You are on page 1of 4

Proba de Avaliación do Bacharelato

para o Acceso á Universidade Código: 03


CONVOCATORIA ORDINARIA 2020

HISTORIA DE ESPAÑA
O exame consta de 4 preguntas de 5 puntos, das que poderá responder un MÁXIMO DE 2, combinadas como queira.
Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixirán as 2 primeiras respondidas.

PREGUNTA 1. RESPONDA OS DOUS APARTADOS SEGUINTES

1.1. Defina brevemente catro dos oito termos: (0,5 puntos por definición)
1. Megalitismo. 2. Marca Hispánica. 3. Unión de Armas. 4. Afrancesados.
5. Cantonalismo. 6. Pronunciamento. 7. Brigadas Internacionais. 8. Sección Feminina.

1.2. Desenvolva un dos catro temas


1.2.1. Conquista e romanización. (3 puntos)
1.2.2. O réxime feudal e a sociedade estamental. (3 puntos)
1.2.3. As ideas fundamentais do pensamento ilustrado. (3 puntos)
1.2.4. O reformismo borbónico en Galicia. (3 puntos)

PREGUNTA 2. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS


Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o reinado de Fernando VII. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos a explicar a política seguida polo monarca tras o seu
retorno a España, a delimitación temporal e as características principais das etapas do seu reinado. (5 puntos)

Doc. 1. Decreto de Valencia, 4 de maio de 1814


“As Cortes [...] no mesmo día da súa instalación [...] despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos
mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta, despois,
sobre tal usurpación as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova
Constitución [...]. Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto
ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas [...], senón o declarar aquela
Constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo ningún, coma se non tivesen
pasado xamais tales actos”.

Doc. 2. Manifesto de Rafael del Riego, 1 de xaneiro de 1820


“Soldados, o meu amor cara a vós é grande. Polo mesmo eu non podía consentir, como xefe voso, que se vos afastase
da vosa patria [...]. España está a vivir a mercé dun poder arbitrario é absoluto, exercido sen o menor respecto ás leis
fundamentais da nación. [...] A Constitución española, xusta e liberal, foi elaborada en Cádiz entre sangue e
sufrimento. Máis o rei non a xurou e é necesario, para que España se salve, que o rei xure e respecte esa Constitución
de 1812”.

Doc. 3. Fernando VII declara nulos os actos do goberno constitucional, Gaceta de Madrid, 7 de outubro de 1823
“Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cativerio e o de toda a miña Real Familia, a mísera situación dos
meus vasalos fieis e leais [...] determinou poñer fin a un estado de cousas que era o escándalo universal.
[...] Sentado xa outra vez no trono de S. Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas
resolucións dos meus poderosos Aliados [...] declaro o seguinte:
Primeiro: Son nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e
condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820 ata hoxe, día 1° de outubro de
1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a sancionar as leis e a expedir
as ordes, decretos e regulamentos que contra a miña vontade se me ditaban e expedían polo mesmo goberno”.

PREGUNTA 3. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS


Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a Restauración. Tendo en conta os documentos e
o seu contexto, debe atender cando menos os factores que explican o retorno da monarquía borbónica, as
características do sistema canovista e os trazos fundamentais da Constitución de 1876. (5 puntos).
Doc. 1. Discurso pronunciado no Congreso por Antonio Cánovas del Castillo, 11 de marzo de 1876
“S.M. a Raíña nai, como dixen, interveu persoal e directamente no manifesto de Sandhurst, e aquel manifesto
declarou expresamente que a augusta dinastía expatriada non recoñecía como vixente a Constitución do 45, abolida
polos feitos, nin a Constitución do 69, fundada polos feitos, e que os feitos mesmos destruíran.
Non hai, pois, niso máis nada ca un compromiso da dinastía; da augusta persoa que cedeu o Trono […], e do mesmo
Rei don Alfonso XII, aínda que ambas as declaracións se fixeron baixo a miña responsabilidade, a cal acepto e recollo
completamente. Esas declaracións consistían en que esa augusta dinastía […] viña a España sen ningunha Constitución
escrita”.

