVO
2019
Opción A.X
A Dian Fossey que eu coñecín era unha muller tímida pero de carácter forte. Chegara a África a finais de
2 1966. No campamento Karisoke afondou no coñecemento dos gorilas. Pero os seus esforzos non se
limitaron só a estudar estas criaturas; Dian Fossey tamén se dedicou a crear unha conciencia en contra
da 4 caza furtiva. Aquela incansable muller amaba os gorilas. Cando contactaba cun deles, poñíalle
nome. O gorila co que 6 acadou unha maior comunicación chamábase Digit. —Morreu nunha
emboscada de cazadores furtivos. Cando souben da súa morte pensei que toleaba. 8 Intensifiquei a
miña loita contra os cazadores furtivos: cheguei a prepararlles trampas. Daquela empezaron os meus
enfrontamentos co goberno de Ruanda. 10 Esta loita a cara descuberta procuroulle moitos inimigos.
Inimigos grandes e pequenos. Entre estes últimos se contaban algúns indíxenas locais. Había indíxenas
que cazaban gorilas por pura necesidade. A 12 zona onde estaba situado o campamento era moi pobre.
E un cacho de carne sempre era ben recibido na boca daquela xente esfameada: carne do animal que
fose. En ocasións, Dian Fossey combateu esta 14 práctica xogando coa superstición dos indíxenas. Na
África negra a xente adoita ser supersticiosa. Moitos africanos son animistas e cren que os mortos viven
entre os vivos. Dian Fossey, consciente diso, ás veces 16 presentábase como o espírito dunha meiga que
castigaría a aquel que fixese dano aos gorilas. Dian Fossey tensou demasiado unha corda que era fráxil.
E foi asasinada. Os seus restos mortais 18 descansan a carón dos de Digit. Pere Tobaruela, Na cerna da
selva (2010)

4. Contesta as seguintes preguntas relativas ao uso da preposición a. Xustifica as respostas:


[1

punto] a) Aquela muller amaba os gorilas (liña 5): Podería levar preposición a o
complemento directo? b) Unha meiga que castigaría a aquel que fixese dano aos gorilas (liña
16): Podería non usarse a preposición a nestes dous casos?

a) Os CD non van acompañados de preposición (salvo certas excepcións), polo tanto non se
podería poñer.

b) En ningún destas poderíase omitir a preposición a porque cambiaría a súa función sintáctica
mais a oración carecería de sentido.

5. Analiza sintacticamente a seguinte oración: [1 punto] En ocasións, Dian Fossey combateu


esta práctica xogando coa superstición dos indíxenas

Opción B.X
Estes días atrás a polémica xestión do presidente dos EEUU Donald Trump fixo que recordase unha 2
novela de Sinclair Lewis (1885-1951) á que non se lle prestara demasiada atención nos últimos anos.
Estou a referirme a It Can’t Happen Here (Iso non pode pasar aquí), unha fantasía distópica publicada en
4 1935 que tal semella fose escrita para describir, premonitoriamente, a administración do actual
presidente. It Can’t Happen Here describe o ascenso do senador Berzelius ‘Buzz’ Windrip ata a
presidencia dos 6 EEUU, un outsider ao que o seu propio partido non parece tomar en serio, pero que
resulta un hábil orador, populista, falangueiro e cómico, cun don para saber o que á xente lle encanta
oír. Retórico 8 incendiario, Windrip está convencido de que a grandeur da súa nación ten que volver
gañarse expulsando do país a xudeus, mortos de fame do leste de Europa e tanto chinés e, levado deste
pulo de limpeza étnica, 10 comeza unha guerra contra México, ao que acusa de provocacións
inexistentes. Windrip, que coida que os EEUU perderon a súa grandeza por culpa de teren dereitos as
mulleres, por darlles tanto poder aos 12 sindicatos de traballadores, por non dedicar a orzamento
militar máis recursos e por ter rematado coa escravitude, está convencido de que unha rexeneración
moral da nación pasa por inverter toda esta 14 situación e vixiar de preto os sindicalistas, amordazar a
prensa independente e facer calar aos artistas e intelectuais. Como defende a novela, “o poder non
precisa de escusas” e “calquera persoa que ten un 16 millón de dólares é superior ao resto”. Non sei se
todo o que acabo de describir vos soa, mais estou convencido de que é un bo exemplo de 18
premonición literaria ou, se se prefire, de videncia autorial. Aprendizaxe: tomade nota co que soñades,
imaxinades ou escribides, que a vida évos tan rabuda coma sorprendente. Armando Requeixo en Galicia
Digital (08/02/2019)

