You are on page 1of 22

HARDWARE CELANOVA 2017/2018

1. CHASIS OU CARCASA

En informática, as carcasas, torres, caixas ou do computador, son o armazón do equipo que


contén os compoñentes do computador, normalmente construídos de aceiro, plástico ou
aluminio. Tamén podemos atopalas doutros materiais como madeira ou metacrilato para
caixas de deseño

A carcasa dun equipo é o esqueleto metálico que contén os diferentes compoñentes internos.
As carcasas teñen outros usos, tales como bloquear o ruído que produce o equipo e a
protección contra a radiación electromagnética. Existen normas que garanten dita protección
de maneira tal que se cumpra coas regulacións existentes.

TIC 1º BAC Páxina 1 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

1.1. PARTES DA CARCASA.

1.1.1. CHASIS:

É o esqueleto interno metálico que vai soportar a instalación dos diversos


compoñentes. É a parte ríxida que dá estabilidade e rixidez. O chasis serve de
soporte aos compoñentes principais das computadoras. Entre estes atópanse a
fonte de alimentación, a placa basee, unidades, etc. O tamaño e estilo do chasis
depende do uso do sistema. Os máis habituais son materiais de aceiro ou de
aluminio. Normalmente pesan entre 4 a 5 quilogramos.

Hoxe en día úsase unha gran variedade de estilos de chasis entre os que destacamos: torre,
minitorre, laptop, netbook, barebone e mini-pc. O tamaño das carcasas vén dado polo factor
de forma da placa base.

Barebone MiniTorre

Mini-PC Torre

Portátil Netbook
(Máis pequeno e
menor
prestacións
portatil

TIC 1º BAC Páxina 2 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

1.1.2. A CUBERTA:

É a parte que fai de tapa da caixa e pola que se accede a parte interna. Cobre o que hai no
interior e vai apoiada sobre o chasis, pode ter varias pezas, como laterais e superior. Constitúe
a parte exterior da caixa e adhírese ao chasis.

1.1.3. PANEL FRONTAL:

Onde estará situada a ranura de toma de aire para ventilación, e as partes que quedan ao
exterior das baías onde se sitúan as unidades de almacenamento, así como (hoxe en día) algún
acceso externo a conectores USB ou de audio.

TIC 1º BAC Páxina 3 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

1.1.4. PANEL POSTERIOR:

Onde sairán ao exterior todas as conexións habituais para elementos externos (portos USB,
conectores audio, conexión VGA para pantalla, portos para teclado e rato...), así como a saída
de ventilación e corrente da fonte de alimentación.

1.1.5. A PARTE INTERNA:

Podemos distinguir:

• A parte superior onde vai instalada a fonte de


alimentación.
• A parede lateral (ao fondo) onde se instalará a
placa base.
• As ranuras traseiras (á esquerda) por onde se
mostrarán ao exterior as conexións das
diversas placas electrónicas que se instalen na
placa basee.
• As baías (á dereita) onde se colocarán as
unidades de almacenamento (unidades de CD,
DVD, discos duros).

1.1.6. ALTOFALANTE DA CARCASA OU SPEAKER:

O PC speaker é un pequeno altofalante que traen algunhas computadoras. Isto permítelle


ao SO e ao firmware ter un audio básico para, por exemplo, indicar un erro.

TIC 1º BAC Páxina 4 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

2. A FONTE DE ALIMENTACIÓN

A fonte de alimentación do PC., é a que subministra a enerxía


eléctrica necesaria para o funcionamento dos distintos
compoñentes electrónicos do noso computador.
Normalmente conectámola a rede de 220 V en A.C. , e na
saída da mesma temos diversas tensións en C.C. Cando
mercamos unha fonte de alimentación, os factores principais
a ter en conta son os seguintes:

• Potencia: Indícanos a cantidade de compoñentes que é capaz de alimentar ao mesmo


tempo. As fontes máis comúns teñen unha potencia de 500W.
• Factor de forma: Indícanos en que tipo de carcasa pode ir instalada. Normalmente teñen
factor de forma ATX, ou SFX que é máis pequeno. Hai equipos que traen a súa propia
fonte de alimentación que non segue ningún estándar.
• Conectores: Son as saídas da fonte de alimentación, que serven para conectar as distintas
partes do computador. Os máis comúns:

20 pins: Para alimentar a placa nai. É un


formato antigo.

