You are on page 1of 3

HdE.

Composición históricas 2018-2019 Código:______________

ORIENTACIÓNS: Os seguintes textos permiten a elaboración dunha composición que teña por tema central as Cortes de
Cádiz e a Constitución de 1812. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: A formación das xuntas de goberno; as
Cortes de Cádiz (a súa composición, e os decretos elaborados); a Constitución de 1812 (contidos e implicacións histórica).
Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e
que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Documentos 1.
Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vosos corazóns o horror á perfidia coa que foi
seducido, temedes pola vosa sagrada relixión, (...) mirades xa na vosa imaxinación profanados os altares (...).
Chegou o caso: o voso reino (...) resumiu a autoridade soberana, que en tales circunstancias lle compete por
dereito, e fai dela o primeiro exercicio, condescendendo aos vosos desexos tan ruidosamente declarados. Tedes
xa caudillo tómase as decisións máis vigorosas; correde pois ás armas, vamos defender a causa de Deus, o honor
da nosa Patria, as nosas vidas e facendas (...).
Galegos: alistádevos de dez a corenta anos, pois mellor é morrer pola vosa relixión e os vosos fogares e a vosa
Patria, que ir cegos ao matadoiro por satisfacer unha ambición desmesurada.
XUNTA SUPREMA DO REINO DE GALICIA. Proclama. 5-6-1808
Documento 2
Os deputados que compoñen este Congreso e que representan á nación española, decláranse lexitimamente
constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a soberanía nacional.
As Cortes (...), recoñecen, proclaman e xuran de novo polo seu único e lexitimo rei ao señor don Fernando VII
de Borbón; e declaran nula, de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que se di feita a favor de Napoleón,
non só pola violencia que interveu naqueles actos inxustos e ilegais senón principalmente por faltarlle o
consentimento da nación.
Non convindo queden reunidos o poder lexislativo, o executivo e o xudicial, declaran as Cortes xerais e
extraordinarias que se reservan o exercicio do poder lexislativo en toda a súa extensión.
As Cortes (...) habilitan os individuos que compoñían o Consello de Rexencia para que (...) exerzan o poder
executivo.
CORTES DE CADIZ. Decreto I. 24-9-1910
Documento 3
No nome de Deus todopoderoso, Pai, Fillo e Espírito Santo, autor e supremo lexislador da sociedade. As Cortes
xerais e extraordinarias da nación española (...) decretan a seguinte Constitución (...):
Art.1. A nación sespañola é a reunión de todos os españois de ambos hemisferios. (...)
Arti.3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de
establecer as súas leis fundamentais. (...)
Art.4. A nación está obrigada a conservar e protexer (...) a liberdade civil, a propiedade e os demais dereitos
lexítimos de todos os individuos que a compoñen. (...)
Art.8. Tamén está obrigado todo español, sen distinción ningunha, a contribuír en proporcioón dos seus haberes
para os gastos do Estado. (...)
Art.12. A relixión da nación espñola é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana, única verdadeira (...)
e prohibe o exercicio de calquera outra.
Art.14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art.15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art.16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art.17. a potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais.
Art.131. As facultades das Cortes son: Propoñer e decretar as leis (...). fixar os gastos da Administración pública
(...), Establecer anualmente as contribucións e impostos (...), Protexer a liberdade política da imprenta (...) Facer
efectiva a responsabilidade dos Secretarios de Despacho (...)
Art.172. As restricións da autoridade do rei son as seguintes: (...) Non pode impedir, baixo ningún pretexto, a
celebración das Cortes (...), suspendelas, nin disolvelas, nin en maneira ningunha entorpecer as súas sesións ou
deliberacións (...). Non pode o rei ausentarse do reino sen o consentimento das Cortes e, se o fixese, entendese
que abdicou da Coroa. (...). Non pode impoñer por si contribucións (...).
Art.361. Ningún español pode escusarse do servizo militar.
Constitución española. 19-3-1812
HdE.Composición históricas 2018-2019 Código:______________

Plantilla de corrección

• Introdución ao tema: As Xuntas, as Cortes de Cádiz e a Constitución 1


INTRODUCCIÓN
• Contexto histórico: resistencia militar e política
TEXTO 1. Proclama da Xunta Suprema do Reino de Galicia
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA RESISTENCIA: AS XUNTAS 1
ORGANIZACIÓN DAS XUNTAS
OBXECTIVOS DAS XUNTAS E PERFIL IDEOLÓXICO DOS MEMBROS
AS XUNTAS EN GALICIA (ref. textuais)
CENTRALIZACIÓN NA XUNTA SUPREMA E CONSELLO DE REXENCIA
CONTIDO HISTÓRICO (70%)

