You are on page 1of 3

lpsdi

www.wuolah.com/student/lpsdi

946

Literatura-Pregunta-8.pdf
Preguntas Literatura

1º Lingua Galega

Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su
totalidad.
a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3254168

LITERATURA
PREGUNTA 8 - O TEATRO ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE
RIBADAVIA.

O teatro sufriu aínda máis que os outros xéneros as consecuencias da guerra e a posterior
ditadura. A súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio: Castelao, con Os vellos non deben
de namorarse; Varela Buxán, autor teatral, director e actor, foi un dos principais animadores do
teatro galego na Arxentina; ou Blanco Amor, quen dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu
Farsas para títeres, cheas de elementos fantásticos e satíricos, pensadas para un público culto, e
Teatro prá xente, pezas de realismo costumista, para un público pouco afeito a ler ou ver teatro.

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
A partir da posguerra, retómase en Galicia a produción teatral a través de iniciativas como a
Mostra de Teatro de Ribadavia e o Concurso de Teatro Abrente. Na década dos 60 aparecen os
primeiros grupos de teatro independente ligados ao movemento estudantil e ás asociacións
culturais, ademais de compañías teatrais como Teatro Circo ou Teatro Popular Galego, que
representan obras cunha forte carga ideolóxica e rupturistas coas formas clásicas.

Dúas xeracións configuran o panorama teatral: a Xeración dos 50 e a Xeración das mostras de
teatro de Ribadavia, que conviven cos dramaturgos anteriores (o Grupo de Enlace). Entres estes
últimos destacan Otero Pedrayo, que publica O desengano do prioiro (1952); Xenaro Marinhas del
Valle, autor de varias pezas recollidas en A serpe e A revolta e outras farsas (1965); e Ricardo
Carvalho Calero con A farsa das zocas (1963). Esta lenta e conflitiva recuperación consolídase
por volta de 1959, coa edición de Vieiro choído, de Xosé L. Franco Grande, e, sobre todo, coa
publicación e estrea de O incerto señor don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, onde se reinterpreta o
mito clásico a través dun protagonista condicionado polo destino.

Da Xeración dos 50 sobresaen os seguintes autores:


• Manuel María: inicia a súa traxectoria en 1957 co poema dramatizado Auto do
Taberneiro. Convencido da capacidade educativa do teatro, utilizará o escenario como
plataforma ideolóxica creando un teatro popular, pero tamén reivindicativo que
reflexiona sobre o pasado histórico ou que adopta unha visión crítica da actualidade:
Barriga Verde (1968), Farsa do Bululú (1973).
• Daniel Cortezón: a súa obra dramática revisa importantes episodios e personaxes da
historia de Galicia como Prisciliano (1970), Xelmírez ou a groria de Compostela (1974),
Os irmandiños (1977) ou Pedro Madruga (1981).
• Bernardino Graña: as súas obras comparten unha visión crítica sobre o poder do diñeiro
e sobre a vida alienada do ser humano no mundo moderno. Constrúe un teatro popular
dándolle grande importancia aos elementos escénicos. Entre as súas obras destaca 20

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3254168

mil pesos crime (1962) onde desenvolve técnicas do cine policial.


• Xohana Torres: a obra A outra banda do río Iberr (1965) é unha alegoría do exilio a
partir dunha familia dividida ideoloxicamente. En Un hotel de primeira sobre o río
(1968), o simbolismo político é substituído pola denuncia social: a expropiación das
terras con fins especulativos. Ambas as dúas pezas, con importante protagonismo
feminino, son boas mostras do teatro realista.

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
A partir da década de 1960 rexorde o teatro en Galicia co chamado Teatro Independente.
Este, que cumpriu unha importante función na axitación política antifranquista e pro-nacionalista,
pretendía entre outras cousas: rescatar o teatro das salas convencionais, romper co concepto de
compañía estable, experimentar novas formas de traballo e crebar a diglosia escénica.

En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia, presidida por Ernesto Chao,


convocou a 1ª Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia. Nela daranse a coñecer os integrantes da
primeira xeración de dramaturgos profesionais en lingua galega, o Grupo ou Xeración Abrente,
cuxos máximos representantes son Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. A
pesar de que publican algunha obra nesta período (Romería ás covas do demo, de M. Lourenzo
ou Zardigot, de E. Ruibal) a práctica totalidade das súas obras son posteriores a 1976.

Manuel Lourenzo é unha das figuras máis importantes e prolíficas do noso teatro. Crea
grupos como O Facho ou Teatro Circo, ademais de promover publicacións teatrais. Dentro da súa
obra podemos sinalar tres ciclos: mítico, histórico e experimental. Destacan títulos como A paixón
de Brenda Moore (1988), Veladas indecentes (1996) e As dunas (2009).

Euloxio R. Ruibal é un autor de teatro experimental que comezou escribindo obras


influídas pola técnica cinematográfica, comprometidas coa realidade político-social do país. Nunha
segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega. Contribúe tamén ao
teatro infantil. En 1973 e 1975 gañou con Zardigot e O cabodano o Premio Abrente de teatro.

Roberto Vidal Bolaño é fundamental para a construción dun teatro nacional galego. Funda
compañías como Teatro do Aquí e gaña o Concurso de Teatro Abrente coas obras Laudamuco,
señor de ningures (1976) ou Ladaíñas pola morte do Meco. Ademais, escribe Bailadela da morte
ditosa (Abrente 1980). O seu teatro seguiu camiños diferentes: por un lado ten textos simbólicos
de raíces populares e, por outro, textos máis complexos cunha visión pesimista da vida.

Ademais de escritores son tamén directores, promotores de compañías e, algúns deles,


actores. Todos eles iniciaron os grandes cambios do teatro que se consolidarían nas décadas
seguintes e que darían lugar á profesionalización do sector. (870 p)

You might also like