24 pins: Para alimentar a placa base, e as


expansións PCI-express.

4 pins: Para alimentar a CPU.

FDD : Para alimentar a disqueteira (en


desuso).

Molex: Para alimentar o DVD/CD e os discos


duros tipo IDE

SATA: Para dispositivos de almacenamento


tipo SATA

PCI-Express: Para alimentar directamente a


tarxeta gráfica. Hai de varios tipos

TIC 1º BAC Páxina 5 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

3. PLACA NAI OU BASE

A placa base ou nai, e o circuíto electrónico máis complexo do noso computador. Nel van a ir
pinchados tódolos outros elemento importantes do noso equipo. Ter unha boa placa base
aumenta a durabilidade do ordenador.

Os elementos máis importantes que temos que ter en conta a hora de escoller a nosa placa
base son os seguintes:

A. Factor de forma: Pode ser ATX, micro-ATX, mini-ITX, baby-AT,SFX. Este parámetro está
relacionado co factor de forma do chasis. Polo tanto deben ser compatibles, é dicir,
unha placa ATX. Ten que ir nun chasis ATX.

B. Socket : É a parte da placa onde vai a ir inserido o microprocesador. Este parámetro


determina que tipo de microprocesador pode ir inserido na placa. Por exemplo o
Socket LGA 1151 vale para microprocesadores i7,i5,i3. O Socket AM4, AM3 sirve para
procesadores AMD Ryzen.

TIC 1º BAC Páxina 6 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

C. Rañuras de memoria (RAM) : É a parte da placa onde vai a ir inserida a memoria RAM.
Este parámetro determina canta e que tipo de memoria RAM pode ir inserida na placa
base. Normalmente leva unha ou dúas rañuras de expansión, e cada rañura soporta 4.
8, 16 ou 32 GB de memoria. Normalmente as memorias son tipo SIMM e formato a
DDR(2,3 4 ou 5).

D. BIOS : É unha memoria programable (actualmente) que se encarga de


gardar a configuración do computador (cando está apagado). Ademais é
o encargado de arrancar o computador ata que se pasa o control ao SO.
Por exemplo ao arrancar o computador comproba se hai ou non memoria
RAM, tarxeta de vídeo, discos duros... Tamén é a encargada de gardar a
data e a hora do ordenador actualizada.

Cando arrancamos o computador, podemos configurar a BIOS.

TIC 1º BAC Páxina 7 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

E. Pila: Cando o computador está apagado, a BIOS necesita alimentación parar poder
manter data e hora por exemplo. Para alimenta-la usamos unha pequena pila de botón
de 3 V.

F. Rañuras de expansión: Son rañuras que me permiten inserir novos dispositivos como
tarxetas de vídeo e son. Actualmente os computadores veñen con rañuras PCI -
Express de X16 ou x1 (as primeiras úsanse parta tarxetas de vídeo). Máis antigas son as
AGP ou as PCI.

G. Conectores dispositivos almacenamento(Discos duros ou DVD): Nesta rañuras


conectamos os dispositivos de almacenamento a placa base. Actualmente os tipo de
conector que levan é SATA (un ou varios). Os computadores máis vellos levan
conectores IDE.

TIC 1º BAC Páxina 8 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

H. Gráfica: A maioría das placas xa traen unha tarxeta gráfica integrada. Si é a si. Na parte
posterior da mesma, debemos ter unha saída de vídeo, que podes ser:

VGA(D-SUB :
Saída analóxica.
DVI-D: Saída
dixital
HDMI: Saída
dixital de son e
vídeo integrado

I. Rede: As placas tamén soen incorporar un tarxeta de rede tipo Ethernet. Na


actualidade son capaces de traballar a 1000 Mbit/s.

J. USB: todas as placas incorporan tamén conectores USB, tanto para a parte frontal ,
como na parte posterior. Actualmente temos os USB 2.0 e os 3.0. Os segundos son
moito máis rápidos.

