You are on page 1of 2

NARRATIVA GALEGA DE FINAIS DO S. XX E COMEZOS DO S.

XXI

Tras a morte de Francisco Franco, comezou en Galicia unha etapa de proliferación dentro do
xénero narrativo que permitiu a incorporación de técnicas e movementos da literatura
universal así coma dun amplo abanico temático, enmarcado ,especialmente, no relato breve. A
profesionalidade que tanto autores como crítica buscaron e a creación de editoriais e premios
marcaron a nova prosa, considerada a vía óptima para retratar e influír na sociedade.

Durante a Transición emerxeron fórmulas como a novela histórica (Un home de Vilameán, de
Bernárdez Villar) ou a “de quiosco” (A morte de Frank González, de Fernández Ferreiro) e
déronse a coñecer novas figuras da literatura galega, entre outros, Anxo Rei Ballesteros, quen
procura unha ruptura formal e a conexión da narrativa ca sociedade na obra Dos anxos e dos
mortos, contextualizada no urbán contemporáneo. Pola súa parte, Carlos Casares, escribiu o
conxunto de relatos seudohistóricos Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, acerca do conflito
entre clero conservador e liberal, Os mortos daquel verán, en torno ó comezo da Guerra Civil,
Deus sentado nun sillón azul, sobre un galeguista renegado e a intimista O sol do verán.

Xosé Luís Méndez Ferrín inaugurou a década de 1 980 con Crónica de nós, seguida de Amor de
Artur, Arnoia, Arnoia e No ventre do silencio, narración dunha historia na Compostela
universitaria. Na obra Amor de Artur, o autor contrasta fantasía e realidade, amor e desamor,
opresión e liberación, a través da protagonista, presa.

Na década de 1 980, a creación de editoriais e premios literarios deu lugar a un incremento da


produción de títulos, moitos enfocados agora ó publico xuvenil. Novas liñas temáticas pasaron
a formar parte da narrativa galega. De índole intimista, Xavier Alcalá publicou A nosa cinza
(resposta a Memorias dun neno labrego), construída a través do flash-back, Nos pagos de
Huínca Loo, e Latitude Austral, enmarcada en América do Sul. Por outra banda, Martínez Oca
foi autor de Un ano e un día, onde escribe as lembranzas dun ano da súa infancia ó longo do
día que pasa de volta ó seu pobo natal.

A que se coñeceu coma novela histórica xirou en torno a dúas cuestións fundamentais: o
pasado remoto galego e a Guerra Civil. Sobre os conquistadores galegos da América, Víctor F.
Freixanes escribiu O triángulo inscrito na circunferencia, seguida de O enxoval da noiva, a cal
trata da Italia dominada pola liñaxe dos Borxia. Alfredo Conde publicou Memoria de Noa,
reflexións da protagonista durante unha sesión de “footing”, e Xa vai o griffon no vento,
situada na Compostela renacentista e na Provenza italiana contemporánea.

Carlos Reigosa foi o promotor do relato policial a través de obras coma Crime en Compostela,
O misterio do barco perdido, e Narcos, máis achegada á narrativa negra.

O experimentalismo chegou á nosa literatura da man de Suso de Toro, escritor de Polaroid,


Land Rover, Ambulancia, Trece badaladas, acerca dun adolescente marcado pola morte do pai,
e Home sen nome, que trata o franquismo.

Co comezo da década de 1 990 xorden novas tendencias no marco literario galego. O xa


existente relato curto mestúrase agora con modalidades como a crónica ou os diarios, á vez
que se experimenta ca narrativa en relación á implantación tecnolóxica. Rexistrouse tamén un
incremento das autoras femininas.

A novela histórica perdurou na figura, entre outros, de Darío Xohán Cabana, escritor de Galván
en Saor e Morte de rei, acerca do derradeiro rei galego. Os relatos da Guerra Civil viñeron da
man de Xosé Fernández Ferreiro a través de Agosto do 36 e Os últimos fuxidos. Pola súa parte,
Anxo Angueira publicou Pensa nao, sobre a II República e a sublevación entendidas dende
unha pequena comunidade labrega.

A liña intimista, tamén definida coma narrativa de iniciación, estivo representada por Rei
Ballesteros, de quen destaca No ventre do silencio, e Xosé Ramón Pena, autor de A era de
Acuario, un retrato social do século XX.

O relato policial da década anterior, a “serie negra”, continuouse tamén na seguinte grazas a
figuras coma Bieito Iglesias (Miss Ourense), Diego Ameixeiras (Asasinato no Consello Nacional),
Miguel Anxo Fernández (saga do detective “Frank Soutelo”; Un nicho para Marilyn; Lume de
cobiza) ou Xosé Miranda, quen publicou Morning Star.

Dentro do experimentalismo destacou a corrente evidencialista, marcada polo humor e a


ambigüidade. En canto ás obras, gozaron de maior relevancia Erros e Tánatos (Gonzalo
Navaza), Un xogo de apócrifos e Ébora (ambos de Xosé Carlos Caneiro).

Manuel Rivas foi o principal promotor do neocostumismo urbano, a “narrativa bravú”, onde
mestura os xeitos da Galicia tradicional cas novas formas urbanas. Un millón de vacas e Que
me queres, amor? Presentan unha prosa fluída e sobria con certo lirismo. O lapis do carpinteiro
e Os libros arden mal, posteriores, versan sobre a Guerra Civil.

A inclusión de mulleres autoras a esta nova etapa supón un achegamento das liñas temáticas á
perspectiva feminina e mesmo feminista. María Xosé Queizán escribiu Amor de tango e
Sentinela alerta!, mentres que a Marilar Aleixandre correspóndelle a autoría de Tránsito de
gramáticos e A expedición do Pacífico. Por outra banda, Teresa Moure publicou Herba moura,
cuxa acción sitúase na Europa do século XVI para reflexionar acerca da pegada das mulleres na
historia.

Coñeceuse coma “entremestura de xéneros” á corrente na que se fusionaban ficción e crónica


xornalística. Fran Alonso (Cemiterio de elefantes) e Miguel Anxo Murado (Ruído, sobre a
Guerra dos Balcáns; Fin de século en Palestina, acerca da miseria dos lugares en conflito) foron
os principais contribuíntes.

Ca etapa autonómica galega comezou unha serie de publicacións de carácter infantil e xuvenil
para satisfacer a demanda de material didáctico, continuando as aportacións da década de 1
960. Xabier Puente DoCampo (Cando petan na porta pola noite), Fina Casalderrey (O misterio
dos fillos de Lúa), Ledicia Costas (Escarlatina, a cociñeira defunta) e Agustín Fernández Paz
conformaron este grupo.

Miguel Argibay Juncal 2º Bach. A

You might also like