Comenta as tres formas se que aparecen nas liñas 17-18 do texto: indica a que clase e

subclase de palabra pertence cada unha delas e o tipo de oración que introducen ou de que

forman parte. [1 punto] Non sei se1 todo o que acabo de describir vos soa (liña 17)

exemplo de premonición literaria ou, se2 se3 prefire, de videncia autorial (liña 18)

- Se: Conxunción: subordinante completiva. Introduce unha oración subordinada de

CD.

- Se: Conxunción: subordinante condicional. É un relator, nexo.

- Se: Marca de impersonalidade: pasiva. Non ten función sintáctica.

5. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: serio (liña 6),

cómico (l. 7), retórico (l. 7), chinés (l. 9), teren (l. 11), mulleres (l. 11), persoa (l. 15). [1

punto]

Serio: aberta

Cómico: aberta

Retórico: aberta

Chinés: pechada

Teren: aberta

Mulleres: aberta

Persoa: pechada

Opción A.S
Agora, que gastei os meus outonos 2 e ben entrado xa no propio inverno, acredito no fugaz e no eterno
4 e só me asusta o raio, non os tronos. Un, dende fai moitos anos, comprendeu 6 que todo é asegún e
relativo e ninguén é tan bo nen tan cativo, 8 nen podemos prescindir do propio eu. Gardo dentro de min
toda a fragancia 10 dos amados rincós da miña infancia e os recendos que tiña a vella casa. 12 Foi chama
o meu amor. Agora é brasa. Saleta sempre. Perdón pola arrogancia: 14 "A luz é poderosa. A tebra,
escasa." Manuel María, Sonetos á Casa de Hortas (1997)

4. A palabra rincós (verso 10) amosa un fenómeno dialectal que caracteriza un


dos bloques dialectais do galego. Cal é ese fenómeno? Que bloque dialectal
caracteriza? Sinala outros dous fenómenos característicos dese bloque. [1
punto]
O fenómeno que atopamos en rincós é a formación do plural das palabras
rematadas en “-ns” en “-s”; trazo que caracteriza ao bloque central. Outros dous
fenómenos característicos deste bloque serían: a distinción da terminación masculina
-ao fronte á de feminino -á (irmao, irmá) e empréganse sempre ditongos -oi- para as
formas procedentes dos grupos latinos ULT, OCT, UCT e ORI (moito, noite…). 

5. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras do texto: 


agora (v. 1) pechada /o/
outono (v. 1) pechada /o/
ben (v. 2) aberta /ɛ/
eterno (v. 3) aberta /ɛ/
só (v. 4)  aberta /ɔ/
todo (v. 6) pechada /o/
ninguén (v. 7) aberta /ɛ/
podemos (v. 8) pechada /e/
recendo (v. 11) pechada /e/
amor (v.12) pechada /o/ 