K. Son: As placas tamén soen incorporar tarxetas de son con saídas de audio, entrada de
micro e liña (para unha sinal analóxica de baixa intensidade).

TIC 1º BAC Páxina 9 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

L. Outros elementos: Existen outros tipos de portos que tamén se poden atopar nas
placas base, pero que xa están en desuso, como LPT para as impresoras, ou os PS/2
para rato e teclado.

PLACA BAXE GIBABYTE GA-H110M-S2H

TIC 1º BAC Páxina 10 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

4. MICROPRESADOR

O microprocesador é un circuíto electrónico que o podemos considerar como o miolo do


ordenador. Inda que en informática se pode facer cousas moi complicadas, un
microprocesador so fai operacións simples como suma, resta, multiplicación, comparación...

A estrutura interna dun microprocesador é a que se pode ver na figura:

As características máis importantes que temos que ter en conta nun microprocesador son:

1. Marca: Existen basicamente dous fabricantes que son INTEL e AMD.

2. Modelo: Por exemplo en INTEL, modelos 8086, 8088, Pentium (I.. IV), i3, i5 ,i7. En AMD
Athlon, Sempron .

3. Zócalo: Indícame en que tipo de placa base pode ir inserido. Por exemplo o zócalo
LGA1151 vale para os microprocesadores de Intel i7, i5 ou i3.

4. Tipo de datos que usa: Os microprocesadores actuais usan arquitecturas de 64 bits. Os


máis antigos usan de 32 bits. A diferencia é que os primeiros usan datos e direccións
máis grandes. Cos de 32 bits so se podían direccionar 232 posicións de memoria (4 GB
máis ou menos), e co de 64 é practicamente infinita. Tamén hai unha mellora de
velocidade.

5. Número de núcleos: Indícame a cantidade de operacións que pode realizar


simultaneamente o microprocesador. Poden ser 2, 4 ou 8.

TIC 1º BAC Páxina 11 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

6. Frecuencia de traballo : Indícame a cantidade de operacións que pode realizar o


microprocesador en un segundo. Mídese en Hz (Herzios) e anda na orde de GHz.

7. Memoria Cache: Son varias memorias(nivel L1, L2 ou L3) , nas que van cargadas
bloques de memoria completos, xa que se predice que si usas un dato, probablemente
uses o contiguo, polo que se aforra tempo. Canto máis preto do chip do núcleo, máis
pequenas e rápidas e viceversa. A L1 vai no propio núcleo, a L2 no chip e a L3 na
propia placa.

O microprocesador é un dispositivo que se quenta moito, e non pode alcanzar temperaturas


altas, debemos refrixeralo, atraveso de un disipador e un ventilador.

TIC 1º BAC Páxina 12 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

5. A MEMORIA RAM

A memoria RAM é unha memoria volátil (o seu contido gárdase mentres estea acendido o
ordenador),de mediana capacidade (maior ca caché e menor que o disco duro) e de mediana
velocidade(maior que o disco duro e menor que a caché). As principais características que
presenta a memoria son:

1. A capacidade: Que se mide actualmente en GB. Poden ser de 1, 2, 4, 8, 16 ou 32 GB.

2. Factor de forma: Este factor indícame a forma física que ten a memoria para conectala
na placa base. As memorias DIMM (164 pines e 4 GB máximo). Existía outro estándar
denominado SIMM(20..72 pines e 256 MB máximo). As memorias DDR son as máis
actuais, e tamén son memorias DIMM pero con máis pines e máis velocidade
(DDR2,DDR3,DDR4,DDR5)

3. Velocidade: Mídeme a capacidade de transferir datos dende a memoria ao


microprocesador . Debe haber sincronía entre os dous(velocidade FSB do procesador y
velocidade da memoria).

4. ECC ou non ECC : As memorias ECC serven para recuperar problemas da propia
memoria RAM (pantalla azul dos ordenadores). Levan un chip máis de memoria.