Doc. 2. Discurso pronunciado no Congreso por Sagasta, 20 de setembro de 1881


“Perante a representación que nestas Cortes teñen todos os principios e todos os intereses, non cabe descoñecer o
fallo favorable que sobre a marcha iniciada o 8 de febreiro polo meu novo goberno, acaba de pronunciar o país,
desexoso de que os partidos […] alternen pacificamente no Poder […]. Amestrado polos sucesos, sente o país tanta
necesidade de orde e repouso; anhela tan vivamente ver aseguradas as liberdades que á conta de incalculables
sacrificios conquistou […] que nada me parece tan factible como conseguir a alianza definitiva entre os dous grandes
elementos en que hoxe aparece dividida a sociedade española”.

Doc. 3. A Constitución de 1876


“Artigo 11. A relixión católica, apostólica, romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e os seus
ministros. Ninguén será molestado no territorio español polas súas opinións relixiosas nin polo exercicio do seu
respectivo culto.
Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Art. 19. As Cortes compóñense de dous Corpos Colexisladores, iguais en facultades: o Senado e o Congreso”.

PREGUNTA 4. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS


Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a política económica do franquismo. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos as principais características da etapa autárquica
e os seus resultados, así como a nova orientación económica que conduciu ao «desarrollismo». (5 puntos)

Doc. 1. Preámbulo da Lei do 24 de outubro de 1939 de protección ás novas industrias de interese nacional
“Con motivo da gloriosa Cruzada en que España tivo que superar a crise máis grave da súa historia, púxose de relevo a
capital importancia que para a vida da Nación ten contar no territorio patrio coas industrias necesarias para a guerra e
as primeiras materias indispensables para a súa vida. A situación da nosa economía esixe, por outra banda, esforzos
considerables para redimir España da importación de produtos exóticos.
O non lograr ata hoxe, non obstante as posibilidades do mercado interior, que a iniciativa particular satisfaga esas
necesidades, aconsella estimular a implantación de tales industrias de acusado interese nacional, concedéndolles
certas garantías e beneficios”.

Doc. 2. Preámbulo do Decreto-Lei do 20 de xullo de 1959, coñecido como «Plan de Estabilización»


“É indubidable que as medidas restritivas de emerxencia implicaban un carácter transitorio. Superadas aquelas
circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación
de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigacións asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A
maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do
dereito e da obrigación de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país. Pola contra, esta función
poderase exercer con maior axilidade suprimindo intervencións hoxe innecesarias”.

Doc. 3. Ingresos de divisas por turismo

Anos Millóns de dólares


1955 90,7
1960 297,0
1965 1.156,9
1970 1.680,8
Fonte: Ramón Tamames, Estructura económica de España, Madrid, Ed. Guadiana, 1974, vol. II, p. 479
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso á Universidade Código: 03
CONVOCATORIA ORDINARIA 2020

HISTORIA DE ESPAÑA
El examen consta de 4 preguntas de 5 puntos, de las que podrá responder un MÁXIMO DE 2, combinadas como
quiera. Si responde a más preguntas de las permitidas, solo se corregirán las 2 primeras respondidas.

PREGUNTA 1. RESPONDA A LOS DOS APARTADOS SIGUIENTES

1.1. Defina brevemente cuatro de los ocho términos: (0,5 puntos por definición)
1. Megalitismo. 2. Marca Hispánica. 3. Unión de Armas. 4. Afrancesados.
5. Cantonalismo. 6. Pronunciamiento. 7. Brigadas Internacionales. 8. Sección Femenina.