Opción B.S
Os médicos están a enganarnos, mais eles non o saben. Os visitadores médicos están a enganar os 2 médicos, mais
tampouco o saben. As compañías farmacéuticas están a enganarnos a todos, alguén dentro delas sábeo. Isto vén a
conto porque, segundo parece, é probable que algúns dos medicamentos que nos 4 receitan non fagan o efecto
desexado ou polo menos non coa eficacia que proclaman os posuidores das patentes. Esta pouco saudable nova é
unha das lecturas que se poden extraer dun traballo realizado por 6 uns investigadores da Universidade de Toronto
e publicado recentemente no British Medical Journal. A principal conclusión deste traballo, non de todo innovadora,
é que cando un estudo científico para o 8 desenvolvemento dun novo fármaco está financiado por unha compañía
farmacéutica, o resultado tende a favorecer o produto fabricado por esa compañía –cunha probabilidade de 4 a 1–.
Este desequilibrio non 10 existe nos estudos financiados por outras fontes. Ou sexa, existe unha presión económica,
unha man pantasma, que pode dirixir experimentos en principio puramente científicos, e por tanto puramente 12
obxectivos, e trocalos en ciencia mal feita para favorecer os intereses das grandes compañías. Os médicos poden
facer pouco ou nada. A pesar de que, coa súa mellor vontade, receiten os fármacos 14 que realmente cren que son
os mellores, poden estar confundidos. Mais non confundidos polos visitadores médicos, senón pola letra pequena
dos informes científicos. Con esta prostitución do proceso de creación 16 científica todos perden, empezando polos
pacientes. Uns perden credibilidade e outros a saúde. Moitos laboratorios das nosas universidades non teñen máis
remedio que aceptar suculentas ofertas 18 das grandes compañías farmacéuticas para seguir investigando xa que os
gobernos son extremadamente inútiles para comprender que a investigación científica é algo que nos beneficia a
todos. A mellor 20 solución é convencer os políticos de que o investimento en ciencia é beneficioso para todos. O
problema é que as ciencias básicas funcionan a longo prazo, mais os políticos non. Xurxo Mariño, Os dados do
reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas (2005)

4. Segmenta morfoloxicamente as seguintes palabras e identifica o valor de cada


morfema: 
enganarnos: engan-a-r-nos
engan-: Raíz (Mentir para conseguir un obxectivo)
-a-: Vogal Temática (1ª conxugación)
-r-: Morfema Verbal (temporal, modal, aspectual) (infinitivo)
-nos: Moferma Verbal (nº, persoa (1ª p.pl))
visitadores: visit-a-dor-es
visit-: Raíz (Ir a ver a alguén á súa residencia habitual)
-a-: Vogal Temática (1ª conxugación)
-dor-: Morfema Derivativo Sufixo (oficio/ocupación)
-es: Morfema Flexivo (xénero e número (masculino plural)
favorecer: favor-ecer
favor- : Raíz (Axuda prestada coa promesa de ser devolta) 
-ec(e)r: Morfema Derivativo Sufixo (formador de verbos: proceso para chegar a un
estado) o (e) é a Vogal Temática da 2ª conxugación. 
laboratorios: labor-a-torio-s
labor-: Raíz (Tarefa ou traballo)
-a-: Vogal Temática (1ª conxugación)
-torio-: Morfema Derivativo Sufixo (locativo)
-s: Morfema Flexivo (número (plural))

investigación: investig-a-ción
investig-: Raíz (Buscar datos sobre un tema)
-a-: Vogal Temática (1ª conxugación)
-ción: Morfema Derivativo Sufixo (formador de substantivos)

5. No primeiro parágrafo do texto (liñas 1-6) aparecen exemplos dos tres tipos
básicos de construción coordinativa: copulativa, disxuntiva e adversativa.
Localízaos, identifica o seu tipo e comenta brevemente en que se diferencian. 
 Copulativa: (...) dun traballo realizado por uns investigadores da Universidade
de Toronto e publicado recentemente no British Medical Journal.
o As oracións coordinadas copulativas están formadas por dous
predicados unidos a través dun nexo, indican unión ou suma. 
 Disxuntiva: (...) algúns dos medicamentos que nos receitan non fagan o efecto
desexado ou polo menos non coa eficacia que proclaman os posuidores das
patentes.
o As oracións coordinadas disxuntivas están formadas por dous
predicados unidos a través dun nexo disxuntivo, estas plantexan dús ou
máis opcións con respecto a un tema. 
 Adversativas: Os médicos están a enganarnos, mais eles non o saben.
o As oracións coordinadas adversativas están formadas por dous
predicados unidos a través dun nexo adversativos; estas presentan
dúas ideas contrapostas. 

You might also like