TIC 1º BAC Páxina 13 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

6. UNIDADES DE ALMACENAMENTO

6.1. DISCO DURO

O disco duro é unha memoria permanente (o seu contido gárdase inda que o ordenador estea
acceso), de alta capacidade(maior ca memoria RAM) e baixa velocidade. Un disco duro usa
tecnoloxía magnética, gardando a información en forma de pequenos imáns (por exemplo N-
>0 e S->1) en discos , que son lidos por unha cabeza lectora. A estrutura interna do disco é a
que podemos ver na figura:

As principais características que presenta son:

1. A capacidade: Que se mide actualmente en TB. Poden ser de entre 0,5 ata 10 TB.

2. Tamaño: Indícanos o tamaño físico do DD. Os normais son de 2,5 ou 3,5 polgadas.

3. Conexión a placa: O estándar actual e SATA, inda que nos discos máis vellos leva IDE.
Este estándar permite unha transferencia de datos de 6 Gb/s, inda que a velocidade
con que un disco duro normal transfire datos é da orde 140 MB/s.

4. Velocidade de rotación (rpm) : Canto máis rápido xira máis rápido accede ao datos
gardados no disco duro.

TIC 1º BAC Páxina 14 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

6.2. DISCO SSD

O acrónimo SSD é de Solid State Disc. Son discos duros que non teñen partes mecánicas, e
almacenan a información de forma eléctrica, de forma similar a unha memoria RAM, inda que
o seu contido é permanente.

O non ter parte mecánica son moi rápidos. Un disco duro tradicional tarda da orde de minutos
en arrancar e un SSD da orde de segundos.

Os discos están conectados a placa por un conector SATA como os dos discos duros normais,
inda que a velocidade de transferencia é moito maior (550 MB/s). A capacidade de
almacenamento destes disco é moito menor (os máis grandes anda na orde 500 Gb) que a dos
discos duros tradicionais.

O prezo destes discos é considerablemente maior que os discos duros tradicionais (un de 500
Gb anda no entorno dos 150 €).

TIC 1º BAC Páxina 15 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

6.3. CD/DVD/BLU-RAY

Os tres dispositivos, son dispositivos ópticos. Levan un láser que permite a súa lectura ou
escritura. Actualmente están en desuso, e o CD xa non se usa, inda que o DVD é capaz de ler e
escribir CDS.

Basicamente o lector ten como uns buratos(pit) e unha s zonas planas intercaladas (land).
Cando o láser pasa sobre eles reflíctese ou non sobre un sensor óptico, o que nos da ceros ou
uns.

A diferencia entre os distintos dispositivos é o tamaño das zonas planas e dos buratos, e
polo tanto o láser que o lee ou escribe,

Hai que dicir que un Blu-Ray pode ler os DVD/CD, pero o contrario non.

TIC 1º BAC Páxina 16 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

7. TARXETA DE VÍDEO

A tarxeta de vídeo é a encargada de crear a imaxe que se vai a reproducir na pantalla do


noso computador. Inda que a propia placa base trae incorporada unha tarxeta gráfica, esta
non ten potencia suficiente para aplicacións gráficas (vídeo, tratamento de imaxe ou xogos),
polo que debemos incorporar unha nova. NVIDIA e ATI(AMD) son as dúas marcas principais de
tarxetas actualmente.

As principais características de unha tarxeta gráfica son,

1. Conector a placa base: Dinos que tipo de conector leva para inserila na placa base.
O estándar actual é o PCI-Express X16.

2. Procesador: Tódalas tarxetas gráficas externas actuais incorporan o seu propio


procesador, xa que coa cantidade de información que manexan, farían que o noso
computador se volvese moi lento se tivese que usar o micro do computador. Estes
procesadores sóense denominar GPU.

3. Memoria: As tarxetas tamén teñen memoria RAM propia. O estándar actual máis
estendido é o GDDR5, con 2 ou 4 GB.

4. Resolución: Dados a cantidade de pixels que é capaz de mostrar. Normalmente


dannos o valor máximo. Unha tarxeta actual da resolucións de 7680 x 4320 Pixeles.