1.2. Desarrolle uno de los cuatro temas


1.2.1. Conquista y romanización. (3 puntos)
1.2.2. El régimen feudal y la sociedad estamental. (3 puntos)
1.2.3. Las ideas fundamentales del pensamiento ilustrado. (3 puntos)
1.2.4. El reformismo borbónico en Galicia. (3 puntos)

PREGUNTA 2. ELABORE UNA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DE LOS TEXTOS PROPUESTOS


Los siguientes textos deben permitirle hacer una redacción sobre el reinado de Fernando VII. Teniendo en cuenta
los documentos y su contexto, debe atender cuando menos a explicar la política seguida por el monarca tras su
retorno a España, la delimitación temporal y las características principales de las etapas de su reinado. (5 puntos)

Doc. 1. Decreto de Valencia, 4 de mayo de 1814


“Las Cortes [...] en el mismo día de su instalación [...] me despojaron de la soberanía, poco antes reconocida por los
mismos diputados, atribuyéndola nominalmente a la nación para apropiársela para sí ellos mismos y dar a esta,
después, sobre tal usurpación las leyes que quisieron, imponiéndole el yugo de que forzosamente las recibiese en una
nueva Constitución [...]. Declaro que mi real ánimo es no solo no jurar ni acceder a dicha Constitución ni a decreto
ninguno de las Cortes generales y extraordinarias y de las ordinarias actualmente abiertas [...], sino el declarar aquella
Constitución y tales decretos nulos y de ningún valor ni efecto, ahora ni en ningún tiempo, como si no hubiesen
pasado jamás tales actos”.

Doc. 2. Manifiesto de Rafael de Riego, 1 de enero de 1820


“Soldados, mi amor hacia vosotros es grande. Por lo mismo yo no podía consentir, como jefe vuestro, que se os alejase
de vuestra patria [...]. España está viviendo a merced de un poder arbitrario y absoluto, ejercido sin el menor respeto a
las leyes fundamentales de la nación. [...] La Constitución española, justa y liberal, ha sido elaborada en Cádiz entre
sangre y sufrimiento. Mas el rey no la ha jurado y es necesario, para que España se salve, que el rey jure y respete esa
Constitución de 1812”.

Doc. 3. Fernando VII declara nulos los actos del gobierno constitucional, Gaceta de Madrid, 7 de octubre de 1823
“Europa entera, conociendo profundamente mi cautiverio y el de toda mi Real Familia, la mísera situación de mis
vasallos fieles y leales [...] determinó poner fin a un estado de cosas que era el escándalo universal.
[...] Sentado ya otra vez en el trono de S. Fernando por la mano sabia y justa del Omnipotente, por las generosas
resoluciones de mis poderosos Aliados [...] vengo a declarar lo siguiente:
Primero: Son nulos y de ningún valor todos los actos del gobierno llamado constitucional (de cualquier clase y
condición que sean) que dominó a mis pueblos desde el día 7 de marzo de 1820 hasta hoy, día 1° de octubre de 1823,
declarando, como declaro, que en toda esta época carecí de libertad, obligado a sancionar las leyes y a expedir las
órdenes, decretos y reglamentos que contra mi voluntad se me dictaban y expedían por el mismo gobierno”.

PREGUNTA 3. ELABORE UNA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DE LOS TEXTOS PROPUESTOS


Los siguientes textos deben permitirle hacer una redacción sobre la Restauración. Teniendo en cuenta los
documentos y su contexto, debe atender cuando menos a los factores que explican el retorno de la monarquía
borbónica, las características del sistema canovista y los trazos fundamentales de la Constitución de 1876. (5
puntos).
Doc. 1. Discurso pronunciado en el Congreso por Antonio Cánovas del Castillo el 11 de marzo de 1876
“S.M. la Reina madre, como he dicho, intervino personal y directamente en el manifiesto de Sandhurst, y aquel
manifiesto declaró expresamente que la augusta dinastía expatriada no reconocía como vigente la Constitución del
45, abolida por los hechos, ni la Constitución del 69, fundada por los hechos, y que los hechos mismos habían
destruido.
No hay, pues, en ello nada más que un compromiso de la dinastía; de la augusta persona que cedió el Trono […], y del
mismo Rey don Alfonso XII, si bien ambas declaraciones se hicieron bajo mi responsabilidad, la cual acepto y recojo
completamente. Esas declaraciones consistían en que esa augusta dinastía […] venía a España sin ninguna
Constitución escrita”.