TEXTO 2. Decreto I das Cortes de Cádiz


AS CORTES DE CÁDIZ E A ABOLICIÓN DO ANTIGO RÉXIME 2
DESENVOLVEMENTO

OOBXECTIVOS DAS CORTES E PERFIL SOCIAL


DIFERENCIAS IDEOLÓXICAS
DECRETOS ELABORADOS NAS CORTES (ref. textuais)
OUTRAS MEDIDAS
SIGNIFICADO HISTÓRICO DAS CORTES DE CÁDIZ
TEXTO 3. Constitución de 1812
A CONSTITUCIÓN DE 1812 2
APROBACIÓN E PRINCIPIOS:
• Soberanía da nación
• Sistema monárquico
• Separación de poderes
• Dereitos e liberdades
• Unitarismo e centralismo político
• Catolicismo de Estado
SIGNIFICADO HISTÓRICO DA CONSTITUCIÓN DE 1812

MIRADA CARA ATRÁS: Novidades introducidas pola Invasión Francesa 1


MIRADA CARA ADIANTE:
CONCLUSIÓN
• Análise da relevancia da introdución do liberalismo en España
• Volta de Fernando VII. O combate entre liberalismo e Absolutismo
2
ANÁLISE E
ELABORACIÍON (30%)

20% INTERPRETACIÓN

COHERENCIA E 1
10%
COHESIÓN

RIQUEZA LÉXICA,
-10%
ORTOGRAFÍA

Cualificación polos contidos históricos (70%)

Cualificación pola elaboración (30%)

Cualificación ponderada (50% da nota do exame)

Orientacións prácticas
Nota: Se xa che quedaron claras as orientacións cando fíxeche a composición anterior, le só o que ven en
negriña a continuación.

1. Debes ler as orientacións xerais que tés colgadas en classroom.


2. Le atentamente as orientacións da composición, nelas concreta a temática que debes abordar.
3. Le atentamente os textos, sublíñaos e fai anotacións de conceptos e ideas (lembra que para o
examinador resulta positivo ver que o texto está traballado. NON CHEGA CON SER BO, DEBES
PARECELO).
4. Na introdución debes deixar clara a temática da composición. Se queres, podes parafrasear o que está
indicado nas orientacións. A medida que avancemos no curso adquirirás máis coñecementos e
habilidade para personalizar a túa introdución.
HdE.Composición históricas 2018-2019 Código:______________

5. Unha vez aclarado o tema que abordan os textos, debes dar unha contextualización xeral
(sempre facendo referencias aos textos. Por exemplo, explicando que os documentos que
estás abordando son fontes que permiten facer unha achega aos feitos que vas a relatar).
6. No corpo da composición debes demostrar o dominio dos contidos do tema, pero non pode ser o pretexto
para soltar unha pregunta teórica. Debes relacionar con habilidade o que sabes do tema coa información
recollida nos documentos. É importante que non te recrees resumindo os textos, repetindo información,
senón que resaltes as ideas clave e demostres capacidade para interpretalas. Debes, distinguir entre a
literalidade do discurso e as intencións do autor; ou distinguir entre o que pode dicir unha lei, un
personaxe etc. e a realidade histórica.
Para axudarche un pouco máis con respecto ao corpo da composición: trata de sacar as ideas
fundamentais dos textos e relaciónaas co que sabes do tema, por exemplo, busca no texto dous a
maneira de explicara a soberanía nacional e amplía a explicación cos contidos que sabes. En canto
ao texto da Constitución, fai o mesmo. Non resumas o texto, colle as distintas ideas recollidas nos
artigos e explica a través deles os principios do liberalismo.
7. Nas conclusións debes facer unha breve síntese, recollendo ideas clave. Podes aportar tamén
información complementaria. Neste caso, podes facer o seguinte:
a. Sintetiza a idea de que fronte a invasión francesa houbo distintas reaccións, dende os
afrancesados, que apoiaron a Xosé I, os liberais que aceptan os principios da Revolución
Francesa, ata os tradicionalistas que reclamaban a volta ao absolutismo.
b. Explicar como a organización da resistencia política contra os franceses foi paralela á
resistencia militar. Entender que isto provocou a alianza nas Cortes de Cádiz de
absolutistas e liberais. Alianza que se rompeu no mesmo momento en que Fernando VII
regresa a España.
c. Con mirada adiante refírome a que debes apuntar as implicacións que terá no futuro todo
o proceso que acabas de explicar. Como idea, debes falar da volta de Fernando VII, de
como os absolutistas le pedirán a abolición do liberalismo e a Constitución. Pero a semente
do liberalismo xa estaba plantada e pouco a pouco iríase abrindo camiño ata acabar
definitivamente co absolutismo.

CONSELLO: non te estreses se a pesares de contar coa plantilla e as indicacións que che dou te sentes
perdida ou perdido. Estamos comezando o curso, e irás mellorando. Preocúpate do día a día e tés a miña
garantía de que este curso vai a ser un éxito.

You might also like