5. Factor de forma: Pode ser ATX, mini-ATX, para portátil.......

6. Portos de saída : HDMI, DVI, ou D-sub.

TIC 1º BAC Páxina 17 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

8. PERIFÉRICOS

En informática, os periféricos son os dispositivos que van conectados ao ordenador a


traveso dos portos da placa base, ou de algunha das tarxetas que van inseridos por el. Hai
periféricos de entrada (teclado), saída(pantalla) ou de entrada/saída(modem).

8.1. TECLADO

É un dos periféricos básicos de entrada. As súas principais características son:

• Si son de membrana ou mecánicos: Os segundos son máis duradeiros que os


primeiro.
• Tipo de conexión: Actualmente a maioría son USB, inda que existen algúns que inda
teñen PS/2. Tamén existen os teclados sen cables.
• Teclas especiais: Tipo Windows, acceso a WEB, control de son ....

TIC 1º BAC Páxina 18 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

8.2. RATO

O rato é un dispositivo sinalador, que nos permite movernos en entornos gráficos e


interactuar co software a traveso de pulsacións. As súas principais características son:

• Tipo de conexión: Actualmente a maioría son USB, inda que existen algúns que inda
teñen PS/2. Tamén existen os ratos sen cables.
• Número de teclas: Normalmente dúas e roda central, inda que os hai de ata 18
botóns.
• Tamaño: Dende mini ata os grandes para Gaming.

TIC 1º BAC Páxina 19 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

8.3. MONITORES

O monitor é o dispositivo que representa a imaxe creada polo tarxeta gráfica. É o periférico
de saída por excelencia(xunto coa impresora). . As súas principais características son:

1. Tamaño da pantalla : Mídese en polgadas e danos a lonxitude da diagonal da


mesma.

2. Relación de aspecto: Dáme a relación que existe entre a lonxitude en horizontal e


vertical. Actualmente lévase o 16:9. Un estándar antigo era o 4/3

3. Tecnoloxía: Poden ser LCD (cristal líquido), ou LED por exemplo, inda que todos os
monitores LED son LCD modificados.

4. Resolución: Indícame a cantidade de pixels que pode reproducir o noso monitor. A


maioría dos monitores teñen unha resolución de 1920 x 1080, que se denomina
FULL HD ou definición 1080p.

5. Conectores: HDMI, DVI ou D-sub

TIC 1º BAC Páxina 20 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

8.4. IMPRESORAS

A impresora é o dispositivo que permite representar en papel imaxes ou texto de arquivos.


As súas principais características son:

1. Tipo: Normalmente debes escoller entre láser ou de cartuchos. As láser son máis
caras é usan para imprimir un po denominado tóner. As de tinta son máis baratas e
usan cartuchos de tinta. Imprimir unha copia é máis barato e máis rápido na láser.

2. Tamaño: Indícame o tamaño máximo de papel é capaz de imprimir. O normal é un


A4, inda que tamén hai A3.

3. Velocidade de impresión: Mídese en ppm(páxinas por minuto).

4. Tipo de conexión: Normalmente USB e Ethernet. Tamén as hai sen cables.

5. Resolución. Mídese en dpi(dots per inch square): Número de puntos distintos que é
capaz de debuxar por polgada cadrada.

6. Capacidade bandexa papel: O número de follas que entran coa impresora cargada.

7. Tipo de impresión : Si a fai a unha ou a dúas caras de forma automática.

8. Función: Hai impresoras denominadas multifunción, que ademais de imprimir,


escánean e realizan fotocopias.

TIC 1º BAC Páxina 21 Celso Fernández 30/09/17


HARDWARE CELANOVA 2017/2018

8.5. OUTROS PERIFÉRICOS

Existen outros periféricos, pero non os imos a estudiar en profundidade. Entre eles
podemos destacar:

1. WebCam: Que permite a a captura de vídeo para a súa emisión vía Internet.

2. Micro e altofalante ou auriculares: Para a captura e reprodución de son.

3. SAI: É como unha batería externa que se conecta ao computador, é que permite
funcionar ao computador cando hai unha falta de subministro eléctrico.

4. Escáner: Permite transformar unha imaxe ou un texto nun arquivo.

TIC 1º BAC Páxina 22 Celso Fernández 30/09/17

You might also like