Doc. 2. Discurso pronunciado en el Congreso por Sagasta, 20 de septiembre de 1881


“Ante la representación que en estas Cortes tienen todos los principios y todos los intereses, no cabe desconocer el
fallo favorable que sobre la marcha iniciada el 8 de febrero por mi nuevo gobierno, acaba de pronunciar el país,
deseoso de que los partidos […] alternen pacíficamente en el Poder […]. Amaestrado por los sucesos, siente el país
tanta necesidad de orden y reposo; anhela tan vivamente ver aseguradas las libertades que a costa de incalculables
sacrificios ha conquistado […] que nada me parece tan hacedero como conseguir la alianza definitiva entre los dos
grandes elementos en que hoy aparece dividida la sociedad española”.

Doc. 3. La Constitución de 1876


“Artículo 11. La religión católica, apostólica, romana, es la del Estado. La Nación se obliga a mantener el culto y sus
ministros. Nadie será molestado en el territorio español por sus opiniones religiosas ni por el ejercicio de su respectivo
culto.
Art. 18. La potestad de hacer las leyes reside en las Cortes con el Rey.
Art. 19. Las Cortes se componen de dos Cuerpos Colegisladores, iguales en facultades: el Senado y el Congreso”.

PREGUNTA 4. ELABORE UNA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DE LOS TEXTOS PROPUESTOS


Los siguientes textos deben permitirle hacer una redacción sobre la política económica del franquismo. Teniendo en
cuenta los documentos y su contexto, debe atender cuando menos a las principales características de la etapa
autárquica y sus resultados, así como a la nueva orientación económica que condujo al «desarrollismo». (5 puntos)

Doc. 1. Preámbulo de la Ley de 24 de octubre de 1939 de protección a las nuevas industrias de interés nacional
“Con motivo de la gloriosa Cruzada en que España tuvo que superar la crisis más grave de su historia, se puso de
relieve la capital importancia que para la vida de la Nación tiene en contar en el territorio patrio con las industrias
necesarias a la guerra y las primeras materias indispensables a su vida. La situación de nuestra economía exige, por
otra parte, esfuerzos considerables para redimir a España de la importación de productos exóticos.
El no haber logrado hasta hoy, no obstante las posibilidades del mercado interior, el que la iniciativa particular
satisfaga esas necesidades, aconseja el estimular la implantación de tales industrias de acusado interés nacional,
concediéndoles ciertas garantías y beneficios”.

Doc. 2. Preámbulo del Decreto-Ley de 20 de julio de 1959, conocido como «Plan de Estabilización»
“Es indudable que las medidas restrictivas de emergencia entrañaban un carácter transitorio. Superadas aquellas
circunstancias, llegó el momento de iniciar una nueva etapa que permita colocar nuestra economía en una situación
de más amplia libertad, de acuerdo con las obligaciones asumidas por España como miembro de pleno derecho de la
OECE. La mayor flexibilidad económica que se establecerá gradualmente no supone en ningún caso que el Estado
abdique del derecho y de la obligación de vigilar y fomentar el desarrollo económico del país. Por el contrario, esta
función se podrá ejercer con mayor agilidad suprimiendo intervenciones hoy innecesarias”.

Doc. 3. Ingresos de divisas por turismo


Años Millones de dólares
1955 90,7
1960 297,0
1965 1.156,9
1970 1.680,8
Fuente: Ramón Tamames, Estructura económica de España, Madrid, Ed. Guadiana, 1974, vol. II, p. 479.

You might also like